Cambre - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 26/09/2013 BOP Nº: 184
Publicación definitiva: 13/11/2013 BOP Nº: 216
Aplicable dende: 27/01/2014

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A nova Lei 13/2008, de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia ten por obxecto a ordenación e promoción do sistema público de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.

A nova estrutura de servizos sociais divídese en 2 niveis de atención, no que se diferencian os servizos sociais comunitarios, que a súa vez poden ser básicos e específicos, e os servizos sociais especializados dirixidos á poboación con necesidades específicas que esixen unha maior especialización técnica.

O capítulo II do Título I desta Lei define o catálogo de servizos como o conxunto de intervencións, programas, servizos e prestacións, que se relacionan no artigo 18 da Lei, configurándose o servizo de axuda no fogar como un programa de natureza material ou tecnolóxica.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 7.b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto do dereito das persoas usuarias e establezan as condicións da prestación e desenvolvemento dos servizos.

Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado Decreto.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Cambre, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.

TITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

É obxecto desta nova ordenanza reguladora municipal regular o servizo de axuda no fogar prestado polo Concello de Cambre.

Art. 2 Ámbito de aplicación

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Cambre.

Art. 3 Natureza, definición e obxectivos do servizo

1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en prestar un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no seu domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal e nos casos de desestruturación familiar.

4. Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, potenciando a utilización positiva dos recursos do contorno.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f) Retardar ou evitar a institucionalización.

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Art. 4 Contido do servizo

1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:

a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:

- Asistencia para levantarse e deitarse.

- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b. Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:

- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.

- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.

c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.

- Preparación dos alimentos.

- Lavado e coidado das prendas de vestir.

- Coidados básicos da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.

d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:

a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguemento, teleasistencia e similares.

c. Adaptacións funcionais do fogar.

d. Servizo de podoloxía.

e. Servizo de fisioterapia.

3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica de servizos sociais sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.

4. En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e complementario e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

Art. 5 Persoas destinatarias

1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socio-educativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

2. En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Art. 6 Dereitos e deberes dos usuarios

1. As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lles recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.

4. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

5. A coñeceren a situación do seu expediente.

6. A recibiren información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

7. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

8. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou recursos axeitados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.

11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

2. As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

6. Facilitar e colaborar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

7. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

8. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

Art. 7 Deberes das/os auxiliares de axuda no fogar

1. O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza co usuario e a súa familia interfiran no seu traballo.

2. Respectar a confianza do usuario e gardar a debida confidencialidade.

3. Non acudir ao lugar de traballo acompañada de persoas alleas ao servizo.

4. Non se poderá recibir en custodia diñeiro, xoias nin obxectos de ningún tipo.

5. Non recibir ningún tipo de prestación ou bonificación por parte do usuario ou familiares do servizo de axuda no fogar.

6. Non facerlles traballos a outros membros da familia distintos dos beneficiarios, aínda que convivan no mesmo domicilio, se así non está establecido no proxecto de intervención.

7. Non realizar tarefas domésticas que non foran incluídas no proxecto de intervención.

8. Non se dispoñerán de chaves de ningún domicilio salvo autorización por escrito do usuario/a e comunicación previa ao responsable técnico de servizos sociais do Concello de Cambre.

9. En caso de ausencia as/os auxiliares de axuda no fogar deberán poñelo en coñecemento do seu responsable directo coa maior brevidade posible, sempre que sexa posible, para poder facilitar a súa substitución co fin de evitar a non prestación do servizo aos seus usuarios/as.

Art. 8 Causas de extinción e modificación do servizo

1. Son causas de extinción:

a. A renuncia voluntaria da persoa usuaria, tendo que presentar o Anexo IV debidamente cuberto e asinado polo interesado.

b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.

c. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

d. Falecemento da persoa usuaria.

e. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f. A falta de pagamento do servizo.

g. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución do Programa Individual de Atención (PIA), consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.

Art. 9 Causas de suspensión temporal do servizo

Son causa de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente, e informe razoado do persoal técnico municipal coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de dous meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: Poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

TÍTULO II. PRESTACIÓN DO SERVIZO

SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS

Art. 10 Formas de prestación do servizo

O servizo público de axuda no fogar prestarase polo Concello de Cambre ben directamente ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos reguladas na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.

