Vimianzo - ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE VIMIANZO

Publicación provisional: 15/04/2014 BOP Nº: 72
Publicación definitiva: 12/06/2014 BOP Nº: 111
Aplicable dende: 30/06/2014

EXPOSICION DE MOTIVOS:

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE n.º 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.

Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7.b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.

O Decreto 149/2013 , do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e os seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Vimianzo, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.

TITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1. Definición e fundamento legal

A presente ordenanza ten por obxecto a regulación dentro do Concello de Vimianzo da prestación do Servizo de Axuda no Fogar, de carácter preventivo e normalizador, dirixida ás persoas ou familias en situación de especial necesidade, por determinadas carencias de carácter físico, psíquico ou social, que lles impidan o normal desenvolvemento nas actividades da vida diaria.

Esta ordenanza inscríbese dentro do ámbito de actuación da Lei 13/2008 de Servizos Sociais, da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local, da Orde de 22 de xaneiro de 2009, reguladora do servizo de axuda no fogar, da Lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia e na súa normativa estatal e galega que a desenvolve, do decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e o Decreto 149/2013 , do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

A interpretación desta ordenanza é competencia dos órganos de goberno deste concello.

O Programa de Axuda no Fogar é un servizo social que presta un conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora, aos individuos e familias no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía por motivos físicos, psíquicos e sociais, ou nos casos de desintegración familiar, facilitándolles a permanencia no seu propio contorno de convivencia, e evitando así a súa posible institucionalización.

O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo público de carácter local, que terá a consideración de prestación básica de Servizos Sociais inxerida no sistema integrado de Servizos Sociais, con planificación, coordinación e control público.

ARTIGO 2. Ámbito de aplicación

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Vimianzo.

ARTIGO 3. Competencias

O Concello de Vimianzo resérvase como competencia exclusiva do SAF as seguintes funcións: planificación, programación e dirección técnica do servizo, coordinación, seguimento, supervisión e control do SAF, así como a selección da persoa usuaria e a aprobación de altas, baixas e modificacións do servizo.

ARTIGO 4. Finalidade

A finalidade do servizo é mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos seus domicilios e requiran asistencia.

O servizo debe aunar o esforzo do propio usuario, da súa familia, veciños e amizades, dos servizos públicos e privados, dos voluntarios, quere dicir, o esforzo da comunidade no seu conxunto, para proporcionar o benestar desexado mantendo o maior grao de autonomía mediante un labor preventivo, asistencial e rehabilitador.

As auxiliares do servizo de axuda no fogar intentarán reforzar as capacidades da persoa usuaria , de promover a súa autonomía , sen substituír nin a persoa usuaria nin a súa familia.

Non se deberá reemplazar á familia na súa responsabilidade senón que, pola contra, se lle estimulará na atención ó usuario.

ARTIGO 5. Principios

O Concello prestará o servizo de acordo cos seguintes principios xerais de actuación:

- Responsabilidade pública.

- Igualdade e universalidade.

- Globalidade e integración.

- Subsidiaridade, propiciando a asunción das responsabilidades familiares existentes no seu caso.

ARTIGO 6. Obxectivos

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

- Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias

- Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, potenciando a utilización positiva dos recursos do contorno.

- Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio

- Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social

- Previr situacións de dependencia ou exclusión social

- Retardar ou evitar a institucionalización do usuario

- Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social

- Contribuír á creación de hábitos axeitados para garantir unhas condicións mínimas de vida.

- Apoiar a grupos familiares a asumir as súas responsabilidades con respecto á atención dalgún membro que o necesite.

- Favorecer a participación nas actividades da vida comunitaria.

ARTIGO 7. Prestacións

A variedade de prestacións que se ofrecen desde o servizo de axuda no fogar, concretaranse nas seguintes atencións:

1.- Atencións de carácter básico:

A) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:

- Asistencia para erguerse e deitarse

- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

- Outras tarefas para favorecer á atención integral da persoa usuaria.

B) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:

- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.

- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.

C) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.

- Preparación dos alimentos.

- Lavado e coidado das prendas de vestir, así como do enxoval doméstico.

- Apoio á unidade familiar.

- Coidados básicos da vivenda.

Estas atencións poderán ser facilitadas en parte, se é o caso, por programas específicos que poidan estar funcionando ou se poñan en marcha nun futuro (lavandería, xantar sobre rodas, outros servizos e prestación que axuden a mellorar a calidade de vida dos usuarios...) prestados ben polo propio concello ou por outras administracións.

D) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

2.- Atencións de carácter complementario:

A) Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, segundo valoración técnica, os seguintes tipos de atención.

B) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

C) Atencións de carácter técnico: refírese á xestión ou actuacións que poidan ser necesarias, para a posta en funcionamento do servizo ou para que este se continúe prestando en condicións idóneas.

D) Servizo de podoloxía.

E) Servizo de fisioterapia.

Estas atencións de carácter complementario prestaranse opcionalmente de contar o concello co financiamento suficiente para o seu desenvolvemento. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.

En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

3.- Atencións excluídas do servizo: En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

ARTIGO 8. Beneficiarios

O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

De xeito xeral, o servizo atenderá a persoas maiores con déficit de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo.

Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Sen prexuízo dos criterios de carácter xeral establecidos na orde, a presente ordenanza municipal reguladora do servizo establecerá os sistemas de acceso por libre concorrencia ao servizo de axuda no fogar, en tanto que prestación básica do sistema de servizos sociais, para situacións diferentes á contemplada no apartado anterior.

As persoas destinatarias deberán estar empadroadas no Concello de Vimianzo para o caso de usuarios de libre concorrencia.

ARTIGO 9. Dereitos das persoas usuarias

As persoas usuarias, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes dereitos:

1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

8. A coñeceren a situación do seu expediente.

9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, ou tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.

11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

ARTIGO 10. Deberes das persoas usuarias

As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Residir efectivamente no Concello de Vimianzo.

2. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

3. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

4. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

5. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

6. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

7. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.

8. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

9. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

10. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

11. Obter os medios axeitados para realizar os desprazamentos, no caso de que se realicen acompañamentos fóra do domicilio para as xestións adecuadamente valoradas polos Servizos Sociais , sendo tarefa do/a auxiliar de axuda no fogar unicamente acompañar a dita persoa.

12. Sufragar os gastos de material de limpeza, aseo e alimentación. Só en casos excepcionais, detectados polo persoal técnico responsable e previo informe ó respecto, valorarase a posibilidade de aportar por parte do concello materiais para estas tarefas.

TITULO II: PRESTACIÓN DO SERVIZO

ARTIGO 11 . Características e intensidade na prestación do SAF

No SAF a intervención realízase dun xeito personalizado, en función das necesidades de cada usuario ou da súa familia no que se refire ao tipo de servizo que se prestará, as horas de atención, etc.

É un recurso de tipo voluntario, solicitado polo usuario/familia, inda que tamén se pode iniciar de oficio.

É un recurso aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

Terá carácter especial a intensidade da prestación do SAF ás persoas que teñan recoñecido o grao e nivel de dependencia en resolución da Xunta de Galicia de maneira que se establecen distintos graos de intensidade.

Para poder obxectivar, valorar e ordenar as solicitudes do SAF, utilizarase un SISTEMA DE BAREMO no que se valorarán e puntuarán os aspectos de autonomía persoal, situación familiar, situación social, situación económica e valoración técnica, naqueles expedientes tramitados a través do sistema de libre concorrencia.

1.- A intensidade do servizo para as persoas usuarias con dependencia valorada, estará predeterminada no seu programa individual de atención de atención (PIA) . A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de maneira que, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria,relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

a) En todo caso o usuario poderá optar á renuncia parcial da intensidade no PIA, neses casos, deberá facerse constar por escrito e será engadido ao seu expediente.

b) Nos restantes casos, a intensidade do servizo, determinarase con carácter xeral en horas mensuais de atención distribuída en función das necesidades da persoa usuaria e da prescrición efectuada polo técnico/a dos servizos sociais comunitarios do concello.

2.- A intensidade do servizo para usuarios de libre concorrencia, o tempo de atención e a periodicidade determinarase en cada caso, pola necesidade que presente a persoa, a criterio profesional do técnico responsable do servizo do Concello de Vimianzo, que poderá modificarse en función das variacións que se produzan na situación persoal e familiar baremables, ou por necesidade da organización do servizo, que en todo caso deberá notificarse cunha antelación dun mes a persoa usuaria.

A franxa horaria da prestación é a seguinte: de luns a sábado de 8:00 a 21:00 horas.

De xeito excepcional e a criterio do responsable da axuda no fogar do Concello de Vimianzo, poderá prestarse os domingos e festivos.

No día non se pode superar as 2 horas diarias de atención, podendo ampliarse unha hora máis de xeito excepcional a criterio do responsable municipal do servizo.

O tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

ARTIGO 12. Modalidades de acceso ao servizo

O acceso ao servizo producirase, de acordo coas seguintes modalidades:

1.- Acceso por dependencia:

O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa Individual de Atención, e consonte á aplicación do programa de asignación de recursos , establecido no Título II do decreto 15/2010, do 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos.

Para este efectos, o Concello de Vimianzo cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no Programa de Asignación de Recursos.

As persoas para as que o PIA , determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

2.- Acceso por libre concorrencia:

Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concurrencia.

Estas persoas disporán dun prazo de 3 meses para solicitar a administración competente a valoración da dependencia, se fose o caso, e continuar o procedemento oportuno.

No acceso por libre concurrencia empregarase un baremo determinado no que ademais, dos posibles déficits de autonomía da persoa, se valoren factores de carácter persoal e sociofamiliar, apoio social, situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a súa normalización e a calidade de vida.

Dentro da modalidade de acceso por libre concorrencia, o acceso por urxencia sobrevida, permitirá iniciar a prestación do servizo de axuda no fogar nun prazo non superior a 2 días laborais, establecéndose unha alta provisional, tras a correspondente valoración técnica. A maior brevidade posible a persoa usuaria, representante legal ou gardador de feito, debe facilitar a información e achegar a documentación precisa, así como aceptar o aboamento dos prezos públicos que correspondesen se fose o caso para manter o servizo.

A extensión da prestación, para as persoas usuarias, cuxa vía de acceso ó servizo de axuda no fogar é por libre concorrrencia, incluido o acceso por urxencia sobrevida dentro desta modalidade, virá condicionada polas posibilidades orzamentarias do programa consignadas polo Concello de Vimianzo podendo complementarse con outras achegas doutras administracións e coas achegas das persoas usuarias en función da súa capacidade económica.

3.- De oficio

Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.

ARTIGO 13. Tramitación de acceso ao servizo por libre concorrencia

A) No caso de procedementos iniciados a instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións e do procedemento Administrativo común, iniciarase mediante a presentación da solicitude, dirixida ao alcalde nos rexistro municipal do concello, acompañada da seguinte documentación:

- DNI ou NIE do/a solicitante e dos membros da unidade de convivencia, de ser o caso.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a beneficiario/a.

- Certificado de empadroamento e convivencia.

- Certificado de impostos sobre o IBI, industria e vehículos de todos os compoñentes da unidade de convivencia con obriga legal de prestar auxilio.

- Documentación acreditativa de ingresos (nóminas, certificados de pensións, prestacións,etc.), ou no seu defecto certificación correspondente de non percibir prestacións de todos os membros da unidade de convivencia.

- Copia última declaración da renda ou autorización para acceder aos datos tributarios da persoa usuaria e do seu cónxuxe ou parella de feito, e das persoas ascendentes, fillos menores de 25 anos ou maiores con discapacidade valorada que dependan economicamente da persoa usuaria.

- Recibo de aluguer ou amortización da vivenda.

- Informe médico do/a solicitante que acredite a carencia de autonomía persoal e o tratamento que é necesario controlar.

- Certificado de recoñecemento de discapacidade e/ou resolución do grao de dependencia .

- Declaración xurada de non ter dereito a axuda no fogar por outra entidade ou organismo.

- Certificación do número de conta bancaria a nome do titular da solicitude de SAF

- Calquera outro que se considere necesario para a avaliación da solicitude e que teña relación cos aspectos que hai que valorar.

B) No caso de expedientes iniciados de oficio, cando así o xustifiquen circunstancias debidamente acreditadas no expediente, as persoas usuarias terán que presentar no rexistro de entrada municipal do Concello de Vimianzo a documentación completa, que previamente lle indicará o persoal de SS.SS do concello. Os expedientes de acceso ó servizo deberán ser valorados en todo caso por unha traballadora social ou técnico responsable do programa dos SS.SS comunitarios básicos do Concello de Vimianzo, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria determinará, mediante informe preceptivo e vinculante, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto.

As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.

O órgano competente para ditar a resolución será o Alcalde da Corporación ou órgano ou concelleiro en quen delegue.

Unha vez notificada a resolución de concesión do servizo, deberán acordarse entre os servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vimianzo e a persoa usuaria as condicións básicas da prestación, mediante a sinatura do acordo do servizo entre o técnico municipal responsable do servizo e o/a usuario/a.

No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada do Alcalde ou concelleiro en quen delegue, poderase iniciar de oficio a prestación do servizo de maneira inmediata, a proposta dos servizos sociais municipais e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente.

Na prestación do servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario baixo a supervisión técnica dos servizos sociais do Concello de Vimianzo.

Para estes efectos estarase ao previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.

No caso de tratarse de intervencións de carácter socio-educativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, deberán incorporarse ao proceso, de acordo coas circunstancias do fogar de que se trate, algunha das seguintes figuras profesionais: diplomado en traballo social, diplomado en educación social ou técnico superior en integración social.

As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social ou polo técnico responsable dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin.

O persoal técnico dos Servizos Sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.

No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de espera, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.

Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a persoal técnico dos Servizos Sociais. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadéante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo.

Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.

ARTIGO 14.- Tramitación do acceso por dependencia

As persoas que teñen recoñecida unha situación de dependencia, que se lles asignará o servizo de axuda no fogar no PIA e no PAR, achegarán , se fose o caso, a documentación precisa para actualizar os datos persoais e familiares. O procedemento da actualización da capacidade económica destas persoas seguirá o establecido no artigo 18 de Decreto 149/ 2013.

ARTIGO 15. Participación no financiamento no Servizo de Axuda no Fogar

O servizo de axuda no fogar financiarase con cargo ao orzamento municipal, coas achegas da Comunidade Autónoma, da Excma. Deputación Provincial e maila participación dos usuarios.

A contribución económica dos usuarios está regulada pola ordenanza fiscal de acordo co establecido no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

ARTIGO 16. Determinación da capacidade económica da persoa usuaria do servizo.

1.- Sistema de atención a persoa usuarias da dependencia

A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñececido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de Servizos Sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custe, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

2.- Persoas usuarias do SAF por libre concorrencia (doutros servizos que impliquen copagamento)

Para o caso do servizo de axuda no fogar prestado a persoas usuarias diferentes das anteriores seguiranse os seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que forman parte da unidade de convivencia.

O Concello de Vimianzo, fará unha revisión anual para a actualización da información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, aplicando a tarifa que lle corresponda en función dos seus ingresos económicos. No caso de variar a tarifa con respecto ao ano anterior, cobrarase unha vez comprobada a documentación e comunicado ao perceptor os cambios de tarifa.

Para facer dita revisión, a persoa usuaria deberá presentar a documentación requirida polo responsable do servizo do Concello de Vimianzo, dentro do primeiro mes natural do ano, a fin de comprobar os seus datos económicos de xeito actualizado. De non aportar a documentación requirida, sen causa xustificada, procederase a suspensión do servizo, mentres non se aporte dita documentación.

ARTIGO 17. Participación económica dos usuarios no financiamento do servizo

A) Persoas usuarias do SAF por libre concorrencia (doutros servizos que impliquen copagamento)

1.- Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006 aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custe do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 14 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACIÓN NO CUSTE DO SERVIZO DO SAF BÁSICO

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Máis do 2,5 IPREM

60%

2.- Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3.- En calquera caso establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

B) Para o caso da prestación do servizo a persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar

1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2.- Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, ou cando as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4.- En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5.- No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no curso do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e

desenvolvemento de

hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e

desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas

técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañameto, socialización e

desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

ARTIGO 18. Requisitos específicos

1.- Persoal de coordinación: o servizo estará coordinado por persoal técnico cunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de Servizos Sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Nº DE PERSOAS USUARIAS

PERSOAL TÉCNICO MÍNIMO

50 a 99 usuarios

1 persoa técnica titulada a xornada completa

100 a 199 usuarios

2 persoas técnicas tituladas a xornada completa

200 a 399 usuarios

3 persoas técnicas tituladas a xornada completa

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 persoa técnica titulada a xornada completa

O persoal directamente adscrito á prestación do SAF estará integrado por:

- Xefa da área de Servizos Sociais ou técnico no que se delegue o programa de SAF.

- Auxiliares de axuda no fogar ou se é o caso da empresa que houbese que contratar

- Educadora familiar, psicóloga naqueles casos que consideremos que a súa intervención e o seu traballo poida resultar positivo para tratar sobre todo situacións de desaxuste familiar.

2.- O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de ¿Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio" ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008 do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de ¿Servizos Socioculturais e á comunidade".

3.-A entidade contará e expoñerá publicamente o regulamento de funcionamento do programa, incluíndo como mínimo o seguinte:

- Ámbito de actuación

- Dereitos e deberes dos usuarios e da entidade

- Descrición dos servizos que se presta

- Procedemento para as altas, baixas, modificación ou suspensión do servizo

- Protocolo para o inicio da prestación efectiva

- Modelo de acordo de servizo entre o usuario e a entidade

- Horarios de atención ao público na oficina base do programa

- Límites horarios para a prestación do servizo.

- Réxime de visitas aos domicilios do técnico que leve o programa

- Protocolo de actuacións en caso de emerxencia

- Protocolo de substitución de persoal auxiliar de axuda no fogar e de cesación do servizo

- Protocolo de actuación no caso de queixa no libro de reclamacións

- Cadro de persoal anexo

- Cadro de prezos anexo

4.-A entidade local titular do servizo de axuda no fogar, tanto se o presta en réxime de xestión directa como indirecta, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que se presta o servizo, no que constará, cando menos:

a. Un informe social, asinado por unha traballadora social do concello de Vimianzo.

b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable do servizo de axuda no fogar no concello da Vimianzo,e a/o auxiliar de axuda no fogar que preste o servizo

c. Un acordo de servizo asinado entre o concello de Vimianzo e a persoa usuaria

d. Informes de seguimento periódicos, que terán un carácter bimestral ou extraordinarios cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes realizarase de acordo coa Lei 157 1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

5.-A persoa que exerza como responsable técnica do servizo garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de dous meses. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

ARTIVO 19. Deberes e obrigas dos/as auxiliares de axuda no fogar

1. O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza co/a usuario/a e coa súa familia interfira no traballo.

2. Respectar a intimidade do/a usuario/a e gardar a debida confidencialidade.

3. O/a auxiliar non debe facer participe o/a usuario/a e á familia deste/a dos seus propios problemas, separando todo o posible a súa vida privada do seu traballo.

4. Respectarase integramente o horario e as tarefas establecidas e non se poderán realizar cambios sen a previa autorización do/a responsable.

5. En caso de ausencia do/a traballador/a deberá comunicalo con antelación, tras a autorización do/a xefe/a de persoal, ao/á usuario/a e ao/á responsable do servizo.

6. Non se poderá recibir en custodia cartos, xoias nin outros obxectos.

7. Non se permite ningún tipo de prestación/ bonificación por parte do/a usuario/a (cartos, regalos, etc.).

8. Non se poderá acudir ao lugar de traballo en compañía de persoas alleas ao servizo.

9. Non se disporá das chaves de ningún domicilio, agáscando as condicións do caso así o esixan e sempre co consentimento do/a usuario/a e do técnico/a responsable.

10. Cumprir as medidas de seguridade e hixiene establecidas na lexislación vixente

11. Non realizar tarefas no domicilio fora do horario establecido.

12. Eludir todo conflito persoal cos usuarios e cos restantes membros da unidade de convivencia informando expresamente os técnicos municipais de todo incidente para que se resolva.

ARTIGO 20. Desenvolvemento da prestación do servizo.

1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico de servizos sociais comunitarios realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

4. Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.

5. Os cambios no persoal asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

6. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo.

7. O persoal técnico de servizos sociais comunitarios elaborará un proxecto de intervención, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.

8. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

9. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

10. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

11. En caso de baixa ou vacacións das auxiliares de SAF, a súa substitución queda condicionada á dispoñibilidade do servizo, nos casos de libre concorrencia.

ARTIGO 21. Formas da prestación do servizo

1.- O servizo público de axuda no fogar prestarao o Concello de Vimianzo ben directamente, ou ben mediante diversas modalidades de contratación de xestión de servizos públicos regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través das entidades privadas debidamente autorizadas.

2.- Ademais, sen prexuízo do establecido no punto anterior, os servizos poderán ser prestados mediante fórmulas de colaboración institucional entre as administracións competentes ou por entidades de dereito público, de acordo co establecido na lexislación vixente.

ARTIGO 22. Modificacións de horario e/ou tarefas.

