Cambre - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA VENDA AMBULANTE NO TERMO MUNICIPAL DE CAMBRE

Publicación provisional: 09/05/2012 BOP Nº: 87
Publicación definitiva: 19/06/2012 BOP Nº: 115
Aplicable dende: 14/01/2016

PREÁMBULO

A Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, impón aos Estados a obrigatoriedade de eliminar todas as trabas xurídicas e barreiras administrativas inxustificadas na liberdade de establecemento e prestación de servizos que se contemplan nos artigos 49 a 56 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFE), respectivamente.

Se ben con carácter xeral as actividades de servizos de distribución comercial non deben estar sometidas a autorización administrativa previa, no relativo ao exercicio da venda ambulante ou non sedentaria considerouse necesario o seu mantemento asì como a introdución de certas modificacións que tratan de reflectirse no presente texto, na medida que este tipo de actividade comercial require o uso do solo público que debe conciliarse con razóns imperiosas de interese xeral de orde público, a seguridade e a saúde pública.

Dada a escaseza de solo público dispoñible, o número de autorizacións será necesariamente limitado. Por isto, o procedemento de concesión debe ser público e transparente de forma que, a pesar de que as autorizacións deben ser limitadas no tempo, se proporcione un resarcimento xusto dos investimentos acometidos polos seus titulares.

En consonancia co anterior, a venda ambulante en solo privado non requirirá de autorización previa, abondando a presentación dunha declaración responsable e comunicación previa.

No tocante ao réxime de competencias, a regulación da venda ambulante venlle atribuída aos concellos xa na Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local (artigo 25.2.g), na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia (artigo 80.2.g), no Regulamento de servizos das corporacións locais do 17 de xuño de 1955 e tamén na normativa sectorial tanto de ámbito autonómico como estatal (Lei 13/2010, do 17 decembro, do comercio interior de Galicia, Lei 7/1996 de ordenación do comercio minorista e Real decreto 199/2010, do 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria).

Mención especial merece a venda directa exercida por parte de agricultores e agricultoras da produción propia sen transformación ou a súa primeira transformación, cuxo produto final estea incluído no anexo I do artigo 38 do Tratado de funcionamento da Unión Europea pois, se ben estes vendedores non poden considerarse comerciantes -e polo tanto exercer a venda ambulante- para os efectos da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (artigo 2.1º), si poden vender os seus produtos en mercados municipais ou en lugares que non sexan establecementos comerciais permanentes, tendo esta venda a consideración de actividade agraria, ao abeiro do establecido no artigo 2.1 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias.

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.-Obxecto e ámbito.

A presente ordenanza ten por obxecto regular, con carácter xeral, o exercicio da venda ambulante dentro do termo municipal de Cambre, tanto se se exerce en espazos públicos como en espazos privados.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta ordenanza a regulación dos postos autorizados na vía pública de carácter fixo e estable nos que se desenvolvan actividades comerciais de xeito habitual e permanente en virtude dunha concesión admnistrativa, que se rexerán pola súa normativa propia.

Artigo 2.-Concepto de venda ambulante.

2.1.-Considérase venda ambulante ou non sedentaria a realizada por comerciantes fóra dun establecemento comercial permanente, de xeito habitual, ocasional, periódico ou continuado, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados, en instalacións comerciales desmontables ou transportables, incluíndo os camións ou vehículos tenda, carriños e outras instalacións de carácter itinerante.

2.2.-Non terán a consideración de venda ambulante as vendas efectuadas dentro dos locais ou recintos ocupados por un certame feiral, que se rexerán pola súa regulación propia.

2.3.-A venda directa exercida por parte de agricultores e agricultoras da produción propia sen transformación ou a súa primeira transformación, cuxo produto final estea incluído no anexo I do artigo 38 do Tratado de funcionamento da Unión Europea terá a consideración de actividade agraria e rexerase pola súa propia normativa.

Artigo 3.-Modalidades de venda ambulante.

A venda ambulante tan só se poderá levar a cabo baixo algunha das seguintes modalidades:

3.1.-Venda ambulante en mercados periódicos: é aquela autorizada nos mercados situados en poboacións, en lugares e espazos determinados, e cunha periodicidade habitual establecida. Dentro deste epígrafe están encadradas, entre outras, as realizadas en feiras populares, mercadillos e rastros, tales como o mercado que actualmente ten lugar no Campo da Feira de Cambre o día 2 e o terceiro domingo de cada mes e os que se desenvolverán no Temple e na Barcala dous días ao mes, segundo se estableza na correspondente convocatoria de licitación de postos.

3.2.-Venda ambulante en mercados fixos: aquela autorizada en lugares anexos aos mercados municipais ou de abastos, con instalacións permanentes nas poboacións.

3.3.-Venda ambulante en postos desmontables instalados na vía pública: aquela autorizada para un número de postos, situacións e períodos determinados.

