Boiro - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE CARACTER EDUCATIVO, SOCIAL, CULTURAL E DEPORTIVO
Artigo 1.-FUNDAMENTO LEGAL E OBXECTO.
En uso das facultades conferidas polos artículos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 2.1.e), 41 a 47 e 127 da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos de carácter educativo, social, cultural e deportivo.
Artigo 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible para o establecimiento do presente prezo público, a participación en cursos ou actividades de carácter educativo, social, cultural, lúdico e deportivo, impartidos directa o indirectamente polo Concello de Boiro, tales como:
a) Cursos, talleres, escolas e actividades de formación.
b) Campamentos, viaxes, excursións e semellantes.
c) Actividades de programas de xuventude, educación, cultura, deportes, praias, turismo e outras.
d) Certámenes, premios e concursos.
e) Escolas deportivas municipais e escolas de verán.
f) Ludotecas.
g) Actividades extraescolares en centros educativos públicos.
h) Outras actividades e servizos similares.
Artigo 3.-OBRIGADOS AO PAGAMENTO.
1. Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza quenes soliciten a inscrición, participen ou se beneficien como usuarios de calquiera actividade ou servizo aos que se refire a presente ordenanza.
2. Cando o usuario sexa un menor de idade, a obriga de pagamento dos prezos públicos recaerá sobre os pais, nais ou titores responsables dos mesmos.
3. Os interesados en ser usuarios dos servizos ou actividades culturais, deportivas, de xuventude ou lúdicas gravadas por este prezo público presentarán, na Concellería ou Servicio correspondente sinalada na convocatoria:
- A solicitude de inscrición nos modelos oficiais, acompañando a documentación que en cada caso sexa esixible.
- Documento xustificativo do ingreso do prezo público que corresponda, no caso de que o acordo da XGL estableza ese momento como nacemento da obriga de pagamento.
Artigo 4.-OBRIGA DE PAGAMENTO.
1. A obriga de pagamento dos prezos públicos regulados nesta ordenanza nace dende que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade de que se trate.
2. De conformidade co artigo 46 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, poderase esixir o seu importe total, como depósito previo, no intre de formalizar a inscrición ou matrícula na actividade ou servizo a realizar, sen que se tramiten as inscricións que non vaian acompañadas do xustificante de pagamento.
3. O importe do prezo público deberá ser ingresado na conta que se determine en cada caso, empreando as cartas de pagamento que ao efecto emita o Concello.
Artigo 5.-CONTÍA.
1. As tarifas dos prezos públicos regulados nesta ordenanza serán as que acorden para cada actividade a Xunta de Goberno Local, de conformidade co artigo 47 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, a proposta do servizo de que se trate, e previa fiscalización de intervención. Elevarase á XGL unha memoria económico-financeira na que se indicará:
- Estimación de costes da actividade con descrición detallada de gastos inherentes á súa realización, asinada polo empregado público xestor da actividade.
- Estimación do número de usuarios aos que se destina a actividade.
- Achegas doutras AAPP que cofinancien a actividade, indicando a administración, a subvención de que se trata e importe
- Proposta de prezo público.
No caso de que o número de plazas da actividade fora limitado utilizarase como criterio de admisión a data de presentación da solicitude.
2. Si o prezo a aboar polos interesados é inferior ao custe das actividades, a proposta do servizo ou departamento responsable debe incluír a previsión da financiación do déficit respectivo.
3. Por razón sociais, benéficas, culturais ou de interese público poderá fixarse unha contía inferior ao coste do servizo.
4. No acordo de establecemento da contía do prezo público pola XGL deberá figurar, en todo caso, o momento de nacemento da obriga do pagamento, así como, en caso de ser un actividade de duración superior a 1 mes, si o pagamento se realizará ao inicio da actividade ou non.
Artigo 6.-DEVOLUCIÓNS.
Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.
No caso de que o usuario do servizo desista do mesmo, non se efectuará devolución algunha.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
PRIMEIRA.-En todo o non específicamente regulado nesta ordenanza será de aplicación o disposto nos artigos 41 a 47 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, disposicións de desarrollo e Lei xeral tributaria.
Entrada en vigor.-A presente ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no BOP, unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e permanecerá en vigor ata a súa derrogación ou modificación expresas.
DATA DE APROBACIÓN E PUBLICACIÓN DA ORDENANZA.
Aprobada inicialmente por acordo do Pleno do 21 de xullo de 2011 e publicado anuncio e texto no BOP n.º 145, do 22 de xullo de 2011.
Aprobada definitivamente por Decreto da Alcaldía en data 7 de setembro de 2011 e publicado o texto definitivo no BOP n.º ___ de data _________________"