Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 9 REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE

Publicación provisional: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Publicación definitiva: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Aplicable dende: 01/01/2016

Artigo 1.-Fundamento e natureza

De conformidade co previsto no artigo 58, 20.3, e 24.2, en relación cos artigos 15 a 19 ámbolos dous da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por subministración de auga potable, que se rexerá pola presente ordenanza.

ARTIGO 2. SUXEITO PASIVO E FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos de subministración de auga potable.

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire a Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas, pola prestación dos servizos de subministración de auga.

2.-Cando as subministracións ou servicios regulados nesta ordenanza sexan solicitados ou recibidos por ocupantes de vivendas e locais distintos dos propietarios dos inmobles. Os devanditos propietarios terán a condición de substitutos do contribuínte. Os substitutos do contribuínte poderán repercuti-las cotas das taxas sobre os beneficiarios.

3. Dentro da zona urbana, tódolos inmobles que dispoñan de acometida de abastecemento deberán aboar a cota de servizo, aínda cando se atopen sen uso ou desocupados. Dita cota continuará devengándose mentres exista a cometida á rede xeral, con independencia da situación de alta, baixa, ou suspensión do subministro cando proceda.

Artigo 3.-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.-Os copartícipes ou cotitulares das Entidades xurídicas ou económicas ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

3.-Os administradores de persoas xurídicas que non realizasen os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) Cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigacións tributarias pendente na data do cese.

4.-A responsabilidade esixirase, en todo caso, nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei xeral tributaria.

ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA.

CONTÍA.

1. A base do presente tributo virá determinada:

a) Pola cota de servizo establecida en cada caso máis a cota de consumo.

b) A cota de consumo estará determinada polo volume de auga consumida por contador. Será o produto do volume de auga consumida por contador por cada trimestre, expresada en metros cúbicos multiplicada polo prezo por metro cúbico correspondente ao tramo de consumo e o grupo de actividade do que se trate (cadro I).

c) No suposto de que non se practique tal medición por causa imputable ao abonado, establécese unha cota de consumo de 10 m3 mensuais no caso de usos domésticos e de 30 m3 mensuais no caso de usos industriais.

d) No caso de usuarios domésticos, se a falta de medición se debe á carencia de contador, notificaráselle ao abonado a necesidade de instalación de tal aparello. Pasados tres meses desde o dito aviso sen que se proceda á colocación do contador sen alegar causa xustificada, a cota de consumo estimarase en 20 m3 mensuais.

2. No seguinte cadro I fíxanse as cotas de servizo e cotas de consumo para cada uso (doméstico, industrial, obra menor (vivendas unifamiliares) e obra maior (edificios de varias plantas)).

CADRO I:

USO

COTA SERVIZOS

(€/trimestre)

DENDE

(M3/TRIMESTRE)

ATA

(M3/TRIMESTRE)

COTA DE CONSUMO

(€/M3)

DOMÉSTICO

0

30

0,1089

31

45

0,1291

14,09

46

60

0,7148

61

99999

0,9540

INDUSTRIAL

CATEGORÍA I

0

30

0,2027

31

90

0,2155

91

300

0,8100

37,19

301

500

0,9650

501

1000

1,0452

1001

99999

1,1329

INDUSTRIAL

CATEGORÍA II

0

30

0,2027

31

90

0,2115

91

300

0,7802

23,69

301

500

0,9650

501

1000

1,0452

1001

99999

1,1329

INDUSTRIAL

CATEGORÍA III

0

30

0,2027

31

90

0,2155

91

300

0,8100

25,39

301

500

0,9650

501

1000

1,0452

1001

99999

1,1329

OBRA

MENOR

0

30

0,2027

31

90

0,2155

91

300

0,8100

68,31

301

500

0,9650

501

1000

1,0452

1001

99999

1,1329

OBRA

MAIOR

0

30

0,2027

31

90

0,2155

91

300

0,8100

191,12

301

500

0,9650

501

1000

1,0452

1001

99999

1,1329

Dentro do uso industrial inclúense as seguintes categorías:

- Categoría I: nesta categoría englóbanse comercios en xeral, oficinas, pequenas clínicas, bancos, salóns de peiteado e negocios non incluídos nas categorías II e III.

- Categoría II: nesta categoría englóbanse negocios relacionados coa hostalaría coma bares, restaurantes, establecementos hoteleiros, cines, residencias ou similares.

- Categoría III: nesta categoría englóbanse talleres, concesionarios, gasolineiras, industrias, naves industriais ou similares.

Para os establecementos comerciais polo miúdo será de aplicación a tarifa para usos industriais categoría I, con carácter xeral, excepto que o consumo medio mensual non exceda de 10 metros cúbicos mensuais, neste caso pasarían a tributar pola tarifa de usos domésticos.

3. Por cada orelleira que facilite o servizo, pagarase unha soa vez e en concepto de alugamento a cantidade de 59,05 € depositando unha fianza de 157,29 € para responder do seu reintegro ao servizo.

4. Por cada acometida á rede xeral: a cota que resulte de multiplicar 31,50 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble.

5. Por dereitos de enganche e colocación de contador, unha vez solicitada a alta como abonado 15,72 €.

6. Por cada acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable na zona rural 454,31 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 215,52€/vivenda.

7. Por consumo de auga para usos especiais, por número limitado de días, cando non sexa posible a instalación do contador correspondente, pagarase unha taxa de 56,12 €. En concepto de consumo de auga a cano libre. Limitándose este importe para unha ubicación concreta e o máximo dun mes.

8. No caso de solicitude de planos e sinalización das redes de abastecemento e saneamento, para determinar a confluencia destas con outros servizos ou obras a executar, aboarase unha taxa de 67,18 €/ solicitude. Taxa que incluirá a entrega do plano de localización e sinalización das canalizacións na obra. Incluíndose dentro da solicitude un máximo de 200 metros de canalización.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS.

1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinaciòn da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

2. De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas, salvo que se constate a inexistencia de situación de necesidade, poderán terse en conta criterios xerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas cotas tributarias.

2.1.- Bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 125% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

2.2.- Bonificarase nun 50 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros con capacidade económica comprendida entre o 100% e o 110% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares de 3-4 membros con capacidade económica superior ao 125% do IPREM e que non supere o 135% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares superiores a 4 membros con capacidade económica superior ao 150% do IPREM e que non superen o 160% IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

(*) En aplicación do Real decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM vén determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.

Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida, así como calquera outro ingreso ou recurso económico da unidade de convivencia.

Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual.

Artigo 6.-Notificacións das taxas

1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.

Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.

2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 7. CONTADORES

1.- Para outorgar novas pólizas de aboamento será indispensable que o usuario adquira o contador que, para cada caso, será dos tipos aprobados e verificados polas delegacións de Industria ou organismos competentes. O Concello ou a empresa subministradora poderá dispoñer que, con carácter xeral, se instalen contadores nas vivendas e locais comerciais e industrias que carezan deles, baixo apercibimento de que se poderán introducir tarifas especiais para o consumo a cada libro ou no seu defecto, procederase ao corte da subministración de auga.

Os contadores poderán ser indistintamente propiedade dos aboados ao servizo ou da empresa subministradora en réxime de aluguer.

A venda ou aluguer dos contadores, que realice a empresa subministradora realizarase de conformidade coas tarifas vixentes.

Tarifas para contadores en réxime de aluguer:

CALIBRE

Contadores de 13 mm

0,63 €/mes

Contadores de 15 mm

0,63 €/mes

Contadores de 20 mm

1,33 €/mes

Contadores de 25 mm

1,73 €/mes

Contadores de 30 mm

7,55 €/mes

Contadores de 40 mm

9,56 €/mes

Contadores de 50 mm

12,34 €/mes

Contadores de 65 mm

15,24 €/mes

Contadores de 80 mm

20,17 €/mes

Contadores de 100 mm

25,38 €/mes

Contadores de máis de 100 mm

37,52 €/mes

Tarifas para venda contadores:

CALIBRE

Contadores de 13 mm

33,42 €

Contadores de 15 mm

52,45 €

Contadores de 20 mm

69,19 €

Contadores de 25 mm

119,11 €

Contadores de 30 mm

123,65 €

Contadores de 40 mm

257,90 €

Contadores de 50 mm

572,16 €

Contadores de 65 mm

708,28 €

Contadores de 80 mm

802,94 €

Contadores de 100 mm

985,45 €

Contadores de 150 mm

1.401,71 €

Contadores de 200 mm

2.605,35 €

Para os contadores de calibre maior a 65 mm a tarefa de colocación suporá un incremento no custo segundo orzamento, que facilitará a empresa concesionaria, e que correrá por conta do abonado.

A empresa subministradora fixará e comunicará ao abonado a data de substitución dos contadores avariados. O abonado deberá comunicar se decidiu comprar o contador pola súa conta, en caso de que non exista esta comunicación do abonado a empresa subministradora entederá que o contador será subministrado por ela e instalado en réxime de aluguer.

2.- Co obxecto de facilitar o acceso aos contadores, estes deben instalarse nun lugar de uso comunitario e de acceso doado.

No caso de que a instalación exterior do contador non sexa viable por razóns técnicas, este poderá instalarse no interior da vivenda ou local, pero irá dotado obrigatoriamente dun sistema de lectura remota, que instalará o concesionario dependendo das características da instalación. Pagando o aboado unha taxa de 67,59 euros/ud polo sistema de lectura remota.

3.- Nas acometidas destinadas a redes contra incendios será obrigatoria a colocación dun caudalímetro ou contador de paso libre, que o abonado pode adquirir libremente nos lugares que considere oportuno. A empresa subministradora disporá de caudalímetros e contadores de paso libre para a súa venda ou ben para súa colocacicón en réxime de aluguer. O custo do aluguer incluirase no recibo de subministración. No caso dos caudalímetros aplicarase segundo as seguintes tarifas:

CADRO 1

Tarifa de aluger de caudalímetros

Caudalímetro de 50 mm

31,46 €/mes

Caudalímetro de 65 mm

31,46 €/mes

Caudalímetro de 70 mm

31,46 €/mes

Caudalímetro de 80 mm

31,46 €/mes

Caudalímetro de 100 mm

39,33 €/mes

Caudalímetro de 125 mm

39,33 €/mes

Caudalímetro de 150 mm

39,33 €/mes

Caudalímetro de 200 mm

39,33 €/mes

Tarifa de venda de caudalímetros

Caudalímetro de 50 mm

2.365,69 €

Caudalímetro de 65 mm

2.380,95 €

Caudalímetro de 80 mm

2.394,97 €

Caudalímetro de 100 mm

2.444,58 €

Caudalímetro de 125 mm

2.659,58 €

Caudalímetro de 150 mm

2.886,84 €

Será de obrigatoria instalación para as construcións de nova creación. As instalacións existentes terán un prazo non superior a tres meses dende a comunicación da concesionaria para a colocación deste.

A concesionaria comunicara a obrigación de instalación do caudalímetro ou contador de paso libre na acometida contraincendios, axuntando un presuposto da colocación de este equipo de medida na vía pública. Transcorrido o prazo de tres meses dende a comunicación, sen confirmarse a instalación do aparato de medida, a concesionaria poderá instalalo na vía pública, facturando a obra ao aboado e incluíndo o custe de aluguer do equipo de medida no recibo trimestral (de acordo coas tarifas en vigor).

4.- Ademais da posibilidade de verificación do contador polo Organismo Oficial facultado, aqueles abonados que así o decidan, poderán solicita-la verificación do seu contador por parte de COSMA, depositando o importe de 34,07€ en concepto de fianza.

Se o resultado de verificación fose que o contador estivese en bo estado, non sería devolta esta fianza, e en caso de avaría, se lle reintegraría a fianza ó depositante, e rectificaríanse as facturacións emitidas erroneamente. As anteriores tarifas serán de aplicación xeral agás a aqueles organismos ou entidades cunha tarifa fixada mediante concerto expreso entre as partes.

Se o resultado de verificación fose que o contador estivese en bo estado, non sería devolta esta fianza, e en caso de avaría, se lle reintegraría a fianza ó depositante, e rectificaríanse as facturacións emitidas erroneamente.

Artigo 8.

Entenderase por abonado, para os efectos desta ordenanza, toda persoa natural capacitada legalmente para contratar, ou xurídica á que se lle concedese a prestación do Servicio de Auga.

Artigo 9

Os abonos para o servicio solicitaranse calquera que sexa o uso ó que se lles destina, mediante a oportuna petición de alta e subscrición da póliza de abono, na que o interesado declarará ademais da filiación e domicilio, fin e uso ó que destinará a auga, fronte da vivenda, e demais datos complementarios para o perfecto coñecemento e determinación da clase e importancia do servicio que se pretenda e concesión e instalación do aproveitamento. As peticións levarán implícito o compromiso do peticionario a cumpri-las disposicións consignadas na presente ordenanza.

Os contratos ou pólizas de abono serán facilitadas ou cubertas gratuitamente pola oficina do servicio.

Artigo 10

1.-Simultaneamente ás peticións de alta, deberán os interesados depositar na Caixa Municipal o importe de 6 mensualidades da cota de servicio e da cota de consumo (10 metros cúbicos mensuais para os Usos Domésticos e 30 metros cúbicos mensuais para os usos non domésticos) en concepto de fianza, a devolver no intre de causar baixa, sempre que estea ó corrente do pagamento dos recibos ó seu cargo por fornecemento de auga.

Artigo 11

O contrato terá vixencia durante o tempo que o abonado ocupe a vivenda á que a póliza se refire, quedando obrigado este a satisface-lo importe do consumo mínimo de auga da tarifa en que estea clasificado, aínda no caso de que o consumo mensual non alcanzara este mínimo.

Artigo 12

Cada contrato de subministración de auga estará afecto a unha soa casa ou a unha soa vivenda.
No caso de que o edificio constase de varias plantas, a cota esixible estará representado pola suma das cotas de servicio e cotas de consumo que correspondan separadamente a cada unha das plantas das que conste o inmoble, aínda que as leve en arrendamento e ocupen todas elas unha mesma familia.

Artigo 13

Baixo ningún concepto poderá un abonado ampliar para outros usos que os estipulados na póliza de abono, especular na súa venda ou cesión e dispoñer de toda ou parte da que ven asignada ó seu domicilio ou industria a prol dun terceiro, nin facer variacións de ningunha clase na instalación, sen coñecemento do Concello.

Artigo 14

Tódolos abonados considéranse domiciliados neste Concello, suxeitos á xurisdicción dos Tribunais da demarcación xudicial na que está incluída este Concello.

Artigo 15

Non se concederá alta a abonados que se trasladen de domicilio e non se atopen ó corrente no pago da auga que consumisen no domicilio anterior.

Artigo 16

1.-Nas vivendas que exista instalación de auga é obrigación do dono pasar aviso ó Concello das datas na que quede desalugada e na que volva ser ocupada e deberá dispor do contrato de subministro para cada unha delas.

2.-No caso das roturas dos precintos e dos incumprimentos do suposto anterior, o dono faise responsable, facéndolle aboar este unha liquidación da contía do fraude, que incluirá un consumo equivalente á capacidade nominal do contador do que dispoña a instalación ou seu defecto o que regulamentariamente correspondese ás instalacións utilizadas para acción fraudulenta, cun tempo de oito horas diarias de utilización e durante o prazo que medie entre a data do último precintado ou data de adquisición da titularidade ou dereitos de uso das instalación citadas, e o momento en que emendase a existencia do fraude detectado, sen que poida estenderse, en total, a máis dun ano.

3.-Do mesmo xeito será responsable subsidiario daqueles recibos que o inquilino non devengue á Administración polas causas expostas expedíndoselle o cargo correspondente, pola totalidade.

Termos e xeitos de pagamento

Artigo 17

A recadación do importe da auga farase trimestralmente, en xeral, mediante recibo, fóra do caso de fraude que se fará por actas de inspección.

Artigo 18

O abonado poderá facer efectivo nun prazo límite de trinta días, contados a partir da presentación da facturación, os importes facturados pola empresa subministradora nas súas oficinas, nas caixas de aforros, entidades de crédito ou outros establecementos ou oficinas autorizadas pola empresa, ou ben a través da conta do abonado na entidade bancaria ou caixa de forros que para tal efecto sinale. Igualmente, en casos excepcionais, o abonado poderá facer efectivo o importe do recibo mediante xiro postal ou outro medio similar, sempre coa conformidade previa e expresa da empresa subministradora.

Artigo 19

De non facer efectivo o recibo dentro dos trinta días da súa presentación, procederase ó recargo con liquidación de xuros de mora correspondentes, sen prexuízo do corte de subministro e das restantes accións legais que procedan para facer efectiva a cantidade non satisfeita.

Transcorrido o prazo fixado, o Concello ou a empresa subministradora, poderá suspende-la subministración de auga ó abonado que está en descuberto e retirarlle definitivamente o servicio, dándoo de baixa por falta de pagamento.

Artigo 20

Tanto as altas coma as baixas de abonados liquidaranse por períodos dun mes, sen prexuízo de que a petición de alta ou baixa sexa atendida inmediatamente.

Artigo 21

As reclamacións sobre a recadación por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na administración do servicio, acompañando os recibos ou facturas que se presuma conteñan erro ou omisión.

Artigo 22

No caso de traslado de domicilio do abonado este seguirá sendo responsable do importe do consumo de auga da vivenda que deixou, se non se da de baixa coa antelación suficiente nas oficinas do servicio.

Non obstante, cando o abonado teña a condición de arrendatario ou titular de calquera outro dereito de uso, o propietario ou usufructuario das vivendas ou locais arrendados ou cedidos poderá formalizar a baixa cando teña coñecemento de que o arrendatario ou usuario non a formalizou.

O propietario ou o usufructuario, segundo os casos, na súa condición de substituto do contribuinte, estará obrigado ao pagamento das cantidades facturadas á vivenda ou local, unha vez abandonados os inmobles polos arrendatarios ou os titulares de dereitos de uso, si non comunica calquera cambio de arrendamento ou actividade.

Acometidas.

Artigo 23

O servicio de subministración de auga limitarase á zona que comprende a rede de distribución.

Artigo 24

A concesión de novas tomas ou acometidas á rede farase mediante solicitude dos interesados e con acordo adoptado polo Concello e a empresa subministradora, previo informe e liquidación do dereito desta.

Enténdese por acometida de abastecemento o tramo de encanamento coas súas chaves de rexistro e de paso, que partindo da rede de distribución se estende ata a entrada principal do edificio ou inmoble, para o seu axustamento a instalación particular.

Artigo 25

As tomas ou acometidas que se soliciten para utiliza-la auga da rede Municipal, no caso de obter a licencia, deberán ser abonados os gastos polo interesado.

A contratación de acometidas, a súa instalación, conservación, renovación e manipulación serán competencia exclusiva da empresa subministradora, que realizará os traballos e instalacións correspondentes a cargo do peticionario.

A empresa subministradora confeccionará o presuposto para execución das obras de acometida conforme o cadro de prezos vixentes e aprobados polo Concello.

Unha vez posta en funcionamento pasará a instalación a ser propiedade do Concello.

Artigo 26

Os donos de terreos que non contribuísen a sufraga-los gastos de primeiro establecemento da rede xeral de auga nalgunha vía, ando soliciten levar a cabo a acometida para os seus inmobles, virán obrigados a satisfacer por cada entronque en dita rede o duplo da que tivesen satisfeito os donos que contribuíron á ampliación desta, como gastos de compensación para a instalación e conservación da rede.

Artigo 27

Unha toma ou acometida servirá soamente para o terreo que fose pedida, sen que se permita estendela a varias, aínda estando contiguas e pertencendo ó mesmo dono, salvo conveniencias de distribución para o servicio, caso no que se faría a derivación fóra do terreo primitivo.

Artigo 28

Se por venda ou outra causa se dividira a propiedade, os novos donos virán obrigados a executar unha toma independente para cada un.

Artigo 29

Todo terreo abastecido terá na vía pública, e o máis achegada ela, a chave ou chaves de paso convenientes para poder incomunicala co entubado xeral.

Artigo 30

Os diámetros do entubado que se usan para as acometidas serán os establecidos pola Delegación de Industria e organismos competentes.:

Artigo 31

Serán de conta do dono as modificacións ou reformas que sexa preciso facer nas instalacións con motivo da instalacións ou por outra causa calquera, a xuízo do técnico do servicio.

Artigo 32

Correrá a cargo do Concello, a conservación do tramo que vai desde o entubado xeral da toma ata o pé do parámetro exterior do muro do terreo. Corresponde ó dono coidar e amaña-la súa instalación, dando conta á oficina do servicio de tódalas avarías e deterioros que concorran, para que se dispoñan os debidos amaños, sempre por conta do dono.

Instalacións interiores

Artigo 33

As instalacións interiores dos terreos serán efectuadas por un instalador debidamente autorizado pola Consellería de Industria de acordo co establecido na Orde do 9 de decembro de 1975, do Ministerio de Industria (BOE número 11, do 12.1.1976) e demais disposicións legais de aplicación.

Artigo 34

É obrigación dos donos participar ó Concello a data na que comezan os traballos de instalación do Servicio de Augas no interior dos seus terreos e a data na que rematan as obras, co fin de que poidan seren inspeccionadas.

Artigo 35

O Concello poderá esixi-la recolocación dun contador por non estar en lugar adecuado.

Artigo 36

Nos terreos que comprendan varias vivendas ou industrias e, por conseguinte, varios abonados, faranse as instalacións individuais a cada un deles de xeito que os contadores se poidan colocar en arquetas adecuadas e todos xuntos en batería, e en lugar facilmente alcanzable do portal, patio, ou baixo do edificio, norma que se terá así mesmo en conta no caso de que sexa só un o abonado.

Se houbese dificultade na elección do sitio de emprazamento, o dono deberá solicitar da administración do servicio que lle sexa fixado o lugar de colocación.

Artigo 37

Excepto no caso de forza maior, prohíbese curva-los tubos cando a curva que se teña que empregar teña menos de 10 cm de radio, utilizándose naqueles casos os correspondentes accesorios con obxecto de evitar que, a causa da oxidación resultante de salta-la capa galvanizada, quede obstruído o tubo ou interrompida a circulación da auga.

Artigo 38

O diámetro do entubado xeral destas instalacións será necesariamente igual ó da acometida, podendo diminuírse gradualmente segundo os servicios dos que deba fornecer.

Non se permitirán diámetros inferiores a 13 mm nos entubados de chumbo e a media polgada nos de ferro galvanizado, excepto no caso de tramos que deban alimentar unha cisterna ou aparato análogo.

Artigo 39

As chaves de paso que se utilicen serán de bronce, modelo reforzado, do mesmo diámetro cós entubados onde van colocadas, e as que se coloquen antes dos contadores deberán ir perforadas nun dos ángulos da montura con obxecto de que poidan seren precintadas polo servicio.

Artigo 40

Cando se instalen termosifóns ou calefacción a presión, é obrigatorio a colocación dunha válvula de retención antes dos depósitos ou caldeiras e no tubo de alimentación destas, con obxecto de evitar que a causa do peche na rede ou dun aumento de presións nos aparatos, a auga quente poida pasar ós entubados xerais de subministración, co conseguinte prexuízo para os contadores, depósitos e fervedoiros do termo.

Recoméndase que en todos eles se coloquen válvulas de expansión co obxecto de evitar posibles explosións, sendo obrigatorio colocar en todos flotadores de regulación de nivel.

Artigo 41

Nos edificios que, para evita-la falta de auga por avaría ou por corte da subministración, se instalen depósitos situados nos tellados ou terrazas, este será cubertos e ventilados e construiranse de cemento, fibrocemento ou similares, non debéndose utilizar nunca o chumbo ou cinc, polo perigo que significa para a formación de sales que contaminan a auga.

Artigo 42

Nos casos en que, polo xeito de instalación destes depósitos, poda pasa-lo auga destes ó entubado xeral, pola falta de presión nela, instalarase tamén unha válvula de retención á saída dos contadores, o mesmo ca no caso previsto no artigo 36.

Artigo 43

O dono do terreo ou o concesionario ou abonado, no seu caso, farase responsable do coidado e conservación das chaves de paso exteriores e interiores e moi especialmente dos aparatos contadores. Demostrada a súa neglixencia no cumprimento destas normas, así como o abonado nas instalacións, deixando corre-la auga innecesariamente, pola rotura destes, cisternas deterioradas, etc., privaráselles da subministración de auga, mentres non efectúe as oportunas rectificacións.

Artigo 44

Todo concesionario ou abonado queda obrigado a admitir que a calquera hora hábil do día sexa visitada a súa instalación polos empregados municipais encargados deste cometido, sen que poidan opoñer ningún obstáculo a cantas comprobacións periódicas ou excepcionais se estimen procedentes.

A negativa do interesado a autorizar estas revisións será causa dabondo para retirarlle o servicio de auga, sen dereito a reclamación ningunha.

Artigo 45.

Na dependencia correspondente estará exposto ó público un mostrario do material utilizado polo servicio, que cumpre as condicións impostas por estas ordenanzas.

Artigo 46

O servicio municipal de augas resérvase a facultade de non empalmar coa rede de distribución as instalacións que non reúnan as condicións regulamentarias.

Artigo 47

A Administración municipal resérvase o dereito de comprobar, cando o considere necesario ou oportuno, todo aparato contador se se estima un funcionamento dubidoso.

Artigo 48

As conexións de contadores efectuaranse exclusivamente por persoal do Servicio de Augas, correndo os gastos a cargo do abonado segundo cadro de prezos.

Artigo 49

Os precintos colocados non poderán ser alterados con ningún pretexto polos abonados, xa que en dito caso incorrerán na sanción que determina o artigo 13 desta ordenanza.

Artigo 50

Calquera fuga de auga medida polo contador será facturada ó abonado de acordo coas tarifas correspondentes. Se se tratase dunha fuga oculta, o abonado poderá solicitar da empresa subministradora a bonificación do 50 por cento do importe facturado, e será potestativo deste último, analizadas as circunstancias de cada caso, proceder a esta bonificación, que non afectará á obrigación inmediata de reparación da fuga, unha vez descuberta, por parte do abonado e á súa costa.

Artigo 51

No caso de paralización dun contador ou deterioro tal que as súas indicacións non poidan servir de base a algo concreto, liquidarase o consumo de acordo a igual período do ano anterior. Se non existise este dato, tomarase a media aritmética dos seis meses anteriores.

Segundo párrafo.-Naqueis casos nos que non existan datos históricos para obte-lo promedio ó que se alude no parágrafo anterior, os consumos determinaranse con base ó promedio que se obteña en función dos consumos coñecidos de periodos anteriores. Se tampouco isto fose posible, facturarase a cota de servicio correspondente e unha cota de consumo correspondente á actividade e equivalente a 10 metros cúbicos mensuais para os Usos Domésticos e 30 metros cúbicos mensuais para os usos Non Domésticos.

A empresa subministradora disporá que o usuario repoña o contador amañado ou novo no prazo de trinta días. De non facelo instalarase un contador polo Concello, por conta do usuario.:

Responsabilidades por incumprimento desta ordenanza

Artigo 52

Ninguén poderá utiliza-la auga sen ter formulado e subscrito a póliza de abonado. As infraccións serán cualificadas e sancionadas de acordo coa Lei xeral tributaria.

Artigo 53

1. Fóra de caso de incendios, que poñerán en coñecemento da administración do servizo dentro das vinte e catro horas seguintes ao sinistro, baixo ningún pretexto poderán os abonados ou quen os represente:

a) Empregar a auga para usos distintos dos estipulados na póliza de abono.

b) Vender ou ceder a auga que lle subministre o Concello a favor dun terceiro.

c) Deixar correr a auga sen necesidade.

d) Abrir nin facer uso dos rexistros que pechan os aparatos de toma, chaves de paso, aforos ou outros servizos.

e) Establecer ningún ramal entre a toma e o aparato que verifique o aforo, nin facer derivación da instalación para outros locais ou vivendas diferentes ás consignadas na póliza.

2. A contravención de calquera destes apartados dará lugar á aplicación do ARTIGO 16.2 da presente ordenanza.

Artigo 54

As procedentes sancións son de carácter fiscal e impoñeranse sen prexuízo das responsabilidades ás que houbese lugar pola aplicación das leis e regulamentos vixentes.

Artigo 55.

As cotas lexitimamente impostas en virtude desta ordenanza que non se puidesen facer efectivas no proceso da súa recadación darán lugar á suspensión e corte do servizo de auga, con baixa do interesado ata que non pague a súa débeda e unha cantidade igual a 36,97 € en concepto de reposición, estando para a declaración de partidas incobrables, se é o caso, ás normas xerais de aplicación.

Disposicións xerais

Artigo 56

Non se permitirá ós particulares e empresas utilizar augas das fontes públicas para usos industriais e obras.

Artigo 57

A empresa subministradora non se fai responsable por interrupcións involuntarias do servicio de subministración de augas, ou cando sexa necesario executar obras ou amaños na rede xeral de distribución, podendo corta-lo fornecemento ós abonados, pero estes non teñen dereito a reclamación ningunha por este concepto.

Artigo 58

Tampouco haberá dereito de indemnización cando se interrompa o servicio por consecuencia de escaseza, de calquera motivo de seca, xeadas ou calquera outra causa de forza maior.

Artigo 59

En épocas de grandes secas, nas que puidese ser necesaria a restricción do consumo, comezará esta polo abonados coa tarifa industrial e todos aqueles que quedaron suxeitos ás medidas que creu oportuno adopta-lo Concello.

Artigo 60

Os danos ou prexuízos que se orixinen a terceiros por culpa do abonado, ben sexa por neglixencia ou abandono do coidado que debe ter da instalación de auga, serán exclusivamente conta deste.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2016.