Arzúa - TAXA POLA SUBMINISTRACION DE AUGA E CONSERVACION DE CONTADORES E ACOMETIDAS
Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 e 20.4 t) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais ( TRLRFL); este Concello establece a taxa por suministración de auga, conservación de contadores e acometidas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do TRLRFL.
Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
1.-A utilización da rede de fornecemento de auga polos predios situados no termo municipal, os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e a acometida.
2.-A utilización da rede de abastecemento de auga polas vivendas situadas no núcleo de O Pedral, parroquia de A Mella, conectados á rede de abastecemento de auga do concello de Boimorto; en virtude do convenio administrativo a formalizar entre ambos concellos, así como os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e acometida.
Para os efectos de aplica-la taxa distinguense tres tipos de consumo:
Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.
Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.
Usos para obras: son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas e formigóns, rego e outras.
2.-O servicio de verificación e conservación de contadores nos térmos previstos no artigo 29 do Regulamento do servicio municipal de fornecemento de auga potable.
3.-O servicio de conservación de acometidas nos termos previstos no artigo 15 do Regulamento do Servicio municipal de fornecemento de auga potable.
Artigo 3.º.-SUXEITO PASIVO.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as entidades físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a prestación do servicio ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.
2.-Terán a consideración de sustitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercuti-las cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.
Artigo 4.º.-RESPONSABLES.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.
A base impoñible da taxa por subministración de auga potable está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso
Artigo 6.º.-COTA TRIBUTARIA.
I) Cota por subministración de auga: A cota tributaria, en concepto de taxa por subministración de auga potable, resulta de aplicar á base impoñible o prezo por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:
A. Usos domésticos:
1. Por mantemento do servizo €/m3
1.1.-Mínimo de 10 m3 mes -------------------- 0,4572
1.2 .-Desde 11 m3 a 15 m3 mes -------------- 0,6399
1.3.-Máis de 15 m3/mes ------------------------- 0,8860
B. Usos industriais:
1.-Por mantemento do servizo €/m3
1.1.-Mínimo de 50 m3 mes --------------------- 0,5944
1.2.-Por m3 que exceda do mínimo --------- 0,9371
C. Usos para obras.
1.-Por mantemento de servizo €/m3
1.1.-Mínimo de 100 m3 mes ----------------- 0,5944
1.2.-Por m3 que exceda do mínimo ------- 1,0516
2.-A cota que se esixirá en todo caso pola prestación do servicio será a mínima establecida segundo o tipo do consumo.
3.-No caso de avaría no equipo de medida ou falla de aboamento no momento de efectua-la lectura, estimaráse o consumo consonte co previsto no Regulamento do servicio municipal de suministración de auga potable.
4.-Os usuarios que carezan de contador pagarán unha cota mensual de 24 m3 polo uso doméstico e 240 m3 no caso de obras.
II.-Outras cotas:
A) Cota de alta no servicio---------------------------------------------------------------------- 73,44 €
B) Cota única por dereitos de acometida a red xeral de abastecemento ----- 130,63 €
C) Cota mensual por verificación e conservación de contadores ------------ 0,2249 €
D) Cota mensual por conservación de acometidas --------------------------------- 0,2249 €
Artigo 7.º.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Non se aplicarán exencións, bonificacións ni reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos teñan que satisfacer.
Artigo 8.º.-OBRIGA DE CONTRIBUÍR.
A taxa devengaráse a partir do comezo da prestación do servicio.
Artigo 9.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
1.-A facturación dos consumos faráse bimestralmente. Non obstante, e con carácter excepcional, o Concello poderá aproba-la facturación mensual no caso de aboados con consumos superiores a 500 m3 que o soliciten, e previo informe da empresa suministradora.
2.-Os suxeitos pasivos deberán presenta-la solicitude de alta ou baixa no servicio e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporaránse o censo de suxeitos pasivos en concepto de taxa por suministración de auga potable.
3.-Os suxeitos pasivos que aparezan como titulares o comezo de cada periodo facturado están obrigados ó pagamento das liquidacións mensuais ou trimestrais correspondentes.
Artigo 10.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Con respecto á calificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal de suministración de auga potable, e para todo o relativo a calificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición derrogatoria
A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derogada a anterior Ordenanza reguladora da taxa pola subministración de auga e conservación de contadores e acometidas.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza fiscal, cuia redacción foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 30 de novembro de 2007, e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2.008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
(Modificada por acordos plenarios do 31/10/2008, 30/10/2009, 15/11/2010, 26/10/2011, 26/10/2012. 31/10/2013, 31/10/2014, 30/10/2015 e 28/10/2016).