Curtis - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APERTURA DE ESTABLECEMENTOS

Publicación provisional: 22/01/2004 BOP Nº: 17
Publicación definitiva: 20/03/2004 BOP Nº: 65
Aplicable dende: 24/04/2014

Redaccións

- Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

- Artigo 2.º.-Feito impoñible.

- Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

- Artigo 4.º.-Responsables.

- Artigo 5.º.-Cota tributaria.

- Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.

- Artigo 7.º.-Devengo.

- Artigo 8.º.-Declaración.

- Artigo 9.º.-Normas de xestión.

- Artigo 10.º.-Infraccións e sancións.

- Disposición final.

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿taxa pola apertura de establecementos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa o outorgamento das licencias de apertura de establecementos, así como a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

2. Para tal efecto, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que sexa levada a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

d) Os traslados de locais.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, non sendo destinado exclusivamente a vivenda, e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre actividades económicas.

b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades, sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas na forma en que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorio, oficinas, despachos ou estudios.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretendan desenvolver ou, se é o caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.º.-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

As cotas tributarias determinaranse de acordo á seguinte tarifa:

a) Declaracións responsables ou comunicacións previas para o exercicio de actividades non sometidas a licenza: 167,10 euros.

b) Licenzas para actividades relativas a espectáculos públicos e actividades recreativas, e outras de tramitación especial relativas a establecementos comerciais, artesanais ou de servizos: 389,91 euros.

c) Licenzas para actividades de tramitación especial relativas a establecementos fabrís ou da construción ou calquera outra que requira impacto ambiental: 1.114,03 euros.

d) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente: 33,42 euros.

Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción de taxa, agás as expresamente previstas en normas con rango de lei e as derivadas da aplicación de tratados intenacionais.

Artigo 7.º.-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou no momento de presentación da correspondente comunicación previa ou declaración responsable..

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, de ningún xeito, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia

Artigo 8.º.-Declaración.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil, presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, coa especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, achegada do contrato de alugueiro ou título de adquisición do local, indicando neste último caso, se o local non tivese asignado valor catastral, o prezo de adquisición ou o custo de construcción deste, no seu caso.

2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura, se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas polo establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.

Artigo 9.º.- Normas de xestión.

1.-As taxas esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude de licenza do interesado, comunicación previa ou declaración responsable, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.

2.-No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola administración municipal e realiza-lo ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude, ou comunicación previa ou declaración responsable. Non se tramitará ésta ata que quede acreditado o pago íntegro da taxa.

3.-Cando os servicios municipais comproben que se está desenvolvendo calquera actividade sen obter a previa licencia preceptiva, ou sen terse presentado a comunicación previa ou declaración responsable, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do expediente, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística.

4.-O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.

Artigo 10.º.-Infraccións e sancións.

1. En todo o relativo a infraccións tributarias e a súa cualificación, así como ás sancións que a estas correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas nos artigos 77 e seguinte da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.