Cerdido - Ordenanza reguladora e fiscal da prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) no Concello de Cerdido (A Coruña).
Artigo 1º.- Definición do servizo
Artigo 4º.- Dos beneficios do servizo
4.1 - O servizo de axuda no fogar estará aberto a tódalas persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.
4.2. Darase prioridade no acceso ó servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia. Non obstante, os/as usuarios/as interesados en obte-lo acceso á prestación do servizo, por libre concorrencia, quedarán condicionados polo número de auxiliares encargadas da súa prestación que se poidan contratar cada ano en función dos recursos económicos con que conte o Concello de Cerdido para ese exercicio, en caso de subcontratación quedará suxeito ó orzamento aprobado para este concepto no exercicio económico correspondente. Poderán ser potenciais usuarios/as ou destinatarios do servizo de axuda no fogar os seguintes colectivos: -Anciáns, que necesiten a axuda de terceiras persoas para o desenvolvemento das necesidades básicas, que non teñan ningún familiar que lles poida prestar esta axuda, e que con este servizo poidan continuar vivindo no seu fogar. -Persoas con minusvalía, incapacitadas, afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos, que precisen axuda e que con este servizo se poida favorece-la súa autonomía ou mellora-la súa calidade de vida. -Persoas en xeral que pola súa situación de enfermidade teñan dificultade para desenvolverse por si mesmos. -Familias que atravesan situacións de crise que poidan necesitar apoio na realización das súas actividades habituais. -Colectivos específicos que presenten situacións de risco ou exclusión social. -Persoas con dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia (este colectivo terá prioridade na percepción do servizo sobre tódolos demais).
4.3 .
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
4.4.
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Artigo 7º.- Solicitudes e documentación para achegar
O SAF será prestado polo Concello de Cerdido, ben de oficio ou a instancia de parte.
7.1. De oficio: o Concello de Cerdido iniciará de oficio o expediente de prestación do servizo nos casos de necesidade urxente do servizo, e sempre previa valoración positiva dos servizos sociais da administración, e en función da dispoñibilidade deste.
7.2. A instancia de parte: as solicitudes de prestación de axuda no fogar deberanse formular unicamente nos modelos dispostos a tal fin dirixidos á Alcaldía e presentarase no rexistro municipal do Concello de Cerdido; a tal fin empregarase unicamente a solicitude publicada no anexo I desta ordenanza, e que se poderán recoller nas dependencias do Concello de Cerdido, e ós que debidamente cubertos engadiráselle-la seguinte documentación:
-Fotocopia do DNI/NIF, ou tarxeta de residencia do solicitante ou permiso de residencia e DNI/NIF ou pasaporte do seu país en vigor. E, de se-lo caso, do resto de compoñentes da unidade familiar. Estes documentos deben estar en vigor na data da presentación ou ben acompañar fotocopia do resgardo de renovación destes. Presentaranse obrigatoriamente os orixinais para a súa compulsa.
-Fotocopia do libro de familia (se é precisa).
-Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a beneficiario/a.
-Certificado de empadroamento e informe de convivencia.
-Informes médicos do/a beneficiario/a e familiares que precisen xustifica-las súas limitacións.
-Certificado de minusvalía, e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de se-lo caso.
-Xustificantes de ingresos da unidade familiar.
-Fotocopia da declaración da renda e patrimonio ou certificado negativo da AEAT así como declaración responsable de ingresos.
-Certificados de pensión.
-Xustificantes de rendas de traballo (nóminas, certificados de empresa, etc...).
-Certificados do INEM ou servizo de colocación das prestacións que poidan percibir.
-Tarxeta de demanda de emprego.
-Certificación das entidades financeiras de xuros bancarios.
-Declaración responsable sobre a percepción de alugamentos ou outros ingresos complementarios.
-Recibos de pagamento do alugamento ou outros gastos fixos (hipotecas, etc...).
-Calquera outra documentación que os Servizos Sociais do Concello de Cerdido poidan estimar como necesario para a valoración do dereito, en cada caso en concreto.
Artigo 10º.- Persoal.
Na prestación deste servizo intervirán:
-O traballador social de atención primaria do Concello de Cerdido.
-Se o servizo está externalizado, persoal da empresa contratada para tal efecto, que leve a cabo a prestación.
-Outros profesionais ou persoal voluntario.
Encoméndanselle-las seguintes funcións e tarefas ós distintos grupos de profesionais:
1) Ó traballador social do Concello de Cerdido: desempeñará un labor de carácter técnico (diagnóstico, seguimento, avaliación) en coordinación cos profesionais do equipo ou en colaboración cos outros servizos ou programas que pertenzan a estes servizos sociais ou a outros de protección social. É o/a profesional encargado/a de recibi-la demanda ou detecta-la necesidade, fará o estudo de valoración da situación presentada, deseñará o proxecto de intervención axeitado a esta e será o/a responsable do seguimento e avaliación do proxecto. Garantirá unha supervisión do servizo sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses.
2) Se o servizo está externalizado corresponderalle ó traballador social da empresa as seguintes funcións:
-Formulación da estratexia para seguir, asigna-las/os auxiliares do fogar máis axeitadas/os a cada beneficiario/a.
-Realización do seguimento individualizado dos casos con visitas domiciliarias, unha primeira visita nos 15 días posteriores á alta e as seguintes serán como mínimo mensuais, o mesmo que as supervisións do traballo do/a auxiliar do SAF.
-Presentación periódica dos informes de seguimentos, nos que constarán as incidencias máis significativas, poderán propoñer ós servizos sociais municipais as modificacións xustificadas do plan de traballo, horario de prestación do servizo de cada usuario/a, e calquera outra modificación que se estime oportuna que serán aprobadas de resultar procedentes se é o caso polo servizos sociais municipais.
-Comunicación de calquera circunstancia que supoña a modificación das circunstancias sociais, familiares, persoais, económicas, etc..., de cada usuario/a con relación ós efectos de posibles modificacións ou extinción do dereito ó servizo.
-Mantemento de reunións periódicas co/a traballador/a social do Concello de Cerdido e coas auxiliares do SAF.
-Reforzo da formación e reciclaxe continua dos/as auxiliares do SAF.
3) Auxiliares de axuda no fogar: son os/as profesionais que se encargarán da execución do servizo ou prestación.
Realizarán tarefas de carácter asistencial e educativo en contacto periódico e directas cos/as usuarios/as do servizo, a súa familia e o seu contorno. No caso de atender a persoas afectadas por déficits de autonomía, estarán en posesión da cualificación profesional específica para o exercicio das súas funcións, conforme co establecido no Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro, polo que se regula a cualificación profesional de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ou ben a establecida no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional servizos socioculturais e á comunidade que se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, sendo un deles o de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, sen prexuízo da posibilidade de acreditación da competencia profesional adquirida ben mediante experiencia laboral ou mediante aprendizaxes non formais, da maneira que regulamentariamente se estableza. As funcións concretas serán:
1- Asistenciais: atencións de carácter persoal e doméstico.
2- Orientacións en actividades da vida cotiá, favorecendo unha normalización no funcionamento do fogar.
3- Educativas: potenciando o protagonismo do/a usuario/a, non o substituíndo naquelas tarefas que poidan realizar por si mesmos e facilitándolle-las canles de comunicación co seu contorno.
4- Colaborar co traballador social na coordinación e avaliación do servizo. As tarefas serán as necesarias para levar a cabo as funcións anteriormente enumeradas, establecidas e supervisadas en cada caso polo profesional ou equipo responsable do servizo. Este persoal será formado previa e especificamente para o desenvolvemento das súas funcións e tarefas, establecendo un sistema de reunións periódicas de avaliación e formación nas que se lles vaian dando resposta a problemas concretos que presente o servizo.
