Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR CONTROL DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES OU SERVIZOS SUXEITOS A AUTORIZACIÓN, LICENZA, COMUNICACIÓN PREVIA OU DECLARACIÓN RESPONSABLE DO CONCELLO DE NEGREIRA
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Ley 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece a taxa por control do exercicio de actividades ou servizos suxeitos a autorización, licenza, comunicación previa ou declaración responsable do Concello de Negreira.
Os anteriores termos enténdense definidos segundo a lexislación vixente, e en particular as definicións contidas no artigo 2 da vixente Ordenanza reguladora do procedemento de control do exercicio de actividades ou servizos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable do Concello de Negreira.
Artigo 2.- Feito impoñible.
1. Nos supostos de actuacións sometidas ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, constitúe o feito impoñible a intervención municipal no exame da documentación, que se circunscribirá á comprobación da integridade formal da notificación efectuada ao Concello, e a suficiencia legal do proxecto técnico, memoria ou calquera outra documentación esixible para prestar a actividade, así como a verificar a súa conformidade coa adecuación da mesma ás ordenanzas municipais, a legalidade urbanística, á normativa de seguridade, sanitaria, ambiental e aquelas outras que resulten esixibles, valorando no seu caso as medidas correctoras propostas e o seu grao de eficacia, nos mesmos termos e co mesmo alcance que os establecidos para a licenza.
2. No caso de autorizacións e licenzas, constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura.
3. Para tal efecto, terá a consideración de apertura:
a. A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b. A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c. A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecta ás condicións sinaladas no nº 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.
d. Os traspasos ou cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa.
4. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a. Se adique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesán da construcción, comercial e de servicios.
b. Aínda sen desenvolver aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver, ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da declaración responsable ou comunicación previa, ou da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando a apertura xa tivese lugar sen ter presentada declaración responsable ou comunicación previa ou sen estar concedida a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente o exame da documentación, no caso de declaración responsable ou comunicación previa, ou a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu peche, se non fose autorizable a dita apertura.
3. No caso de renuncia á realización das actuacións sometidas ó réxime de declaración responsable ou comunicación previa, ou de denegación da licencia solicitada, ou de renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia, procederase, previa solicitude do interesado, á devolución do 100% do importe previamente aboado.
Artigo 6.- Base impoñible e liquidable.
EPÍGRAFE A) | |||||||||||||||||||||||||||
ACTIVIDADES SOMETIDAS Ó RÉXIME DE DECLARACIÓN RESPONSABLE OU COMUNICACIÓN PREVIA | |||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de menos de 50 m2 | 127,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 51 a 100 m2 | 190,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 101m2 en adiante | 254,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Cambio de titularidade | 50% dos anteriores | ||||||||||||||||||||||||||
EPÍGRAFE B) | |||||||||||||||||||||||||||
ACTIVIDADES SUXEITAS Ó RÉXIME DE LICENCIA DE APERTURA OU ACTIVIDADE | |||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de ata 100 m2 de superficie | 254,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de 101 ata 250 m2 de superficie | 380,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de máis de 250 m2 de superficie | 510,00 € | ||||||||||||||||||||||||||
Cambio de titularidade | 50% dos anteriores | ||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Quedan bonificadas no 50 por cento as instalacións iguais ou inferiores a 60 cabezas de gando.
Artigo 7.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase aplicando o tipo de gravame do 100 por cento sobre a base definida no artigo anterior.
No caso de cambios de titularidade por calquera causa, sometidas ó réxime de declaración responsable ou comunicación previa,, o tipo aplicable será o 100 por cento sobre a base impoñible, establecida no epígrafe a), apartado 4º, do artigo 6º.
Cando se trate de establecementos ou locais suxeitos ó réxime de licencia de apertura ou actividade, a cota tributaria determinarase aplicando, o tipo aplicable será o 100 por cento sobre a base impoñible, establecida no epígrafe b), apartado 4º, do artigo 6º.
No caso de que se trate de cambios de titularidade, de actividades anteriormente suxeitas ó réxime de licencia de apertura, e agora sometidos ó de declaración responsable ou comunicación previa, aplicarase o mesmo tipo do 100%, tomando como base impoñible a que se indica no epígrafe a), apartado 4º, do artigo 6º.
Artigo 8.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido en tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.
Artigo 9.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. Nos supostos de actividades sometidas ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, os interesados deberán presentar, no Rexistro Xeral, o escrito e a documentación que establece a vixente Ordenanza reguladora do procedemento de control do exercicio de actividades ou servizos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable do Concello de Negreira.
2. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, xuntando o proxecto técnico e demais documentos esixibles polas disposicións vixentes.
3. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condición proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
4. Rematada a actividade municipal de unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente, que se notificará ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas Arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prezos que sinala o Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10.- Infraccións e sancións.
Constitúen casos de infracción grave:
a) A apertura de locais sen a obtención da correspondente licencia será sancionada co importe do 200 por cento do establecido no epígrafe correspondente, sen prexuízo doutras responsabilidades.
b) A falsidade dos datos necesarios para a determinación da base de gravame será sancionado co importe do 200 por cento do establecido no epígrafe correspondente, sen prexuízo doutras responsabilidades.
Disposición transitoria
Nos casos de solicitudes de licencias de apertura, de actividade e de primeira utilización de edificio, presentadas conforme á normativa anteriormente vixente e comprendidas dentro do obxecto da presente Ordenanza, e cuxa liquidación tributaria estea aínda pendente no momento da entrada en vigor da nova regulación, a citada liquidación practicarase de acordo cas seguintes tarifas:
EPÍGRAFE A) BASES IMPOÑIBLES | |
ACTIVIDADES SOMETIDAS Ó RÉXIME DE DECLARACIÓN RESPONSABLE OU COMUNICACIÓN PREVIA | |
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de menos de 50 m2 | 127,00 € |
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 51 a 100 m2 | 190,00 € |
Licencias para o exercicio de actividades comerciais, artesáns ou de servicios de 101m2 en adiante | 254,00 € |
Cambio de titularidade | 50% dos anteriores |
EPÍGRAFE B) BASES IMPOÑIBLES | |
ACTIVIDADES SUXEITAS Ó RÉXIME DE LICENCIA DE APERTURA OU ACTIVIDADE | |
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de ata 100 m2 de superficie | 254,00 € |
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de 101 ata 250 m2 de superficie | 380,00 € |
Licencias para o exercicio de actividades empresariais, industriais ou de construcción de máis de 250 m2 de superficie | 510,00 € |
Cambio de titularidade | 50% dos anteriores |
EPÍGRAFE C) BASES IMPOÑIBLES | |
Declaración para primeira utilización de edificio | |
1.- Vivendas unifamiliares | |
a) Vivendas de ata 200 m2 de superficie construída | 60,00 € |
d) Vivendas de 201 m2 a 400 m2 de superficie construída | 90,00 € |
e) Vivendas de máis de 400 m2 de superficie construída | 120,00 € |
2.-Vivendas colectivas | |
d) Cota fixa por inmoble | 90,00 € |
e) Por cada unidade de vivenda e por cada 100 m2 ou fracción comercial ou industrial | 15,00 € |
f) Por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, trasteiros e demais dependencias auxiliares | 10,00 € |
3.- Naves e instalacións industriais e comerciais | |
b. Cota fixa por unidade | 90,00 € |
b. Por cada 200 m2 ou fracción | 120,00 € |
Sobre estas bases impoñibles aplicarase un tipo de gravame do 100%.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.