Laracha A - REGULAMENTO DE USO DO XIMNASIO E DA PISCINA MUNICIPAL CUBERTA DA LARACHA
CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Este regulamento ten por obxecto ordenar o uso do ximnasio e da piscina municipal de titularidade do Concello da Laracha, sexan xestionados por este directamente ou ben indirectamente por calquera das modalidades de xestión de servizos públicos previstas nas normas, e será de aplicación ás actividades que se desenvolvan neste espazo.
Artigo 2. O ximnasio e a piscina municipal teñen a condición de bens de dominio público, destinados á prestación dun servizo público municipal á cidadanía, de acordo co artigo 4 do Regulamento de Bens das Corporacións Locais, aprobado por Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño e, co artigo 85 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Artigo 3. Son finalidades do servizo público que se presta no ximnasio e na piscina municipal as seguintes:
a)- Promover o acceso da cidadanía, sen discriminacións ou límites de idade, á práctica de actividades físicas, como ocupación saudable do tempo de lecer.
b)- Achegar a actividade acuática aos menores mediante os programas deportivos que se implanten.
c)- Promover cursos de natación entre os diferentes sectores da poboación.
Artigo 4. As condicións hixiénico-sanitarias do ximnasio e da piscina municipal serán as establecidas no Decreto 103/2005, do 6 de maio, da Xunta de Galicia polo que se establece a regulamentación técnico sanitaria das piscinas de uso colectivo, ou polas normas que o modifiquen ou substitúan, así como polo resto da normativa estatal ou autonómica, segundo o réxime de distribución de competencias.
Artigo 5. O ximnasio e a piscina municipal estarán abertos ao público nos horarios que se aproben e deberanse atopar nun lugar visible nas instalacións.
CAPÍTULO II.- ACCESO ÁS INSTALACIÓNS
Artigo 6.
1.- O acceso ás instalacións do ximnasio e da piscina municipal farase polos seguintes medios:
a)- Mediante a adquisición dunha entrada, en calquera das modalidades que se establezan. Para o caso de adquisición mediante bonos de entradas, a duración dos mesmos serán de 45 días para o bono de 10 entradas e de 60 días para o bono de 20 entradas.
b)- Pola posesión do carné de abonado das instalacións, en calquera das súas modalidades sempre que estea actualizado e a persoa interesada non teña pendente o pagamento das cotas establecidas.
Tipoloxía de abonos:
- Abono individual só piscina
Usuario a partir de 18 anos (inclusive).
Ten acceso libre á piscina, sauna e SPA en todo o horario de apertura. Se beneficia dos descontos das actividades acuáticas programadas.
Debe acreditar a idade coa fotocopia do DNI.
- Abono individual só de piscina de mañá
Usuario a partir de 18 anos (inclusive).
Ten acceso libre á piscina, sauna e SPA desde o horario de apertura ata as 15:00 h de luns a venres, sábados en horario de mañá e os domingos e festivos sen restrición horaria. Se beneficia dos descontos para as actividades acuáticas programadas só en horario de mañá.
Debe acreditar a idade coa fotocopia do DNI.
- Abono individual completo
Usuario a partir de 18 anos (inclusive).
Ten acceso libre a toda a instalación (piscina, sauna, SPA e ximnasio) en todo o horario de apertura. Se beneficia dos descontos para tódalas actividades programadas.
Debe acreditar a idade coa fotocopia do DNI.
- Abono individual completo de mañá
Usuario a partir de 18 anos (inclusive).
Ten acceso libre a toda a instalación (piscina, sauna, SPA e ximnasio) desde o horario de apertura ata as 15:00 h de luns a venres, sábados en horario de mañá e os domingos e festivos sen restrición horaria. Se beneficia dos descontos para as actividades programadas só en horario de mañá.
Debe acreditar a idade coa fotocopia do DNI.
- Abono familiar piscina
Dentro deste tipo de abono están incluídos todos os membros da unidade familiar. Os fillos deberán ter menos de 18 anos (de 18 a 25 anos con carné de estudante).