3.4.-Venda ambulante en mercados ocasionais: aquela autorizada en mercados esporádicos, que teñan lugar con motivo de feiras, festas ou acontecementos populares. Terán esta consideración as actividades de venda ambulante nas festas populares e romarías realizadas no termo municipal.

3.5.-Venda ambulante mediante camións ou vehículos tenda: aquela realizada nos citados medios e autorizadas nas zonas ou lugares determinados.

3.6.-Venda ambulante a pé, utilizando carriños ou outras instalacións de carácter itinerante.

Artigo 4.-Lugar de exercicio da venda ambulante.

4.1.-A venda ambulante só poderá exercerse nos mercados fixos, periódicos ou ocasionais así como nas zonas da vía pública que, en cada caso, autorice o Concello e en espazos privados.

4.2.-Os postos de venda ambulante non poderán situarse nos accesos a edificios de uso público, establecementos comerciais e industriais nin en lugares que dificulten o acceso e a circulación.

4.3.-En todo caso, os postos situaranse en lugares que conten coas condicións axeitadas de salubridade e limpeza.

Artigo 5.-Produtos obxecto de venda ambulante.

5.1.-En ningún caso poderán ser obxecto de venda ambulante os bens ou produtos cuxa propia normativa o prohiba e aqueles outros que, en razón á súa presentación ou outros motivos, non cumpran a normativa técnico sanitaria e de seguridade.

5.2.-A determinación dos produtos obxecto da venda ambulante para cada modalidade determínase no capítulo III do título II da presente ordenanza.

Artigo 6.-Dos vendedores ambulantes.

6.1.-A venda ambulante pode ser exercida por toda persoa física ou xurídica, sexa sociedade mercantil ou cooperativa, que reúna os requisitos establecidos na presente ordenanza e demais normativa aplicable.

6.2.-Os vendedores ambulantes deberán cumprir, no exercicio da súa actividade mercantil, coa normativa vixente no exercicio do comercio e da disciplina do mercado, deberán observar as normas de competencia leal e usos mercantís, e responderán de que os produtos obxecto da venda cumpran as condicións e requisitos esixidos pola normativa que os regula, tanto en materia sanitaria como no referente á súa presentación, etiquetaxe e demais aspectos aos que nela se faga referencia.

TÍTULO II.-VENDA AMBULANTE EN ESPAZOS PÚBLICOS

CAPÍTULO I.-AS AUTORIZACIÓNS

Artigo 7.-Características das autorizacións.

7.1.-Necesariedade: o exercicio da actividade de venda ambulante nos espazos públicos do Concello de Cambre, en calquera das súas modalidades, requirirá da previa obtención da correspondente autorización municipal, de acordo co procedemento previsto nesta ordenanza.

7.2.-Duración limitada: as autorizacións terán unha duración máxima, incluídas as prórrogas, de catro anos.

7.3.-Publicidade: o comerciante deberá ter exposta ao público e ás autoridades que realicen actuacións inspectoras, en forma facilmente visible, a tarxeta á que fai referencia o artigo 11.

7.4.-Única: requirirase unha autorización por cada posto e para cada unha das modalidades de venda ambulante.

7.5.-Competencia: o outorgamento das autorizacións será competencia do alcalde ou concelleiro delegado.

7.6.-Transferibles: as autorizacións serán transferibles a outras persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos establecidos nesta ordenanza para o seu outorgamento e logo de comunicación escrita, segundo o modelo que se achega como anexo III, á autoridade municipal competente. A transmisión dunha autorización non afectará ao seu prazo de vixencia, que se manterá polo tempo que reste ata a finalización do seu prazo de duración.

7.7. Cesión temporal: Con carácter excepcional, e por motivos familiares debidamente xustificados, o titular poderá solicitar ao Concello, autorización para a cesión temporal do seu posto a outra persoa que reúna os requisitos establecidos nesta ordenanza para a venda ambulante, e polo prazo máximo de dous días consecutivos. Dita solicitude formalizarase segundo modelo Anexo VI. O Concello resérvase o dereito de permitir ou denegar a cesión temporal.

Artigo 8.-Réxime de autorización.

8.1.-As autorizacións outorgaranse directamente aos solicitantes que reúnan as condicións requiridas, salvo se, por calquera circunstancia, se encontrase limitado o seu número, en cuxo caso serano en réxime de concorrencia pública, respectando as previsións contidas nos artigos 86 e seguintes da Lei 33/2003, do 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas e 76 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais, así como o capítulo II da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizo e ao seu exercicio e en condicións non discriminatorias.

8.2.-O procedemento deberá garantir a transparencia e a imparcialidade e, en concreto, a publicidade adecuada de inicio, desenvolvemento e fin do proceso.

8.3.-En ningún caso o procedemento poderá esixir o deber de residencia neste municipio como requisito de participación.

Artigo 9.-Solicitude e documentación a presentar.

9.1.-Os interesados presentarán a súa solicitude conforme co modelo que consta como anexo I.

9.2.-Á solicitude achegarase:

a) Declaración responsable, conforme co modelo que consta como anexo II, na que manifeste:

1. Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das cotizacións.

2. Estar dado de alta e ao corrente no pago do imposto sobre actividades económicas ou, no seu caso, no censo de obrigados.

3. Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos.

4. Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos.

5. Dispoñer, se é o caso, da titulación e colexiación oficial que resulten esixibles.

6. Cumprir os requisitos que impón a normativa sanitaria, no caso de autorizados á venda de produtos de alimentación e herbodietética.

7. Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal.

8. Non ter pendente o cumprimento de ningunha sanción imposta por este concello.

9. No ter débeda pendente con este concello.

10. Dispoñer dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen esixibles, de tratarse de persoas extranxeiras.

11. Dispoñer do CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persona que firma a solicitude de autorización en representación da empresa, no caso de persoas xurídicas.

12. Dispoñer do seguro de responsabilidade civil.

13. Dispoñer, no caso dos camións e vehículos tenda, do permiso de circulación e da tarxeta de inspección técnica actualizada e estar ao día no pagamento do seguro obrigatorio de vehículos a motor.

14. Dispoñer, no seu caso, da documentación acreditativa de que o vehículo tenda reúne as condicións de hixiene e sanidade esixibles.

15. Dispoñer, no seu caso, do certificado de correcto funcionamento das máquinas e instalacións que se utilicen.

16. Estar en posesión da documentación acreditativa do cumprimento dos ditos requisitos e manter o seu cumprimento durante todo o prazo de vixencia da autorización.

b) Certificado de situación no Censo de Actividades Económicas da Axencia Tributaria, e se é o caso, alta no Imposto de Actividades Económicas e certificado de estar ao corrente. Poderá substituírse a presentación da alta e certificado de estar ao corrente no IAE pola correspondente autorización ao Concello para verificar tales datos.

c) Copia compulsada do CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persona que firma a solicitude de autorización en representación da empresa, no caso de persoas xurídicas.

d) No caso de que o vendedor que solicita o posto pertenza a unha cooperativa ou sociedade como traballador no réxime xeral; presentará contrato de traballo no que se especificará a xornada laboral, que será como mínimo de 7 horas á semana.

9.3.-Non obstante o apartado anterior, non será esixible acreditación documental doutros requisitos detallados na declaración responsable, sen prexuízo das facultades de comprobación e inspección que correspondan.

9.4.-Se a solicitude non reúne os requisitos que sinala o apartado anterior, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, terase por desistido da súa solicitude.

9.5.-A venda de produción propia sen transformación ou a súa primeira transformación, cuxo produto final estea incluído no anexo I do artigo 38 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, solicitarase de acordo co modelo de solicitude do anexo I ao que se acompañará unha declaración responsable, conforme co modelo que consta como anexo V, na que manifeste:

¿ Ser titular dunha explotación agraria.

¿ Non ter débedas co Concello de Cambre.

¿ Lugar de produción da mercancía, indicando o enderezo completo.

¿ Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produto.

¿ Estar en posesión da documentación acreditativa do cumprimento dos ditos requisitos e manter o seu cumprimento durante todo o prazo de vixencia da autorización.

Artigo 10.-Contido mínimo da autorización.

1) Datos identificativos do titular.

2) Prazo de validez.

3) Número de autorización.

4) Horario e datas durante as que poderá exercerse a actividade e ocuparse o espazo público.

5) Produtos cuxa venda se autoriza.

6) Frecuencia e rutas para as que se autoriza, no seu caso.

7) Posto no que poderá exercerse a actividade, no caso de mercados periódicos organizados: número adxudicado, dimensións e características.

Artigo 11.-Tarxeta ou documento acreditativo.

11.1.-O Concello expedirá unha tarxeta ou documento acreditativo da autorización para o exercicio da venda ambulante no que constarán os datos establecidos no artigo anterior e un enderezo para a recepción de posibles reclamacións durante o exercicio da actividade.

11.2.-O vendedor deberá ter exposta esta tarxeta para o público e para as autoridades que realicen actuacións inspectoras, en forma facilmente visible.

Artigo 12.-Rexistro de vendedores ambulantes.

12.1.-A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cambre levará, aos meros efectos estatísticos, un censo no que se numerarán correlativamente as autorizacións concedidas.

12.2.-A inscrición neste censo non ten carácter habilitante para o exercicio da actividade comercial e os seus datos actualizaranse de oficio.

12.3.-Garantirase a interoperabilidade técnica con outros rexistros sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, de conformidade coa disposición adicional primeira da Lei 17/2009, sobre o libre acceso das actividades de servizos e o seu exercicio.

Artigo 13.-Revogación.

13.1.-A autorización poderá ser revogada unilateralmente por razóns de interese público, sen xerar neste caso dereito ningún de indemnización, cando resulte incompatible coas condicións xerais aprobadas con posterioridade, produzan danos no dominio público, impidan a súa utilización para actividades de maior interese público ou menoscabo do uso xeral.

13.2.-Tamén poderá revogarse temporalmente como sanción accesoria.

