Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ACTIVIDADES NON DEPORTIVAS DE CARÁCTER TEMPORAL/PUNTUAL.- (NÚMERO 15)

Publicación provisional: 27/10/2010 BOP Nº: 205
Publicación definitiva: 05/01/2011 BOP Nº: 3
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por participar en actividades de carácter temporal/puntual, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitue o feito impoñible da taxa a participación en actividades de carácter temporal/puntaual.

Artigo 3.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos os solicitantes para participar nas actividades referenciadas no artígo 2º.- .

Artigo 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Cota tributaria.

A cota tributaria será a seguinte:

a) Actividades realizadas por horas, con unha duranción máxima dunha semana: tres (3) euros/hora.-

b) As actividades superiores a unha semana aplicaraselles proporcionalmente a cuota do apartado anterior.-

c) Visitas guiadas aos lugares de interés turistico do Concello e roteiros de senderismo acompañados de técnico: Trinta e cinco (35) euros.-

d) Visitas guiadas a lugares turisticos fora do concello: o 40% do importe que ocasione a viaxe.-

Artigo 6.- Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.

Artigo 7.- Liquidación e ingreso

1.- A taxa liquidarase e esixirase co inicio da actividade, farese efectiva nas oficiñas municipais ou na entidade bancaria que designe o concello.-

Artigo 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza unha vez sexa aprobada polo pleno municipal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.