Paderne - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalación e obras
I NORMATIVA APLICABLE
Artigo 1º
Por medio da presente Ordenanza fiscal, regúlase neste termo municipal o Imposto sobre construccións, instalacións e obras, de conformidade co establecido no RDLEG 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais.
II FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 2º.
1. Constitúe o feito impoñible do imposto, a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixe obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Municipio.
2. Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas cuxa execución implique a realización do feito impoñible definido no artigo anterior e en particular as seguintes:
a) As obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten á estructura en aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construcción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servizos públicos, que corresponderán tanto ás obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou amaño do que poidera estragarse coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra tales como desmontes, explanacións, escavacións, aterraplenados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e das valas, os andamios e os andamiaxes de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servizos públicos, calquera que sexa o seu emprazamento.
i) Os usos ou instalacións de carácter provisional.
j) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valas que teñan publicidade ou propaganda.
k) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, ás actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.
l) A realización de calesquera outras actuacións establecidas polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lle sexan aplicables como suxeitas a licenza municipal, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.
III EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artigo 3º
Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades locais que estando suxeitas ó mesmo, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións, e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.
IV SUXEITOS PASIVOS
Artigo 4º
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quenes soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.
V BASE IMPOÑIBLE, COTA E DEVENGO
Artigo 5º
A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, do que non forman parte, en ningún caso, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construccións, instalacións ou obras.
A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravames.
O tipo de gravame será do 2,5% para todas as construccións.
O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.
VI XESTIÓN
Artigo 6º
1. Cando se conceda licenza preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
2. Á vista das construccións, instalacións e obras efectivamente realizadas e do custe real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
VII RECADACIÓN E INSPECCIÓN
Artigo 7º
A recadación de inspección do tributo realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria, Regulamento Xeral de Recadación, demais leis do Estado reguladoras da materia e disposicións dictadas para o seu desenrolo.
VIII INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
Artigo 8º
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sanciones que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase a Lei Xeral Tributaria e disposicións dictadas para o seu desenrolo, así como as normas do Título Sexto da Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección.
XIX COMPROBACIÓN E INVESTIGACIÓN
Artigo 9º
A Administración Municipal poderá, por calquera dos medios previstos na Lei Xeral Tributaria, comproba-lo valor dos elementos do feito impoñible.
Disposición final
Primeira
A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2005 entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Segunda.- En todo o non especificamente regulado nesta Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Subsección 5ª, da Sección 3ª, do Capítulo II, do Título II da referida RDLEG 2/2004, de 5 de marzo, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.