Laracha A - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 27, REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 27 e 57 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.
Artigo 2º.- Feito impoñible
Artigo 3º.- Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos da taxa regulada na presente ordenanza os seguintes:
A) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
Artigo 4º.- Base impoñible
A) Para o caso da prestación do servizo de axuda no fogar básico:
A base impoñible, referida a unha hora de prestación de servizo, virá determinada polo custo que para o concello supoña en cada momento a hora de servizo prestado. Dito custo será, polo tanto, o importe, IVE engadido, que resulte de aplicación do contrato administrativo de xestión do servizo público de axuda no fogar. A base impoñible total será o resultado de multiplicar a base impoñible referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.
B) Para o caso de prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:
A base impoñible virá determinada pola capacidade económica de cada usuario dependente valorado con dereito a atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, cuxo cálculo constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso.
Esta capacidade económica, de acordo co artigo 59 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas conviventes economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica observaranse os criterios e regras dispostos na Resolución do 2 de decembro de 2008 da Secretaría de Estado de Políticas Sociais, Familia e Atención á Dependencia e á Discapacidade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía persoal e Atención á Dependencia sobre determinación da capacidade económica do beneficiario e sobre os criterios de participación deste nas prestacións do dito sistema, así como as normas regulamentarias promulgadas pola Xunta de Galicia que incorporen aquelas regras ao sistema galego de servizos sociais.
Artigo 5º.- Cota tributaria
A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será o resultado de aplicar á base impoñible total as seguintes porcentaxes:
A) Para o caso da prestación do servizo ordinario:
Capacidade económica | Porcentaxe |
Menor do 0,80 do IPREM | 0 |
Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM | 20% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM | 35% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM | 55% |
Maior de 2,5 | 75% |
No servizo de axuda no fogar ordinario o cómputo da capacidade económica levarase a cabo cos seguintes criterios:
a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consoante as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Grao I | Grao II | Grao III | ||||
Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II | |
Capacidade económica (referida ao IPREM) | 20 horas | 30 horas | 40 horas | 55 horas | 70 horas | 90 horas |
Inferior ou igual ao 100% do IPREM | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM | 4,52% | 6,56% | 8,59% | 11,42% | 14,47% | 18,09% |
Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM | 5,41% | 7,84% | 10,28% | 13,66% | 17,31% | 21,64% |
Maior do 125 % e menor ou igual ao 150%do IPREM | 5 ,55 % | 8,05% | 1 0,54% | 14, 01% | 17,76% | 22,19 % |
Maio do 150% e menor ou igual a o175% do IPREM | 5, 65% | 8,19% | 1 0,73% | 14,26% | 1 8,07% | 22,59 % |
Maio do 175 e menor ou igual ao 200 %do I PREM | 5,72% | 8,30 % | 1 0,87% | 14,45% | 18,31% | 22,89 % |
Maior do 200 % e menor ou igual ao 215 %do IPREM | 5,81% | 8, 42% | 11,03% | 14,66 % | 1 8,58% | 23,23% |
Mai do 215 % e menor ou igual a o250 %IPREM | 6,03% | 8,75 % | 11 ,46% | 15,24% | 19,31 % | 24,14 % |
Maior do 250% e menor ou igual ao 300% IPREM | 6,24% | 9,05% | 11,86% | 15,76% | 19, 97% | 24,97 % |
Maior do 300% e menor ou igual ao 350% IPREM | 6,42% | 9,30% | 12,19% | 16,20% | 20,53% | 25,66% |
Maior do 350% e menor ou igual ao 400% IPREM | 6,54% | 9,48% | 12,42% | 16,51% | 20,93% | 26,16% |
Maior do 400% e menor ou igual ao 450% IPREM | 6,63% | 9,62% | 12,60% | 16,75% | 21,22% | 26,53% |
Maior do 450% e menor ou igual ao 500% IPREM | 6,70% | 9,72% | 12,74% | 16,93% | 21,45% | 26,82% |
Superior ao 500% do IPREM | 6,76% | 9,80% | 12,84% | 17,07% | 21,63% | 27,04% |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora."
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións
Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais, nos termos establecidos no art. 9 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais.
Artigo 7º.- Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo
A obriga do pagamento nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo, pero as liquidacións practicaranse, a posteriori, por meses naturais en función do servizo prestado.
Artigo 8º.- Normas de xestión
Unha vez aprobada a alta no servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria no padrón correspondente da taxa.
A alta no padrón será notificada ao beneficiario, facéndolle constar a capacidade económica que será tida en conta, xunto co número de horas mensuais de servizo prestado efectivamente, para a fixación da cota tributaria.
Unha vez ao ano, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, actualizarase a capacidade económica dos usuarios do servizo utilizando os últimos datos fiscais dispoñibles relativos aos mesmos. No caso de que así sexa necesario, o departamento de Servizos Sociais do Concello requirirá aos beneficiarios, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos desa actualización da capacidade económica.
O padrón fiscal será aprobado mensualmente, e notificado colectivamente a través de publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Taboleiro de Editos do Concello da Laracha.
O pago das taxas realizarase mensualmente mediante domiciliación bancaria. Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por calquera circunstancia, como a inexistencia de fondos, imputable ao obrigado, apercibiráselle de contado, responsabilizándose dos gastos que isto ocasione.
Se existise motivo xustificado dabondo, e tras informe previo nese sentido do departamento de servizos sociais, poderase eximir á persoa usuaria do pagamento por domiciliación bancaria.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a actual Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio aprobada polo Pleno do Concello o 5 de xuño de 1998.
Disposición Final
Para o non expresamente regulado nesta ordenanza fiscal, estarase o disposto na normativa autonómica de aplicación, no regulamento do servizo e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar.