Boimorto - ACORDO MUNICIPAL Nº 12 REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

Publicación provisional: 11/03/2014 BOP Nº: 47
Publicación definitiva: 11/03/2014 BOP Nº: 47
Aplicable dende: 11/03/2014

ARTIGO 1. CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio, especificado nas tarifas comprendidas no artigo 5, e que se rexerá por esta ordenanza.

ARTIGO 2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado mediante esta ordenanza as persoas as que se lles preste o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), calquera que sexa a súa modalidade (dependencia ou libre concorrencia),en relación os dependentes persoas físicas que teñan recoñecido o dereito á utilización do servizo social de axuda a domicilio e faga uso del baseándonos no establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 da Vicepresidencia para a Igualdade o o Benestar pola que se regula o Servizo de Axuda no Fogar (DOG nº 22-02/02/2009) e o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG nº 63-30/03/2012) e Decreto 149/2013 do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, a dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

A obriga de pagamento do prezo público nace desde o momento no que se inicie a prestación do servizo.

ARTIGO 3. BASE IMPOÑIBLE

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 5 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 12,00 euros/hora, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO

A capacidade económica das persoas dependentes , valoradas con dereito de atención recoñecido, mediante o servizo de axuda no fogar , calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do Título III do Decreto 149/2013 de 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonómia persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

ARTIGO 5. PARTICIPACIÓN ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

Para os efectos de aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples(IPREM).

A) Determinación da participación sobre o custo do servizo das persoas dependentes realizarase de conformidade coa redacción dada o artigo 61 do Decreto 99/2012 de 16 de marzo poloque se regulan os servizos sociais e comunitarios e o seu financiamento segundo a disposición derradeira primeira do Decreto 149/2013 do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento sen prexuizo da aplicación automática de calquera modificación que dese artigo realice a Xunta de Galicia que se transcribe literalmente:

Capacidade económica (referencia ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

Nos casos en que, por renuncia expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade que se debe pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

En ningún caso o importe da participación económica que debe ingresar a persoa usuaria en concepto de participación no cuso do servizo poderá exceder o 90 % do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

B) Determinación da participación no financiamento das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia.

1. O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuíta naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

2. Para o resto dos supostos establécese unha regulación progresiva de participación económica no custo do servizo que terá en conta o cálculo da capacidade económica per cápita de acordo co establecido no artigo 4 desta ordenanza, e segundo o recollido na seguinte táboa:

Capacidade económica

Participación no custe do servizo de SAD básico

Igual ou menor do 0,80 do IPREM

%0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

25%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

41,66%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

70%

Maior de 2,5 IPREM

90%

3. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

4. Establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 6. CONDICIÓNS DE PAGAMENTO

a) A obriga de pagamento do prezo público nace desde o momento no que se inicie a prestación do servizo.

b) Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regla deberán motivarse cun informe dos técnicos de servizos sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuibles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros-, procederase a requerirlle o seu abono.

c) As horas que se cobran son as efectivamente prestadas. Se o usuario non preavisa con 10 días de antelación de calquera ausencia temporal previsible estaría incumprindo os deberes das persoas usuarias, que no caso de tratarse dun incumprimento reiterado se convertiría nunha causa de extinción do servizo.

d) Se a algún/unha dos/as beneficiarios/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, cobraranse as horas efectivamente prestadas.

ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN

1. As cantidades esixibles con arreglo ás tarifas se liquidarán polo servizo prestado e serán reducibles por períodos mensuais.

2.- A finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes se se producen cambios na situación das persoas beneficiarias do servizo, se lles requerirá, por parte dos servizos sociais, para que xustifiquen documentalmene a situación socioeconómica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

ARTIGO 8. OBRIGA DE PAGAMENTO

Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas deste prezo público aprobado mensualmente por decreto . O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, se a notificación publicación do decreto da Alcaldía que fai a liquidación no taboleiro de anuncios do Concello e na páxima web realízase entre os días un e 15 de cada mes o pago terá que realizarse dende o día seguinte á publicación ata o día 20 do mes posterior, en caso de ser inhábil ata o inmediato hábil seguinte, de realizarse a notificación da liquidación por publicación entre os días 16 eúltimo de cada mes o pago deberá realizarse dende o día seguinte á publicación da liquidación ata o día cinco do segundo mes posterior si e inhábil ata o inmediato hábil seguinte.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagamentos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor da modificación deste acordo queda derrogado expresamente no que contradiga esta nova normativa o acordo publicado no BOP de 16/12/2013.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Este acordo comenzará a aplicarse, unha vez aprobado polo pleno do Concello de Boimorto, e publicado na forma legal establecida e entrará en vigor conforme ao previsto no artigo 70.2 e concordantes da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local