4) Outros profesionais: coordinados polo traballador social, tales como educador social, psicólogo, etc... Nas funcións que, en rigor, corresponden ó campo sanitario, tales como curas persoais, inxeccións, etc... e todas aquelas referentes a saúde será preciso unha estreita colaboración coordinando ó SAF cos servizos sanitarios do centro de saúde, hospital ou servizo sanitario correspondente.
-Voluntarios/as: son aquelas persoas que actúan de forma solidaria, sen expectativas de remuneración complementando, de forma coordinada, as funcións e tarefas do persoal profesional anteriormente mencionado e sempre dentro do correspondente programa de intervención. Dado o seu carácter de relación interpersoal, da diversidade, da flexibilidade de horarios e dispoñibilidade de tempo libre, as tarefas que poderán desempeña-los/as voluntarios/as serán as de compañía, fomento de relacións e comunicación, ocupación de tempo libre, tanto dentro como fóra do fogar, e outras que contribúan ó fomento da autoestima.
Cómpre unha actuación organizada do voluntariado, a través dun programa de traballo continuo e estable, cuns obxectivos claros e previamente establecidos en concordancia coa dos profesionais, así como a conveniente formación para o desempeño das tarefas.
Artigo 12º.- Dereitos dos/as usuarios/as do SAF
A accederen ó servizo e recibiren asistencia sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
-Á consideración no trato debido, á dignidade da persoa, por parte do persoal do servizo.
-Seren informados de todos aqueles aspectos que lles interesen en relación á tramitación, concesión e, se é o caso denegación, prestación e incidencias do servizo, así como calquera outro aspecto relacionado con este, que poida ser do seu interese.
-A unha asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
-Á correcta e dilixente prestación do servizo, conforme á concesión deste e ós contidos deste regulamento.
-Ó respecto á intimidade e á absoluta confidencialidade de cantos aspectos da súa vida persoal, familiar, económica ou social poidan ser coñecidos como consecuencia da tramitación ou prestación do servizo.
-A deixar de utiliza-lo servizo por vontade propia.
-En caso de conflito de calquera índole, face-la reclamación correspondente co fin de atopar solución.
Artigo 18º.- Capacidade económica
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Artigo 2º.- Obxectivos
Artigo 5º.- Modalidades de acceso
O acceso ó servizo producirase a través dos servizos sociais de atención primaria, de acordo coas seguintes modalidades:
5.1. O acceso ó servizo será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte co establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, así como á Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do programa individual de atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas.
5.2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ó catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación do sistema, o acceso ó servizo, previa prescrición técnica favorable dos Servizos Sociais de atención primaria, resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos nesta ordenanza municipal.
5.3. De igual maneira á expresada no apartado anterior procederase nas situacións nas que a problemática principal estea relacionada con aspectos convivenciais e socioeducativos.
5.4. Nos supostos recollidos nos apartados 2 e 3 deste artigo empregarase un baremo no que, ademais dos posibles déficits de autonomía, se valoren factores de carácter persoal e sociofamiliar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a normalización social e a calidade de vida.
Artigo 8º.- Procedemento.
8.1. No acceso directo ó servizo para as persoas usuarias con dependencia valorada, a resolución relativa ó programa individualizado de atención terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ó servizo.
8.2. No acceso en libre concorrencia será de aplicación o seguinte: as solicitudes formalizaranse no impreso expedido polo Concello de Cerdido dirixido á Alcaldía, achegando a documentación sinalada no artigo anterior. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto todo o ano. Unha vez formalizada a solicitude e presentada a documentación pertinente no rexistro de entrada os técnicos dos Servizos Sociais do Concello de Cerdido procederán á comprobación dos datos proporcionados e á avaliación das solicitudes (segundo os baremos establecidos nesta ordenanza) e emitíndose un informe coa proposta de resolución, que se enviará á Alcaldía para que dite a resolución correspondente: ben desestimando a solicitude ou ben concedendo a prestación do servizo para o exercicio en curso ou período inferior que se solicitara, a dita resolución deberá ser notificada ó/á interesado/a.
-A prestación do servizo queda condicionada á aceptación por parte do/a beneficiario/a das disposicións deste regulamento.
8.3. Unha vez notificada a resolución de concesión do servizo, deberán acordarse entre os Servizos Sociais de atención primaria do Concello de Cerdido e a persoa usuaria as condicións básicas da prestación.
8.4. No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada da Alcaldía ou do concelleiro/a delegado/a da corporación local responsable en materia de servizos sociais, poderase iniciar de oficio a prestación do servizo de maneira inmediata, a proposta dos servizos sociais de atención primaria, e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente. A desaparición desta situación excepcional de risco levará a extinción de carácter urxente do caso e pasará o proceso ordinario de resolución de petición.
8.5. Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais da entidade local titular do servizo.
8.6. No caso de tratarse de intervencións de carácter socioeducativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, será esixible que na intervención no fogar actúe persoal técnico en posesión, como mínimo, dalgunha das seguintes cualificacións: técnico superior en Integración Social, diplomado en Educación Social ou diplomado en Traballo Social.
8.7. Se un solicitante superase un ano na lista de espera, antes de proceder á súa alta como usuario do SAF, será preceptiva unha nova avaliación da situación.
8.8. Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar un acordo-contrato, a modo de compromiso de respecto ás normas do servizo, as tarefas para desenvolver, horarios, días e contribución económica correspondente ou gratuidade se procede. O incumprimento deste acordo-contrato poderá ser causa de baixa do servizo.
8.9. Unha vez recoñecido o dereito á prestación e asinado o pertinente acordo-contrato, o prazo máximo para o inicio da prestación será de 5 días hábiles; no caso das altas con carácter urxente, o prazo será de 24 horas.
8.10. Para a renovación anual do SAF, o/a beneficiario/a deberá presentar actualizada a documentación recollida no artigo 8.2 desta ordenanza dentro do primeiro mes do ano.
Artigo 11º.- Funcionamento
A prestación do SAF, será supervisada polo/a traballador/a social do Concello de Cerdido coa periodicidade que estime conveniente, facendo un seguimento individual de cada caso, considerando a necesidade de mantelo, aumentalo ou suprimilo.
Ó/Á dito/a técnico/a correspóndelle a coordinación e supervisión das auxiliares de axuda no fogar establecendo reunións de traballo nas que se revisará a evolución dos casos e as pautas para seguir polos/as traballadores/as coa finalidade de mellora-la calidade do servizo.
-No caso dos/as usuarios/as recoñecidos como dependentes o servizo prestarase ó longo de todo o ano segundo o seu plan individual de atención.
-No caso dos/as usuarios/as que accedan ó servizo a través de libre concorrencia teranse en conta as seguintes especificacións:
1) O servizo prestarase preferentemente de luns a venres, en horario diúrno.
2) O tempo de atención individual asignarase segundo criterio profesional do técnico do servizo. Podendo ser modificado en función das variacións que se produzan nas circunstancias persoais ou familiares e na dispoñibilidade de medios do servizo.
3) No caso de que o servizo non conte con persoal suficiente para atender tódalas demandas susceptibles de recibilo, elaborarase unha lista de espera na que cada solicitude ocupará un lugar determinado pola puntuación obtida na valoración segundo o baremo de regulamento. No suposto de solicitudes con igual puntuación valorarase a data de presentación desta.
4) Incorporaranse á lista de espera as vacantes temporais que se produzan nos casos de suspensión provisional do servizo a algún/ha usuario/a, para a súa concesión provisional, polo tempo que dure a suspensión trala aceptación do posible beneficiario/a.
5) Cando por calquera circunstancia fose necesario realizar un cambio de horario na prestación do servizo ou unha substitución temporal do/a auxiliar de axuda no fogar, poderase efectuar así sen necesidade de mediación do/a beneficiario/a, chegando a comunicación previa ó/á dito/a beneficiario/a, seguindo en vigor o contrato asinado.
