Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 19, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COLECTORES E ESTACIÓNS DE BOMBEO DAS AUGAS RESIDUAIS VERQUIDAS Á REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL

Publicación provisional: 14/01/2015 BOP Nº: 8
Publicación definitiva: 02/03/2015 BOP Nº: 40
Aplicable dende: 02/03/2015

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo de augas residuais verquidas á rede de saneamento municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do devandito Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2.-FEITO IMPONIBLE.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público municipal de colectores e estacións de bombeo das augas residuais verquidas á rede de saneamento municipal en alta da zona norte da Ría de Ares e Sur da Ría de Ferrol.

ARTIGO 3.-SUXEITO PASIVO E OBRIGADO TRIBUTARIO.

Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que sexan beneficiarios e usuarios do servizo, presumíndose que ostentan tal condición os que consten como titulares para os efectos do abono ao servizo de abastecemento de auga aos inmobles e ou saneamento.

Son responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

Son responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 4.-BASE DE GRAVAME, TARIFA E CUOTA TRIBUTARIA.

1.-No caso de usuarios de alta no subministro municipal de auga potable, a cuota tributaria determinarase pola cantidade resultante da suma dunha parte fixa (cuota do servizo) e dunha parte variable (cuota de consumo) resultante de multiplicar a base impoñible pola tarifa correspondente (prezo/m3).

A base impoñible virá determinada polo volume de auga consumida, medida por contador, segundo a facturación realizada pola empresa concesionaria do servizo ou, no seu caso, polo servizo municipal de augas en cada trimestre natural.

CUOTA DO SERVIZO (Parte fixa) €/trimestre

CUOTA DE CONSUMO (Parte Variable)

Tramos en m3

Prezo/m3

Doméstico

9,00 €

< 40

0,23 €

40 - 60

0,33 €

60 - 80

0,43 €

80 - 100

0,53 €

100 - 120

0,63 €

> 120

0,73 €

Comercial

18,00 €

< 40

0,46 €

40 - 60

0,66 €

60 - 80

0,86 €

80 - 100

1,06 €

100 - 120

1,26 €

> 120

1,46 €

Industrial

27,00 €

< 40

0,69 €

40 - 60

0,99 €

60 - 80

1,29 €

80 - 100

1,59 €

100 - 120

1,89 €

> 120

2,19 €

2.-No caso de usuarios sen subministro municipal de auga potable, a cuota tributaria resultará da aplicación dunha cuota fixa segundo o grupo de actividade:

COTA DO SERVIZO (€/trimestre)

Doméstico

18,20 €

Comercial

43,00 €

Industrial

132,00 €

3.-Aos efectos da presente ordenanza serán de aplicación os seguintes criterios:

- As empresas navais e os abonados do Polígono Industrial incluiranse na tarifa industrial.

- O resto de actividades económicas incluiranse na tarifa comercial.

- Ás asociacións sen ánimo de lucro con domicilio no Concello incluiranse na tarifa doméstica.

ARTIGO 5.-DEVENGO E PERIODO IMPOSITIVO.

1.-A taxa devéngase:

a) No caso de alta nova devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicia a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude polo suxeito pasivo, ou dende que se utilice éste sen ter obtido a previa licenza ou autorización.

b) Nos supostos xa incluidos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devéngase no primeiro día do periodo impositivo, liquidándose trimestralmente.

Todos os inmobles teñen a obriga de efectuar a acometida á rede de saneamento municipal sempre que a distancia entre a rede e o inmoble respectivo non exeda de 100 metros, e sexa técnicamente posible.

2.-Periodo impositivo:

O periodo impositivo coincidirá có trimestre natural.

ARTIGO 6.-EXENCIÓNS E REDUCIÓNS.

Gozarán de exención os contribuíntes que cumplan as seguintes condicións:

Beneficiarios.-Os contribuíntes que reunan todos e cada un dos seguintes requisitos:

a) Estar empadronado/a no concello de Fene e ter residencia efectiva.

b) Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo establecido no presente artigo aceditados mediante a presentación da última declaración da renda, ou calesqueira outros documentos que sinalen a situación económica do/a solicitante nos últimos 6 meses anteiores á data da solicitude.

c) Non ter débedas có Concello de Fene.

Determinación dos recursos.-Terase en conta as seguintes condicións:

a) Ingresos familiares:

- Para 1 persoa soa: pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 anos e sen cónxuxe a cargo.

- Para 2 persoas en unidade de convivencia: a pensión mínima de xubilación da seguridade social, para maiores de 65 con cónxuxe a cargo.

- Para 3 ou mais persoas en unidade de convivencia: non superar o 140 % do Salario Mínimo Interprofesional estipulado para cada ano.

Para a comprobación dos requisitos económicos, teranse en conta os seguintes factores:

1.-Os ingresos netos que perciba o/a solicitante e os demáis membros da unidade familiar nos 6 meses anteriores á solicitude.

Para o cálculo do conxunto dos ingresos familiares realizarase a seguinte operación:

Ingresos netos anuais (-) gastos de aluguer de vivenda/amortización anuais = ingresos familiares netos anuais.

2.-Ingresos procedentes de rendas de capital inmobiliario e/ou mobiliario:

Non poderán beneficiarse desta exención cando a/o solicitante ou calquera outro membro da unidade familiar sexan propietarios/as e/ou usufructarios/as de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios materiais suficientes para atender o gasto obxecto da presente exención municipal, agás a propiedade referente á vivenda destiñada a uso propio, sempre que a súa valoración catastral non supere 12 anualidades do salario mínimo interprofesional vixente para cada ano.

No referente á existencia de capital mobiliario, entenderanse medios económicos suficientes aos efectos da presente ordenanza os que superen os 6.000 euros en contas de aforro ou investimento.

Documentación a aportar:

a) Solicitude debidamente cumplimentada segundo modelo oficial.

b) Fotocopia do DNI dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos e fotocopia das páxinas do libro de familia, no seu caso.

c) Xustificante dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos:

- Fotocopia compulada da declaración da renda do último exercicio -ou certificado de rentas no caso de non ter que presentar declaración da renta-.

- Documentación que sinale a situación económica nos 6 meses anteriores á data de solicitude (certificado de vida laboral da Seguridade Social, contratos de traballo, xustificante de ingreso de pensións actualizados, nóminas, copia dos movementos bancarios ¿ )

d) Xustificantes da vivenda: recibo do IBI, contrato de aluguer con aportación dos últimos 6 recibos, documentos de amortización do préstamo hipotecario sobre a vivenda, etc.

e) Certificación bancaria de xuros e retencións con indicación do saldo bancario a 31/12 do ano anterior á solicitude.

f) Calquera outra documentación que poida resultar necesaria para a resolución do expediente.

Prazo de solicitude.-O prazo para a presentación das solicitudes comprenderá o primeiro trimestre do ano natural no que se insta a súa concesión.

A exención concedida terá efectos no ano natural no que se insta a súa concesión, debendo solicitar a prórroga nos anos sucesivos, achegando a documentación que acredite que se seguen cumplindo os requisitos para a súa obtención.

Procedemento para a resolución.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no modelo facilitado ao efecto e achegando a documentación necesaria para verificar o cumprimento das condicións establecidas no presente artigo.

Para a instrucción do expediente, realizarase a comprobación de oficio dos seguintes extremos:

- Empadroamento da unidade familiar.

- Existencia/non existencia de débedas co concello.

- Existencia/non existencia doutros bens inmobles propiedade dos/das solicitantes.

Unha vez comprobada a documentación aportada en cada solicitude, e unha vez emitidos os informes técnicos precisos, ditarase Resolución ó respecto dándolle traslado os/as solicitantes.

No suposto de que se comprobara que non son certos os datos consignados na declaración ou se tiveran ocultado outros que poideran calificarse como esenciales, procederase a desestimar a solicitude.

ARTIGO 7.-XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN.

1.-A xestión e recadación da presente taxa poderá realizarse en xestión directa, polo propio Concello, ou en xestión indirecta, segundo se estea a prestar o servizo dunha forma ou outra.

No primeiro trimestre de cada exercicio expoñerase ao público o censo de contribuíntes para posibles reclamacións.

A lectura dos contadores do trimestre deberá ser facilitada ao departamento de recadación dentro do primeiro mes do trimestre seguinte ao do devengo, aos efectos de confeccionar o padrón fiscal correspondente.

2.-Con periodicidade trimestral, e unha vez obtida a lectura dos contadores, elaborarase un padrón comprensivo das liquidación por recibo referidas á prestación do servizo público de colectores e estacións de bombeo das augas residuais verquidas á rede de saneamento municipal.

Os padróns serán aprobados e expostos ao público por un periodo de 15 días. O prazo para formular o recurso de reposición será dun mes, contado dende o remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación o prazo do periodo cobratorio que nunca poderá ser inferior a dous meses e axustándose o mesmo ás instruccións que se diten pola Tesourería Municipal.

3.-As notificacións de altas e baixas, que se produzan nun trimestre en relación ao anterior, levarase a cabo individualmente.

Os propietarios de edificios e vivendas ou os usuarios do servizo están obrigados a presentar nas oficinas municipais ou, de ser o caso, nas oficinas da empresa concesionaria, as oportunas altas que orixinan a obriga de contribuir.

Igual obriga existirá nos cambios de titularidade dun edificio, vivenda ou local e cando se produzan variacións físicas ou xurídicas que teñan transcendencia na orde tributaria.

As altas e baixas que se produzan no servizo de augas e sanemanto producirán efectos automáticos respecto da taxa prestación do servizo público de colectores e estacións de bombeo das augas residuais verquidas á rede de saneamento municipal, debendo a empresa concesionaria do servizo, de ser o caso, remitir trimestralmente, xunto coa lectura de contadores, a relación das mesmas.

Cando a alta, baixa ou variación do Padrón Fiscal se derive da solicitude ou declaración presentada polo interesado e a liquidación resultante non modifica os datos consignados polo obrigado tributario, non será necesaria a notificación expresa de alteración.

No caso de inmobles que non dispoñan de servizo domiciliario de auga as altas producirán efecto o mesmo trimestre en que se produzan e as baixas no trimestre seguinte a aquel en que se declaren. Unhas e outras deberán ser postas en coñecemento do Concello dentro dos 15 días seguintes a aquel na que se produzan.

4.-O órgano competente para apremiar as liquidacións e recibos non satisfeitos no periodo voluntario será a Tesourería Municipal.

ARTIGO 8.-INFRACCIÓNS E SANCIONS TRIBUTARIAS.

En todo o relativo a infraccións e a súa cualificación , así como as sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, serán de aplicación os artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, que consta de 8 artigos e unha disposición final, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión de data ___________ e publicada no BOP ________, entrará en vigor dende _____ e ata a súa modificación ou derogación expresas.