Melide - ORDENANZA REGULADORA DA OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL CON TERRAZAS DE HOSTELERÍA
CAPÍTULO PRIMERIO.-CONDICIÓNS E RÉXIME XERAL
ARTIGO 1.-OBXECTO E FUNDAMENTO.
1. O Concello de Melide, no uso das competencias que sobre da regulación do dominio público local lle atribúen o artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 74 e seguintes do RD 1372/1986, do 13 de xuño, Regulamento de bens das corporacións locais, e o artigo 1 do Regulamento de servizos das corporacións locais, e no exercicio da competencia de intervención recoñecida no art.. 84 da Lei 7/1985, no artigo 6 e nos artigos 286 e seguintes da lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local De Galicia, así coma das competencias sobre a regulación do urbanismo e de vías recoñecidas na lexislación sectorial aplicable, polo medio da presente ordenanza, dicta a presente regulamentación do uso das vías públicas por parte dos titulares de establecementos de hostalería ou asimilados que pretendan ocupalo dominio público local con mesas, cadeiras, expositores, ¿máquinas expendedoras de bebidas, dozaría, lambetadas ou similares", comidas servidas ao exterior ou elementos análogos de desenvolvemento da actividade principal que constitúa o obxecto normal do tráfico mercantil do establecemento.
2. A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, recolle no artigo 41, en atención á concorrencia de razóns de interese xeral derivadas da necesaria protección da seguridade e saúde pública, dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, do mantemento da orde pública, así como da adecuada conservación do ambiente e do patrimonio histórico artístico, será precisa a obtención de licenza ou autorización para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
2. A presente ordenanza ten por obxecto regular o réxime xurídico ao que debe someterse o aproveitamento do terreos de dominio público mediante a súa ocupación temporal con mesas, cadeiras, expositores, ¿máquinas expendedoras de bebidas, dozaría, lambetadas ou similares", comidas servidas ao exterior ou elementos análogos.
3. O aproveitamento que regula a presente ordenanza refírese á ocupación con terrazas anexas a establecementos hostaleiros situados en inmóbel ou local.
4 Entenderase por terrazas anexas a establecementos hostaleiros situados en inmoble ou local, a ocupación de terreos de dominio público mediante a localización naquel de mesas, cadeiras, expositores, máquinas expendedoras, parasois, toldos, xardineiras ou calquera outro elemento análogo en liña de fachada ou fronte ao establecemento, e sen barra de servizo distinta da do propio establecemento.
ARTIGO 2.-UTILIZACION DOS ESPAZOS PUBLICOS.
1. A instalación de terrazas, mesas, cadeiras, expositores, ¿máquinas expendedoras de bebidas, dozaría, lambetadas ou similares", ou elementos análogos nas vías integrantes do dominio público local, xa sexa nas beirarrúas ou noutros espazos públicos necesitará a previa licenza municipal e rexerase polo disposto nesta ordenanza e nas leis de aplicación xeral.
2. A dita licenza terá carácter discrecional, e someterase ás regras contidas nesta ordenanza.
ARTIGO 3.-REQUISITOS XERAIS E PROHIBICIÓNS.
O titular da autorización deberá dispor dun seguro de responsabilidade civil e incendios do establecemento principal que deberá estender a súa cobertura aos posibles riscos que puideran derivarse do funcionamento da instalación.
Aínda cando un espazo reúna todos os requisitos para a colocación dunha terraza, esta poderá non autorizarse ou autorizarse con dimensións inferiores as solicitadas, se a súa instalación dificultara o tránsito peonil, aínda que soamente sexa en determinadas horas.
Nos casos nos que as características da rúa, do tráfico ou razóns de seguridade o aconsellen a criterio da Policía ca supervisión do técnico municipal, procederase a denegar o permiso do instalación da terraza.
CONDICIÓNS
1. Con carácter xeral, as instalacións as que se refire a presente ordenanza terán sempre natureza temporal, serán facilmente desmontables e rexeranse polo disposto no artigo 5.
2. Ademais do establecido no artigo 5, os emprazamentos deberan cumprir os seguintes requisitos xerais:
a) Queda prohibida a ocupación de:
Acceso aos inmóbeis.
Entradas a galerías visíbeis.
Bocas de rego e hidrantes de incendio.
Saídas de emerxencia.
Paradas de transporte público regularmente establecidas.
Aparellos de control de tráfico.
Centros de transformación, arquetas de rexistro de servizo público e sumidoiros.
Pasos peonís sinalizados.
Calzadas con circulación de vehículos.
Prazas delimitadas de aparcadoiro público, salvo excepcións descritas nesta ordenanza.
b) Non poderá colocarse ningún elemento que dificulte a manobra de entrada e saída de vados permanentes de paso para vehículos
c) En ningún caso se poderán colocar elementos fixos ou permanentes cuxa colocación ou desmontaxe requira a realización dalgunha obra especial, agás os toldos.
d) Prohíbese o peche lateral e da cuberta da terraza con elementos fixos, excepto toldos móbiles e separadores, cunha altura máxima de 1,50 m nos elementos opacos.
3. Queda absolutamente prohibida a instalación de billares, futbolíns, máquinas recreativas, de azar, grellas e de calquera outro tipo análogo, nas terrazas obxecto de regulación na presente ordenanza.
4. Poderá haber actuacións en directo nas terrazas ata as 23.00 horas da noite. Quedan terminantemente prohibidas as actuacións en directo amplificadas ou con percusión, así como a instalación de equipos audiovisuais ou a emisión de son ou vídeo nos espazos e instalacións da terraza, excepto autorización municipal expresa, para a ocasión.
5 Prohíbese o almacenamento de productos, caixas de bebidas ou outros materiais na superficie de ocupación da terraza.
ARTIGO 4.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE LICENZA.
1. As persoas que desexen ocupa-lo dominio público local con terrazas ou outros elementos obxecto desta ordenanza, deberán presentar a preceptiva solicitude de licenza, mediante o impreso normalizado que figura como Anexo I da presente ordenanza. Entregarase no Concello, dirixida ao Sr. alcalde/sa presidente/a do Concello, na que, ademais dos datos xerais de identificación do solicitante e do establecemento hostaleiro, acompañarase á solicitude a seguinte documentación:
a) Licenza de apertura ou comunicación previa segundo o caso, de funcionamento do establecemento.
b) Autorización dos propietarios dos inmóbeis lindantes no caso de qua a solicitude contemple unha terraza adosada á fachada do edificio e pretenda superar a porción desta ocupada polo establecemento, e no caso de colocar mamparas ou toldos laterais autorización dos locais comerciais lindantes.
c) Autorización expresa da comunidade de propietarios, cando se trate da ocupación de espazos privados de uso público.
d) Memoria descritiva dos elementos de mobiliario que se pretenden instalar na terraza, debéndose cuantificar, en todo caso, o número de mesas e cadeiras. A memoria xustificará o cumprimento desta ordenanza.
e) Plano de situación a escala suficiente, que especifique a área da terraza, os elementos e mobiliario a instalar, e se cuantifique a superficie de ocupación e onde figuren acoutadas as distancias respecto ó local propio e ao límite da beirarrúa ou calzada.
f) No seu caso, plano de instalacións eléctricas exteriores, indicando e especificando as proteccións necesarias.
g) No seu caso, autorización ou concesión de dominio público, referida a superficie da terraza, outorgada pola Administración competente.
h) Fotografías da fachada do inmoble e da rúa ou espacio onde se pretende a colocación da terraza.
2. A solicitude, unha vez presentada con toda a documentación e contido arriba descritos, será resolta polo Sr/a. alcalde/sa presidente/a ou persoa ou órgano en quen delegue. A tramitación realizarase segundo o previsto pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
3. O procedemento a seguir queda regulado no artigo 42 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendedores e da competetividade de Galicia.
A falta de resposta á petición, no prazo de tres meses dende a súa presentación, entenderase que a documentación presentada é correcta e válido para todos os efectos e poderá entender estimada por silencio administrativo a súa solicitude.
4. A autorización concederase por módulos, podendo corresponder cada módulo a:
Unha mesa e catro cadeiras.
Un expositor.
Unha máquina expendedora.
Outros elementos análogos.
5. Na solicitude deberase indicar o período de tempo para o cal se solicita licenza e a data de inicio da actividade.
7. Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento renovaranse anualmente, mediante unha declaración responsable de non se producir modificación algunha das condicións sobre as que se concedeu, e achegando copia de documento de estar ao corrente do pago do seguro obrigatorio.
8. Nas solicitudes de renovación das autorizacións concedidas que impliquen modificacións puntuais será necesario presentar a documentación que describa as modificacións, e que xustifique o cumprimento das condicións desta ordenanza.
7. A Administración municipal manifestara a súa vontade contraria a renovación nos seguintes supostos:
a) De se iniciaren procedementos dos qua se desprenda a existencia de molestias ou prexuizos derivados do funcionamento da actividade principal ou accesoria.
b) De se apreciar un incumprimento das condicións de uso ou da mesma ordenanza.
c) Nos casos de falta de pagamento da taxa correspondente.
d) Cando no período autorizado estea prevista a execución de actuacións públicas que modifiquen a realidade física existente no memento do outorgamento da autorización.
e) Cando a terraza poida supor molestia para os usuarios da vía pública ou para os servizos públicos.
ARTIGO 5.-CONDICIÓNS DAS OCUPACIÓNS.
Os toldos serán de material téxtil, lisos e de cores acordes coa contorna urbana (brancos, negros e beixes) e terán sempre a posibilidade de seren recollidos mediante fácil manobra.
Os titulares das comunicacións previas deberán manter as instalacións e cada un dos elementos que as compoñen nas debidas condicións de limpeza, seguridade e ornato. Estarán obrigados a dispor dos correspondentes elementos de recollida.
Por razóns de estética e hixiene non se permitirá almacenar ou amorear produtos, materiais ou residuos propios da actividade xunto ás terrazas. As instalacións reguladas nesta ordenanza deberán manterse en adecuadas condicións hixiénico-sanitarias.
O espazo autorizado da terraza deberá estar sempre ben delimitado, tanto con pechamentos, tarimas, biombos, xardineiras ou outros elementos que cumpran esta función, costeando o propietario a instalación da terraza, naqueles casos nos que non existan outros elementos de delimitación do espacio.
Cando o grao de inclinación da rúa o aconselle, instalaranse tarimas sobre as que se ha situar o mobiliario da terraza. Estas tarimas serán de madeira tratada homoxeneamente para ser instalada no exterior, con acabado en cor natural da madeira. Os biombos e elementos de seguridade estarán ancorados á tarima. Todas estas especificacións deberán quedar recollidas na documentación da solicitude.
Non poderá obstaculizarse o acceso á calzada desde os portais dos edificios nin dificultar as manobras de entrada ou saída nos vaos permanentes. Cando a terraza se coloque acareada á fachada estes deberán quedar libres. Nestes espazos non poderá colocarse tampouco mobiliario accesorio.
Cando se dispoña de instalación eléctrica de alumeado para a terraza, esta deberá reunir as condicións que o Regulamento electrotécnico de baixa tensión establece para instalacións en locais húmidos. Os condutos quedarán fóra do alcance de calquera persoa e non poderán discorrer polas beirarrúas nin utilizar as árbores ou o mobiliario urbano como soporte. En ningún caso os focos poderán cegar ou producir outras molestias a veciñanza, viandantes ou vehículos. Esta instalación debera ser revisada anualmente por un instalador autorizado qua emitira o correspondente boletín do conformidade.
