Dodro - Ordenanza fiscal Nº 12 reguladora da taxa por prestación de servizos deportivos
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa pola prestación de servizos deportivos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, normas que atenden ó prevenido no artigo 57 do devandito Real Decreto Lexislativo 2/2004.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servizos da escola deportiva, cursos e outras actividades deportivas nos termos especificados nas tarifas da presente ordenanza.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa.
Artigo 4.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43.
Artigo 5.- Devengo.
Considérase devengada a taxa, nacendo a obriga de contribuir, cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gi-avame, entendéndose a estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 6.- Cota tributaria.
A. Escolas deportivas municipais: (euro/trimestre)
- Maiores de 16 anos: 17 euros
- Menores de 16 anos: 11,50 euros
B. Actividades deportivas de verán (xullo-agosto):
- Maiores de 16 anos: 17 euros/bimestre
- Menores de 16 anos: 11,50 euros/bimestre
C. Cursos específicos de duración superior a 20 horas: 5,50 euros
D. Utilización do ximnasio (inclúe 12 horas/mes)
- Aboamento mensual: 17 euros
- Aboamento trimestral: 40 euros
- Os clubs deportivos e asociacións culturais ou deportivas sen fins de lucro inscritas no rexistro de asociación do Concello (1 h/semana):
- Aboamento mensual: 6,50 euros
- Aboamento trimestral: 16 euros
A presente modificación entrará en vigor a partir do 01/03/2016 as relativas á utilización do ximnasio e o resto a partir do 01/10/2016.
Artigo 7.- Normas de xestión.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e lugares que se determine nas correspondentes convocatorias.
As contías teñen carácter irreductible.
Artigo 8.- Obriga de pago.
1. A obriga de pago da taxa nace desde o momento en que se preste ou realice calquera dos servizos ou actividades ós que se refire esta Ordenanza.
2. O pago da taxa terá lugar por ingreso directo no momento de solicitar ou de formalizar a inscripción, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, na tesoureiría municipal ou en calquera das contas bancarias abertas a nome do concello.
3. O pago será mensual ou trimestral segundo corresponda non podendo realizarse fraccións inferiores a unha mensualidade.
Artigo 9.- Beneficios fiscais.
Fíxanse unhas bonificacións do:
50% ás persoas cun grao de minusvalía recoñecido legalmente do 33% ou superior e ós maiores de 65 anos.
35% ós membros de familias numerosas.
25% da cota por utilización do ximnasio ós membros da mesma unidade familiar (bonos familiares).
As bonificacións non serán acumulables, aplicarase á maior das porcentaxes de desconto á que teña dereito.
Estes beneficios fiscais deberán ser solicitados expresamente polo suxeito pasivo perante o concello no momento de presentación da solicitude da prestación do servizo deportivo. Para estes efectos deberá acompañarse documentación xustificativa da súa condición de membro de familia numerosa, grao de minusvalía ou idade segundo corresponda.
Non se poderán, recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente establecidos en normas con rango de lei ou os derivados dos tratados intemacionais.
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do día 23 de febrero de 2006, entrará en vigor o mesuro día da súa publicación no Boletín da Provincial, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.