Oroso - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES
Artigo 1º .-Fundamento e Natureza
O Imposto sobre Bens inmobles esixirase neste Concello de conformidade co disposto nos artigos 61 a 78 da Lei 39/88, de 28 de decembro, aplicándose sobre ditas disposicións os elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigos seguintes da presente Ordenanza fiscal.
Artigo 2º .-Tipos de gravame
1. O tipo de gravame aplicable os bens inmobles urbanos queda fixado no 0,45 por cento.
2. O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de carácter rústico queda fixado no 0,45 por cento.
3. O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de características especiais establécese no 1,3 por cento
Artigo 3º .-Exención por criterios de eficiencia e economía.
Ao abeiro do disposto no artigo 63.4 do TR 2/2004 da lei reguladora das facendas locais, establécese unha exención a favor dos bens inmobles urbanos nos que a cota tributaria liquida non exceda de tres euros.
Igualmente establécese unha exención a favor dos bens inmobles de natureza rústica nos que a cota agrupada á que se refire o apartado 2 do artículo 77 da lei non exceda de tres euros
Artigo 4º .-Bonificación para os immobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria.
Ó amparo do disposto no artigo 74.1 terán dereito a unha bonificación do 50 por cento sobre o cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a ésta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
1. O prazo de aplicación desta bonificación abranguerá desde o período impositivo seguinte ó correspondente ó inicio das obras e ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, sen que, en ningún caso, a bonificación poida aplicarse a máis de tres períodos impositivos.
2. Para o disfrute desta bonificación, os interesados deberán presentar escrito o ano correspondente ó inicio das obras ante a Administración competente para a xestión e recadación do presente tributo, xa sexa o propio Concello ou ente quen delegue éste, debendo achegar a seguinte documentación:
a) Copia do recibo do Imposto sobre bens inmobles, correspondente ó inmoble ó que se refire a solicitude de exención. No caso de que non se dispoña do mesmo, certificación expedida pola Xerencia territorial do Catastro de A Coruña-Provincia, no que se faga constar a referencia catastral do referido inmoble.
b) Certificado da concesión da preceptiva licencia municipal que autorice a realización das obras.
c) Certificación do Técnico-Director das obras de construcción, visado polo Colexio Oficial competente, no que se indique a data de inicio das obras.
d) Documentación que acredite que o inmoble para o que se solicita a bonificación non figura entre os bens do inmobilizado da empresa: cédula de cualificación provisional, no caso de vivendas de protección oficial, fotocopia do derradeiro balance de situación presentado ante Facenda ou certificación do censor xurado de contas, no que se faga constar tal circunstancia.
e) Documentación pola que se acredite que os inmobles ós que afectan as obras constitúe o obxecto da empresa de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria: fotocopia dos Estatutos sociais ou fotocopia da declaración de alta no Imposto sobre Actividades Económicas.
3. Á vista da documentación presentada, a Administración dictará resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida só surtirá efectos para o período impositivo seguinte ó inicio das obras, debendo solicitarse expresamente a súa prórroga para os dous períodos impositivos seguintes, achegando a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos establecidos anteriormente. En calquera caso, a presentación da solicitude fóra do prazo establecido no apartado 2, dará lugar a inadmisión da mesma e a conseguinte denegación da bonificación.
Artigo 5º .-Bonificación a favor de suxeitos pasivos titulares de familias numerosas
1. De acordo co disposto no artigo 74.4 do TRLRHL, establécese unha bonificación sobre a cota tributaria íntegra a favor dos suxeitos pasivos titulares de familias numerosas, sempre que:
1.º) O inmoble de uso residencial para o que se solicite a bonificación teña a consideración de residencia habitual do suxeito pasivo e todos os membros da unidade familiar catalogada coma familia numerosa. Entenderase coma residencia habitual aquela na que figuren empadroados todos os membros da unidade familiar con data anterior ao 1 de xaneiro do exercicio correspondente para o que se solicite a bonificación e de xeito ininterrompido por un período mínimo de un ano a contar dende a devandita data.
2.º) O resultado de dividir o nivel de renda anual da unidade familiar entre o número de membros da mesma non supere o 150 % do importe anual do IPREM (sen pagas extras) vixente no exercicio para o que se solicita a bonificación. O número de membros da unidade familiar incrementarase en 1 por cada membro da mesma con un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 % ou que teña reducida a súa capacidade de traballo en un grao equivalente ao da incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
3.º) Todos os membros da unidade familiar estean ao corrente das súas obrigas tributarias coa facenda estatal, autonómica ou local. No caso da facenda local, entenderase que están ao corrente das súas obrigas cando non teñan pendente de pago ningunha débeda en período executivo.
2. Aos efectos deste artigo, entenderase como nivel de renda anual da unidade familiar a suma das rendas de cada un dos membros que figuren no título de familia numerosa e que obteñan ingresos de calquera natureza correspondentes ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural ao que se solicita a bonificación. O nivel de Renda dos membros que obteñen ingresos determinarase do seguinte xeito:
a) Se presentasen a Declaración do IRPF: A suma das contías da Base impoñible xeral e a Base impoñible do aforro.
b) Se non se presentase Declaración do IRPF por non estar obrigado legalmente: O importe resultante das seguintes contías de imputacións de rendas declaradas por terceiros: Rendementos íntegros do traballo + Rendementos do capital mobiliario + Ganancias patrimoniais sometidas a retención - Gastos deducibles de rendementos do traballo.
3. Para o desfrute desta bonificación, os interesados deberán presentar a correspondente solicitude do 1 de xaneiro ao 31 de marzo do ano do exercicio correspondente, ante a Administración competente para a xestión e recadación do presente tributo, xa sexa o propio Concello ou ente quen delegue este, debendo achegar a seguinte documentación:
a) Certificado ou título de familia numerosa expedida pola Administración competente e que estea en vigor con data 1 de xaneiro do exercicio correspondente.
b) Certificado de empadroamento do concello de Oroso no que conste que todos os membros da unidade familiar que figuran no título de familia numerosa residen no inmoble para o que se solicita a presente bonificación con data anterior ao 1 de xaneiro do exercicio correspondente e de forma ininterrompida por un período mínimo de un ano a contar dende a devandita data. No suposto de solicitudes presentadas no concello, este certificado será emitido de oficio.
c) Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda de cada un dos membros da unidade familiar maior de idade que figuren no título de familia numerosa, ou no caso que no se estivese obrigado a presentar a declaración do IRPF segundo a normativa correspondente, certificado de imputacións de renda declarados por terceiros expedido pola mesma Axencia. Os certificados achegados non poderán ter una antigüidade maior de un mes dende a data de presentación da solicitude de bonificación.
d) Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de cada un dos membros da unidade familiar maior de idade de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias. O certificados achegados non poderán ter una antigüidade maior de un mes dende a data de presentación da solicitude de bonificación.
e) No seu caso, certificado ou título que acredite o grao de discapacidade de aqueles membros da unidade familiar con unha discapacidade recoñecida de un grao igual ou superior ao 65 % ou a incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, sempre que este dato non conste no título de familia numerosa ao que se fai referencia no apartado a).
4. Á vista da documentación presentada, e previa comprobación de que todos os membros da unidade familiar maior de idade están ao corrente coas súas obrigas tributarias coa facenda local, a Administración ditará resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida só producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumprilos requisitos para o seu goce. No caso de que a solicitude se presentase fora do prazo indicado no apartado anterior dará lugar a inadmisión da mesma e a conseguinte denegación da bonificación.
5. A porcentaxe de bonificación sobre a cota tributaria íntegra será a seguinte segundo o resultado de dividir o nivel de renda anual da unidade familiar entre o número de membros da mesma:
NIVEL DE RENDA ANUAL POR MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR | % BONIFICACIÓN |
<= 100 % IPREM ANUAL | 90 |
> 100 % e < 150 % IPREM ANUAL | 50 |
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas calesquera outras normas sobre o Imposto de Bens Inmobles aprobadas por este concello en data anterior a presente.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente modificación da ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación, ao día seguinte da súa publicación do texto integro no Boletín Oficial da Provincia.