Malpica de Bergantiños - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO
Artigo 1. Concepto.
En uso das facultades previstas no artigo 127 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47 do mesmo Texto Refundido, e de acordo coa Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, así como o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar deste Concello, establécese o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar (en diante S.A.F.), que se rexerá pola presente Ordenanza e demais disposicións legais de pertinente aplicación.
Artigo 2.- Obxecto do servizo.
Constitúe o servizo suxeito a prezo público, a prestación do S.A.F. no ámbito territorial deste Municipio, por parte do Concello de Malpica , xestionado de forma directa ou indirecta, consistente na prestación de atencións de carácter persoal e/ou doméstico aos cidadáns e unidades de convivencia, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida e promover a súa autonomía para facilitarlles a permanencia no seu medio habitual.
Artigo 3.- Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta Ordenanza:
A.- As persoas físicas e unidades de convivencia, que, tendo recoñecida a situación de dependencia e prescrito o S.A.F. na resolución aprobatoria do Programa Individual de Atención, residan no termo municipal de Malpica e sexan receptoras ou beneficiarios do citado servizo, consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos.
B.- As persoas físicas e unidades de convivencia que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento previsto no artigo 12.2 da Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do concello de Malpica de Bergantiños
C.- Nos casos en que as persoas físicas usuarias sexan menores de idade ou fosen declaradas incapaces por sentenza xudicial conforme ao disposto no artigo 760 da Lei de Axuizamento Civil, os seus representantes legais.
Artigo 4.- Custo do servizo.
A contía do prezo público ven referida a unha hora de prestación do servizo, establecéndose o prezo da hora en 12,00 euros.
O custo do servizo inclúe as funcións de xestión, coordinación, planificación, execución, seguimento e avaliación global do servizo.
Custo do servizo = nº de horas(1) x importe hora(2)
Ós efectos da aplicación destas contías teranse en conta criterios de capacidade económica, conforme ao establecido nos artigos seguintes, o que determinará a cantidade a satisfacer polos usuarios do servizo.
Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, a contía do prezo público será a que fixe, en cada caso, o Pleno da Corporación, ou en caso de delegación, a Xunta de Goberno Local, de cordo co artigo 47.1 do TRLRFL.
Cando concorran razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, poderanse fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo, conforme ó sinalado no artigo 44.2 do TRLRFL. Nestes casos deberán consignarse nos orzamentos as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante.
Artigo 5.- Contía e tarifas.
A contía do prezo público que terá que abonar cada usuario/a calcularase tomando como base o custo do servizo prestado, calculado de acordo co establecido no artigo anterior, multiplicado pola porcentaxe de achega ou participación que lle corresponda en base á capacidade económica persoal de cada usuario/a, determinado de acordo coa táboas incluída no artigos 61 e 62 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Prezo público = nº de horas (1) x importe hora (2) x % de achega ó financiamento |
5.1 Persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, usuarias do servizo de axuda no fogar.
5 1.1 No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
5.1.2. Nos demais supostos se aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o % de achega ó financiamento copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado
GRAO I | GRAO II | GRAO III | ||||
Nivel | Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II |
Capacidade económica (referida ó IPREM) | 20 h. | 30 h. | 40 h. | 55 h. | 70 h. | 90 h. |
≤ ó 100% do IPREM | 0% | 0% | 0% | 0% | 0% | 0% |
>do 100% e ≤ do 115% do IPREM | 4,52% | 6,56% | 8,59% | 11,42% | 14,47% | 18,09% |
>do 115% e ≤ do 125% do IPREM | 5,41% | 7,84% | 10,28% | 13,66% | 17,31% | 21,64% |
>do 125% e ≤ do 150% do IPREM | 5,55% | 8,05% | 10,54% | 14,01% | 17,76% | 22,19% |
>do 150% e ≤ do 175% do IPREM | 5,65% | 8,19% | 10,73% | 14,26% | 18,07% | 22,59% |
>do 175% e ≤ do 200% do IPREM | 5,72% | 8,30% | 10,87€ | 14,45% | 18,31% | 22,89% |
>do 200% e ≤ do 215% do IPREM | 5,81% | 8,42% | 11,03% | 14,66% | 18,58% | 23,23% |
>do 215% e ≤ do 250% do IPREM | 6,03% | 8,75% | 11,46% | 15,24% | 19,31% | 24,14% |
>do 250% e ≤ do 300% do IPREM | 6,24% | 9,05% | 11,86% | 15,76% | 19,97% | 24,97% |
>do 300% e ≤ do 350% do IPREM | 6,42% | 9,30% | 12,19% | 16,20% | 20,53% | 25,66% |
>do 350% e ≤ do 400% do IPREM | 6,54% | 9,48% | 12,42% | 16,51% | 20,93% | 26,16% |
>do 400% e ≤ do 450% do IPREM | 6,63% | 9,62% | 12,60% | 16,75% | 21,22% | 26,53% |
>do 450% e ≤ do 500% do IPREM | 6,70% | 9,72% | 12,74% | 16,93% | 21,45% | 26,82% |
Superior ó 500% do IPREM | 6,76% | 9,80% | 12,84% | 17,07% | 21,63% | 27,04% |
5.1.3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
5. 1.4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5.2 . Persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custo do servizo de SAF básico |
Inferior ao 0,80 IPREM | 0% |
> 0,80 e ≤ ao 1,50 IPREM | 10% |
> o 1,5 e ≤ ao 2 IPREM | 20% |
> o 2 e ≤ ao 2,50 IPREM | 40% |
Maior de 2,50 IPREM | 60% |
Artigo 6.- Nacemento da obriga de pagamento e período de cobramento.
A obriga de pagamento do prezo público comeza desde que se inicie a prestación do servizo, por meses naturais, de cordo coa liquidación practicada conforme ao disposto no artigo 5 . Só nos supostos de alta e baixa no servizo, a liquidación mensual practicarase atendendo o número efectivo de horas prestadas no correspondente mes.
A realización do pagamento efectuarase nos primeiros 10 días hábiles do mes seguinte, mediante cargo na conta corrente que o solicitante do servizo indicará no modelo oficial de solicitude, ou ingreso na conta corrente que o concello sinale no momento de subscribir o contrato de prestación do servizo.
Nos casos de suspensión temporal do servizo, por ausencia temporal do domicilio (máximo de 3 meses) o usuario terá dereito a un desconto proporcional polo tempo que non se presta o servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e informe do pesoal técnico coordinador do servizo.
A falta de pagamento do prezo suporá a esixibilidade deste en vía de constrinximento
Artigo 7.- Normas de xestión
Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Para ditas variacións, no seu caso, estarase ao previsto no Regulamento de funcionamento do servizo.
A contía do prezo público a pagar mensualmente notificarase ao obrigado tributario no momento da súa alta no servizo, ou no momento en que se revise a súa contía.
Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá, por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no Regulamento do servizo de axuda no fogar.
Os Servizos Sociais do Concello de Malpica , atendendo ás normas precedentes, remitirán é Servizo de recadación municipal o listado dos beneficiarios con indicación da porcentaxe de achega ou participación que lle corresponda en base á capacidade económica persoal de cada usuario/a, determinado de acordo coa táboas incluída no artigos 61 e 62 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
As liquidacións practicaranse mensualmente nos primeiros quince días de cada mes mediante a aprobación do padrón do prezo público correspondente aos servicios prestados no mes inmediato anterior, de conformidade cos datos facilitados polos Servizos Sociais.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia quedando derrogada a Ordenanza de Prezo público pola prestatacion do servizo de axuda a domicilio no concello de Malpica de Bergantiños, publicada no BOP nº 13 de data 21-01-2010.