Fene - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 8 REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 22/07/2013 BOP Nº: 138
Publicación definitiva: 16/09/2013 BOP Nº: 176
Aplicable dende: 01/10/2013

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 27 e 57 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.

Artigo 2º.- Feito impoñible

É obxecto desta taxa a prestación do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa Individualizado de Atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa regulada na presente ordenanza os seguintes:

A) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 4º.- Base impoñible

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 5 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 13,50 euros/hora/ non festiva e 15.60 €/hora/ festivas, revisable anualmente segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente

A base impoñible total será o resultado de multiplicar a base impoñible referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.

Artigo 5º.- Cota tributaria (ART.61 Y 62)

A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será o resultado de aplicar á base impoñible total as seguintes porcentaxes:

A) Para o caso da prestación do servizo de libre concorrencia:

Capacidade económica

Porcentaxe

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

20%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

35%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

55%

Maior de 2,5

75%

B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Grao I

Grao II

Grao III

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Capacidade económica (referida ao IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

70 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47%

18,09%

Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41%

7,84%

10,28%

13,66%

17,31%

21,64%

Maior do 125 % e menor ou igual ao 150%do IPREM

5 ,55 %

8,05%

1 0,54%

14, 01%

17,76%

22,19 %

Maio do 150% e menor ou igual a o175% do IPREM

5, 65%

8,19%

1 0,73%

14,26%

1 8,07%

22,59 %

Maio do 175 e menor ou igual ao 200 %do I PREM

5,72%

8,30 %

1 0,87%

14,45%

18,31%

22,89 %

Maior do 200 % e menor ou igual ao 215 %do IPREM

5,81%

8, 42%

11,03%

14,66 %

1 8,58%

23,23%

Mai do 215 % e menor ou igual a o250 %IPREM

6,03%

8,75 %

11 ,46%

15,24%

19,31 %

24,14 %

Maior do 250% e menor ou igual ao 300% IPREM

6,24%

9,05%

11,86%

15,76%

19, 97%

24,97 %

Maior do 300% e menor ou igual ao 350% IPREM

6,42%

9,30%

12,19%

16,20%

20,53%

25,66%

Maior do 350% e menor ou igual ao 400% IPREM

6,54%

9,48%

12,42%

16,51%

20,93%

26,16%

Maior do 400% e menor ou igual ao 450% IPREM

6,63%

9,62%

12,60%

16,75%

21,22%

26,53%

Maior do 450% e menor ou igual ao 500% IPREM

6,70%

9,72%

12,74%

16,93%

21,45%

26,82%

Superior ao 500% do IPREM

6,76%

9,80%

12,84%

17,07%

21,63%

27,04%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

A determinación da capacidade económica á que fan referencia as tarifas anteriores será a que resulte da aplicación dos artigos 59 e 60 do Decreto 99/2012, de 9 de marzo.

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións

Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais, nos termos establecidos no art. 9 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais.

Artigo 7º.- Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo

1.-A obriga do pagamento nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo.

2.- Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regra deberán motivarse cun informe dos técnicos de Servizos Sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuíbles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros-, este/a será apercibido/a de inmediato, responsabilizándose dos gastos que esto ocasione.

3.- Se a algún/unha dos/as beneficiarios/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, léase por inconvenientes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora de aboar a cota mensual.

Artigo 8º.- Normas de xestión

1.- Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Para ditas variacións, no seu caso, estarase ao previsto no Regulamento de funcionamento do servizo.

2.- Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá, por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no Regulamento do servizo de axuda no fogar.

3.- Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas desta taxa . O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

4. 0 departamento de servizos sociais remitirá a oficina de xestión tributaria e recadación relación mensual asinada con especificación dos datos necesarios para a liquidación da taxa.

Disposición transitoria

As persoas que á entrada en vigor desta ordenanza estivesen recibindo os servizos que constitúan a obriga de pago desta taxa, continuarán conas prestacións autorizadas, pero, en todo caso, seranlles de aplicación as tarifas e demais criterios de aplicación establecidos nesta ordenanza. En tanto se determina a referencia de renda que corresponda a cada beneficiario do servizo para determinar a cota a ingresar, de acordo coas prescricións dos artigos anteriores, tomarase a cota fixada na resolución de autorización de prestación do servizo. Estas liquidacións terán carácter de liquidación provisional e practicarase a definitiva, complementaria ou con dereito a devolución, segundo proceda, notificándolle ó obrigado ó pagamento para o ingreso da cota complementaria ou execución da devolución.

A tal efecto, por parte dos servizos sociais procederase a requirir, de ser o caso, a documentación acreditativa da renda e patrimonio no prazo dun mes dende a publicación desta ordenanza.

Disposición derrogatoria

A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos de axuda no fogar, que fora aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 02/06/2005 e o acordo regulador do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes segundo a lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia aprobado polo Pleno en sesión celebrada o día 02/10/2008.

Disposición Final Primeira

No non disposto na presente ordenanza estarase o preceptuado na Lei Xeral Tributaria, no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais disposicións concordantes coa materia, o Regulamento do servizo de axuda a domicilio do Concello de Fene e as disposicións ou normas marco na materia, aprobadas pola Xunta de Galicia, constituirán normas de referencia para a interpretación do articulado desta ordenanza.

Disposición final Segunda

Esta ordenanza, entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte a aquel no que se produza a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia.