Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL.- (NÚMERO 17)
Artigo 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao previsto no artigo 58 da citada Lei 3/1988.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible da taxa a utilización da piscina municipal.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos os solicitantes do uso da piscina municipal.
Artigo 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria será a seguinte:
* Bono familiar (ata o primeiro grao de consanguinidade) :
- Unha semana: quince ( 15,00 ) euros.-
- Quincenal: vintecinco ( 25,00 ) euros.-
- Mensual : corenta e cinco ( 45,00 ) euros.-
* Bonos unipersonais (intransferibles): Semanal, cinco ( 5,00 ) euros; quincenal, dez ( 10,00 ) euros; mensual, quince ( 15,00 ) euros.
* Entrada libre (sin bono): Dous (2,00) euros.
Artigo 6.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.- Liquidación e ingreso
1.- A taxa liquidarase nas oficiñas municipais, en horario de 09 a 14 horas ou na entidade bancaria designada polo concello.-
Artigo 8.- Bonificacións e exencións.
Exencións:
* A entrada e uso da piscina municipal será gratuita para os veciños empadroados no concello. Esta condición acreditarase previa presentación dun carnet que será emitido nas oficiñas municipais.-
* Os usuarios do albergue, previa acreditación, terán dereito a entrada gratuita.-
9.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza unha vez sexa aprobada polo pleno municipal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.