Ribeira - B.2.3 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO E INDUSTRIAS RUANTES E AMBULANTES, DEPÓSITO DAS MERCADORÍAS E RODAXE C

Publicación provisional: 06/11/2013 BOP Nº: 211
Publicación definitiva: 30/12/2013 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 01/01/2014

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, tendo en conta o disposto na Lei 10/1998, de Ordenación do Comercio interior de Galicia e Decreto 204/2001, do 26 de xullo, de ordenación da venda ambulante, este Concello establece a Taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situados en terreos de uso público e industrias ruantes e ambulantes, e rodaxe cinematográfica, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a reserva ou utilización privativa e aproveitamento especial da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias ruantes ou ambulantes, ou para rodaxe cinematográfica.

Tamén será feito impoñible de acordo co artigo 22 e seguintes da Lei de Ordenación do Comercio Interior de Galicia e o disposto no Decreto de Ordenación da Venda Ambulante e Regulamento Municipal de Venda Ambulante, o depósito das mercancías cando fosen incautadas ou decomisadas polos axentes da Policía Local, por non reunir as condicións de venda, carecer de licencia preceptiva o vendedor ou non se axuste as condicións da mesma, quedando depositadas en dependencias municipais ata que se subsanen as deficiencias ou xustifique a procedencia, en todo caso, quedarán un mínimo de oito días en depósito, debendo abonar previamente as taxas correspondentes para a devolución das mesmas.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos da taxa regulada nesta ordenanza as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria no favor de quen se outorguen as licencias, ou quen se beneficie do aproveitamento, se procedese sen a oportuna autorización.

ARTIGO 4.- Responsables

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

Artigo 5º . Cota tributaria.

1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:

Epígrafe 1.- Vendedores ambulantes:

-Actividade: ramo de alimentación: 1,035517 € /m.l. e día.

-Actividade: calzado e confección: 2,485245 € /m.l e día.

-Actividade: en vehículo-tenda: 10,893665 € / día.

-Actividades restantes: 1,863934 € /m.l. e día.

Epígrafe 2.- Depósito de mercadorías incautadas:

-Cota mínima por comiso (se o valor de venda do produto supera ese importe) 62,97 €/ 8 días.

-Cota mínima por comiso (se o valor de venda do produto é inferior a 62,97 €) 31,49 €/ 8 días.

-A partir do noveno día de depósito: 2,10 €/día.

Epígrafe 3.- Espectáculos:

-Circos: 12,426234 € /día.

-Tómbolas e asimilados: 1,863934 € /m2 /día.

-Outros espectáculos: 61,344179 € /día.

Epígrafe 4.- Rodaxe cinematográfica:

-Satisfarán a cantidade de 2,236721 € por m2 e día.

2.- A limpeza do espazo ocupado será por conta dos beneficiarios.

ARTIGO 6.- Devengo

Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír dende o momento de obter a correspondente licencia municipal ou dende que se realice o aproveitamento se non se tramitara a preceptiva licencia.

ARTIGO 7.- Declaración

1.-As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que conste a dimensión do aproveitamento e os elementos a instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación no término municipal.

3.- Ademais, tratándose da concesión de aproveitamentos para a venda ambulante, estarase ó disposto no correspondente Regulamento regulador e, de conformidade co RD 194/2001, de 26 de xullo, de ordenación da venda ambulante, estos aproveitamentos serán concedidos polo Concello trala oportuna solicitude e comprobación do cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Estar dado de alta e ó corrente no pagamento do imposto de actividades económicas.

b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ó corrente no pagamento das cotizacións a tal réxime.

c) Estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia e dispoñer do correspondente documento acreditativo.

d) No caso de extranxeiros, acredita-loo cumprimento da normativa específica vixente.

e) Cumpli-las condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos productos que sexan obxecto de venda.

4.- Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que os interesados obteñan e aboen a licencia municipal correspondente.

5.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas nin subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuício das contías que correspondan aboar polos interesados.

ARTIGO 8.- Liquidación e ingreso.

O pago da taxa realizarase:

A) No caso dos vendedores ambulantes, serán incorporados a un Padrón Fiscal, na que constará a actividade e superficie autorizada, e satisfarán a taxa trimestralmente, por adiantado, con independencia de que ocupen ou non a superficie reservada segundo a licencia municipal.

As liquidacións posteriores á liquidación de alta, xunto cos prazos de ingreso, notificaranse colectivamente. mediante anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia, conforme ó art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

As cotas liquidadas e non aboadas en período voluntario de cobranza esixiranse mediante o procedemento de apremio, co 20 por 100 de recargo.

Se a superficie ocupada fose maior que a concedida, polo Vixiante de Rendas formularase a oportuna denuncia. A superficie ocupada en exceso satisfará unha contia incrementada no 100 por 100 respecto da tarifa correspondente. A penalización de tres denuncias por este aspecto dará lugar á revocación automática de licencia.

B) Nos demais aproveitamentos, o pago realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación, nos prazos establecidos polo Regulamento Xeral de Recadación.

As cotas liquidadadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza, esixiranse polo procedemento de apremio.

ARTIGO 9.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo a calificación de infraccions tributarias asaí como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.