En canto ás modificacións con respecto ao establecido no contrato, do número de horas, tarefas ou modificacións xerais do plan de traballo que se vaian producindo no desenvolvemento do servizo, a proposta de modificación realizarase tras un estudio e análise da situación por parte do/a persoal técnico de servizos sociais. O usuario deberá ser informado destas modificacións de forma argumentada e débese procurar que as modificacións estean consensuadas coa persoa usuaria e coa súa familia.

ARTIGO 23. Suspensión provisional.

Son causa de suspensión provisional do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ó expediente persoal, as que seguen:

a) Por ausencia temporal do beneficiario do seu domicilio por un tempo máximo de 3 meses para os usuarios de libre concorrencia e máximo de 2 meses para os usuarios de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a sua ausencia.

b) Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema da autonomía e a atención a dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

ARTIGO 24. Extinción e finalización do SAF.

Son causas de extinción:

a. A renuncia da persoa usuaria.

b. Cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.

c. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

d. Falecemento da persoa usuaria.

e. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f. A falta reiterada de pagamento do servizo sen causa xustificada que o acredite.

g. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo

h. Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegaron ó expediente

A alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do programa Individual de Atención (PIA), consonte ao establecido na orde do 2 de Xaneiro de 2012 , de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a autonomía e Atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do PIA e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo decreto 148/2011 do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá notificarse ao órgano competente para ditar resolución do Programa Individual de Atención (PIA).

Cando a prestación do servizo corresponde a unha persoa usuaria por libre concorrencia, a incoación por parte do Concello de Vimianzo dun expediente de extinción ou modificación das condicións da prestación deberá implicar por parte do técnico municipal a elaboración da resolución do órgano competente comunicando a extinción ou as variacións oportunas e notificándollo a persoa usuaria.

ARTIGO 25.- Causas de denegación no procedemento por libre concorrencia

A denegación da solicitude procederá por algunha das seguintes causas:

- Que a persoa usuaria poida satisfacer axeitadamente as súas necesidades por si mesma/s ou co apoio dos seus familiares.

- Que a necesidade alegada non sexa obxecto de cobertura polo servizo de axuda no fogar.

- Que non se acepten as condicións do servizo municipal en canto a prestación e a obriga de participar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que se establezan nesta ordenanza.

- Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a facilitar os medios oportunos e condicións para que sexa levado a cabo o servizo

- Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a asinar o acordo da prestación do servizo.

- Calquera outra causa debidamente xustificada.

ARTIGO 26. Lista de agarda

Con carácter xeral, no caso de que o servizo de axuda no fogar non conte con capacidade suficiente para atender todas as situacións de necesidade, elaborarase unha lista de agarda á que se accederá pola orde de puntuación acadada nos baremos aplicados, dando prioridade sempre as persoas valoradas con déficit de autonomía para a realización das tarefas da vida diaria, para os casos de libre concorrencia.

En caso de obter a mesma puntuación terá prioridade a data máis antiga do rexistro de entrada municipal.

En todo caso quedarán en lista de espera aquelas solicitudes que non se poidan cubrir por falta do crédito orzamentario.

Se o solicitante superase o ano na lista de espera, antes de proceder á alta no servizo, será obxecto dunha nova valoración da situación.

No caso de persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia, o Concello de Vimianzo cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no Programa de Asignación de Recursos.

ARTIGO 27. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Vimianzo, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 28. Obrigados ó pagamento

Están obrigados ó pagamento do prexo público regUlado nesta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este concello.

ARTIGO 29. Nacemento da obriga de pago

A obriga de pagar os prezos públicos nace, en xeral, desde que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os primeiros 20 días do mes seguinte.

2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.

ARTIGO 30. Infraccións e sancións

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos aspectos de contido económico, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Disposicións

Disposición adicional.

No non expresamente previsto no presente Regulamento, estarase ao disposto pola Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (publicada no DOG nº22 do 2 de febreiro de 2009), ó Decreto 15/2010, de 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito as prestacións do sistema para a autonomía e atención a dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG núm. 34, do 19 de febreiro de 2010), a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro e o Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios o seu financiamento ( DOG núm. 63 do 30 de marzo de 2012) e o Decreto 149/2013 , do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

Disposición Derrogatoria

Queda derrogada o actual Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Vimianzo publicado no BOP nº 17 de 27 de xaneiro de 2014, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.

Disposición Derradeira

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de quince días ao que se refire o artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local."

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.