Toques - ORDENANZA REGULADORA DAS OPERACIONS FORESTAIS DE CORTA, DEPOSITO E TRANSPORTE DE MADEIRA NO CONCELLO

Publicación provisional: 08/05/2013 BOP Nº: 87
Publicación definitiva: 16/09/2013 BOP Nº: 176
Aplicable dende: 16/10/2013

Artigo 1.- Obxecto da ordenanza

Consonte ao disposto nos artigos 77 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais e os artigos 25, 28 e 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de rexime local, o concello de Toques estabelece a presente ordenanza reguladora das actividades de corta e saca de madeira no ámbito do termo municipal de Toques, co fín de facela compatible coa preservación das vías públicas, seguridade víal, bens municipais e medio natural do concello.

As actividades afectadas pola ordenanza son todas aquelas operacións que se desenvolvan para a obtención da madeira e o seu transporte, incluíndo tanto as operacións previas ou preparatorias a corta, como poden ser o desprazamento de vehículos e maquinaria ou os accesos ao terreo; como as posteriores destinadas ao depósito da madeira, a carga e o seu transporte.

A ordenanza establece a figura do permiso municipal obrigatorio para a realización dos traballos referidos e as normas para a sua tramitación, a imposición dunha fianza e os mecanismos sancionadores establecidos para garantir o seu cumprimento.

Artigo 2.- Autorización para as actividades de corta e saca

Establécese a obrigatoriedade da obtención de autorización municipal previa para a realización de cada operación de corta ou tala forestal e transporte de madeira dentro do termo municipal do Concello de Toques. Esta autorización deberá ser solicitada nas dependencias municipais no modelo oficial facilitado para o efecto.

Exceptuanse desta obriga, sen menoscabo da responsabilidade dos efectos que produza a actividade, aquelas operacións de natureza non industrial destinadas ao abastecemento doméstico de leña realizadas por particulares con vehículos agrícolas.

Artigo 3.- Solicitudes

Para a obtención de autorización municipal para realizar traballos de corta e saca de madeira, as persoas físicas ou xurídicas que o soliciten deberan entregar nas dependencias municipais o impreso formal debidamente cuberto no que figuren os seguintes datos e documentos xuntos requiridos:

-NIF, nome completo e domicilio fiscal da persoa ou entidade, e domicilio a efectos de notificación de ser diferente.

-No caso de ser persoa xuridica: documento auténtico onde consten as identidades dos

administradores e do representante legal da entidade.

-Referencia e plano catastral das parcelas onde se van desenvolver os labores.

-Lugares, días e horarios no que se van desenvolver os traballos de corta, almacenaxe e transporte da carga.

-Copia da autorización da autoridade forestal para a realización da corta ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente.

-Copia dos permisos de circulación do vehículo ou conxunto de vehículos cos que se van desenvolver os labores ou documento oficial no que conste a sua masa máxima autorizada.

-Xustificante de depósito de fianza nos termos recollidos na presente ordenanza.

-Documento acreditativo de ter constituída unha póliza de responsabilidade civil.

As solicitudes de autorización entregaranse como mínimo un mes antes do inicio dos traballos. A sua concesión poderá estar suxeita as restricións temporais ou condicións técnicas motivadas que decida o Concello.

Non poderán solicitar esta autorización aquelas persoas físicas ou xurídicas que como consecuencia de traballos anteriores cometesen infraccións contra a presente ordenanza e teñan danos pendentes

de reparar ou de resarcimento ao concello; aqueles que teñan pendente o pago dalgunha sanción contemplada na presente ordenanza ou aquelas empresas que participasen nos traballos e sexan susceptibles de ser responsables do pagamento dos danos.

A falta de resolución expresa por parte do Concello nese prazo suporá que se entenda denegada a autorización.

Artigo 4.- Deber de fianza.

Os solicitantes de cada autorización de corte e saca de madeira deberan presentar coa solicitude o xustificante de presentación dunha fianza a favor do Concello de Toques, por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente, co fín de responder do amaño dos danos que puideran producir nas vías ou a súa limpeza.

Establécense duas contías atendendo ao peso máximo autorizado do maior dos vehículos ou conxunto de vehículos empregados. Se o seu peso máximo autorizado non supera as 16 Tm. Fíxase unha fianza de mil seiscentos euros (1.600,00 €) e se algún vehículo supera esta masa máxima autorizada, entón ascende a tres mil cen euros. (3.100,00 €).

A fianza será reintegrada e/ou cancelada previo informe favorable dos servizos técnicos municipais, unha vez finalizada a corta forestal, no prazo de dous meses, sen prexuizo de que , de non obter dito informe favorable, se produza a incautación definitiva da mesma, e a aplicación do réxime sancionador e demáis consecuencias legais esixibles.

Artigo 5. Normas e obrigas para a realización dos traballos.

-Prohíbese a ocupación das vías públicas e do seu dominio con depósitos de madeira, polas ou ramaxe; así como das canalizacións, gabias, pasos ou todo lugar que dificulte o paso ou acceso a propiedades ou vías.

-Preservarase o estado das vías públicas empregadas para a realización dos traballos de corta, almacenaxe, carga ou transporte; correspondendo ao responsable da corta o deber de comunicar ao concello calquera dano producido e a obriga de proceder a reparación dos desperfeitos producidos no firme, gabias, canalizacións ou outros elementos.

-Prohíbese a realización de desprazamentos de terras que polas suas características teñan a consideración de movementos de terra a efectos da normativa urbanística.

-Os traballos ocuparan so o espazo indispensable da vía pública, permitindo sempre a circulación e cumpríndo as disposicións normativas vixentes que regulan o tráfico, circulación e seguridade víal, especialmente as referidas a sinalización de traballos na calzada, corte de carrís ou desviacións na vía.

-O responsable da corta deberá retirar da vía pública nun prazo máximo de 48 horas calquera refugallo ou sucidade resultado da corta, depósito ou transporte da madeira.

Artigo 6.- Responsabilidade

Seran responsables, a efectos do cumprimento de todas as obrigas e responsabilidades recollidas nesta ordenanza, por esta orde:

-A persoa ou entidade solicitante da autorización municipal para realizar o traballo.

-A persoa ou persoas titulares da empresa ou establecemento mercantíl que realice os labores.

Artigo 7.- Infraccións e procedemento sancionador

Contra o previsto nesta ordenanza, establécese o seguinte cadro de accións consideradas como infraccións moi graves, graves e leves.

Constitúen infraccións moi graves:

-A realización de traballos de corta e saca de madeira sen a preceptiva autorización municipal.

-Causar danos nas pistas municipais por valor superior a 3.000 euros.

-O depósito de madeira na vía pública.

-Calquera actuación que supoña unha situación de risco para a seguridade víal.

-A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas graves firmes na vía administrativa.

Constituen infraccións graves:

-Deixar as vías municipais en deficiente estado de suciedade, segundo o informe municipal.

-Causar danos nas pistas municipais por valor inferior a 3.000 euros.

-Non repor ao seu estado orixinal as gabias e dominio público empregado para o acceso aos terreos.

-A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas leves.

Consideraranse infraccións leves:

-Calquera outro incumprimento desta ordenanza que non estea cualificado como moi grave ou grave e cuxa sanción corresponda ao Concello.

As infraccións desta ordenanza seran sancionadas coas seguintes multas:

- Infraccións leves: multa de ata 300,00 euros.

- Infraccións graves: multa de contía comprendida entre 300,01 euros e 1.500,00 euros.

- Faltas moi graves: multa de contía comprendida entre 1.500,01 euros e 3.000,00 euros.

Sen prexuizo das sancións que correspondan, cando o Concello teña coñecemento de calquera feito contrario ao recollido na presente ordenanza ordenara a paralización da actividade e comunicará aos responsables das cortas a obriga de restituir calquera dano provocado establecendo un prazo de quince días para proceder a sua reparación.

Estas sancións poderan ser reiterativas por cada semana sen cumprimento do esixido ou mantendose na situación de infracción tipificada , podendo dar lugar a multa coercitiva ao abeiro do disposto no artigo 9 e 199 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia 9/2002 de 30 de decembro, ou a normativa que legalmente a substitúa en termos similares. A resolución do expediente sancionador corresponde a Alcaldía.

- Se os danos fosen irreparables, a entidade sera indemnizada en contía igual ao valor dos bens destruídos ou ao importe do deterioro dos danos.

- O procedemento sancionador será o establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, en desenvolvemento da Lei 30/1992, e cos criterios expostos no Titulo XI da Lei 7/1985, modificada pola Lei 57/2003, de modernización do goberno local.

Disposición derradeira

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez transcorrido UN MES, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, quedando derrogadas cantas outras disposicións do mesmo rango normativo, en canto se opoñan ou contradigan o disposto na presente.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ó mes da súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."