Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INSTALACIÓNS, CONSTRUCCIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 29/05/2014 BOP Nº: 101
Publicación definitiva: 16/07/2014 BOP Nº: 134
Aplicable dende: 27/01/2015

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME

No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, e dacordo co previsto no artigo 59.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, este Concello establece o Imposto sobre Instalacións Construccións e Obras.

O rexerase polo disposto nos artigos 10 a 103 do TRLRFL, polas disposicións que o desenvolvan e pola presente ordenanza fiscal.

ARTIGO 2º .-FEITO IMPOÑIBLE

1.-De conformidade co previsto no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non a dita licencia, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.

ARTIGO 3.º .-SUXEITOS PASIVOS

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas ou entidades á que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construcción, instalación ou obra, quen soporte os gastos ou o custo que comporta a súa realización.

Para o suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou os que realicen as construcións, instalacións ou obras.

O sustituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota satisfeita.

ARTIGO 4.º .-BASE IMPOÑIBLE.

A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demáis impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

ARTIGO 5.º .-COTA TRIBUTARIA E DEVENGO.

1.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

2.-O tipo de gravame será o 2,5 por 100.

3.-O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando no se obtivera a correspondente licencia.

ARTIGO 6.º .-XESTIÓN E LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO.

6.1.- Construcións, instalacións e obras para cuxa realización se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Establécese o réxime de autoliquidación do imposto para o suposto de realización de construcións, instalacións e obras para as que se esixa declaración responsable ou comunicación previa. Nestes supostos os suxeitos pasivos están obrigados a presentar a autoliquidación no modelo facilitado pola Administración, xunto co xustificante de ter ingresado nas contas municipais a cota resultante, no momento de presentación da comunicación previa ou declaración responsable, ou no seu defecto, no prazo de 15 días hábiles dende a data da dita comunicación.

Cando non se teña presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliquidación e o xustificante de ingreso, presentarase no prazo de 15 días hábiles dende o inicio da construción, instalación e obra.

O importe a autoliquidar será o resultado de aplicar o tipo de gravamen á base impoñible. A base impoñible calcularase mediante a aplicación dos módulos contidos no Anexo a esta ordenanza.

O servizo encargado da tramitación dos expedientes determinará posteriormente a correcta determinación da base impoñible, procedendo á confección dunha liquidación complementaria cando o a base impoñible así determinada sexa maior á declarada polos suxeitos pasivos.

O servizo municipal de urbanismo comunicará aos servizos económicos os actos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, aos efectos de coñecer aqueles actos suxeitos a tributación.

6.2.- Construcións, instalacións e obras para cuxa realización se esixa a obtención de licenza de obra ou urbanística

Cando se conceda a licenza preceptiva ou cando non se solicitase, concedese ou denegase aínda a devandita licenza preceptiva, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible en función dos informes dos técnicos municipais basados nos módulos contemplados no Anexo desta Ordenanza.

6.3.- Cando se modifique o proxecto de construción, instalación ou obra, e supoña unha variación no orzamento de execución material, unha vez aceptada a modificación pola administración municipal, practicarase liquidación complementaria esixindo ou reintegrando, segundo supoña variación á alza ou á baixa, o importe resultante da diferencia entre ambas liquidacións.

6.4.- No suposto de que non se inicien as construcións, instalacións e obras, o interesado terá dereito á devolución das cantidades que no seu caso tivera satisfeitas en concepto de imposto sobre instalacións, construccións e obras, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada a caducidade mediante resolución administrativa. Do mesmo xeito terá dereito á devolución do ingresado logo da renuncia expresa á realización da obra nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

6.5.- Unha vez rematada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo o suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

ARTIGO 7.º .-EXENCÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

I) Bonificacións:

1.-Establécese unha bonificación a prol das construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración; que se concreta nas seguintes porcentaxes:

a) Do 50 por 100 das cotas do imposto.-Cando se trate de construcións, instalacións ou obras promovidas por organismos oficiais.

b) Do 50 por 100 das cotas do imposto.-Cando se trate de construcións, instalacións ou obras promovidas por entidades que non persigan ánimo de lucro segundo os seus Estatutos.

c) Do 50 por 100 das cotas do imposto.-Cando se trate de construcións, instalacións ou obras promovidas por empresarios, que foran a emprazarse no Polígono Industrial de Arzúa.

d) Do 50 por 100 das cotas do imposto.-Cando se trate de construcións, instalacións ou obras promovidas por agricultores ou gandeiros para o desenvolvemento da súa actividade agrícola ou gandeira.

Para gozar da bonificación a que se refire o apartado anterior, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá facerse, antes do inicio das construcións, instalacións ou obras, mediante escrito separado. Esta solicitude presentarase ao tempo de presentar a comunicación previa ou a solicitude de licenza municipal que autorice a súa realización, ou en calquera momento anterior á concesión de licenza pola administración ou ao inicio das obras se éstas estiveran suxeitas ao réxime de comunicación previa. A solicitude efectuada fora dos prazos establecidos anteriormente non surtirá efectos.

Unha vez informada a solicitude e a licenza municipal, ou efectuadas formularase proposta ao Pleno da Corporación aos efectos de determinar se concorren as circunstancias para a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o cal decidirá por maioría simple.

Outorgada se procede a declaración, notificarase ao suxeito pasivo ao mesmo tempo que se xira a correspondente liquidación provisional coa bonificación correspondente.

2.-Establécese unha bonificación a prol das construcións, instalacións e obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

A bonificación establécese no 10 por cento dos gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 30 por cento da cota.

O suxeito pasivo deberá aportar xunto coa solicitude da licenza, o proxecto técnico visado polo colexio oficial correspondente, acreditativo da incorporación á construción, instalación e obra de enerxía solar térmica ou de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo, así como da homologación dos colectores empregados para a producción de calor.

3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construcións, instalacións e obras referentes a vivendas de protección oficial.

Para o goce desta, o suxeito pasivo deberá aportar, no momento previo á retirada da licenza, a cédula de cualificación provisional como VPO emitida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

4.-Establécese unha bonificación a prol das construcións, instalacións e obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10 por cento dos gastos de execución material das obras que favorezan as ditas condicións, a deducir da cota íntegra do imposto,sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 30 por cento da cota.

Para a aplicación desta bonificación será necesario que os proxectos de obran contemplen explicitamente as medidas adicionais establecidas como obrigatorias e mínimas na normativa autonómica para tal efecto.

ARTIGO 8.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como a determinación das sancións que por estas correspondan en todo caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

ARTIGO 9.º.

No non expresamente previsto na presente ordenanza, rexerán os preceptos contidos na subsección 5.ª da sección 3.ª, do capítulo II, do título II do TRLRFL, concordantes e complementarios desta, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 26 de maio de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

ANEXO I

Prezos medios de execución material (custos por m2 construido)

Apartado 1.- Obras de edificación por m2 construido:

1.- Vivenda unifamiliar illada:

Superficies vivenciais: ............................................................................................................................ 562,32 €

Resto de supeficies (porches e terrazas): ................................................................................................ 149,10 €

Garaxes cubertos ou sotos: .................................................................................................................... 187,44 €

2.- Vivenda unifamiliar encostada:

Superficies vivenciais: ............................................................................................................................ 515,46 €

Resto de supeficies (porches e terrazas): ................................................................................................ 149,10 €

Garaxes cubertos ou sotos: .................................................................................................................... 187,44 €

3.- Vivenda plurifamiliar:

Superficies vivenciais: ............................................................................................................................ 468,60 €

Resto de supeficies (porches e terrazas): ................................................................................................ 149,10 €

Garaxes en sotos: .................................................................................................................................. 187,44 €

4.- Edificación Industrial-naves:

Naves industriais, almacéns, instalacións deportivas descubertas, depósitos, panteóns (por nicho):

Edificación exenta: ................................................................................................................................. 153,36 €

Edificación encostada: ............................................................................................................................ 140,58 €

5.- Edificación para uso terciario (oficinas e servizos):

Casas de cultura, casas consistoriais, locais bancarios, consultorios,

residencias 3ª idade, tanatorios, centros de culto, cuarteis, matadeiros: .......¿¿¿¿..................¿¿¿... 468,60 €

Clubes sociais, cines, centros de saúde, Balnearios, hoteis, salas de festa, discotecas, colexios de residencia.

............................................................................................................................................................. 553,80 €

Pensións e Albergues ...............................................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 468,60 €

6.- Centro comercial en edificio exclusivo:

Centro comercial, pavillons deportivos cubertos, vestiarios, servizos campings:

Edificación exenta: ................................................................................................................................. 408,96 €

Edificación en mazá cerrada ou aberta: ................................................................................................... 340,80 €

7.- Urbanizacións: ................................................................................................................................... 42,60 €

8.- Obras de Redes Eléctricas:

Segundo presuposto de proxecto completo presentado para a solicitude

9.- Construcións de carácter agrícola e gandeira

Segundo presuposto de proxecto presentado

Apartado 2.- Obras non contempladas no apartado anterior por m2:

1.- Demolicións e derribos (aplicado á superficie total das plantas que se derriban):

............................................................................................................................................................. 8,52 €

2.- Reformas de cubertas sen alterar estructura nen soporte (retellado):

............................................................................................................................................................. 34,08 €

3.- Reformas de pouca entidade, que non afecten a elementos estructurais ou instalacións

(acabados interiores, material de cubrición):

............................................................................................................................................................. 127,80 €

4.- Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos

(aplicada á superficie de fachada), peche de balcóns e galerías:

............................................................................................................................................................. 149,10 €

5.- Pintura parámetros exteriores

.............................................................................................................................................................. 8 €

6.- Carpinterías, ventá ou dobre ventá:

.............................................................................................................................................................. 150 €

7.- Reformas de elementos estructurais:

............................................................................................................................................................. 213,00 €

8.- Reforma interior de instalacións e acabados mantendo estructura existente:

............................................................................................................................................................. 276,90 €

9.- Reforma integral de edificio conservando fachadas:

............................................................................................................................................................. 426,00 €

10.- Reforma integral de edificio incluindo desmontaxe de fachadas

............................................................................................................................................................. 511,20 €

11.- Reforma de naves ou talleres:

............................................................................................................................................................. 127,80 €

11.- Peches ( €/metro lineal):

1) Estacas de madeira ........................................................................................................................ 4,50 €/ml

2) Malla Metálica ................................................................................................................................ 21,50 €/ml

3) Malla metálica con zócalo de fábrica ................................................................................................ 34,70€ /ml

4) Peche de fábrica 1,00 m (exclusida pedra) ....................................................................................... 25,84 €/ml

5) Peche de pedra (sillería/cachotería).................................................................................................. 85,00 €/ml

6) Peche de pedra (sillería/cachotería) con reixa ou celosía .................................................................. 39,00 €/ml

No suposto de que unha construcción, instalación ou obra non atope un encadre directo nas anteriores tipificadas, aplicaráselle o presuposto de execución material incluido na memoria valorada ou proxecto presentado para a solicitude de licenza.

Cando da valoración económica mediante a aplicación dos módulo resulte un importe inferior ao presuposto de execución material incluído na memoria valorada ou proxecto presentado polo interesado, aplicarase este último aos efectos da determinación da base impoñible do imposto.