Cariño - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1.- Fundamento e Natureza
Artigo 2.-Feito imponible.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida para a tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2.- Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou o beneficie aínda que este non o solicitase
3.- Non estarán suxeitos a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Artigo 4.º .-Responsables.
Artigo 5.- Base impoñible.
Artigo 6.-Cota tributaria:
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que conteñen os apartados seguintes:
CONCEPTO | TAXAS (EUROS) |
EPÍGRAFE 1.- OFICINAS XERAIS | |
1.- Por cada folla tamaño folio ou inferior fotocopiado de documentos ou expedientes que obren neste Concello, realizado a pedimento de parte (aos tamaños superiores aplicaránselles os epígrafes 1.3 e 1.4) | 0,20 € |
2.- Por copia de planos existentes no Concello tamaño folio ou inferior | 0,75 € |
3.- Ídem, tamaño A-3 | 1,50 € |
4.- Ídem, tamaño superior a A-3 | 11,25 € |
5.- Certificado de urbana, rústica e industrial. | 3,75 € |
6.- Por copia dos pregos de condicións de obras licitadas e bases de concursos | 3,75 € |
7.- Por copia de proxectos técnicos (por cada folla) de obras licitadas. | 0,20 € |
8.- Por cada fotocopia compulsada de documentos, tamaño folio ou inferior (se son documentos de expedientes municipais engadiráselle a taxa do epígrafe 1.1) | 0,75 € |
9.- Por cada fotocopia compulsada de documentos alleos, tamaño A3 (se son documentos de expedientes municipais engadiráselle a taxa dos epígrafes 1.3 e 1.4). | 1,25 € |
EPÍGRAFE 2.- DO PADRÓN DE HABITANTES | |
1.- Certificados do padrón de habitantes vixente | 1,00 € |
2.- Certificados de padróns de habitantes anteriores, cunha antigüidade inferior a 10 anos | 2,50 € |
3.- Certificados de padróns de habitantes anteriores, cunha antigüidade superior a 10 anos | 3,75 € |
4.- Certificados de convivencia e/ou de residencia | 1,00 € |
EPÍGRAFE 3.- SERVIZOS ECONÓMICOS | |
1.- Certificacións expedidas polo negociado de rendas e exaccións | 3,75 € |
2.- Certificados expedidos polo servizo de intervención - tesourería | 3,75 € |
3.- Por duplicado de recibos | 0,75 € |
EPÍGRAFE 4.- SERVIZOS XURÍDICOS, SECRETARÍA, CONTRATACIÓN | |
1.- Certificacións de acordos adoptados polos órganos de goberno | 3,75 € |
2.- Certificados de signos externos | 1,50 € |
3.- Por bastanteo de poderes | 7,50 € |
4.- Por formalización de contratos administrativos. O pagamento desta taxa dará dereito ao interesado a recibir unha copia do contrato. De solicitar algunha máis, pagará a razón de 0,50 € por folio | 15,00 € |
5.-Certificados ou informes relativos a tramitación de expedientes relativos a actividades ou obras e demais non previstos nos restantes epígrafes | 2,50 € |
6.- Certificación de autorización por cambio de vehículo ou adscrición de vehículos a licenzas Clase B e Clase C | 7,50 € |
7.- Fotocopias de arquivos (primeira folla) | 3,75 € |
8.- Fotocopias de arquivos (segunda folla e seguintes) | 0,75 € |
9.- Expedición de documentos xustificativos cambio de titular de licenzas, rectificación de nomes ou de condicións da mesma a pedimento de parte | 15,00 € |
10.- Tramitación de prórroga de licenza de obra maior, por cada vivenda unifamiliar ou , no caso de edificios de propiedade horizontal, para cada unha das unidades susceptibles de propiedade individual e edificios de carácter industrial e comercial | 22,50 € |
11.- Tramitación de prórroga de licenza de obra menor. | 11,50 € |
12.- Licenzas para vehículos de clase A e B ¿auto taxi" ou ¿autoturismo" | 150,00 € |
13.- Licenzas para vehículos clase C ¿vehículos sen condutor" | 75,00 € |
14.- Licenzas para vehículos non incluídos nos anteriores | 7,50 € |
15.- Licenzas para vehículos funerarios | 187,50 € |
EPÍGRAFE 5.- SERVIZOS TÉCNICOS (urbanismo, obras, actividades e servizos) | |
1.- Por cada expediente de solicitude de declaración de ruína | 37,50 € |
2.- Por cada informe ou certificación urbanística | 22,50 € |
3.- Certificacións ou informes sobre antigüedade de edificios ou similares | 100,00 € |
4.- Licenzas de segregacións / agrupacións de parcelas | 37,50 € |
5.- Licenzas de obras maiores en solo urbano ou núcleo rural | 0,3% Orzmto. E.M. Mínimo: 75 euros |
6.- Licenzas de obras maiores en solo rústico | 0,5% Orzmto. E.M. Mínimo: 112 euros |
7.- Licenzas de muros e cerramentos de parcelas e novas construcións menores | 18,75 € |
8.- Licenzas de obra menor | 7,50 € |
9.- Autorizacións para enganches de auga ou saneamento | 7,50 € |
10.- Vaos e ocupación de dominio público. | 7,50 € |
11.- Licenzas de actividades molestas e/ou de pública concorrencia. | 1% Orzmto. E.M. Mínimo: 150 euros |
12.- Licenzas de primeira ocupación de vivendas, por cada vivenda en edificios de propiedade horizontal ou por cada vivenda unifamiliar | 37,50 € |
13.- Muda de titularidade de locais de pública concorrencia. | 52,50 € |
14.- Licenzas de actividades inocuas | 75,00 € |
15.- Expedición de 2º (e sucesivos) orixinal de título de licenzas de obras ou autorizacións | 7,50 € |
16.- Expedición de 2º (e sucesivos) orixinal de título de licenzas de apertura de establecementos de actividades | 22,50 € |
17.- Tramitación de subvencións para vivendas rurais e outras subvencións que tramite o Concello | 52,50 € |
18.- Informe de medición de nivel de ruído aéreo con sonómetro municipal (máximo cinco medicións en cada lugar) | 37,50 € |
19.- Informe de medición do nivel de illamento ao ruído aéreo dos locais, con sonómetro municipal (por cada local) | 112,50 € |
20-. Expedición de documentos informativos do catastro e asimilables | 1,00 € |
21.- Expedientes de tramitación de estudos de detalle | 500,00 € |
22.- Expedientes de tramitación de plans especiais | 820,00 € |
23.- Expedientes de tramitación de plans parciais | 820,00 € |
EPÍGRAFE 6.- POLICÍA RURAL | |
1.- Por expedición de licenza para uso especial de pistas parroquiais para saca de madeira, por cada m3 | 0,75 € |
EPÍGRAFE 7.- POLICÍA LOCAL | |
1.- Por elaboración de atestados e informes por accidentes de tráfico ou asimilables | 50,00 € |
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar ou da prestación dos servizos técnicos e administrativos que se realicen como consecuencia da presentación de declaración responsable ou comunicación previa , de acordo coas tarifas que conteñen os apartados seguintes:
EPIGRAFE 4.-SERVIZOS XURÍDICOS, SECRETARÍA, CONTRATACIÓN | ||
4.9 | Expedición de documentos xustificativos cambio de titular de licenzas, declaración responsables ou comunicacións previas,rectificación de nomes ou de condicións da mesma a pedimento de parte. | 15 € |
4.10 | Tramitación prórroga de licenza de obras maior, comunicación previa ou declaración responsable por cada vivenda unifamiliar ou , no caso de edificios de propiedade horizontal, para cada unha das unidades susceptibles de propiedade individual e edificios de carácter industrial e comercial. | 22,50 € |
4.11 | Tramitación prórroga de comunicación previa ou declaración responsable. | 11,50 € |
5.5 | Licenzas de obras maiores en solo urbano ou núcleo rural (declaracións responsables ou comunicacións previas) | 0,3% Orzmto E.M. Mínimo: 75 € |
5.6 | Licenzas de obras maiores en solo rústico (declaracións responsables ou comunicacións previas) | 0,5% Orzmto E.M. Mínimo: 112 € |
5.7 | Licenzas de muros e cerramentos de parcelas, e novas construccións menores, declaracións responsables ou comunicacións previas. | 18,75 € |
5.8 | Licenzas de obras menor, declaracións responsables ou comunicacións previas. | 7,50 € |
5.11 | Declaracións responsables ou comunicacións previas sometidas ao procedemento de avaliación ambiental. | 1% Orzmto E.M. Mínimo: 150 € |
5.13 | Declaración responsable ou comunicación previa de cambio de titularidade de actividades. | 52,50 € |
5.14 | Declaración responsable ou comunicación previa de actividades inocuas. | 75 € |
Artigo 7.º .-Retribución.
A taxa retribúese e nace a obriga de contribuír ó se entregar a solicitude de expedición dos documentos e tramitación dos expedientes suxeitos ó tributo, ou ao presentar a declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 8.º .-Liquidación e recadación.
Esta taxa liquidarase en réxime de autoliquidación, cumprimentando o apartado de taxas no modelo de solicitude correspondente e ingresando o importe nas dependencias municipais do Rexistro Xeral ou Entidade Bancaria, que deberan estampar o selo xustificativo no pagamento.
O xustificante de ingreso achegarase á solicitude sendo requisito imprescindible para dar trámite a mesma.Tamén se achegará coa presentación da declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 9º.- Infraccións e sancións
Artigo 10.- Disposición final.
A presente modificación da ordenanza entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e aplicarase a todos os documentos que se expidan a partir do día da súa entrada en vigor e ata a súa modificación ou derrogación expresa.