Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL Nº 33, REGULADORA DA TAXA POLA INMOBILIZACIÓN, RETIRADA, E DEPÓSITO DE VEHÍCULOS
Artigo 1.º . Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e co establecido no artigo 71 do RDL 339/1990 polo que se aproba a Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial en relación co artigo 292 do Código de Circulación, artigo 91.2 do Regulamento Xeral de Circulación, no que se dan normas para a retirada de vehículos na vía pública e o subseguinte depósito, este Concello establece a taxa reguladora pola inmobilización, retirada e depósito de vehículos na vía pública que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.º . Feito Impoñible
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de inmobilización, retirada da vía pública e o depósito no lugar que polo Concello se determine daqueles vehículos estacionados que deban ser retirados de acordo co previsto nos artigos 70 e 71 do Real decreto lexislativo 339/1990, artigo 292 do Código de circulación e demais normativa reguladora sobre a materia.
2. Para tal efecto, procederase á retirada do vehículo da vía pública e o seu depósito no lugar designado polo Concello nos casos seguintes:
a) Sempre que constitúa perigo, cause graves perturbacións á circulación de vehículos ou peóns ou ó funcionamento dalgún servicio público ou deteriore o patrimonio público ou tamén cando poida presumirse racionalmente o seu abandono.
b) En caso de accidente que impida continua-la marcha.
c) Cando fose inmobilizado por deficiencias deste.
d) Cando inmobilizado un vehículo, de acordo co disposto no artigo 67.1, parágrafo terceiro, do Real decreto lexislativo 339/1990, do 21 de marzo, o infractor persistise na súa negativa a depositar ou garanti-lo pagamento do importe da multa.
e) Cando un vehículo permaneza estacionado en lugares habilitados pola autoridade municipal como de estacionamento con limitación horaria sen coloca-lo distintivo que o autoriza.
f) Cando un vehículo permaneza estacionado nos carrís ou partes das vías reservados exclusivamente para a circulación ou para o servicio de determinados usuarios.
g) Cando procedendo legalmente á inmobilización do vehículo non fose no lugar axeitado para practicar esta sen obstaculiza-la circulación de vehículos ou persoas.
3. Salvo nos casos de subtracción ou outras formas de utilización do vehículo en contra da vontade do seu titular, debidamente xustificadas, os gastos que se orixinen como consecuencia da retirada e custodia segundo o establecido na presente ordenanza, serán por conta do titular que deberá aboalos ou garanti-lo seu pagamento como requisito previo á devolución do vehículo, sen prexuízo do dereito de recurso que lle asiste e da posibilidade de repercutilos sobre o responsable do accidente, do abandono do vehículo ou da infracción que dése lugar á retirada.
Artigo 3.º . Suxeito pasivo
1.-Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos vehículos.
2.-Responderán subsidiariamente, co suxeito pasivo, os conductores do vehículo que aparezan como causantes da conducta da que deriva a producción do feito impoñible.
3.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 4.º . Devengo
1. Este tributo devengarase, nacendo a obriga de contribuír, coa iniciación da prestación do servicio.
2. Entenderase que se iniciou a prestación do servicio cando, detectado o vehículo infractor, se inicien os labores para a súa retirada ou inmobilización.
3. Na modalidade de depósito, devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que o vehículo entra no solar ou local destinado ó seu depósito.
4. Na modalidade de inmobilización devéngase a taxa cando se inicien as tarefas de inmobilización do vehículo na vía pública por medio dalgún procedemento mecánico que impida a súa circulación.
Artigo 5.º . Beneficios fiscais
De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Artigo 6.º . Cota tributaria
As taxas esixibles en cada caso, serán as seguintes:
CONCEPTO | EUROS | |
Epígrafe 1. Por retirada e traslado de cada vehículo: | A. Bicicletas, ciclomotores, motocicletas e vehículos análogos | 38,14 € |
B. Automóbiles de turismo, furgonetas, camións e similares hasta 2.000 kg de carga | 82,62 € | |
C. Furgonetas, camións, autobuses e demais vehículos de tonelaxe de carga superior ós 2.000 kg | 95,35 € | |
Se só hai intervención do servicio de grúa pero sen que se producira o enganche do vehículo, as contías anteriores quedarán reducidas ó 50 %. Unha vez que se calzara o vehículo para a súa retirada pola grúa, aboarase o 100 % da cota. | ||
Epígrafe 2. Por depósito de vehículos: | A. Bicicletas, ciclomotores, motocicletas e vehículos análogos | 6,37 € |
B. Automóbiles de turismo, furgonetas, camións e similares hasta 2.000 kg de carga | 25,41 € | |
C. Furgonetas, camións, autobuses e demais vehículos de tonelaxe de carga superior ós 2.000 kg | 76,27 € | |
As tarifas comprendidas neste epígrafe aplicaranse por cada día, ou fracción, que o vehículo permaneza depositado. | ||
Epígrafe 3. Inmobilización do vehículo por procedementos mecánicos: | A. Bicicletas, ciclomotores, motocicletas e vehículos análogos | 6,37 € |
B. Automóbiles de turismo, furgonetas, camións e similares hasta 2.000 kg de carga | 12,70 € | |
C. Furgonetas, camións, autobuses e demais vehículos de tonelaxe de carga superior ós 2.000 kg | 17,78 € | |
Artigo 7.º . Normas de xestión
1. Os dereitos e taxas desta ordenanza son esixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan, segundo o cadro de multas da Lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial (Real decreto lexislativo 339/1990).
2. Trasladados os vehículos ó depósito municipal pola Policía Local ou polo concesionario do servicio, notificarase ó titular do vehículo para que antes do último día hábil do mes seguinte a aquel no que reciba a notificación, se faga cargo deste e aboe o importe das taxas correspondentes, debéndoas facer efectivas no intre no que o titular ou persoa autorizada se presente a recolle-lo vehículo.
3. A saída de toda clase de vehículos ingresados no depósito deberá ser autorizada por quen dispuxo o seu ingreso ou persoa habilitada para iso e, unicamente, poderán ser entregados ós titulares ou persoas autorizadas, que autoliquidarán a taxa consonte coas tarifas previstas no artigo 6.
4. Cando se inmobilizase un vehículo mediante a utilización de cepos ou outros procedementos mecánicos similares, para impedi-la súa circulación ou uso, os conductores ou propietarios cando proceda, solicitarán ós axentes municipais a súa retirada ou levantamento de inmobilización, para o cal deberán aboar previamente a taxa prevista.
5. Transcorrido o prazo ó que se refire o n.º 2 sen que o titular se fixese cargo do vehículo e aboase as taxas, procederase ó cobramento destas pola vía de constrinximento.
6. Cando os titulares dos vehículos depositados fosen descoñecidos, a notificación á que se refire o apartado 2.º deste artigo practicarase mediante anuncio no BOP, cargándolle ó interesado o custo do seu importe.
Artigo 8.º . Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación das infraccións cometidas e á súa sanción, estarase ó disposto nos artigo 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día trinta de outubro de 2003 e entrará en vigor unha vez que sexa publicada no BOP e comezará a aplicarse a partir da dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.