Artigo 14.-Extinción.

Sen prexuízo do disposto noutros artigos desta ordenanza, as autorizacións extinguiranse automaticamente polas seguintes causas:

1) Transcurso do prazo.

2) Renuncia expresa e escrita do titular.

3) Quebra do titular declarada por resolución xudicial firme.

4) Causas sobrevidas de interese público.

5) Perda dalgún dos requisitos esixidos nesta ordenanza e demais normativa de aplicación.

6) Falta de pagamento das exaccións correspondentes dentro do prazo fixado na correspondente ordenanza fiscal.

7) Como sanción accesoria.

CAPÍTULO II.-FUNCIONAMENTO DA VENDA AMBULANTE

Artigo 15.-Emprazamento da venda ambulante.

15.1.-De conformidade co establecido no artigo 10, a autorización determinará a localización de cada posto ou emprazamento onde se exercite a venda ambulante.

15.2.-Respecto dos mercados periódicos organizados, a distribución e superficie dos postos preverase na súa convocatoria de licitación.

Artigo 16.-Características dos postos e outras instalacións.

16.1.-A venda ambulante exercerase mediante postos desmontables, camións ou vehículos tenda ou medainte carriños e instalacións similares de carácter itinerante e reunirán, en todos os casos, as debidas condicións de seguridade, salubridade, limpeza e decorosa presentación, podendo ordearse a súa retirada en caso contrario.

16.2.-Non se permite a exposición do xénero directamente sobre o pavimento.

Artigo 17.-Obrigas dos autorizados.

17.1.-Estar en posesión da autorización municipal.

17.2.-Cumprir as condicións establecidas na autorización.

17.3.-Cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto de venda.

17.4.-Non producir molestias e incomodidades que perturben a orde pública. En ningún caso se poderán anunciar as mercancías por sistemas de megafonía ou aparellos reprodutores de son de calquera tipo.

17.5.-Manter os postos ordenados e en adecuadas condicións hixiénicas. A este respecto, unha vez finalizada a actividade, os autorizados recollerán nun recipiente os refugallos producidos e depositaranos nos correspondentes colectores, debendo quedar o espazo ocupado nas mesmas condicións hixiénicas que estaba antes da ocupación.

17.6.-Estar en posesión de facturas ou albaráns que acrediten a procedencia da mercadoría.

17.7.-Manter un trato correcto co público, persoal municipal e usuarios do mercado.

17.8.-Acatar as ordes dadas polas autoridades competentes.

CAPÍTULO III.-CONDICIÓNS ESPECÍFICAS DE CADA MODALIDADE DE VENDA AMBULANTE

Sección 1.ª.-Venda en feiras e mercados periódicos organizados

Artigo 18.-Concepto.

18.1.-Teñen a consideración de feiras e mercados periódicos organizados os que se realizan de forma periódica ao longo de todo o ano, na situación, días e lugares prefixados polo concello:

¿ Feira no ¿Campo da Feira" na parroquia de Cambre: terá lugar o día 2 e o terceiro domingo de cada mes.

· Feira no núcleo urbano do Temple: terá lugar os días que se establezan nas bases da convocatoria de licitación dos postos, así como o emprazamento no que se ubicarán.

· Feira no núcleo urbano de A Barcala: terá lugar os días que se establezan nas bases da convocatoria de licitación dos postos, así como o emprazamento no que se ubicarán.

Non obstante, cando circunstancias derivadas de acontecementos especiais, causas de forza maior ou razóns de orde pública así o aconsellen, poderán suspenderse temporalmente as autorizacións, modificar datas ou horarios ou determinar novos emprazamentos sen que isto xere dereito a indemnización de ningún xeito a prol dos autorizados e sen prexuízo do establecido na ordenanza fiscal sobre o posible prorrateo da taxa.

18.2.-O Pleno da Corporación poderá acordar a instalación de mercados periódicos organizados, tendo en conta as características e necesidades deste concello e atendendo á densidade de tráfico e circulación, ao acceso aos edificios de uso público, locais comerciais e industriais e aos seus escaparates e exposicións, ás condicións para garantir a adecuada sanidade e hixiene, ao interese das persoas consumidoras e á tradición e arraigo no municipio desta modalidade de venda.

Artigo 19.-Procedemento de concesión da autorización.

19.1.-Adxudicación directa.

19.1.1.-Acreditada a existencia de postos vacantes, por resolución do alcalde ou concelleiro delegado aprobaranse as bases da convocatoria para a súa licitación e publicaranse mediante anuncio no taboleiro municipal de edictos, na páxina web oficial deste concello e nun diario dos de maior tirada da zona, abríndose un período de admisión de solicitudes de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no taboleiro municipal.

19.1.2.-Durante o dito prazo calquera interesado poderá presentar a súa solicitude, na forma establecida no artigo 9, no Rexistro Xeral do concello ou por calquera medio dos admitidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

19.1.3.-Finalizado o prazo de presentación de instancias, se existise un número de solicitudes inferior ou igual ás prazas a cubrir e non coincidisen máis de unha solicitude para o mesmo posto, as autorizacións outorgaranse de forma directa sen máis trámites.

19.1.4.-En caso contrario, adxudicaranse mediante concurso de acordo cos criterios establecidos no apartado 19.2 deste artigo.

19.2.-Adxudicación mediante concurso.

19.2.1.-Criterios de valoración das solicitudes.

19.2.1.1.- Venda no recinto feiral do Campo da feira de Cambre:

· Antigüidade: valorarase con 10 puntos o exercicio da venda ambulante no campo da feira de Cambre cunha antigüidade de cinco anos a contar dende a convocatoria de licitación de postos. A dita acreditación efectuarase mediante informe emitido para o efecto pola Axencia de Desenvolvemento Local ou pola Policía Local, no seu caso.

· Experiencia: a experiencia demostrada na profesión puntuarase a razón de 0,50 puntos por ano completo de exercicio da actividade, ata un máximo de 5 puntos. Esta circunstancia acreditarase mediante presentación do informe de vida laboral e certificado de estar dado de alta no epígrafe correspondente do imposto sobre actividades económicas.

· Formación: a participación en cursos, conferencias ou xornadas nesta materia ofrecidas por entidades públicas, ou homologadas por estas, puntuarase a razón de 0,10 puntos cada un, ata un máximo de 2 puntos.

· No caso da venda directa á que se refire o artigo 2.3, terán preferencia os agricultores empadroados en Cambre e concellos limítrofes.

19.2.1.2.-Venda nas feiras da Barcala e o Temple:

19.2.1.2.-Venda nas feiras da Barcala e o Temple:

· Experiencia: a experiencia demostrada na profesión puntuarase a razón de 0,50 puntos por ano completo de exercicio da actividade, ata un máximo de 5 puntos. Esta circunstancia acreditarase mediante presentación do informe de vida laboral e certificado de estar dado de alta no epígrafe correspondente do imposto sobre actividades económicas.

· Formación: a participación en cursos, conferencias ou xornadas nesta materia ofrecidas por entidades públicas, ou homologadas por estas, puntuarase a razón de 0,10 puntos cada un, ata un máximo de 2 puntos.

· No caso da venda directa á que se refire o artigo 2.3, terán preferencia os agricultores empadroados en Cambre e concellos limítrofes.

· Comercio sedentario: valorarase con 10 puntos as solicitudes dos vendedores que desenvolvan actividade comercial, cun local sedentario en Cambre. Os anos de experiencia valoraranse na solicitude do mesmo xeito que o criterio de ¿Experiencia" e ata un máximo de 5 puntos.

19.2.2.-Procedemento de adxudicación.

Por esta orde crearase unha relación de solicitantes coa puntuación acadada por cada un segundo os criterios de valoración e publicarase, mediante resolución do alcalde ou concelleiro delegado, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web, establecéndose un período de dez días naturais durante os cales poderán presentarse alegacións.

Transcorrido o dito prazo, ditarase resolución definitiva resolvendo as alegacións e fixando a relación de solicitantes con dereito á autorización.

De existir empate, resolverase por sorteo público, convocado para o efecto mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos e na páxina web oficial do Concello de Cambre e previamente á resolución definitiva.

19.3.-Duración das autorizacións.

O prazo de duración será de 1 ano natural, caducando automaticamente a 31 de decembro. A autorización será prorrogable anualmente de forma expresa por idénticos períodos ata un máximo de catro anos, logo de solicitude, cunha antelación mínima de quince días naturais á data de finalización da autorización vixente, debendo permitirse, en todo caso, a amortización dos investimentos e unha remuneración equitativa dos capitais investidos.

As solicitudes de prórroga presentaranse no modelo Anexo I e Anexo II xunto coa documentación que acredite a alta en Facenda no epígrafe correspondente de venda ambulante e alta na Seguridade Social.

Artigo 20.-Réxime de funcionamento: horario da feira, postos, vehículos e produtos autorizados.

20.1.-Horario da feira.

¿ Montaxe dos postos e descarga de mercadorías: entre as 6.00 e as 9.00 horas.

¿ Actividade comercial: entre as 9.00 e as 14.00 horas.

¿ Desmontaxe dos postos e recollida de mercadorías: entre as 14.00 e as 16.00 horas.

20.2.-Os postos.

Co fin de adaptar a celebración destes mercados periódicos ás necesidades de cada momento, en cada convocatoria de licitación de postos establecerase a tipoloxía, características, dimensións e colocación de cada un deles, así como os produtos cuxa venda se autoriza.

Ningún vendedor poderá ocupar o corredor, reservas de aparcamento e demais espazos libres, nin un lugar distinto ou con maior superficie que a asignada.

20.3.-Vehículos.

Queda expresamente prohibido o estacionamento dos vehículos dentro dos recintos feirais no horario de actividade comercial, sen prexuízo do estacionamento de vehículos tenda nas zonas habilitadas para o efecto.

Non obstante, poderá estacionarse durante a instalación dos postos e durante a carga e descarga de mercadorías.

Salvo nas zonas habilitadas para tal efecto, queda prohibida a entrada de calquera vehículo no recinto da feira no horario de desenvolvemento da actividade comercial, sen prexuízo de causas de forza maior debidamente xustificadas.

20.4.-Os produtos autorizados.

Poderán ser obxecto de venda os seguintes produtos:

Alimentación:

¿ Todos os alimentos cumprirán as normativas sanitarias esixidas para cada un deles, sendo indispensable que se presenten debidamente envasados, etiquetados, protexidos, con rexistro sanitario e refrixerados aqueles produtos cuxa normativa así o esixa.

¿ Todos os alimentos deberán estar protexidos da contaminación polo po, insectos e outras fontes de sucidade. Evitarase a súa manipulación polo público, o contacto directo co solo e a incidencia directa do sol e da choiva.

¿ Os produtos a granel e sen envoltura deberán expoñerse para a venda protexidos mediante recipientes que reúnan as condicións hixiénicas esixibles e, na súa manipulación, utilizaránse utensilios adecuados.

¿ O persoal que expenda alimentos deberá gardar as adecuadas condicións de aseo e limpeza na roupa de traballo.

Textil, calzado e complementos: roupa, calzado, bixutería, complementos, textil fogar, marroquinería, pequena quincalla, mercería e similares.

Típicos ou tradicionais: apeiros de labranza, artesanía e similares.

De temporada: árbores froiteiras, plantas, frores, sementes e similares.

Varios: bricolaxe, xoguetes, droguería e perfumería, libros, música e similares.

Sección 2.ª.-Venda en festas populares e noutros mercados ocasionais

Artigo 21.-Festas populares.

21.1.-Poderá autorizarse a venda ambulante en festas populares.

21.2. A solicitude, conforme co disposto no artigo 9, presentarase cunha antelación mínima de seis días hábiles ao exercicio da actividade.

Artigo 22. Mercados ocasionais.

22.1.-O alcalde ou concelleiro delegado poderán acordar, logo dos informes emitidos pola Axencia de Desenvolvemento Local e pola Policía Local, o establecemento de mercados ocasionais determinando, como mínimo:

a) O lugar e data no que se celebrará e a tipoloxía de venda ambulante admitida, tendo en conta as características e necesidades e, especialmente, os indicadores siguientes:

1. Densidade de tránsito e circulación.

2. Acceso aos locais comerciais ou industriais, aos seus escaparates ou exposicións.

3. Acceso aos edificios de uso público.

4. Condicións para garantir a adecuada sanidade e hixiene.

5. Interese das personas consumidoras.

6. Tradición e arraigo no municipio desta modalidad de venda.

b) A previsión do número de postos ou autorizacións.

c) Os produtos que poderán ser ofrecidos á venda.

22.2.-O réxime de concesión da autorización será o establecido para os mercados periódicos organizados, sen prexuízo das especialidades que poidan establecerse.

Sección 3.ª.-Venda mediante postos instalados na vía pública

Artigo 23. Réxime de funcionamento.

23.1.-Poderá autorizarse a venda ambulante realizada mediante a ocupación da vía pública con postos desmontables de carácter illado, xa sexa de maneira ocasional ou habitual.

23.2. A solicitude, conforme co disposto no artigo 9, presentarase cunha antelación mínima de seis días hábiles ao exercicio da actividade.

23.3.-Queda prohibida a venda ambulante de calquera mercadoría na vía pública sen posto.

Sección 4.ª.-Venda mediante camións ou vehículos tenda

Artigo 24.-Réxime de funcionamento.

24.1.-Poderá autorizarse a venda ambulante mediante camións ou vehículos tenda.

24.2.-A solicitude presentarase conforme co disposto no artigo 9 e cunha antelación mínima de quince días naturais ao exercicio da actividade.

24.3.-A autorización determinará o ámbito xeográfico ou perímetro do termo municipal no que se exercerá este tipo de venda, tendo en conta a densidade de tráfico e circulación, o acceso a locais comerciais ou industriais, aos seus escaparates e exposicións, o acceso a edificios de uso público e o interese para as persoas consumidoras.

Sección 5.ª.-Venda ambulante a pé, utilizando carriños ou outras instalacións de carácter itinerante

Artigo 25.-Réxime de funcionamento.

25.1.-Poderá autorizarse a venda ambulante a pé, utilizando carriños ou outras instalacións de carácter itinerante.

25.2. A solicitude, conforme co disposto no artigo 9, presentarase cunha antelación mínima de seis días hábiles ao exercicio da actividade.

24.3.-A autorización determinará o ámbito xeográfico ou perímetro do termo municipal no que se exercerá este tipo de venda, tendo en conta a densidade de tráfico e circulación, o acceso a locais comerciais ou industriais, aos seus escapartes e exposicións, o acceso a edificios de uso público e o interese para as persoas consumidoras.

TÍTULO III.-A VENDA AMBULANTE EN ESPAZOS PRIVADOS

Artigo 26.-Venda ambulante en solo privado.

26.1.-A venda ambulante en solo privado non requirirá a obtención de autorización de ningún tipo, rexéndose polo sistema de comunicación previa e declaración responsable que se presentará conforme cos modelos que se achegan como anexos II e IV respectivamente.

TÍTULO IV.-RÉXIME DE INSPECCIÓN E SANCIÓN

CAPÍTULO I.-RÉXIME DE INSPECCIÓN

Artigo 27.-Réxime de inspección.

27.1.-O Concello de Cambre exercerá, respecto de toda a venda ambulante que se leve a cabo no seu termo municipal, as funcións de inspección e sanción, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras administracións.

27.2.-A estes efectos, o concello poderá comprobar e inspeccionar, en todo momento, os feitos, actividades, transmisións e demais circuntancias da autorización concedida, notificando, no seu caso, aos órganos autonómicos competentes os feitos de que teñan coñecemento no exercicio das súas funcións que poidan constituír infracción á lexislación de defensa da competencia.

27.3.-Poderán, así mesmo, inspeccionarse os produtos, actividades e instalacións, así como recabar dos seus titulares canta información resulte necesaria en relación con eles.

27.4.-En especial, vixiarase que os lugares de venda se atopen en condicións de limpeza e salubridade, poñendo especial atención nos produtos perecedoiros e de alimentación.

CAPÍTULO II.-RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 28.-Réxime xeral de infracións e sancións.

A infracción das obrigas e demais normas de obrigado cumprimento establecidas nesta ordenanza serán obxecto dun procedemento sancionador nos termos dos artigos 127 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e do Regulamento sancionador de desenvolvemento da citada lei, aprobado por Real decreto 1398/1993 de 4 de agosto.

Artigo 29.-Infraccións.

29.1.-Considerarase infracción calquera incumprimento do estipulado na presente ordenanza e clasificaranse, de acordo co artigo 140 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en moi graves, graves e leves.

29.2.-Terán a condición de infracción leve:

¿ Incumprir os horarios de montaxe e desmontaxe.

¿ Non exhibir a autorización ou comunicación previa.

¿ A simple inobservancia de calquera precepto desta ordenanza que non teña repercusións económicas nin prexuízo para as persoas consumidoras.

¿ En xeral, incumprir as obrigas establecidas nesta norma que non sexan obxecto de sanción específica.

29.3.-Terán a condición de infracción grave:

¿ A venda de produtos distintos dos autorizados na licenza.

¿ O exercicio da actividade por persoa diferente da autorizada.

¿ A falta de ornato ou limpeza das instalacións

¿ Non deixar limpo e recollido o lugar onde estivo instalado e non depositar o lixo nos colectores instalados para o efecto.

¿ Aumentar a superficie do posto con máis metros dos autorizados, así como a instalación de postos en lugar distinto do autorizado.

¿ A desobediencia das ordes e indicacións dadas pola autoridade competente.

¿ Non posuír documentación acreditativa da procedencia da mercadoría.

¿ Non cumprir as normas de seguridade das instalacións e dos seus elementos.

¿ Estacionar os vehículos non autorizados dentro do recinto da feira, fóra das horas de montaxe e desmontaxe dos postos.

¿ No caso dos mercados periódicos organizados, ausentarse do posto por un período de tres días consecutivos ou seis non consecutivos ao longo do ano, agás causa debidamente xustificada.

29.4.-Terán a consideración de infracción moi grave:

¿ A instalación dos postos sen autorización.

¿ O exercicio da venda ambulante sen autorización.

¿ Non estar dado de alta no censo do imposto de actividades económicas ou non estar ao día no pagamento das obrigas tributarias respecto da actividade que se exerza.

¿ Non estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.

¿ Non estar en posesión dalgún dos documentos relacionados na declaración responsable.

¿ A venda de produtos non autorizados.

¿ A reiteración, por terceira vez, de faltas graves.

¿ A perturbación relevante da convivencia, que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio de dereitos lexítimos doutras personas, ao normal desenvolvemento de actividades de toda clase e á salubridade ou ornato públicos, sempre que se trate de condutas non subsumibles nos tipos previstos no capítulo IV da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

¿ O impedimento do uso dun servizo público por outra ou otras personas con dereito á súa utilización.

¿ O impedimento ou a grave e relevante obstrución ao normal funcionamento das actividades realizadas.

¿ Os actos de deterioración grave e relevante de equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos dun servizo público.

¿ O impedimento do uso dun espazo público por outra ou outras personas con dereito á súa utilización.

¿ Os actos de deterioración grave e relevante de espazos públicos ou de calquera das súas instalacións e elementos, sean mobles ou inmobles, non derivados de alteracións da seguridade cidadá.

Artigo 30.-Sancións.

30.1.-De acordo co artigo 141 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as multas por infracción da presente ordenanza terán como límite:

¿ Infraccións leves: multa de ata 750 euros.

¿ Infraccións graves: multa de ata 1500 euros.

¿ Infraccións moi graves: multa de ata 3000 euros.

30.2.-Como sanción accesoria a unha infracción leve poderá acordarse a suspensión temporal por un período máximo de dous meses e para as infraccións graves e moi graves poderá acordarse a suspensión da autorización por un período máximo de 6 meses ou a súa revogación, así como a posibilidade de decomisar a mercadoría nos casos de venda de produtos non autorizados e nos casos legalmente establecidos.

A imposición da revogación da autorización levará consigo a imposibilidade de volver a obtela durante un período máximo de tres anos.

30.3.-Para a gradación da sanción a aplicar teranse en conta as seguintes circunstancias:

¿ A reiteración de infraccións ou reincidencia.

¿ A existencia de intencionalidade do infractor.

¿ A transcendencia social dos feitos.

¿ A gravidade e natureza dos danos ocasionados.

¿ A intensidade da perturbación ocasionada na tranquilidade ou no pacífico exercicio dos dereitos doutras personas ou actividades.

¿ A intensidade da perturbación causada á salubridade ou ornato públicos.

¿ A intensidade da perturbación ocasionada no uso dun servizo ou dun espazo público por parte das persoas con dereito a utilizalos.

¿ A intensidade da perturbación ocasionada no normal funcionamento dun servizo público.

¿ A intensidade dos danos ocasionados aos equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos dun servizo ou dun espazo público.

Artigo 31.-Prescrición das faltas.

31.1.-As faltas prescribirán:

· As leves aos 6 meses.

· As graves aos 2 anos.

· As moi graves aos 3 anos.

31.2.-O prazo de prescrición comezará a contarse dende que a falta se comete e, unha vez iniciado o expediente, quedará paralizado o prazo de prescrición.

DISPOSICIONES

DISPOSICIÓN ADICIONAL

A posta en funcionamento das feiras da Barcala e do Temple quedarán condicionadas á solicitude de, polo menos, un 60% e un 30% respectivamente, dos postos ofertados.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a Ordenanza de regulación da venda ambulante do Concello de Cambre, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión de 30 de marzo de 1989 e publicada no BOP nº 123 o día 31 de maio de 1989.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANEXOS

missing

missing
missing
missing
missing
BOP Nº 7 DE 13/01/2016:

12. Modifícanse os Anexos I e III na alínea correspondente á documentación que se achega, que queda redactada:

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA

PERSOA FÍSICA

 Fotocopia compulsada do D.N.I./N.I.E.

PERSOA XURÍDICA

 Fotocopia compulsada acta de constitución e estatutos

 Documentación acreditativa de ostentar a representación da entidade

 Contrato de traballo, se é o caso.

COMÚN

 Certificado de situación no Censo de Actividades Económicas da Axencia Tributaria, e se é o caso, alta no Imposto de Actividades Económicas e certificado de estar ao corrente. Poderá substituírse a presentación da alta e certificado de estar ao corrente no IAE pola correspondente autorización ao Concello para verificar tales datos.

 Autorización ao Concello para verificar que está dado de alta e ao corrente no pago do imposto sobre

 Actividades económicas.

 Declaración responsable Anexo II ou V

13. Engádese o Anexo VI á ordenanza:

CESIÓN TEMPORAL E EXCEPCIONAL DE POSTO

(ANEXO VI)

VENDA AMBULANTE MUNICIPIO DE CAMBRE

Departamento Axencia Desenvolvemento Local

981 61 31 96/28 adl@cambre.org

Don/dona.......................................................... con D.N.I..............................titular da autorización para a venda ambulante no municipio de Cambre número................. Solicito autorización para a cesión temporal e excepcional do meu posto a favor de:

DNI/CIF

Nome e apelidos/Denominación social

Enderezo para os efectos de notificacións

Parentesco no seu caso

CP

Municipio

Provincia

Teléfono

Correo electrónico:

Causa da cesión: (no seu caso motivación)

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA

PERSOA FÍSICA

Fotocopia compulsada do D.N.I./N.I.E.

PERSOA XURÍDICA

Fotocopia compulsada do C.I.F.

Fotocopia compulsada acta de constitución e estatutos

Documentación acreditativa de ostentar a representación da entidade

Contrato de traballo, se é o caso.

COMÚN

Certificado de situación no Censo de Actividades Económicas da Axencia Tributaria, e se é o caso, alta no Imposto de Actividades Económicas e certificado de estar ao corrente. Poderá substituírse a presentación da alta e certificado de estar ao corrente no IAE pola correspondente autorización ao Concello para verificar tales datos.

Autorización ao Concello para verificar que está dado de alta e ao corrente no pago do imposto sobre Actividades Económicas ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.

Declaración responsable anexo II ou V.

Documentación xustificativa que motive a cesión.

Cambre, a__ de _______________ de _____

Asdo:__________________________________

O primeiro/a titular

Asdo:__________________________________

A persoa en cesión

ADVÍRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente".