Muxía - TAXA POR CONEXIÓN Á REDE DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA E SUBSTITUCIÓN DE CONTADOR

Publicación provisional: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 19/08/2013

Artigo 1.-Fundamento.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por conexión á rede de distribución de auga e substitución do contador, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, a cal contén unhas normas que atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988, e o 20 do mesmo texto legal na redacción que dá a Lei 25/98.

Artigo 2.-Feito imponible.

Está constituído pola actividade municipal desenvolvida con motivo da conexión de líneas á rede xeral e a substitución de contadores de lectura.

Artigo 3.-Retribución.

A obriga de contribuír nacerá no momento de prestarse o servicio.

Artigo 4.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos de taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servicios a que se refire esta ordenanza.

Serán substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais que se provean o servicio.

Artigo 5.-Base imponible.

Está constituído por:

a) Nas acometidas á rede xeral: o custo de conexión á rede por cada local, vivenda, edificio, etc...

b) Na substitución de contadores: o custo do contador e o custo da substitución.

Artigo 6.-Cota tributaria.

Conexión á rede de distribución: 100€ por cada vivenda ou local.

Sustitución de contador: 40€ por cada contador sustituído.

Conexión á rede de distribución, con contador propiedade do usuario: 60€ por cada vivenda ou local. Esta conexión requerirá previamente o informe dos servizos municipais, mostrando a súa conformidade e dando validez a tal contador.

Estas cuotas serán anoadas cando se conceda o solicitado e se preste o servizo de que se trate.

Artigo 7.-Exención, reducción e demais beneficios.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, non se recoñece ningún beneficio tributario, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previsto en normas con rango de lei.

Artigo 8.-Solicitudes.

Realizaranse por escrito, no Concello, indicando:

- Nome suxeito pasivo.

- Domicilio.

- NIF.

- Forma de pagamento das taxas de distribución, se houber.

- Fin ó que se destina a auga.

Artigo 9.

Tódalas obras necesarias para a condución da auga desde a rede xeral ata a toma do abonado será por conta do interesado.

A auga subministrada será medida a través dun contador que instalará o Concello nun lugar de fácil acceso. O emprazamento idóneo será en último término informada por un técnico municipal. En todo momento poderá o Concello inspecciona-la instalación.

Artigo 10.

Cando polos servicios do Concello se detecte o non funcionamento ou o funcionamento anormal dun contador, darase notificación ó titular do mesmo concedéndolle un prazo para a súa substitución de acordo co establecido na lexislación xeral na materia, que non excederá, en todo caso, de 1 mes.

Disposición final.

Esta ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.