Sada - ORDENANZA FISCAL Nº 37, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 13/03/2014 BOP Nº: 49
Publicación definitiva: 03/06/2014 BOP Nº: 104
Aplicable dende: 01/07/2014

ARTIGO 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA

1.1 En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 e seguintes do Real decreto legislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Sada establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar .

1.2 O Servizo público de Axuda no Fogar configurase como unha prestación do Sistema público de Benestar social establecida na Lei 39/2006 do 14 de decembro de Promoción de Autonomía persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento, Lei 13/2008 de Servizos sociais de Galicia e demais na normativa de carácter autonómico que sesenvolve a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma, e en especial a Orde do 22 de Xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar ( DOG nº 22 do 2/02/2009) e o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº 182 de 24/09/2013).

1.3 As atencións que se presten son as reflectidas no Regulamento do Servizo de axuda no fogar no Concello de Sada.

ARTIGO 2º. FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible a prestación efectiva do servizo de axuda no fogar, nos termos e condicións de intensidade regulada polo Reglamento municipal do servizo de axuda no fogar.

ARTIGO 3º. SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas que soliciten ou resulten directamente beneficiadas pola prestación do servizo, xa sexa con carácter estable ou temporal.

ARTIGO 4º. RESPONSABLES

4.1 Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades as que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.

4.2 Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades as que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.

ARTIGO 5º. COTA TRIBUTARIA

5.1. A cuota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza determinarase, para as persoas en situación de dependencia e con dereito de atención recoñecido, de conformidade co establecido no artigo 6º desta ordenanza.

5.2. A cuota da taxa regulada nesta ordenanza determinarase, para as persoas usuarias do servizo en réxime de libre concorrencia, de conformidade co establecido no artigo 7º desta ordenanza

5.3. A súa liquidación realizarase no momento da concesión do servizo polo órgano municipal competente, previo informe do/a técnica/o dos servizos sociais do Concello, quen comprobará a documentación relativa á capacidade económica e emitirá un informe especificando a achega económica que corresponda das solicitudes con proposta de concesión.

5.4. As porcentaxes que hai que aplicar axustaranse ao custo de hora por servizo prestado, que se fixa en doce euros para o servizo de axuda no fogar e cero euros para os servizos complementarios.

ARTIGO 6º COTA TRIBUTARIA DAS PERSOAS DEPENDENTES CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

6.1 Capacidade económica.

6.1.1 A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia .

6.1.2 O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido do servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

6.2 Participación no financiamento do servizo.

6.2.1 No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

6.2.2 Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)
Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

6.2.3 Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

6.2.4 En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

6.2.5 No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

ARTIGO 7.- CUOTA TRIBUTARIA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA

7.1 Capacidade económica

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

7.1.1 Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

7.1.2 Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

7.1.3 A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

7.2 Participación das persoas usuarias no financiamento

7.2.1 Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no apartado 7.1 deste artigo.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

20%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

35%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

55%

Maior de 2,50 IPREM

75%

7.2.2 Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

7.2.3 En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 8º. DEVENGO

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende que se inicie a prestación do servizo.

ARTIGO 9º. NORMAS DE XESTIÓN

91.1 A xestión da taxa corresponde a oficina de Rendas do Concello.

9.2 O departamento de servizos sociais remitirá a oficina de rendas relación mensual asinada con especificación dos datos necesarios para a liquidación da taxa.

9.3 O Concello unha vez iniciada a prestación do servizo, procederá a aprobar a liquidación que corresponda, na que constarán os datos precisos para a determinación do importe correspondente á mensualidade que se indique nela.

Procederá o rateo da cota correspondente ao mes de inicio en función dos días que resten ata o último do mes, pasándose ao cobro xunto coa liquidación da primeira mensualidade seguinte. Tamén se rateará a cota mensual nos supostos de baixa no servizo, que será efectiva dende o mesmo día en que se presente a solicitude de baixa ou no que esta sexa declarada de oficio. A persoa usuaria terá dereito a que se lle cobren as horas efectivamente prestadas.

9.4 A taxa regulada nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte. O abono efectuarase mediante domiciliación bancaria, para o cal deberán presentar o nº de conta correspondente no momento da solicitude do servizo.

Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento

Nos supostos de suspensión temporal do servizo, a comunicación desta deberase facer con quince días naturais anteriores ao día da suspensión aos efectos de que por parte do departamento de Servizos Sociais tramítese o correspondente informe e emítase un informe valorado da situación consonte ao establecido no artigo 9 da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar. Nas prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

No caso de que a suspensión estea debidamente xustificada no expediente, os obrigados terán dereito á devolución da contía correspondente ao período de suspensión, se é o caso, e regularizarase na primeira mensualidade despois de reiniciarse o servizo.

De non se posible facelo así, procederase á devolución que no seu caso corresponda á conta declarada polo beneficiario na súa solicitude de prestación do SAF.

En calquera caso será imprescindible o informe social do/a traballador/a social, que se incorporará ao expediente individual/familiar.

9.5 Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento da taxa, o servizo non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

ARTIGO 10º. INFRACCIONS E SANCIONS

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derrogada a ordenanza fiscal nº 37 reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, publicada no Boletín Oficial da Provincia A Coruña núm. 187, do 1 de outubro de 2013, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.

DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA.

No non disposto na presente ordenanza estarase o preceptuado na Lei Xeral Tributaria e demais disposicións concordantes coa materia. O Reglamento do servizo de axuda a domicilio do Concello de Sada e as disposicións ou normas marco na materia, aprobadas pola Xunta de Galicia, constituirán Normas de referencia para a interpretación do articulado desta ordenanza.

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA.

Esta ordenanza entrará en vigor logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia. Será de aplicación a partir do día primeiro do mes seguinte á súa entrada en vigor, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.