A utilización dos servizos públicos non se verá obstaculizada, debendo deixarse completamente libres para a súa utilización os seguintes elementos:
a) As paradas de transporte público regularmente establecidas e os pasos de peóns en toda a súa lonxitude.
b) As pasaxes de vehículos quedaran libres en todo o seu longo.
c) As saídas de emerxencia en todo o seu Iongo.
d) Respectarase unha distancia suficiente aos distintos elementos de mobiliario urbano, sinais de trafico e báculos de alumeado que garanta a súa función e que, en caso de adosarse, deberá poder ser retirada de xeito inmediato e facilmente, para labores de mantemento.
Debera garantirse o acceso a todos os servizos e equipamentos municipais e de compañías de servizos as vintecatro horas do día.
As licenzas para instalar terrazas poderán tramitarse conxuntamente coas licenzas urbanísticas ou comunicacións previas dos establecementos principais.
As licenzas para a instalación e funcionamento das terrazas non poderán ser obxecto, en ningún caso, de arrendamento ou cesión independente.
As terrazas poderán instalarse en zonas de calzada de vía pública sempre que se cumpran os requisitos de seguridade exisibles e que non afecten á circulación rodada ou ao tráfico de peóns.
Non se autorizará a colocación de ningún elemento que no quede reflexado na documentación de solicitude de licenza.
CONDICIÓNS
1. A superficie susceptíbel de ocupación con terrazas non poderá exceder de 100 m2 nin de 2/3 da superficie ocupable do espazo público,
2. A ocupación de beirarrúa non poderá ser nunca superior aos 2/3 de anchura libre da mesma, debéndose deixar libre para paso de peóns polo menos de 1 metro, respectándose un itinerario de forma continua, evitando quebras ao longo da Iiña.
3. Non se ubicarán terrazas en beirarrúas dunha anchura inferior a dous metros. Nestes casos poderá ocuparse o espazo da rúa adicado ao estacionamento de vehículos (dominio público distinta da zona de circulación) sendo preceptivo o informe favorábel da Policía Local e no seu caso o da Administración titular da vía.
4. Nestas zonas de dominio público fora da zona de circulación existirá unha separación mínima de 0,25 m entre a zona de circulación e o límite da instalación. O ancho da marca vial lonxitudinal, no seu caso contarase dentro de dita anchura mínima. Terase en conta en todo caso, que a beiravía se existise, constitúe zona de circulación. A superficie autorizada para terraza deberá situarse ao mesmo nivel da beirarrúa existente. Non poderá impedirse o acceso a instalacións de servizos públicos, tales como sumidoiros, telefonía, etc. No caso de considerarse necesario efectuarase a sinalización necesaria para a perfecta visibilidade. O espazo estará separado e protexido da zona de circulación por algún tipo de elemento delimitador (varanda, mampara, pasamáns, etc.) con perfecta visibilidade para vehículos e peóns.
5. No caso de establecementos lindantes, o espazo susceptible de ocupación distribuirase equitativamente entre os solicitantes, de acordo co ancho da fachada de cada establecemento afectado.
6. Se a terraza se sitúa pegada a fachada do edificio, debera quedar libre o espazo para acceder aos inmóbeis lindantes cun espazo mínimo de 1,50 metros.
7. Permitirase a instalación de terrazas en rúas peonís nas que existan establecementos situados en inmobles, sempre que a zona peonil supere os 2 metros de ancho. A franxa de zona peonil ocupábel non excederá do 50% da súa anchura, cun espazo mínimo libre, en todo caso, de 1,50 metros.
8. Permitirase a instalacións de terrazas en rúas onde comparten espazo o tráfico rodado e o peonil, mentres se garanta un ancho mínimo de 3 metros para o paso de vehículos. Nos casos onde se garanta este paso mínimo, autorizarase a colocación dun máximo de dúas mesas altas con dúas cadelas altas por mesa.
8. A distancia dos elementos de mobiliario urbano ao bordo da beirarrúa será como mínimo de 0,50 metros, podendo reducirse ata 0,30 metros cando haxa unha barreira de protección.
9. Para os efectos de aplicación do disposto nesta ordenanza, cada mesa ou elemento similar (mesas altas, etc.) con catro cadeiras ou módulo equivalente a dous metros cadrados.
10. O horario de apertura e peche será o establecido pola Comunidade Autónoma de Galicia para o establecemento segundo o catálogo correspondente, sen prexuizo da potestade municipal de adaptación de horarios que, no seu caso, estableza a normativa autonómica.
11. O horario de peche implicará o cese efectivo de todas as actividades desenvoltas na terraza e, en consecuencia, os usuarios non poderán permanecer na terraza a partir de dito momento, polo cal o persoal do establecemento debera obrigar ao desaloxo efectivo da terraza.
12. Os titulares de licenzas de terrazas terán a obriga de retirar e agrupar ao remate de cada xornada os elementos de mobiliario instalados, así corno a realizar os labores de limpeza necesarios.
CAPÍTULO SEGUNDO.-RÉXIME FISCAL
ARTIGO 6.-COTA TRIBUTARIA.
A cota desta taxa será a que se estableza na ordenanza fiscal correspondente.
CAPÍTULO TERCEIRO.-INSPECCIÓN E RÉXIME SANCIONADOR.
ARTIGO 7.-INSPECCIÓN.
O alcalde/sa e, de ser o caso, o/a concelleiro/a delegado/a, a través dos servizos municipais, serán competentes para controlar o estrito cumprimento das normas establecidas na presente ordenanza.
ARTIGO 8.-INFRACCIÓNS
As infraccións das normas contidas nesta ordenanza clasifícanse en leves, graves e moi graves.
1. Son faltas leves:
a) A falta de ornamento na terraza e o seu contorno.
b) A deterioración leve dos elementos de mobiliario e ornamentais urbanos lindantes co establecemento que se produza coma consecuencia da actividade obxecto da licenza.
c) Calquera outra infracción que non sexa cualificada come grave ou moi grave.
2. Son faltas graves:
a) A reiteración por dúas veces na comisión de faltas leves.
b) A ocupación de maior superficie da autorizada.
c) A instalación dun maior número de mesas, cadeiras ou elementos auxiliares que os autorizados.
d) Instalar elementos de mobiliario non autorizados pola Iicenza, así como a colocación na terraza de calquera outra clase de elementos que non sexan mesas, cadeiras, expositores, máquinas expendedoras e elementos auxiliares aos mesmos.
e) A falta de aseo, hixiene ou limpeza nos elementos do establecemento, sempre que non constitúa falta grave ou moi grave.
f) A deterioración grave dos elementos de mobiliario e ornamentais urbanos lindantes co establecemento que se produza como consecuencia da actividade obxecto da licenza.
3. Son infraccións moi graves:
a) A instalación de terrazas sen autorización ou fóra do período autorizado.
b) A ocupación dunha superficie maior á autorizada en máis do 75 por cento.
c) O incumprimento da orde de suspensión inmediata da instalación cando disto derive unha perturbación relevante da convivencia que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio de dereitos lexítimos doutras persoas ou dificulte o uso ou funcionamento dun servizo público ou supoña unha deterioración grave de equipamentos, infraestruturas, instalacións de servizos públicos, espazos públicos ou calquera das súas instalacións.
d) A celebración de espectáculos ou actuacións non autorizadas de forma expresa.
e) O incumprimento do horario de inicio ou de peche en máis de 1 hora, cando disto derive unha perturbación relevante da convivencia que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio de dereitos lexítimos doutras persoas.
ARTIGO 9.-SANCIÓNS.
A comisión das infraccións previstas nesta ordenanza levará aparellada a imposición das seguintes sancións:
a) As infraccións leves sancionaranse cunha multa de ata 300 euros, podendo ser acordada a suspensión da autorización por período de 1 mes.
b) As infraccións graves sancionaranse cunha multa de entre 301 e 750 euros, podendo ser acordada a suspensión da autorización por período de 3 meses.
c) As infraccións moi graves sancionaranse cunha multa de entre 751 e 1.500 euros, podendo ser acordada a revogación da autorización.
ARTIGO 10.-CIRCUNSTANCIAS MODIFICATIVAS DA RESPONSABILIDADE.
