Ordes - PREZO PÚBLICO POR ASISTENCIA A CURSOS DE EDUCACIÓN DE ADULTOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 21/11/2013 BOP Nº: 222
Aplicable dende: 21/11/2013

1.- Concepto.

A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola realización de cursos destinados á formación de adultos coa finalidade de preparar os exames para a obtención do título de que se trate e que periodicamente convoca a Xunta de Galicia.

2.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes ou beneficiarios da prestación do servizo.

3.- Contía.

O importe dos prezos públicos será de 18 euros por mes.

4.- Normas de xestión.

A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, debendo achegar a orde de domiciliación bancaria para o abono das cotas mensuais. O pagamento realizarase por meses anticipados dentro dos primeiros oito días de cada mes.

O mes de inicio e o de remate do curso correspondente ratearase o prezo por quincenas.

No caso de baixa na actividade esta producirá efectos a partires do día 1 do mes natural seguinte á data de presentación da comunicación correspondente.

A falta de pagamento dunha mensualidade implicará a baixa automática na actividade correspondente, sen prexuízo de que dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento. En todo o que non estea aquí previsto acudirase a ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.