Debe acreditarse con fotocopia do Libro de Familia ou certificado de inscrición en Rexistro de Parellas de Feito.
Tamén poderán incluírse neste abono:
¿ Familiares con tutela dun menor (acreditación correspondente).
¿ Fillos maiores de 18 anos con certificado de minusvalía no caso de minusvalías psíquicas e acollerase aos dereitos establecidos para a idade mental acreditada.
Garante o acceso libre á piscina, sauna e SPA en todo o horario de apertura, coas limitacións de idade establecidas para cada zona da instalación nos artigos 59 e 63 do presente Regulamento. Se beneficia dos descontos para tódalas actividades acuáticas programadas.
- Abono familiar completo
Dentro deste tipo de abono están incluídos todos os membros da unidade familiar. Os fillos deberán ter menos de 18 anos (de 18 a 25 anos con carné de estudante). Debe acreditarse con fotocopia do Libro de Familia ou certificado de inscrición en Rexistro de Parellas de Feito. Os fillos ata 3 anos poden incluírse gratuitamente no abono familiar completo.
Tamén poderán incluírse neste abono:
¿ Familiares con tutela dun menor (acreditación correspondente).
¿ Fillos maiores de 18 anos con certificado de minusvalía no caso de minusvalías psíquicas e acollerase aos dereitos establecidos para a idade mental acreditada.
Garante o acceso libre toda a instalación (piscina, SPA e ximnasio) en todo o horario de apertura, coas limitacións de idade establecidas para cada zona da instalación nos artigos 49, 59 e 63 do presente Regulamento. Se benefician dos descontos para tódalas actividades programadas.
Tipoloxía de entradas libres:
- Entrada nenos piscina
Usuario desde os 3 anos ata os 15 anos (inclusive).
Ten unicamente acceso á piscina climatizada e ao SPA cando estean acompañados en todo momento dun adulto responsable.
Debe acreditar a idade co DNI sempre que se lle solicite por parte do persoal da instalación.
- Entrada adultos piscina
Usuario maior de 16 anos.
Ten acceso á instalación (piscina, SPA e sauna).
Debe acreditar a idade co DNI sempre que se lle solicite por parte do persoal da instalación.
- Entrada adultos ximnasio
Usuario maior de 16 anos coas limitacións sinaladas no artigo 49 do presente Regulamento.
Ten acceso á instalación (ximnasio e sauna).
Debe acreditar a idade co DNI sempre que se lle solicite por parte do persoal da instalación.
Bonos de baño (10-20 entradas adultos e nenos):
Usuario coas mesmas condicións que as especificadas nas correspondentes entradas.
Ten acceso á instalación coas limitacións de idade establecidas para cada zona da instalación nos artigos 59 e 63 do presente Regulamento. Os bonos de baño terán unha caducidade desde a data de adquisición de 45 días para o bono de 10 entradas e de 60 días para o bono de 20 entradas.
2.- Os nenos menores de 12 anos poderán acceder á instalación acompañados unicamente por unha persoa adulta que se responsabilizará durante a estancia acompañándoo en todo momento. Asemade, as persoas cunha discapacidade física ou psíquica de carácter permanente, cando sexa necesario para a normal utilización das instalacións, deberán acceder á instalación acompañados por unha persoa durante a estancia en todo momento.
3.- O documento de abono e os bonos de baño serán persoais e intransferibles, e autorizan ao uso das instalacións durante os horarios de apertura ao público, polo que só poderá ser utilizados polo titular; o incumprimento desta obriga dará lugar ás consecuencias previstas neste regulamento.
4.- Tamén terán acceso ás instalacións os membros das entidades deportivas cuxo obxecto sexa a promoción e práctica da natación, salvamento ou socorrismo e que requiran ter recoñecido polo Concello, como titular da instalación, dun uso especial de estaxe na piscina municipal para o desenvolvemento da súa actividade. A este fin preverase na Ordenanza Fiscal correspondente unha taxa específica para este supostos. Para poder acceder, os deportistas deberán estar acreditados e identificados (nome, apelidos, DNI e rexistro na Federación Deportiva correspondente). Só poderán acceder deportistas con licenza e en idade de participar en competición oficial (campionatos provinciais, autonómicos e/ou estatais).
Artigo 7. No caso de ter dúbidas sobre a identidade do/a titular do abono, e por requirimento do persoal da instalación, a persoa interesada deberase identificar mediante o documento acreditativo que corresponda (DNI, pasaporte ou similar).
A utilización fraudulenta do abono dará lugar á imposición á persoa titular das sancións previstas neste regulamento.
Artigo 8. A inscrición como abonado/a da instalación farase mediante a presentación da correspondente folla de solicitude de ingreso, o abono da cota de entrada establecida e documentación solicitada (fotografía de cada un dos usuario, fotocopia do DNI do titular do abono e, no caso de tratarse dun abono familiar, fotocopia do libro de familia).
Artigo 9. A condición de abonado/a manterase mentres non sexa acordada a súa baixa por vontade da persoa interesada ou ben por imposición dunha sanción, conforme ao establecido neste Regulamento.
A persoa abonada queda obrigada a comunicar os cambios que se produzan nos seus datos persoais, que servirán de base para o recoñecemento daquela condición ou para a realización de xestións a ela ligadas.
Cando unha persoa desexe causar baixa como abonada, deberá comunicar esta circunstancia por escrito mediante un impreso de baixa voluntaria; este escrito presentarase antes do día 25 do mes anterior ao cal quere causar baixa.
Artigo 10. O pagamento das cotas mensuais establecidas para o abono realizarase mediante domiciliación bancaria. Se o recibo fora devolto pola entidade bancaria, o/a abonado/a deberá realizar o ingreso en metálico.
Tamén poderá facerse o pago en efectivo dentro dos 5 primeiros días de cada mes.
Os abonados que non estean ao corrente do pago dos seus recibos, non poderán acceder ás instalacións e perderán aquela condición segundo o establecido neste regulamento.
Artigo 11. O importe das tarifas revisaranse anualmente segundo o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Artigo 12. A condición de abonado/a dá dereito ao acceso aos vasos e ás salas de acondicionamento físico das instalacións, dentro dos horarios establecidos correspondentes ao seu tipo de abono.
CAPÍTULO III.- NORMAS DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
Sección 1ª.- Disposicións xerais
Artigo 13. O acceso ás instalacións municipais supón a aceptación das persoas usuarias das normas contidas neste regulamento e no resto da normativa de aplicación.
Artigo 14. As persoas que utilicen as instalacións das piscinas municipais deberán respectar as seguintes normas xerais:
a)- Está prohibido fumar en todos os espazos das instalacións.
b)- Prohíbese a utilización de teléfonos móbiles dentro das instalacións.
c)- Non se poderá acceder ás instalacións con animais (agás cans-guía).
d)- Para facilitar a convivencia de todas as persoas usuarias, non se debe correr nin berrar nin calquera outra conduta que poda molestar aos demais usuarios nas zonas compartidas con outra xente.
e)- É obrigatorio pasar o carné de usuario da instalación polo lector do control de accesos instalado na recepción, tanto ao entrar como ao saír da instalación.
Artigo 15. As persoas que utilicen as instalacións do ximnasio e da piscina municipal da Laracha deberán amosar un comportamento correcto e respectuoso para o resto das persoas coas que as compartan e cara ás instalacións e os bens que nelas se atoparen, así como manter estas nas axeitadas condicións de limpeza e hixiene tras o seu uso.
Artigo 16. Nas instalacións do ximnasio e a piscina municipal da Laracha existirán follas de reclamación a disposición das persoas que as utilicen, segundo o establecido na normativa sobre consumo.
Artigo 17. As persoas usuarias disporán dunha caixa de correo onde poder dirixir as súas queixas ou suxestións sobre o funcionamento do servizo; para esta finalidade existirá nas instalacións un espazo especialmente destinado a recoller as suxestións, que estará en lugar visible e accesible. Así mesmo, deberase informar nun lugar visible ás persoas interesadas da existencia desta caixa e da posibilidade de presentar nela as súas queixas ou suxestións.
Artigo 18. O Concello da Laracha e a empresa adxudicataria da xestión do servizo non se farán responsables dos obxectos perdidos, abandonados, ou subtraídos nas instalacións mesmo dos depositados nos armarios que se baleirarán polas noites despois do peche da instalación.
Artigo 19. Os acompañantes aos usuarios non poderán acceder aos vestiarios nin á zona de praia da piscina co acompañado, nin facer uso das demais instalacións reservadas aos usuarios, sen prexuízo do disposto na sección 7ª.
Sección 2ª.- Utilización dos vestiarios
Artigo 20. As persoas usuarias teñen a obriga de colaborar en manter os vestiarios e demais espazos da instalación en correctas condicións hixiénicas para a súa utilización.
Artigo 21. É obrigatorio o uso de chancletas para se duchar e circular polos vestiarios. Os adultos responsables que duchen aos menores de 8 anos están obrigados ao uso de chancletas.
Artigo 22. Está prohibido realizar accións como afeitarse, depilarse ou tinxirse, cortar as uñas ou outras accións de hixiene persoal dentro do recinto dos vestiarios.
Artigo 23. Os armarios débense deixar baleiros despois do seu uso. As chaves dos armarios non poderán saír das instalacións en ningún caso.
Artigo 24. O lixo deberase deixar en recipientes destinados para o efecto.
Artigo 25. Os nenos e as nenas maiores de 8 anos (inclusive) deberán utilizar unicamente o vestiario que lles corresponda. Os menores de 8 anos (inclusive) utilizarán o vestiario correspondente ao sexo do adulto responsable que os acompañe. Asemade, as persoas cunha discapacidade física ou psíquica de carácter permanente, utilizarán o vestiario correspondente ao sexo da persoa que os acompañe.
Artigo 26. Pola súa propia seguridade, non se permite o uso de aparatos eléctricos que non sexan os da propia instalación, agás que non se dispoña dos necesarios e sempre baixo o permiso e baixo as indicacións do persoal das instalacións.
Artigo 27. Non se pode comer no interior dos vestiarios, nin nas instalacións destinadas á práctica deportiva.
Artigo 28. Os papeis, compresas, pelos¿ deberán ser depositados nos contedores destinados para tal fin.
Artigo 29. O número máximo de usuarios que de xeito simultáneo poden utilizar os vestiarios é de 23 persoas para o vestiario masculino e de 38 persoas para o vestiario feminino.
Sección 3ª.- Utilización das piscinas
Artigo 30. É obrigatorio, por motivos hixiénicos, o uso de zapatillas de auga e gorros de baño.
Artigo 31. É obrigatorio ducharse antes da inmersión na auga do vaso, e lava-los pés cando o acceso ao vaso se realice desde ambientes exteriores.
Artigo 32. Prohíbese a entrada vestido e con calzado da rúa na zona de praia.
Artigo 33. Está prohibido ouriñar e cuspir na piscina.
Artigo 34. O número máximo de persoas no vaso será de 15 por cada unha das estaxes das que dispón a piscina municipal. Asemade, os usuarios estarán obrigados a nadar pola dereita das estaxes e adiantar pola esquerda, respectar a sinalización dos estaxes e seguir as instrucións dos socorristas en canto ao uso dos mesmos, que segundo o nivel e ritmo de nado estarán distribuídos en rápidos e lentos.
Artigo 35. No horario de baño libre, os/as nenos/as menores de 12 anos, deben ir acompañados dun adulto.
Artigo 36. Está prohibido entrar no vaso con maquillaxe, cremas ou apósitos de ningún tipo.
Artigo 37. Non está permitido o emprego de colchonetas, flotadores, gafas de cristal, ou calquera elemento que a xuízo das persoas responsables da seguridade do vaso poidan supoñer algún risco para o resto de usuarios.
Artigo 38. Prohíbese saltar á auga de cabeza, desde os laterais ou sentarse nas corcheiras.
Artigo 39. Prohíbese comer e beber na zona de praia reservada aos bañistas.
Artigo 40. Para evitar riscos sanitarios, está prohibida a entrada na zona reservada aos bañistas, daquelas persoas que padezan enfermidades cutáneas ou doutro tipo que pola súa natureza se poidan contaxiar a través da auga. Asemade, deberase comunicar ao socorrista si se padece algunha enfermidade que requira especial atención.
Artigo 41. Non está permitido mascar chicle, beber nin comer nas diferentes zonas de baño.
Artigo 42. Por razóns de seguridade están prohibidos xogos e prácticas perigosas (lanzarse á auga desde os laterais, poyetes de saída ou calquera zona do vaso, así como sentarse nas corcheiras).
Artigo 43. Non se permite introducir utensilios para a natación subacuática, colchonetas ou elementos inchables.
Artigo 44. As gafas de natación ou doutro tipo, deberán ter lentes de plástico ou irrompibles.
Artigo 45. Non se permite o emprego de aletas agás en actividades organizadas polo centro. No caso de prescrición médica ou adestramento deberá ser comunicado ao socorrista, e sempre dentro dos horarios establecidos para iso.
Artigo 46. Deberán respectarse os espazos destinados en cada momento aos diferentes usos (cursos organizados ou nado libre¿)
Artigo 47. O uso do servizo da caixa de urxencias, é exclusivo para situacións de urxencia producidas na instalación, en ningún caso cumpre funcións de servizo de curas, cambios de vendaxes, consulta médica.
Artigo 48. A temperatura da auga do vaso cuberto manterase entre 25 e 30º C. A temperatura ambiental encontrarase entre 2 e 4 ºC por riba da temperatura da auga do vaso, todo iso en base ao artigo 7 do capítulo I do Decreto 103/2005 do 6 de maio que regula as condicións técnico sanitarias de piscinas de uso colectivo.
Sección 4ª.- Utilización do ximnasio
Artigo 49. Non está permitida a entrada no ximnasio a menores de 18 anos agás estean a participar nun programa dirixido polo Concello da Laracha. Os maiores de 16 anos e menores de 18 poderán acceder unicamente en horario que haxa presenza dun monitor.
Artigo 50. Por motivos hixiénicos é obrigatorio levar unha toalla para realizar os exercicios nos distintos aparatos e bancos.
Artigo 51. Non se pode acceder á sala co mesmo calzado que se utilice para acceder desde o exterior, e deberá ser sempre calzado deportivo.
Artigo 52. A persoa usuaria debe respectar o material da sala e recollelo unha vez que remate o seu uso.
Artigo 53. A persoa usuaria debe desaloxar a máquina ou o aparato a utilizar entre series, de xeito que permita unha rotación a outros abonados.
Artigo 54. Ao rematar o adestramento deberase recoller o material utilizado.
Artigo 55. Non se permite a entrada á sala con mochilas, botellas de cristal e comida.
Artigo 56. No caso de haber xente esperando deberase respectar o tempo de limitación estipulado para as máquinas de cardiovascular e musculación.
Artigo 57. Queda terminantemente prohibida a utilización de calquera espazo da instalación deportiva para impartir clases con finalidade de uso e beneficio particular, agás as autorizadas expresamente por escrito polo Concello da Laracha.
Artigo 58. A capacidade máxima do ximnasio é (188,68 m²) de 37 persoas e a da sala de actividades (108,36 m² sen aparatos) de 72 persoas.
Sección 5ª.- Utilización das saunas e zona spa
Artigo 59. Está prohibida a entrada na sauna a menores de 16 anos.
Artigo 60. Gafas, lentes de contacto e obxectos metálicos deben retirarse antes de entrar na sauna.
Artigo 61. En todo momento deberá respectarse a capacidade máxima establecida.
Artigo 62. Está prohibida a manipulación dos botóns de control da sauna.
Artigo 63. Está prohibido o acceso á zona spa a menores de 16 anos, agás que estean acompañados en todo momento dun adulto responsable.
Artigo 64. É obrigatorio o uso de toalla e traxe de baño.
Artigo 65. Prohíbese o acceso ao recinto con roupa e calzado de rúa.
Artigo 66. É obrigatorio permanecer sentado no interior da sauna.
Artigo 67. É obrigatorio ducharse antes de acceder á sauna e tamén a continuación se desexa acceder ao vaso.
Artigo 68. Non se permite afeitarse, depilarse, tinguir, ou outras accións de hixiene persoal ou antihixiénicas (ouriñar, cuspir) no interior da sauna. Así mesmo, prohíbese o acceso con maquillaxes, cremas ou apósitos de calquera tipo.
Artigo 69. Está prohibido o uso recreativo.
Artigo 70. Está totalmente prohibido o uso da sauna no caso de problemas cardiovasculares, hipertensión, hipotensión, embarazo¿ e o acceso a toda persoa que padeza calquera enfermidade infecto-contaxiosa.
Artigo 71. Por motivos de saúde o tempo de permanencia na sauna, non debe superar nunca os 15 minutos.
Artigo 72. É obrigatorio o uso de zapatillas de baño para circular.
Artigo 73. Non se permite derramar ou utilizar ningún tipo de líquidos, eucaliptos¿ A sauna finlandesa é unha sauna de tipo seco e como tal o uso da auga debe ser limitado para que cumpra as súas funcións e non se estrague a maquinaria.
Artigo 74. Na sauna non se permite permanecer de pé nin pisar con calzado nos bancos.
Sección 6º.- Utilización das salas de actividades dirixidas
Artigo 75. En xeral non se permite a participación nas actividades a persoas menores de 16 anos, de maneira xeral. Os maiores de 16 anos poderán acceder sempre que presenten a correspondente autorización do pai, nai ou titor.
Artigo 76. Non se permite a utilización da sala nin a manipulación do material sen a presenza dun monitor.
Artigo 77. Por motivos de hixiene, é obrigatorio levar unha toalla para asistir ás clases.
Artigo 78. Por cuestións de orde e para respectar a dinámica das actividades non se permite, entrar nas clases 10 minutos despois do seu comezo (no caso das de 50 minutos ou unha hora) nin 5 minutos despois do comezo das actividades de 30 minutos.
Artigo 79. Non está permitida a entrada ás salas con mochilas, botellas de cristal ou comida.
Artigo 80. A persoa usuaria deberá colocar o material no seu lugar, unha vez rematada a sesión.
Artigo 81. Aquelas actividades con capacidade limitada xestionaranse mediante a reserva de praza.
Sección 7º.- Normas para os participantes en cursos
Artigo 82. O primeiro día de clase presentarase o xustificante de pagamento ao/á monitor/a.
Artigo 83. As persoas que non sexan abonadas deberán presentar o carné de asistente ao curso na recepción e recollelo ao abandonar a instalación. Os adultos responsables de menores participantes en cursos que non sexan abonados deberán abandonar o recinto durante o curso.
Artigo 84. A confirmación de asistencia a un curso farase antes do día 25 do mes anterior, quedando no caso contrario a praza a disposición doutros usuarios. A inscrición nun dos cursos implica días e horarios concretos. As baixas dalgún curso deberase comunicar á recepción antes do día 27 do mes anterior ao da baixa.
Artigo 85. O pago en efectivo efectuarase antes do día 5 do mes en curso. Poderase impedir a entrada a partir desta data, no caso de falta de pago. Os días festivos ou de peche obrigado non serán recuperables en ningún caso. As faltas por enfermidade non serán recuperables, agás as de máis de 16 días e sempre xustificadas polo médico.
Artigo 86. As persoas asistentes ao curso non abonadas terán limitado o acceso exclusivo aos vestiarios o ao curso no que estean apuntadas. Tamén terán limitado o tempo de permanencia na instalación á duración do curso máis 30 minutos para cambiarse (entrada + saída).
Artigo 87. Para os efectos da Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter oficial, ao inscribirse na instalación autorízase a utilización dos datos persoais e o seu tratamento informático para a xestión da instalación e no seu caso, envío de información comercial inherente á xestión do centro.
Artigo 88. Prohíbese a captación, reprodución ou publicación por fotografía, filme, ou calquera outro procedemento, da imaxe dunha persoa en lugares ou momentos da súa vida privada ou fora deles (Lei orgánica 1/1982).
CAPÍTULO IV.- NORMAS ADMINISTRATIVAS
Artigo 89. A cota de matrícula, a primeira mensualidade e os cursos, pagaranse en efectivo. Os demais pagamentos mensuais poderanse facer por domiciliación bancaria ou tamén en efectivo, este último sistema dentro dos 5 primeiros días de cada mes.
Artigo 90. As persoas que acrediten unha discapacidade psíquica, que derive nunha diminución da súa idade mental, terán os dereitos e os deberes correspondentes á idade que acrediten.
Artigo 91. Todas as persoas que non aboen as respectivas cotas non poderán acceder á instalación. Serán baixas automáticas aqueles abonados que deixen de aboar dúas mensualidades consecutivas.
Artigo 92. Para darse de baixa en calquera actividade haberase de notificar por escrito co correspondente formulario antes do día 20 do mes anterior ao que se desexe facer efectiva a baixa.
Artigo 93. O feito de darse de baixa implica a perda da cota de matrícula.
Artigo 94. Con respecto ao abono familiar e unha vez cumpridos os 25 anos de idade, en caso de non cursarse a baixa do/a abonado/a, procederase ao cambio automático á modalidade de abono xeral.
Artigo 95. Cando o recibo dunha persoa abonada é devolto pola entidade bancaria, o/a abonado/a deberá pagalo persoalmente na instalación.
CAPÍTULO V.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 96. Consideraranse faltas leves as seguintes condutas:
a) A desobediencia das instrucións e advertencias que o persoal das instalacións determine co fin de cumprir este regulamento ou as normas sobre a utilización das piscinas de uso colectivo, en especial os artigos referentes ao comportamento das persoas usuarias e a utilización das instalacións.
b) As accións que causen danos nas instalacións ou no equipamento.
Consideraranse faltas graves as seguintes condutas:
a) A falta de respecto cara ao persoal das instalacións ou demais persoas usuarias.
b) As accións ou omisións que impliquen deterioración grave das instalacións ou equipamento.
c) A subtracción de obxectos situados nas instalacións
d) O uso fraudulento de documentos para o acceso ás instalacións ou a cesión destes documentos a terceiros non autorizados.
e) A reiteración de faltas leves.
Consideraranse faltas moi graves:
a) As accións que prexudiquen gravemente ou supoñan riscos para a saúde dos/as usuarios/as ou persoal da instalación.
b) As accións que impliquen unha deterioración moi grave ou irreversible nos equipamentos da instalación.
c) A reiteración de faltas graves.
Artigo 97. As faltas leves serán sancionadas con multa de 6 euros a 200 euros. Estas sancións serán impostas por un acordo da Alcaldía.
As faltas graves serán sancionadas con multa de 201 € a 400 €. Estas sancións serán impostas pola Alcaldía, despois da audiencia á persoa usuaria.
As faltas moi graves serán sancionadas coa expulsión das instalacións por un período máximo dun ano, perdendo, no seu caso, a condición de abonado/a. Estas sancións serán impostas pola Alcaldía.
A comisión dunha infracción poderá dar lugar á expulsión inmediata do recinto, coa posterior perda, no seu caso, da condición de abonado ou participante nos cursos ou actividades que se realicen.
Artigo 98.- As sancións impostas en cumprimento deste regulamento son independentes das responsabilidades civís, penais ou de calquera orde en que puidesen incorrer os autores de danos aos bens ou ás instalacións.
O autor de danos, roturas ou deterioracións aos elementos das instalacións deportivas deberá aboar o importe que corresponda con independencia das sancións administrativas que se impoñan.
Disposicións
Disposición final primeira. O presente Regulamento entrará en vigor unha vez publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición final segunda. Para o non previsto neste Regulamento será de aplicación o establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Disposición final terceira. Contra esta Regulamento poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O reglamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local :
Artigo 70.2: ...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.