Vedra - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/10/2014

Artigo 1.º . Fundamento e natureza

1.- Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización no termo municipal de Vedra, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non tida licenza, ou para a que se esixa a presentación da declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este concello.

Artigo 2.º . Feito impoñible

1.-Constitúe o feito imponible do Imposto a realización no termo municipal de Vedra, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

2.-Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; i en particular as seguintes:

a) As obras da nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.

b) As obras de modificación ou de reforma que afecten a estructura, o aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.

c) As obras provisionais.

d) A construcción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.

e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou amaño do estragado coas calas mencionadas.

f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplenados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.

g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.

h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa seu emprazamento.

i) Os usos e instalacións de carácter provisorio.

l) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.

ll) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.

m) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipais, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.

n) Derrubamentos.

ñ) Aliñacións e rasantes.

o) As que se realicen en cemiterios.

p) Calquera outra construcción, instalación ou obra que precise licencia de obra o urbanística.

3.-Quedan tamén incluídas no feito imponible do imposto, as construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licencia aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez dictada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.

Artigo 3º . Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitas ao imposto regulado na presente ordenanza:

a) As obras, construccións e instalacións que, debendo ser entregadas ao Patrimonio Municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude de convenio de colaboración ou cooperación co Concello.

b) as obras, construccións e instalacións realizadas por entidades de interese público ou asociacións veciñais en bens de uso ou servicio público municipal, coa autorización previa do órgano correspondente.

c) as obras que consistan en construcción e reconstrucción de muros, como consecuencia da necesidade de ensanche das vías públicas se efectouse a cesión gratuita dos terreos polos propietarios.

d) as obras, construccións e instalacións que promovan dentro do termo municipal de ..... ..... a Mancomunidade de Concellos de Compostela

e) A execución de obras de urbanización realizadas polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ao Patrimonio municipal.

f) as obras realizadas nos centros públicos e nos centros privados concertados sempre que éstas se realicen nos niveis de educación obrigatoria.

Artigo 4º . Exencións

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexan directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións, e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se son obras de inversión nova como de conservación.

A declaración de que concorren as circunstancias expresadas no parágrafo anterior será efectuada polo órgano competente, previo informe dos servizos económicos.

Artigo 5.º . Suxeitos pasivos e substitutos do contribuínte

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58 / de 28 de decembro, que sexan donos das construccións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realicen aquelas.

Os efectos deste punto terán a consideración de donos das construccións instalacións ou obras quen soporten os gastos ou costos que comporten a súa realización.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, os que soliciten as correspondentes licenzas, ou presenten declaración responsable ou comunicación previa, ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

Para a aplicación deste apartado considérase substituto de primeiro grado ao solicitante da licenza e contra este obrigado exercitarase a acción administrativa dirixida ao cobro do imposto. Cando non exista solicitude de licenza esixirase a presentación da declaración e o ingreso, á empresa que realice a construción, instalación ou obra.

3.-O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 6.º . Base impoñible

A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra; e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquela

Non formarán parte de dita base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre o custo de execución material.

Artigo 7.º . Tipo de gravame e cota tributaria

1.- A cota íntegra do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible os seguintes tipos de gravame:

A) Tipo xeral: 2%.

B) Construcións, instalacións e obras en solo industrial: 2,5%.

C) Construcións de edificacións plurifamiliares, vivendas colectivas ou promocións que na solicitude de licenza conteñan máis dunha vivenda unifamiliar: 3%.

Considérase como promoción de máis dunha vivenda unifamiliar aqueles casos nos que as licenzas, sen prexuízo de referirse no seu caso a unha soa vivenda, sexan solicitadas de xeito simultáneo ou sucesivo por un mesmo promotor, cando as obras estean situadas nun mesmo lugar"

2.-A cota líquida do Imposto será, no seu caso, o resultado de aplicarlle á cota as bonificacións que se establecen no artigo 9.º desta ordenanza.

3.- A cota mínima en todo caso será de cincuenta (#50,00#) euros

Artigo 8.º . Devengo do imposto

1.-A obriga de contribuír nace no intre de se escomeza-la construcción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que escomece sen ter obtido a licencia que proceda.

2.- Para os efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a preceptiva licenza municipal, ou autorización nos casos en que sexa procedente a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable; no momento no que sexa retirada a devandita licenza polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, ao mes da data da resolución do órgano competente.

Artigo 9.º . Bonificacións

1.- a) Establecese un beneficio fiscal do 90% da cota para instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas e destinadas ao equipamento comunitario primeiro, sempre e cando non estea prevista a súa repercusión no prego de condicións que rexa para a contratación da obra.

b) Terán unha bonificación do 50% da cota as construccions, instalacións e obras, realizadas por asociacións sen ánimo de lucro, en centros destinados a asistencia e integración social ou desenvolvemento de actividades culturais de libre acceso e participación. Para acceder a esta bonificación será necesario acompañar á solicitude cos estatutos da asociación debidamente rexistrados, así como unha memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver no local. A inactividade por un prazo superior a 6 meses ou o cambio de actividade nos locais dentro dos cinco anos seguintes ao otorgamento do beneficio darán lugar á perda da bonificación e liquidaranse as cantidades bonificadas oca aplicación dos xuros de demora correspondentes.

c) Establécese ademais unha bonificación do 30% a favor doutras construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. A concesión da mesma requirirá informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.

En todos os casos recollidos nas letras anteriores a concesión do beneficio fiscal, así como a declaración de especial interese o utilidade municipal referida na letra c), corresponderá o Pleno da Corporación por maioría simple dos seus membros.

2.-Derrogado.

3.- Establécese unha bonificación a favor das construcións, instalacións e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes, favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a dedución poida exceder da porcentaxe do 30% da cota. Non se concederá esta bonificación cando a eliminación de barreiras arquitectónicas sexa obrigatoria a tenor da normativa específica vixente en cada momento.

4.-Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes, favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 30% da cota.

5.- As solicitudes de bonificacións incluídas neste artigo deberán presentarse con carácter previo á concesión das correspondentes licenzas ou autorizacións de declaracións responsables ou comunicacións previas nos casos en que proceda a súa presentación.

6.-As solicitudes de bonificacións incluídas neste artigo deberán presentarse coincidindo coa solicitude das correspondentes licencias.

7.-As bonificacións aplicaranse sobre a cota íntegra do imposto e serán compatibles, salvo as recollidas no apartado 1 deste artigo que serán incompatibles entre sí, e a recollida no apartado 1 a), que sera incompatible con ningunha outra. En todo caso as bonificacións aplicadas de forma acumulativa neste artigo en ningún caso poderán exceder do 75% da cota íntegra.

Artigo 10.º . Normas de xestión

1.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa, terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa, antes do inicio das obras, a conduta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta ordenanza.

Os suxeitos pasivos que inicien a construción, instalación ou obra ou non tiveran presentado unha comunicación previa ou declaración responsable, nin tivesen concedida aínda a licenza preceptiva, teñen a obriga de presentar, no prazo máximo dun mes a contar dende o inicio da construción, instalación ou obra a declaración tributaria que permita practicar ao concello a correspondente liquidación provisional a conta.

2.- Concedida a licenza ou presentada declaración responsable ou comunicación previa, ou adoptado o acordo aprobatorio ou autorización en relación coas construcións, instalacións e obras que se realicen, ou cando sen ter solicitado, concedido ou denegado aínda a licenza preceptiva ou presentado a comunicación previa ou declaración responsable, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, sen que o pagamento comporte ningún tipo de acto declarativo de dereito a favor daqueles.

A base impoñible para esta liquidación determinarase en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo colexio oficial correspondente cando iso constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.

3.-O pagamento da liquidación practicada terá carácter provisorio e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras. No caso de que se modifique o proxecto e houbese incremento do presuposto, unha vez aceptada a modificación, deberá presentarse declaración complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición aos requisitos sinalados nos apartados anteriores."

4. Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modificar a base impoñible á que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que resulte. Para a confección da liquidación definitiva, o obrigado tributario deberá declarar, no prazo de dous meses dende a finalización da obra, o seu custo real e efectivo, mediante a presentación do certificado ou presuposto final da obra visado polo colexio oficial correspondente, cando se esixiran direccións facultativas ou de calquera outro documento que se considere oportuno."

5.-No caso de que non se executen as construccións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa á licencia ou caducara a licencia.

6.-Nos supostos de licencias concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silencio administrativo, o pagamento do imposto deberá realizarse antes de dar comezo as obras.

7 O ingreso do imposto realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 11.º . Infraccións e sancións

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente Ordenanza comezará a rexer a partires do día 1 de xaneiro de 2005, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derogación expresa.

ANEXO

1.-Obra menor:

1.1. Demolición de muros: 14,89 euros/m2.

1.2. Demolición de tabiques: 3,96 euros/m2.

1.3. Levantado de solainas: 7,16 euros/m2.

1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 7,81 euros/m2.

1.5. Demolición de forxados: 9,69 euros/m2.

1.6. Demolición completa 9,37 euros/m2.

2.-Movemento de terras:

2.1. Escavación de gabias: 11,16 euros/m2

2.2. Escavación de vaciado: 4,97 euros/m2

2.3. Recheo de gabias: 12,57 euros/m2

2.4. Recheo de ceo aberto: 6,42 euros/m2

2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 5,00 euros/m3.

2.6. Tubos de canalización: 3,64 . euros/m2

2.7.- Arqueta rexistro de fábrica: 99,23 euros/unidade

3.-Peches:

3.1. Peche de estacas e arame: 3,64 euros/m2

3.2. Peche de tea: 19,33 euros/m2

3.3. Peche de zócalo fábrica e tea: 44,94 euros/m.

3.4. Peche de fábrica de bloque h. 1 m: 35,75 euros/m.

3.5. Peche de cachotería h. 1m: 72,40 euros/m.

3.6. Peche de cachotería e tea: 77,83 euros/m.

3.7. Peche de cachotería e reixa: 113,27 euros/m.

3.8. Colocación de columna para contador da luz: 193,61 euros/ud.

4.-Cuberta:

4.1. Demolición de cuberta de fibrocemento: 7,60 euros/m2.

4.2. Demolición de cuberta de tella: 8,38 euros/m2.

4.3. Demolición de cuberta de fibrocemento e tella: 13,71 euros/m2.

4.4. Cuberta de tella: 31,11 euros/m2.

4.5. Cuberta de lousa: 44,99 euros/m2.

4.6. Substitución de tella por tella: 37,48 euros/m2.

4.7. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 53,43 euros/m2.

5.-Albanelería:

5.1. Formigón en masa: 102,09 euros/m3.

5.2. Estructura completa de formigón armado: 81,80 euros/m2.

5.3. Estructura completa de aceiro: 62,93 euros/m2.

5.4. Estructura naves de formigón armado: 42,89 euros/m2.

5.5. Estructura naves metálica: 42,89 euros/m2

5.6. Soleira: 15,20 euros/m2.

5.7. Forxado: 48,42 euros/m2.

5.8. Muro de contención de formigón armado: 51,90 euros/m2.

5.9. Muro de cachotería: 103,74 euros/m2.

5.10. Muro de bloque: 24,20 euros/m2.

5.11. Muro de ladrillo (taboquería): 18,89 euros/m2.

5.12. Cerramento de dobre folla de ladrillo: 36,45 euros/m2.

5.13. Celosía, balaustrada: 26,24 euros/m2.

5.14. Azulexado: 27,35 euros/m2.

5.15. Solainas: 28,48 euros/m2.

5.16. Enfoscado: 13,32 euros/m2.

5.17. Rexuntado fca. de cachotería: 22,80 euros/m2

6.-Pinturas:

6.1. Pintura interior: 4,21 euros/m2.

6.2. Pintura exterior: 10,78 euros/m2.

7.-Carpintería:

7.1. Porta de entrada: 634,72 euros/m2.

7.2. Porta interior: 189,51 euros/m2.

7.3. Fiestra: 232,00 euros/m2

7.4. Fiestra en plano de tellado: 233,54 euros/m2

7.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 168,80 euros/m2

7.6. Reixa de seguridade en portas e fiestras: 78,21 euros/m2

7.7. Frontal de portal: 117,61 euros/m2

8.- Instalación de fontanería e saneamento:

8.1. Instalación completa en aseo (sen aparatos sanit): 387,37 euros/ud..

8.2. Instalación completa en baño (sen aparatos sanit): 540,45 euros/ud.

8.3. Instalación de cociña: 477,09 euros/ud.

8.4. Lavado incluso billame: 172,89 euros/ud.

8.5. Inodoro: 186,75 euros/ud.

8.6. Bidé incluso billame: 141,36 euros/ud..

8.7. Bañeira incluso billame 165,98 euros m2.

9.-Instalación de electricidade:

9.1. Instalación de electricidade: 1245,00 euros/ud.

10.-Instalación de calefacción

10.1. Instalación. Minimo ata 100m2: 3.804,15 euros/ud

11.- Pozos

11.1. Pozo de barrena: 1.314,14 euros/ud.

11.2. Pozo artesano: 1.729,13 euros/ud.

12.- Depuración

12.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.650,41 euros/ud.

13.- Piscinas

13.1. Piscina completa 8*4: 18.721 euros/ud.

14.- Pistas

14.1. Pista deportiva: 13.133,05 euros/ud

14.2. Beirarrúa: 17,99 euros/m2

15.- Guindastre:

15.1. Guindastre: 300,00 euros/ud.

16.-Colocación de andamios

16.1. Colocación de andamio: 300,00 euros/ud

Nota: no caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimar a valoración realizada.