Para a modulación das sancións atenderase á existencia de intencionalidade ou reiteración, natureza dos prexuízos causados, reincidencia na comisión ao cabo dun ano de tres infraccións da mesma natureza cando así o declare resolución firme e ao beneficio obtido coa súa realización.
ARTIGO 11.-PROCEDEMENTO.
A imposición das sancións requerirá a previa incoación e instrución do procedemento corresponde, que se substanciará consonte ao disposto na lexislación xeral sobre o procedemento administrativo común e o seu regulamento de desenvolvemento. O acordo de iniciación poderá ordenar a adopción de medidas provisionais que resulten necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidera recaer, tales como a retirada das instalacións ilegais ou a suspensión do seu funcionamento.
ARTIGO 12.-AUTORIDADE COMPETENTE.
A incoación e resolución dos procedementos sancionadores corresponderá ao órgano competente para conceder a correspondente autorización.
ARTIGO 13.-PRESCRIPCIÓN.
Os prazos de prescrición das infraccións e sancións serán os previstos na lexislación xeral sobre procedemento administrativo común.
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE
A/A CONCELLO DE MELIDE
A/A SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA
SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DA OCUPACION DO DOMINIO PUBLICO CON TERRAZAS DE HOSTELERIA
NOME E APELIDOS I RAZON SOCIAL: ____________________________________
NOME COMERCIAL: ___________________________________________________
DNI/CIF: ___________________ DOMICILIO: ______________________________________________
CONCELLO: __________________ C.P. ____________ PROVINCIA: ____________
Teléfono: ____________________ Correo electrónico___________________________
REPRESENANTE/APODERADO (para persoas xurídicas): _____________________
DNI representante/apoderado ____________________
DOCUMENTACIÓN APRESENTADA:
1. Copia de DNI/CIF
2. No caso de persoas xurídicas: copia de escritura de constitución, estatutos, acta fundacional, copia de poder de representación e copia do DNI do representante
3. Licenza de apertura e funcionamento ou comunicación previa, segundo o caso, do establecemento
4. Autorización dos propietarios dos inmóbeis lindantes. e autorización expresa da comunidade de propietarios, cando se irate da ocupación de espazos privados de uso público.
5. Documentos acreditativo da vixencia e de estar ao corrente no pagamento da póliza de seguros.
6. Esquema ou plano de situación a escala suficiente, ca área da terraza, os elementos e mobiliario a instalar, superficie de ocupación. Acoutadas as distancias respecto ao local propio e ao limite da beirarrúa ou calzada.
7. Plano de instalacións eléctricas exteriores, indicando e especificando as proteccións necesarias.
8. De ser preceptiva, autorización ou concesión de dominio público, referida é superficie da terraza, outorgada pola Administración competente.
9. Copia do xustificante de ingreso da taxa correspondente
Memoria descritiva dos elementos de mobiliario que se pretenden instalar na terraza:
SITUACIÓN PREVISTA DA TERRAZA (rúa, praza...): _______________________
Superficie prevista a ocupar (metros cadrados) __________ m2 Rúa peonil SI/NON
MÓDULOS SOLICITADOS:
Mesas con catro cadeiras: __________________ Expositores: _______________________
Máquinas expendedoras: ________________ Elementos anáIogos: ________________
Período da actividade: ______________
Outras consideracións
AUTORIZO ao Concello de MELIDE para que, conforme ao disposto no artigo 2.4 da Orde do Ministierio de Economía e Facenda do 18 de novembro de 1999, solicite da Axencia Estatal de Administración Tributaria a subministración dos datos de carácter tributario a que se refire o artigo 8 do presente decreto.
Así mesmo, os requisitos sinalados no parágrafo anterior e no art. 18.1 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o Decreto lexislativo 1/1999 de outubro, do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, en materia de axudas e subvencións públicas,
AUTORIZO para que se solicite da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Economía e Facenda a información a que se refire o artigo 78.4 c da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en relación co cumprimento das miñas obrigas estatais e coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Melide, .... de .... de ....
Asdo.: