Baña A - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PRESTACIÓN DE ALIMENTOS

Publicación provisional: 07/02/2013 BOP Nº: 27
Publicación definitiva: 20/03/2013 BOP Nº: 55
Aplicable dende: 20/03/2013

1. XUSTIFICACIÓN.

O Concello da Baña colabora coa Cruz Roja Española no reparto de alimentos excedentes da Unión Europea; a dita colaboración consiste en repartir entre a poboación máis necesitada do termo municipal catro entregas gratuítas ao ano de alimentos. Por outra banda, tamén colabora coa Fundación Amigos de Galicia nun reparto mensual por unidade de convivencia.

2. OBXECTO E FINALIDADE.

1. O obxecto da presente base reguladora é establecer as condicións que rexerán a concesión da axuda de alimentos da Cruz Roja Española e da Fundación Amigos de Galicia.

2. A finalidade desta axuda é proporcionar apoio alimentario ás familias do termo municipal da Baña que se atopen nunha situación socio-económica precaria.

3. PERSOAS BENEFICIARIAS.

Serán beneficiarios desta axuda aqueles colectivos desfavorecidos social e economicamente residentes no termo municipal da Baña que cumpran cos requisitos esixidos nas presentes bases reguladoras.

4. REQUISITOS.

Serán requisitos necesarios para acceder a esta axuda:

a) Que a unidade familiar teña fixada a residencia no Concello da Baña, que acreditará mediante o certificado de empadroamento.

¿ Por unidade familiar entenderase o conxunto de membros que residen baixo o mesmo teito, independentemente do parentesco que os una.

b) Que a renda económica da unidade familiar sexa inferior a:

70% do SMI*

familias de 1 membro

85% do SMI

familias de 2 membros

100% do SMI

familias de 3 membros

115% do SMI

familias de 4 membros

130% do SMI

familias de 5 membros

145% do SMI

familias de 6 membros

160% do SMI

familias de 7 ou máis membros

*Salario mínimo interprofesional (SMI) estipulado para o ano en que solicita a axuda. Para o ano 2012 o SMI está fixado en 641,40 €/mes.

No caso de que a familia que solicita esta axuda pague o alugamento ou a hipoteca da vivenda, ese importe, debidamente xustificado, deducirase dos ingresos netos da unidade familiar.

c) Que o informe social do/a traballador/a social no que se reflectirá a situación socio-familiar e económica da unidade de convivencia sexa favorable.

 

5. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

1. Calquera dos membros da unidade familiar presentará a solicitude no modelo oficial que lle facilitarán nas oficinas municipais de Servizos Sociais.

2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) A fotocopia compulsada do DNI da persoa solicitante.

b) O certificado de empadroamento e convivencia.

c) Os xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar.

6. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

1. A solicitude e a documentación necesaria presentarase na oficina municipal de Servizos Sociais do Concello.

2. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ao longo de todo o ano

7. TRAMITACIÓN.

1. O/a técnico/a responsable do programa de alimentos comprobará que todas as solicitudes reúnan os requisitos esixidos na presente base, requiriralle á persoa interesada por escrito que emende os defectos que houbese e indicaralle que se non emenda os erros no prazo de 10 días, terase por desistido da súa petición.

2. Logo de revisar a documentación e de completala, de ser o caso, a inclusión ou a exclusión da persoa solicitante nas listaxes de beneficiarias de alimentos será valorada por unha comisión técnica de valoración segundo os criterios obxectivos recollidos na presente base.

3. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

- Presidente/a: concelleiro/a de Servizos Sociais ou persoa en quen delegue.

- Vogais: o/a traballador/traballadora social do departamento e a persoa técnica encargada do programa ou persoas en quen deleguen.

8. RESOLUCIÓN.

A resolución destas axudas, que se lle notificará á persoa solicitante así como os prazos para reclamar, correspóndelle ao alcalde do Concello da Baña.

9. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN.

O Departamento de Servizos Sociais seguirá o seguinte protocolo de actuación do programa de alimentos:

1. Explicarlle á persoa beneficiaria os seus dereitos e as seguintes obrigas:

- Comunicarlle a Servizos Sociais todas as variacións da situación socio-familiar que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.

- Destinar a axuda para a alimentación, nunca para a venda.

- Reintegrar os produtos non caducados que non se vaian consumir.

- Acudir a recoller os alimentos na data e na hora establecida para a repartición. (Só se fará a entrega domiciliaria nos casos informados favorablemente polas técnicas de servizos sociais.)

- Cumprir o proxecto individualizado establecido polas técnicas de Servizos Sociais.

2. Establecer un proxecto de intervención integral que implique a persoa beneficiaria, a familia, os/as profesionais e demais recursos existentes e que especifique os compromisos exclusivos segundo a natureza e as necesidades de cada caso.

3. Repartir os alimentos segundo as seguintes condicións:

As datas de repartición, a cantidade que hai que repartir e os produtos que compoñen os lotes estarán en función dos alimentos subministrados pola Cruz Roja Española e a Fundación Amigos de Galicia e a súa periodicidade.

Unha vez o concello recibe os alimentos, distribúeos en lotes para cada unidade de convivencia. Salvo casos de urxencia, non se entregará máis dun paquete de alimentos por unidade familiar en cada reparto que se realice.

A cantidade de cada lote estará en función dos/as integrantes da unidade de convivencia e as súas necesidades específicas (lactantes, nenos/as, adultos con problemas de alimentación, persoas con dietas especiais por cuestións culturais).

Cando os lotes estean preparados, as técnicas de Servizos Sociais comunicaranlle telefonicamente á persoa solicitante un día, unha hora e o lugar onde debe ir recollelos.

Logo de identificar as persoas solicitantes ou ben as persoas autorizadas para recoller os alimentos, entregarán os alimentos e recollerán a sinatura do albará de entrega (a persoa beneficiaria quedará cunha copia).

Se a persoa beneficiaria non acudise á recollida sen xustificación previa, chamarana de novo para concertar outra data. De non acudir esta segunda vez, entenderán que o solicitante renuncia á axuda de alimentos e causará baixa no programa. Esta circunstancia será valorada para a seguinte convocatoria.

4. Inspeccionar e controlar a utilización dos alimentos.

De forma aleatoria realizaranse controis para comprobar a correcta utilización do programa de alimentos.

De detectarse irregularidades ou que a persoa beneficiaria incumpre as obrigas, darase de baixa do programa.

5. Revisar anualmente a prestación.

A persoa responsable do Programa de reparto de alimentos revisará periodicamente a inclusión ou a exclusión das persoas solicitantes nas listaxes de beneficiarias de alimentos e comunicaralles ás persoas beneficiarias o prazo e a documentación necesaria para renovar a súa solicitude anualmente.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que :

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."