6) Se algún/ha usuario/a rexeita a auxiliar de axuda no fogar que se lle asigne, sen causa suficientemente xustificada, que será valorada polo técnico de servizos sociais do Concello de Cerdido, pasará á lista de espera ata que outra auxiliar o poida atender.
7) Todo o exposto anteriormente non será de aplicación ás horas non bonificadas que contrate o/a beneficiario/a directamente cunha empresa privada autorizada a presta-lo servizo.
Artigo 13º.- Deberes dos/as usuarios do SAF
Os beneficiarios do SAF quedan na obriga de comunica-las modificacións que se poidan producir en relación co dereito que teña de recibir esta prestación, así como calquera cambio de domicilio, teléfono ou outro dato da súa situación económica ou familiar de interese en relación coa axuda recibida dentro dos 15 días naturais seguintes ó dito cambio. -Non poderán realizar cambios de horario, tarefas, etc..., sen a autorización do técnico responsable do servizo.
-O trato cara ó persoal do servizo de axuda no fogar debe ser de respecto e consideración facilitando tamén a colaboración necesaria para a execución das tarefas asignadas en cada caso.
-O/A usuario/a comprométese ademais a que se realice o seguimento e control do desenvolvemento do servizo polo equipo técnico dos Servizos Sociais do Concello de Cerdido ou da empresa subcontratada para este servizo
-O/A usuario/a correrá cos gastos de material de limpeza, aseo, alimentación. Só nos casos especiais, detectados polo técnico responsable do servizo, valorarase a posibilidade dunha axuda económica para este concepto.
-Non fará preguntas ó persoal do SAF sobre datos persoais nin realizará comentarios con terceiros sobre aspectos que coñezan da súa vida privada.
-Os contactos coa auxiliar de axuda no fogar, referidos ó propio servizo, fóra do horario laboral deben realizarse sempre a través do responsable do servizo.
-Se rexeita á auxiliar que se lle asigne, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de espera, ata que outra auxiliar poida atendelo, sempre que sexa tecnicamente posible.
-O/A usuario/a debe permanecer no domicilio mentres se lle presta o servizo, a menos que autorice por escrito e baixo a súa responsabilidade a permanencia da auxiliar no seu domicilio e sempre que esta estea de acordo.
-Satisface-la cota que corresponda como achega económica do/a beneficiario/a, cando sexa esixible.
-Comunica-las ausencias do seu domicilio con polo menos 3 días de antelación, salvo se esta se producise por causa imprevisible, que se deberá comunicar no momento do seu coñecemento.
-Respecta-las normas e condicións establecidas no momento da concesión do servizo. O incumprimento dalgún destes deberes por parte dos/as usuarios/as poderá implica-la extinción da prestación.
Artigo 3º.- Prestación
Artigo 6º.- Requisitos
Para ter dereito ó servizo de asistencia no fogar será imprescindible cumpri-los seguintes requisitos:
-Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Cerdido.
-Non percibir axuda doutra institución ou entidade para a mesma finalidade.
-Non presentar un estado de deterioro físico ou psíquico tal, que precise doutro tipo de atención especializada ou internamento nun centro ou institución axeitado.
-No caso daqueles usuarios por libre concorrencia que cumprindo os requisitos esixidos nos apartados anteriores teñan familiares que se poidan encargar deles pero se negan a facelo, a valoración do Servizos Sociais do Concello de Cerdido será decisiva na súa concesión ou denegación, sen entrar a valora-las restantes condicións que deba cumpri-lo solicitante.
Artigo 9º. Intensidade na prestación do servizo
9.1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención.
9.2. A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co plan de coidados, de maneira que se garanta a cobertura das necesidades de atención para a realización das actividades da vida diaria, ademais dos días laborais as fins de semana e festivos.
9.3 Nos restantes casos a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polos correspondentes servizos sociais de atención primaria.
9.4 O tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Artigo 14º.- Deberes xerais do persoal do servizo
-O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza co/a usuario/a e coa súa familia interfira no traballo.
-Respecta-la intimidade do/a usuario/a e garda-la debida confidencialidade.
Artigo 15º.- Deberes do/a auxiliar de axuda no fogar
-O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza co/a usuario/a e a súa familia interfira no traballo.
-Respectará a intimidade do/a usuario/a e gardará a debida confidencialidade.
-A auxiliar non debe facer partícipes ós/ás usuarios/as e á familia deste dos seus propios problemas, separando todo o posible a súa vida privada do seu traballo.
-Non se poderá acudir ó lugar de traballo acompañados de persoas alleas ó servizo.
-Non se poderá recibir en custodia cartos, xoias nin obxectos.
-Non se permite recibir ningún tipo de prestación/bonificación por parte do/a usuario/a ó auxiliar de axuda no fogar (cartos, regalos, etc...).
-Non se disporá das chaves de ningún domicilio, salvo autorización por escrito do/a usuario/a.
-En caso de ausencia ó traballo deberá comunicalo coa maior antelación posible, trala autorización do xefe de persoal ó/á usuario/a e ó xefe do servizo.
Artigo 16º.- Causas de modificación e extinción do servizo.
A alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente.
Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes:
-A renuncia do/a beneficiario/a.
-O cambio de programa individual de atención ou de proxecto de intervención que implique o cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
-Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
-Falecemento da persoa usuaria.
-Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
-A falta de pagamento do servizo.
-Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
-A falsificación dos datos ou documentación, no caso de tratarse de datos económicos poderá levar consigo o reintegro do 100% do custo do servizo dende a data de alta.
-O ingreso con carácter definitivo en centro residencial.
-Por reorganización do servizo en función das dispoñibilidades económicas.
Cando se trate dun servizo asignado pola administración, a modificación ou extinción das condicións de prestación do servizo requirirá resolución motivada do órgano competente para concedelo, previa tramitación do correspondente expediente, no que se dará audiencia, cando proceda, á persoa interesada.
Introdución
Primeiro: A regulación do dito servizo, establecendo normas e criterios, que respondendo a principios equitativos de xustiza social, rexerán as modalidades de prestación, así como as súas características, relacións entre o Concello de Cerdido e usuarios, situacións, dereitos e obrigas respectivas.
Segundo: O establecemento do importe do copago pola utilización do SAF de conformidade co previsto no artigo 20 do Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais. Aprobado por Real Decreto 2/2004. Correspóndelle ó Concello de Cerdido a prestación directa do servizo ou subcontratación deste cunha empresa especializada e autorizada pola Xunta de Galicia, organización, xestión e dirección técnica, a recollida e tratamento da información derivada da intervención para a toma de decisións, tanto na súa relación coas variacións na organización do servizo como a planificación e a programación, perfeccionamento e apoio ás profesionais que prestan o servizo e a captación e formación do persoal.
Capítulo I.Disposicións xerais.
Capítulo II.Dos beneficiarios do servizo.Modalidades de acceso
Capítulo III.Do procedemento para a prestación do servizo
Capítulo IV Organización
Capítulo V.Dos dereitos e deberes.
Capítulo VI.Modificación da concesión ou suspensión provisional e extinción do servizo
Artigo 16º.- Causas de modificación e extinción do servizo
A alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente.
Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes:
-A renuncia do/a beneficiario/a.
-O cambio de programa individual de atención ou de proxecto de intervención que implique o cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
-Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
-Falecemento da persoa usuaria.
-Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
-A falta de pagamento do servizo.
-Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
-A falsificación dos datos ou documentación, no caso de tratarse de datos económicos poderá levar consigo o reintegro do 100% do custo do servizo dende a data de alta.
-O ingreso con carácter definitivo en centro residencial.
-Por reorganización do servizo en función das dispoñibilidades económicas.
Cando se trate dun servizo asignado pola administración, a modificación ou extinción das condicións de prestación do servizo requirirá resolución motivada do órgano competente para concedelo, previa tramitación do correspondente expediente, no que se dará audiencia, cando proceda, á persoa interesada.
Capítulo VII.Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo.
Artigo 17º.- Causas de suspensión temporal do servizo
Son causa de suspensión temporal do servizo, previo informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ó expediente persoal, as que seguen:
-Ausencia temporal do domicilio. Neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acredita-la persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
-Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo.
Poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía a atención á dependencia, suposto no que se estará ó disposto na normativa reguladora.
Capítulo VIII.Costo do servizo. Cota tributaria. Exencións e bonificacións.
Artigo 19º
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Artigo 20º
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Artigo 21º
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Artigo 22.- Xestión da taxa. Período impositivo. Devengo e réxime de declaración e ingresos
Derogado BOP nº 242 de 20-12-2013
Disposición final
ANEXO I
Factor-1: autonomía persoal (máximo total 40 puntos).O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia. As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia. A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
Do 33% ó 64% de discapacidade | Do 65% ó 74% de discapacidade | 75%-100% | 81%-87% | 88%-93% | 94%-100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% | 75%-100% discapacidade e 15-29 puntos ATP | 75%-100% | 75%-100% | Grao de discapacidade + axuda terceira persoa. puntuación ATP (RD 504/2007) | |||||
75% | 25-39 | 40-49 | 50-64 | 65-74 | 75-89 puntos BVD | 90-100 | Grao de discapacidade + axuda terceira persoa. puntuación BVD (RD 504/2007) | ||
Grao I Nivel 1 | Grao I | Grao II Nivel 1 | Grao II | Grao III Nivel 1 | Grao III | Situación de dependencia Decreto 176/2007 | |||
5 puntos | 10 puntos | 14 puntos | 20 puntos | 24 puntos | 30 puntos | 32 puntos | 38 puntos | 40 puntos | PUNTUACIÓN nivel de autonomía persoal |
FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio | 20 puntos | |
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes | 18 puntos | |
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos) | ||
-Cunha persoa maior de 70 anos | 3 puntos | |
-Cunha persoa con discapacidade ou dependencia | 3 puntos | |
-Cunha persoa que carece de tempo | 3 puntos | |
-Con incapacidade para organizarse | 3 puntos | |
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades | 8 puntos | |
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km | 5 puntos | |
Está ben atendido | 0 puntos |
Factor-3: situación familiar/socialización menores (máximo total 20 puntos)
1. Conflito (máximo total 4 puntos) Puntos.-Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto).-Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos).-Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos).-Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos).2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) Puntos.Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións ós menores (2 puntos) 3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada, etc...) non poidan atender ós menores (2 puntos) 4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos) 5. Número de menores (máximo total 10 puntos) Puntos -Un menor (3 puntos) -Dous menores (5 puntos) -Tres menores (7 puntos)-Catro ou máis menores (10 puntos)
Factor-4: outros aspectos sociais (máximo total 20 puntos) 4.1. Vivenda (total 10 puntos) Puntos
-Non hai luz eléctrica (1 punto)-Non hai auga corrente (1 punto)-Non posúe WC (1 punto)-Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)-Non ten neveira (1 punto)-Non ten quentador (1 punto)-Non ten lavadora (1 punto)-Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto)-Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)-Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)4.2 Integración no contorno (total 10 puntos) Puntos -Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) -Ausencia de relacións sociais (6 puntos) -Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) -Integración axeitada no contorno (0 puntos)
ANEXO II
1.-Datos de identificación do expediente
Expediente 1 | Intervención n.º 2 | Data de solicitude | Data de inicio | ||
Sector de referencia 3 | Ámbito de atención 3 | N.º total de usuarios | |||
Nome e apelidos | Data de nacemento | DNI | Sexo | Estado civil | |
Proxecto | Data do proxecto | Data fin de proxecto | |||
Antecedentes relevantes: |
2.-Atención para prestar
Días da semana
L | M | M | X | V | S | D | N.º de horas semanais | Horario | ||
Tipo de servizo para prestar 4 Perfil dos/as profesionais Outros servizos: 3.-Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio Existencia: Servizos/apoios:N.º de horas semanais:4.-Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas para realizar: 5.-Periodicidade do seguimento (mínimo bimensual) Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO III
Reunidos en___________, o día__, dunha parte don/dona______, con DNI/NIF E doutra don/dona________, en calidade de técnico responsable do servizo de axuda no fogar do Concello de Cerdido.
Acordan:
1. Que o Concello de Cerdido, entidade prestadora................., prestará o servizo de axuda no fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ de _________ de 200__.
2. Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) se realizará por un prazo de ___________________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais da Entidade prestadora acreditada. 3. Que o SAF se levará a cabo os días da semana ______ en horario de______; por un total de _______ horas semanais. 4. Que atendendo á Orde do ____ de _________ de _____, que regula o servizo de axuda no fogar, a Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar _________ euros trimestrais como contribución ó custo do servizo. 5. Que a persoa usuaria acepta domicilia-lo aboamento da taxa do SAF establecido no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes: o Atencións de carácter persoal. o Atencións de carácter apoio psicosocial. o Atencións de carácter doméstico. o Atencións de carácter socioeducativo. o Atencións de carácter técnico e complementario. 7. Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as seguintes: 8. Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo as seguintes tarefas: 9. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal. 10. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do ____ de _________ de ______ que regula o servizo de axuda no fogar e na Ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción. Ámbalas dúas partes dan a súa conformidade a este acordo de prestación do SAF, e o asinan en ___ o de___________de 200__. A persoa usuaria. O técnico responsable.Asdo.:_____ Asdo.:_____ Sra. alcaldesa do Concello de Cerdido.
Rexistro de entrada.Concello de Cerdido (A Coruña) Solicitude de axuda no fogar Concello de Cerdido
D./D.ª________, con DNI/NIF:__ e domicilio na rúa:________ da localidade de teléfono fixo: _______ e teléfono móbil:______, e-mail:_ Por medio deste escrito SOLICITA: A valoración do seu caso para a efectos da concesión da prestación do servizo de axuda no fogar (SAF), conforme á normativa municipal que regula este servizo. E para os ditos efectos DECLARA: Que os seus ingresos ascenden á cantidade de: __________ mes.Que os ingresos totais do resto da unidade familiar ascenden á cantidade de:______ mes Que sumados fan un total de: ____ mes.Fai declaración da renda: SI NON Fai declaración de patrimonio: SI NON E baixo a miña responsabilidade declaro que son certos os datos que manifesto nesta solicitude autorizando o/a técnica responsable do programa SAF a realiza-las oportunas pescudas tanto en ficheiros públicos como en privados. Para que conste e produza os efectos oportunos asino este escrito. Cerdido, ____ de ________de 200__. O/A solicitante. Asdo.:_ Sra. alcaldesa do Concello de Cerdido
Rexistro de entrada
Concello de Cerdido
A Coruña
Solicitude de axuda no fogar Concello de Cerdido.D./D.ª_______, con DNI/NIF:___________, e domicilio na rúa: _____ da localidade de:___ con teléfono fixo: ______________ e teléfono móbil:______e-mail: Por medio deste escrito EXPÓN:
Que durante o ano _________ foi beneficiario/a do servizo de axuda no fogar (SAF), polo que,
SOLICITA: A renovación deste servizo para este ano. DECLARA: Que os seus ingresos ascenden á cantidade de: _________ mes.Que os ingresos totais do resto da unidade familiar ascenden á cantidade de:____ mes Que sumados fan un total de:_ mes.Fai declaración da renda: SI NON Fai declaración de patrimonio: SI NONE baixo a miña responsabilidade declaro que son certos os datos que manifesto nesta solicitude autorizando o/a técnica responsable do programa (SAF) a realiza-las oportunas pescudas tanto en ficheiros públicos como en privados. Para que conste e produza os efectos oportunos asino este escrito. Cerdido, ____ de_______________de200__.O/A solicitante
:Asdo.:___________ Sra. alcaldesa do Concello de Cerdido.