Boiro - ORDENANZA FISCAL N.º 3 DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1.-Fundamento e natureza
De conformidade co previsto no artigo 95.4 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o coeficiente de incremento das cotas do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica aplicable neste Municipio queda fixado no 1,35, sendo as tarifas anuais as seguintes:
A) Turismos: Euros
De menos de 8 cabalos fiscais: 17,04
De 8 ata 11,99 cabalos fiscais: 46,01
De 12 ata 15,99 cabalos fiscais: 97,12
De 16 ata 19,99 cabalos fiscais: 120,97
De 20 cabalos fiscais en adiante: 151,20
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas: 112,46
De 21 a 50 prazas: 160,16
De máis de 50 prazas: 200,21
C) Camións: 0,00
De menos de 1.000 quilogramos de carga útil: 57,08
De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil: 112,46
De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga util: 160,16
De máis de 9.999 quilogramos de carga útil: 200,21
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais: 23,85
De 16 a 25 cabalos fiscais: 37,49
De máis de 25 cabalos fiscais: 112,46
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos tracción mecánica:
De menos de 1.000 quilogramos e máis de 750 quilogramos de carga útil: 23,85
De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil: 37,49
De máis de 2.999 quilogramos de carga útil: 112,46
F) Outros Vehículos:
Ciclomotores: 5,97
Motocicletas ata 125 centímetros cúbicos: 5,97
Motocicletas de máis de 125 ata 250 centímetros cúbicos: 10,22
Motocicletas de máis de 250 ata 500 centímetros cúbicos: 20,45
Motocicletas de máis de 500 ata 1.000 centímetros cúbicos: 40,89
Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos: 81,78
Engádese o apartado 5 ó Artigo 2º . Xestión
5.- O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ó efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.
Artigo 2.-Tipo de gravame
1.-O tipo de gravame aplicable os bens inmobles urbanos queda fixado no 0,4 por cento.
3.-O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de características especiais queda fixado no 1 por cento.
Artigo 3. -Exención por criterios de eficiencia e economía.
Ó abeiro do disposto no artigo 63.4 Lei 39/1988, do 28 de decembro, establécese unha exención a prol dos bens inmobles nos que a cota tributaria líquida non superen a contía de:
A) Nos bens inmobles rústicos: 3,60 euros
B) Nos bens inmobles urbanos: 2,40 euros
Artigo 4.-Exención a prol dos centros sanitarios de titularidade pública.
De conformidade co previsto no artigo 63.3 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, gozarán de exención os bens de que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, previa solicitude dos interesados.
Requisitos formais: coa solicitude presentarase certificado do Organismo titular do centro sanitario, que acredite a afectación do centro ó cumprimento dos fins específicos destes.
Artigo 5.-Bonificación vivendas de protección oficial
As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo a lei da Comunidade Autónoma, gozarán dunha bonificación do 50 por cento durante o prazo de tres anos contados dende o exercicio seguinte ó do outorgamento da cualificación definitiva.
Esta bonificación terá que ser solicitada polo interesado en calquera momento anterior á terminación do prazo de tres anos e terá efectos dende o período seguinte ó da solicitude.
Os solicitantes deberán presenta-la cédula de cualificación definitiva como Vivenda de Protección Oficial do inmoble e a documentación acreditativa da titularidade do devandito inmoble (escritura de compra-venda).
Artigo 6.-Bonificación para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria.
1.-De acordo co establecido no artigo 74.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, terán dereito a unha bonificación do 50 por cento sobre o cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
2.-O prazo de aplicación desta bonificación abranguerá desde o período impositivo seguinte ó correspondente ó inicio das obras e ata o posterior ó remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, sen que, en ningún caso, a bonificación poida aplicarse a máis de tres períodos impositivos.
3.-Para o goce desta bonificación, os interesados deberán presentar escrito dirixido ó señor alcalde-presidente do Concello de Boiro durante o ano correspondente ó inicio das obras, debendo achega-la seguinte documentación:
- Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles, correspondente ó inmoble ó que se refire a solicitude de exención. No caso de que non se dispoña deste, certificación expedida pola Xerencia Territorial do Catastro de A Coruña, no que se faga consta-la referencia catastral do referido inmoble.
- Certificado da concesión da preceptiva licencia municipal que autorice a realización das obras.
- Certificación do técnico-director das obras de construcción, visado polo colexio oficial competente, no que se indique a data de inicio das obras.
- Documentación que acredite que o inmoble para o que se solicita a bonificación non figura entre os bens do inmobilizado da empresa: cédula de cualificación provisional, no caso de vivendas de protección oficial, fotocopia do derradeiro balance de situación presentado ante Facenda ou certificación do censor xurado de contas, no que se faga constar tal circunstancia.
- Documentación pola que se acredite que os inmobles ós que afectan as obras constitúe o obxecto da empresa de urbanización, construcción ou promoción inmobiliaria: fotocopia dos estatutos sociais ou fotocopia da declaración de alta no imposto sobre actividades económicas.
4.-Á vista da documentación presentada, o órgano competente do Concello de Boiro dictará resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida só producirá efectos para o período impositivo seguinte ó inicio das obras, debendo solicitarse expresamente a súa prórroga para os dous períodos impositivos seguintes, achegando a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos establecidos anteriormente. En calquera caso, a presentación da solicitude fóra do prazo establecido no apartado 3, dará lugar a inadmisión desta e a conseguinte denegación da bonificación.
Artigo 7.-Bonificación a prol de suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa.
1.-Establécese unha bonificación do 50 por cento sobre a cota tributaria íntegra aplicable ós bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual e nos que figure como suxeito pasivo quen ostente a condición de titular dunha familia numerosa, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:
a) Que a suma dos valores catastrais de tódolos bens inmobles sitos no término municipal de Boiro, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros desta, non exceda de 100.000,00 euros.
b) Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran na columna dereita do seguinte cadro:
Número membros unidade familiar | Importe máximo de renda dispoñible (euros) |
3 | 20.000,00 |
4 | 30.000,00 |
5 | 35.000,00 |
6 | 39.000,00 |
7 | 42.000,00 |
8 | 44.000,00 |
9 ou máis | 45.000,00 |
2.-Para os efectos da aplicación do cadro anterior, considerase renda dispoñible a suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó imposto sobre a renda das persoas físicas.
3.-Os suxeitos pasivos que, cumprindo cos requisitos establecidos no apartado anterior, e sempre que non teñan débedas pendentes por calquera concpeto coa Facenda Municipal, pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude dirixida ó señor alcalde-presidente do Concello de Boiro, antes do 31 de xaneiro do ano correspondente ó período impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente co escrito deberase achega-la seguinte documentación:
- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido a situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
- Copia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteña rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración da renda, presentarán certificado no que conste que non se ten presentado esta, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que serva para a determinación da renda dispoñible.
4.-Á vista da documentación presentada, o órgano competente do Concello de Boiro dictará resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida só producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, presentando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fóra do prazo establecido no apartado 3 anterior, dará lugar a súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.
Art 8.- Sistema Especial de Pago.
1.- Os obrigados ao pago que así o soliciten poderán pagar de forma fraccionada e mediante domiciliación bancaria as débedas polo imposto sobre bens inmobles devengadas a 1 de xaneiro do exercicio, sen que lles sexa esixible o pago de xuros de mora nin a prestación de garantías.
2.- Para acceder a esta modalidade de pago, os obrigados ao pago deberán cumprir os requisitos que de seguido se recollen:
a) Non ter á data de aprobación do padrón do tributo correspondente ningunha débeda en vía executiva co Concello.
b) Domiciliar os seus recibos en calquera entidade financeira.
c) Notificar formalmente ao concello de Boiro a adhesión a este Sistema antes do día 1 de marzo do exercicio no que se pretende a súa aplicación.
e) Incluír todos os seus recibos polo tipo de ingreso no que se acollen a este sistema
3.- O sistema especial de pagos entenderase automaticamente concedido desde o mesmo día da solicitude sempre que se cumpran todos os requisitos establecidos no parágrafo anterior. No suposto de que a solicitude se presente despois da data indicada, a concesión terá efectos tributarios no exercicio seguinte. De non se cumprir os requisitos establecidos o concello comunicará, antes del inicio del período de pago establecido e en todo caso antes do primeiro prazo, a denegación o a exclusión deste sistema especial de pago ao obrigado ao pago.
Unha vez incluídos os recibos neste sistema de pago entenderase prorrogado tacitamente agás desistimento expreso presentado antes do día 1 de xaneiro do exercicio no que se pretende a exclusión do sistema especial de pago, ou incumprimento de calquera dos prazos.
4.- O obrigado ao pago abonará mediante domiciliación as cotas tributarias fraccionadas, sen xuros de mora e sen obriga de prestar garantías, mediante ol Sistema Especial de Pago nas seguintes datas:_ Primeiro Prazo: 20 de abril; _ Segundo Prazo: 5 de xuño; _ Terceiro Prazo: 5 de xullo.
5.- O importe de cada fracción será el resultado de dividir o importe do recibo polo número de fraccións.
6.- Cando por causas imputables ao obrigado ao pago a débeda non se faga efectiva no seu vencemento, isto é cando non se pague calquera dos prazos, perderase de maneira automática o dereito a beneficiarse deste sistema de pago, pasando a rexerse polo sistema xeral e, polo tanto:
a) se o período voluntario de ingreso non tivera finalizado, terase que proceder ao pago integro da débeda dentro do período voluntario de ingreso establecido para o tributo ou ingreso de dereito público;
b) se o período voluntario de ingreso tivera finalizado, iniciarase a vía de constrinximento pola contía pendente de pago.
7.- Se o obrigado ao pago decidira adiantar o pago de calquera das fracciones á data de vencemento sinalada, deberá abonar o importe total do recibo para o que terá que dirixirse ao concello que lle entregará o documento de pago sen que isto supoña a perda do sistema para exercicios posteriores, agás que o interesado así o manifeste.
8.- Calquera modificación na conta de domiciliación deberá de comunicarse con 2 meses de antelación as datas establecidas para o cobro de cada fracción. No suposto de que se presente despois das fechas indicadas, as modificacións terán efecto para a fracción seguinte.
9.- Cando o sistema especial de pago remate anticipadamente sen que o importe abonado permita cancelar o importe das débedas incluídas no sistema, o Concello aplicará os cobros realizados a débeda máis antiga, e se as débedas tiveran a mesma antigüidade a Administración tributaria municipal poderá aplicalas do xeito que estime máis conveniente. A antigüidade determinarase de acordo coa data en que cada unha fose esixible."
Disposición final
1.-A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003; entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2004, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
2.-Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal número 3, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión de 21 de decembro de 2000.