Art. 11 Requisitos específicos

1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias

Persoal técnico titulado mínimo a xornada completa

50 a 99

1

100 a 199

2

200 a 399

3

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico titulado a xornada completa

2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

4. O Concello de Cambre, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no que constará, cando menos:

a. Un informe social, asinado por unha traballadora social da entidade titular do servizo.

b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo I desta ordenanza.

c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Cambre e a persoa usuaria, segundo o Anexo III desta ordenanza.

d. Informes de seguimento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

O tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Art. 12 Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento

O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:

1. Acceso directo: O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2012, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e de dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o Concello de Cambre, cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro de coidador.

2. Réxime de libre concorrencia: Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:

- O procedemento iniciarase a instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común e a avaliación da solicitude seguindo o baremo que se inclúe como Anexo II.

A documentación que acompaña á solicitude é:

- Fotocopia do DNI ou NIE da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso

- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante

- Xustificante de convivencia do padrón municipal

- Modelo de solicitude (Anexo V)

- Modelo de autorización bancaria (Anexo VI)

- Informes médicos recentes sobre o estado de saúde da persoa beneficiaria

- Certificado de minusvalía e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso

- Copia da última declaración da renda ou autorización para acceder aos datos tributarios da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia, segundo Anexo VII

- Recibo da contribución do ano en curso

- Certificado de xuros capitais

- Certificación do número de conta

- Certificado da pensión mensual do organismo correspondente ou certificación bancaria da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia

- Copia da declaración do imposto sobre o patrimonio da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia

No caso de non percibir ingresos: certificado de alta no INEM, certificado conforme non cobra prestación do INEM e da seguridade social

As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar as deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.

- Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.

- As persoas usuarias terán que presentar polo rexistro de entrada municipal do Concello de Cambre a documentación completa.

- As solicitudes dos particulares para acceder ao servizo deberán ser valoradas en todo caso por unha traballadora social dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Cambre, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.

- O órgano competente para ditar a resolución será o/a alcalde/sa, podendo delegar esta competencia de conformidade co disposto no artigo 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Unha vez notificada a resolución de concesión do servizo, deberán acordarse entre os servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Cambre e a persoa usuaria as condicións básicas da prestación, mediante a sinatura do acordo do servizo entre o técnico municipal responsable do servizo e o/a usuario/a, onde recollerase a información contida no Anexo III desta ordenanza municipal.

No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada do alcalde ou do membro da corporación local, concelleiro delegado da área que inclúa os servizos sociais, poderase iniciar de oficio prestación do servizo de maneira inmediata, a proposta dos servizos sociais municipais, e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente.

Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais do Concello de Cambre. Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.

No caso de tratarse de intervencións de carácter socio-educativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, deberán incorporarse ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, algunha das seguintes figuras profesionais: diplomado en traballo social, diplomado en educación social ou técnico superior en integración social.

Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender todas as situacións de necesidade, elaborarase unha lista de espera á que se accederá pola orde de puntuación acadada no baremo aplicado recollido no Anexo II, priorizando sempre as persoas valoradas con déficit de autonomía para a realización das tarefas da vida diaria.

En caso de obter a mesma puntuación terá prioridade a data máis antiga do rexistro de entrada municipal.

Se o solicitante superase o ano na lista de espera, antes de proceder á alta no servizo, será obxecto dunha nova valoración da situación.

Art. 13 Desenvolvemento da prestación do servizo

1. O prazo de alta no servizo será como máximo dunha semana dende que á persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución polo alcalde ou concelleiro/a delegado/a para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3. A asignación do persoal de atención directa farase con base no perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.

Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo asinar o acordo do servizo, segundo o modelo establecido no Anexo III desta ordenanza.

5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o Anexo I desta ordenanza, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.

6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará a súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de 3 días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia.

9. O departamento de servizos sociais do concello abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

- Un informe de avaliación inicial, asinado polo técnico competente, responsable da coordinación do servizo de axuda no fogar.

- Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo I desta ordenanza.

- Un acordo do servizo asinado entre o Concello de Cambre e a persoa usuaria, segundo o Anexo III desta ordenanza.

- Informes de seguimento da prestación nos domicilios das persoas usuarias, que terán, como mínimo, un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

Art. 14 Lista de espera

1. Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender todas as situacións de necesidade, elaborarase unha lista de espera á que se accederá pola orde de puntuación acadada nos baremos aplicados, priorizando sempre as persoas valoradas con déficit de autonomía para a realización das tarefas da vida diaria.

2. En caso de obter a mesma puntuación terá prioridade a data máis antiga do rexistro de entrada municipal.

En todo caso quedarán en lista de espera aquelas solicitudes que non se poidan cubrir por falta de crédito orzamentario.

3. No caso de ser persoas valoradas por dependencia terase en conta a data da resolución do Plan Individual de Atención (PIA).

4. Se o solicitante superase o ano na lista de espera, antes de proceder á alta no servizo, será obxecto dunha nova valoración da situación.

Art. 15 Intensidade na prestación do servizo

1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.

2. A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de maneira que se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

Cando a persoa usuaria manifeste o seu desexo de dispoñer de menos horas do mínimo do intervalo que marca a lei para o seu grao e nivel, ou así se acorde entre a persoa usuaria e o seu/súa traballador/a social, deberá facerse por escrito e será engadido ao seu expediente.

3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello. O tempo de atención ás persoas usuarias poderá ser modificado en función das variacións que se produzan nas súas circunstancias persoais ou familiares, e pola dispoñibilidade dos medios do servizo.

Art. 16 Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia

1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas que teñan recoñecido un dereito de atención mediante o servizo de axuda no fogar se calculará de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determinará o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

2. Para a determinación da capacidade económica da persoa usuaria, terase en conta a situación económica acreditada polo interesado na documentación presentada para a iniciación do procedemento de recoñecemento do grado de dependencia, de acordo co establecido no artigo 21 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro. A estes efectos si a persoa usuaria atópase no suposto previsto no artigo 16.3 do mesmo decreto, a esixencia do requisito de presentación da declaración do imposto da renda das persoas físicas será substituída pola presentación de certificación actualizada das percepcións de pensións, prestacións ou subsidios públicos das que sexa beneficiaria.

3. A capacidade económica da persoa usuaria será a determinada na resolución do programa individual de atención que, de acordo co previsto no artigo 38.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, incluirá un pronunciamento expreso sobre a participación do usuario no custo do servizo.

Art. 17 Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales debe responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total das persoas que convivan no fogar.

Art. 18 Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar

1. O concello de Cambre, para facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, aplicará a seguinte táboa, na que se expresa o copago en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(Referenciada ao IPREM) ATA

GRAO I

GRAO II

GRADO III

Menor ou igual a 20 horas

Menor ou igual a 45 horas

Menor ou igual a 70 horas

100%

0,00%

0,00%

0,00%

115%

4,52%

9,61%

14,70%

125%

5,41%

11,50%

17,58%

150%

5,55%

11,79%

18,03%

175%

5,65%

12,00%

18,35%

200%

5,72%

12,16%

18,60%

215%

5,81%

12,34%

18,87%

250%

6,03%

12,82%

19,61%

300%

6,24%

13,26%

20,29%

350%

6,42%

13,63%

20,85%

400%

6,54%

13,90%

21,25%

450%

6,63%

14,09%

21,55%

500%

6,70%

14,25%

21,79%

Superior ao 500%

6,76%

14,36%

21,97%

2. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do servizo de axuda no fogar con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas do servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grado correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas do servizo.

3. En ningún caso o importe da participación económica a ingresar pola persoa usuaria en concepto de participación no custo do servizo poderá exceder do 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

Art. 19 Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo con base no cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custo do servizo do SAF básico

Menor ou igual ao 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

Entre o 10% e o 30%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

Entre o 20% e o 50%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

Entre o 40% e o 70%

Maior de 2,50 IPREM

Entre o 60% e o 90%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Art. 20 Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Cambre en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

Art. 21 Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos

No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Cambre.

Art. 22 Obrigados ao copagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas usuarias beneficiarias do servizo prestado por este concello ás que se refire o artigo 5.

Art. 23 Nacemento da obriga do pago

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectiva de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte.

2. Por parte do Concello de Cambre e, sobre a base do parte de traballo asinado conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria, para que se efectúe o pagamento.

Art. 24 Infraccións e sancións

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Disposición Derrogatoria

Queda derrogada a actual Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Cambre (BOP núm. 217, de 6 de outubro de 2009), unha vez que entre en vigor a presente ordenanza.

Disposición Final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo de quince días establecido no artigo 70.2, en relación co artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXOS

ANEXO I

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Proxecto de intervención

1.- Datos de identificación do expediente

Expediente 1

Intervención 2

Data de solicitude

Data de inicio

Sector de referencia 3

Ámbito de atención 3

Núm. total de usuarios

Nome e apelidos

Data de nacemento

DNI

Sexo

Estado civil

Proxecto

Data do proxecto

Data fin de proxecto

Antecedentes relevantes:

2.- Atención a prestar

Días da semana

L

M

X

J

V

S

D

Núm. de horas semanais

Horario

Tipo de servizo a prestar 4

Perfil dos/as profesionais

Outros servizos:

3.- Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio

Existencia:

Servizos/apoios:

Núm. de horas semanais:

4.- Obxectivos específicos e tarefas que se propón

Obxectivos específicos:

Tarefas:

5.- Periodicidade do seguimento (mínimo bimestral):

Técnico responsable:

Asdo.:

1 Identificación do expediente en SIUSS

2 Número de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente

3 Tipoloxía SIUSS

4 Pódese empregar a tipoloxía SIUSS

ANEXO II

BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

(modalidade de prestación básica de servizos sociais comunitarios básicos)

FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)

As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.

Para valorar a falta de autonomía das persoas será distinguindo entre os que teñan a valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade ou ben para os que non a teñan.

A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:

1. A AUTONOMÍA PERSOAL CON CERTIFICADO MINUSVALÍA

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL

De 33% a 64% de

discapacidade

De 65% a 74% de

discapacidade

75%-100%

81%-87%

88%-93%

94%-100%

Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD

75%-100%

discapacidade ATP

75%-100%

discapacidade ATP

75%-100% discapacidade ATP

Grao de discapacidade + axuda terceira persoa

ATP

Grao I

Nivel 1

Grao I

Nivel 2

Grao II

Nivel 1

Grao II

Nivel 2

Grao III

Nivel 1

Grao III

Nivel 2

Situación dependencia

5 pts

10 pts

14 pts

20 pts

24 pts

30 pts

32 pts

38 pts

40 pts

PUNTUACIÓN

Nivel de autonomía persoal

ATP= axuda terceira persoa

BVD= actividades básicas vida diaria

Puntos

Total puntos autonomía persoal

1. B AUTONOMÍA PERSOAL SEN CERTIFICADO MINUSVALÍA

ACCIÓNS

PODE

ALGUNHA DIFICULTADE

MOITA DIFICULTADE

NON PODE

(0 puntos)

(1 punto)

(2 puntos)

(3 puntos)

varre e frega a casa

limpa po de mobles e baños

lava, tende, prancha e cose

vístese e desvístese só

levántase e déitase na cama, levántase e séntase en cadeira ou sillón

realiza xestións como: ir ao médico, oficina, banco, compras,¿

fai o xantar e lava os pratos

fai o aseo persoal só

procúrase os coidados socio-sanitarios básicos

ten control de esfínteres

manexa os calefactores, auga quente, interruptores de luz, gas,¿

ten orientación témporo-espacial

razoa con coherencia

Puntos

Total puntos autonomía persoal

FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)

Puntos

A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos)

A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos)

A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos):

Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos)

Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos)

Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos)

Con incapacidade para organizarse (3 puntos)

Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos)

Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos)

Está ben atendido (0 puntos)

Puntos

Total puntos apoio social

FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo total 20 puntos)

1. Conflito (máximo total 4 puntos) Puntos

Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto)

Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos)

2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos)

3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos)

4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos)

5. Número de menores (máximo total 10 puntos) Puntos

Un menor (3 puntos)

Dous menores (5 puntos)

Tres menores (7 puntos)

Catro ou máis menores (10 puntos)

Puntos

Total puntos situación familiar/socialización menores

FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)

1. Vivenda (total 10 puntos) Puntos

Non hai luz eléctrica (1 punto)

Non hai auga corrente (1 punto)

Non posúe WC (1 punto)

Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)

Non ten neveira (1 punto)

Non ten quentador (1 punto)

Non ten lavadora (1 punto)

Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)

2. Integración no contorno (total 10 puntos) Puntos

Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos)

Ausencia de relacións sociais (6 puntos)

Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos)

Integración axeitada no contorno (0 puntos)

Puntos

Total puntos outros aspectos sociais

Puntos

TOTAL XERAL

ANEXO III

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Acordo de servizo

Reunidos en ........................................................ o día ........................................................ dunha parte don/dona..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.con DNI: ¿¿¿¿¿¿¿¿.................

E doutra ............................................................................, en calidade de técnico responsable do servizo de axuda no fogar de ...................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..

ACORDAN:

1. Que o Concello de Cambre, entidade prestadora ................................., prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ do _________ de 20___.

2. Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar se realizará con carácter indefinido no caso de persoas usuarias derivadas do Sistema de Atención á Dependencia/ou por un prazo de ___________________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de servizos sociais do Concello de Cambre.

3. Que o número de horas mensuais a realizar no domicilio é de________distribuídas nos seguintes días da semana: 1 día/semana de luns a venres, en horario de: 1 hora pola mañá; por un total de_____ horas semanais.

4. Que segundo a documentación que consta no expediente, a capacidade económica da persoa usuaria do SAF derivada do Sistema de Atención á Dependencia, é de____ euros ao mes, e atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar e o acordo municipal que regula o prezo público do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar ______euros mensuais, que resulta de aplicar o____% da súa capacidade económica e en función da intensidade horaria correspondente ao seu grado de dependencia, mais o 4% de IVE, como contribución ao custo do servizo.

5. Que segundo a documentación que consta no expediente, a capacidade económica da persoa usuaria do SAF por libre concorrencia, é de____euros mensuais, e atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar e o acordo municipal que regula o prezo público do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar ______euros por hora prestada, mais o 10% de IVE, como contribución ao custo do servizo.

6. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono do prezo público do SAF establecido no punto 4º ou 5º, segundo a modalidade do servizo, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.

7. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:

- Atencións de carácter persoal

- Atencións de carácter apoio psicosocial

- Atencións de carácter doméstico

- Atencións de carácter socio-educativo

- Atencións de carácter técnico e complementario

- ___________________________________

8. Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as contempladas no Proxecto de Intervención Individual deseñado pola entidade prestadora, conforme a este acordo do servizo.

9. Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo o resto das tarefas, non contempladas neste acordo do servizo.

10. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria, traballadora familiar e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.

11. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar e na ordenanza municipal da prestación do SAF, onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.

12. Que a alta no servizo levarase a cabo no prazo máximo de sete días dende a sinatura deste acordo.

13. Que no presente acto, a persoa técnica responsable faille entrega á persoa usuaria das normas de funcionamento do servizo, informándolle de xeito comprensible dos dereitos e obrigas, e dado que ambas partes dan a súa conformidade ao presente acordo de prestación do SAF, o asinan

En ¿¿¿¿¿¿¿¿¿ a ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.de 20¿..

A persoa usuaria O técnico responsable A traballadora familiar

ANEXO IV

RENUNCIA AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE CAMBRE

D./Dª____________________________________________ con DNI núm.______________ e enderezo en__________________________________________

EXPÓN:

Que foi beneficiario do servizo do axuda no fogar deste concello dende___________________, ata a data, e non estando interesado en seguir beneficiándose deste servizo municipal, renuncio á referenciada axuda, poñéndoo en coñecemento deste concello para que se acorde conforme ao manifestado.

Cambre,___________de____________de 20

Asdo.:

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO CONCELLO DE CAMBRE

ANEXO V

SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR MUNICIPAL

A. DATOS PERSOAIS DO SOLICITANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

TELÉFONO

DATA DE NACEMENTO

LUGAR

PROVINCIA

ESTADO CIVIL

DOMICILIO

COD. POSTAL

MUNICIPIO

B. DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

DOMICILIO

MUNICIPIO

PROVINCIA

COD. POSTAL

TELÉFONO

TÍTULO DE REPRESENTACIÓN:

C. DATOS SOBRE A UNIDADE DE CONVIVENCIA. COMPOSICIÓN

PERSOAS INTEGRANTES DA UNIDADE DE CONVIVENCIA

NIF

PARENTESCO COA/CO SOLICITANTE

DATA DE NACEMENTO

SOLICITANTE

D./Dª __________________________________, como (solicitante ou representante legal) DECLARA:

Que todos e cada un dos datos consignados na presente solicitude son certos e comprobables documentalmente, quedando informado/a de que o seu ocultamento ou falsidade dará lugar á esixencia das responsabilidades que diso puideran derivarse, así como da obriga de comunicar ao CONCELLO DE CAMBRE, calquera variación dos datos declarados ou acreditados que puideran producirse no sucesivo.

Que de conformidade co establecido na normativa reguladora das subvencións públicas, DECLARA non estar incurso en ningunha causa de prohibición para ser considerado beneficiario de subvencións e atoparse ao corrente no cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións.

Cambre, a _________de______ de 201__ Asdo:

NOTA INFORMATIVA: Os datos recollidos na presente solicitude facilitaranse de forma voluntaria; en caso de non facelo non será posible o seu trámite. Estes datos serán incorporados a un ficheiro automatizado coa exclusiva finalidade da resolución do expediente, cuxo tratamento é responsabilidade da dirección do Concello de Cambre, área de Servizos Sociais, e respecto deles, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

Existe a posibilidade de cesión dos datos a outras administracións, entidades ou organismos públicos ou privados, para o cumprimento de fins directamente relacionados coas funcións lexítimas destas entidades e do Concello de Cambre.

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO CONCELLO DE CAMBRE

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACHEGAR O SOLICITANTE

- Fotocopia do DNI ou NIE da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

- Xustificante de convivencia do padrón municipal.

- Modelo de solicitude (Anexo V)

- Modelo de autorización bancaria (Anexo VI)

- Informes médicos recentes sobre o estado de saúde da persoa beneficiaria.

- Certificado de minusvalía e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.

- Copia da última declaración da renda ou autorización para acceder aos datos tributarios da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia.

- Recibo da contribución do ano en curso.

- Certificado de xuros capitais.

- Certificación do núm. de conta.

- Certificado da pensión mensual do organismo correspondente ou certificación bancaria da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia.

- Copia da declaración do imposto sobre o patrimonio da persoa usuaria e do resto dos membros da unidade de convivencia.

- No caso de non percibir ingresos: certificado de alta no INEM, certificado conforme non cobra ningunha prestación do INEM ou a seguridade social.

ANEXO VI

MODELO DE AUTORIZACIÓN BANCARIA

A favor de_______________________________________________________________________________________

En concepto de__________________________________________________________________________________

D./Dª__________________________________________________________________________________________

Con DNI núm.________________ e enderezo en _____________________________________________________

____________________________________

EXPÓN:

Que o número de conta bancaria para domiciliar o pago do servizo de axuda no fogar municipal é o seguinte:

Nome da entidade financeira:

Enderezo:

Localidade: Provincia:

CÓDIGO CONTA CLIENTE (20 díxitos)

ENTIDADE

OFICINA

D.C.

NÚMERO CONTA

SR. ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBRE

ANEXO VII

MODELO DE AUTORIZACIÓN

Autorización para a cesión de información relativa ao nivel de renda e ás obrigacións tributarias co Estado e a Comunidade Autónoma e a Seguridade Social para os efectos de solicitude do servizo de axuda no fogar municipal, a cubrir por todos os membros da unidade de convivencia maiores de 18 anos.

NOME E APELIDOS

ENDEREZO

DNI

SINATURA

autorizamos ao Concello de Cambre para solicitar a cesión da información por medios informáticos ou telemáticos, sobre o nivel de renda e sobre a circunstancia de estar ou non ao corrente das súas obrigacións tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, para os efectos de solicitude do servizo de axuda no fogar municipal.

Lugar, data e sinatura

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.