Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 3 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Publicación provisional: 26/02/2003 BOP Nº: 47
Publicación definitiva: 31/03/2003 BOP Nº: 74
Aplicable dende: 01/01/2017

Artigo 1.-Normativa aplicable

O imposto sobre actividades económicas rexerase neste Concello:

a) Polas normas reguladoras deste contidas na Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.

b) Polas tarifas e instrucción do imposto, aprobadas polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, e Real decreto lexislativo 1259/1991, do 2 de agosto.

c) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Cota tributaria

A cota tributaria será o resultado de aplicar as tarifas e as instruccións aprobadas polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro, e polo Real Decreto Lexislativo 1259/1991, de 2 de agosto, e os coeficientes de ponderación regulado no artigo 3, e, no seu caso, o de situación regulado no artigo 4, ambos os dous da presente ordenanza fiscal.

Artigo 3.-Coeficiente de ponderación

De acordo co que prevé o artigo 87 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sobre as cotas municipais de tarifa aplicarase, en todo caso, un coeficiente de ponderación, determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo, de acordo co seguinte cadro:

 

Importe neto da cifra de negociosCoeficiente
Dende 1.000.000,00 ata 5.000.000,001,29
Dende 5.000.000,01 ata 10.000.000,001,30
Dende 10.000.000,01 ata 50.000.000,001,32
Dende 50.000.000.01 ata 100.000.000,001,33
Máis de 100.000.000,001.35
Sen cifra neta de negocio1,31

 

Para os efectos da aplicación do coeficiente a que se refire este artigo, o importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo será o correspondente ó conxunto de actividades económicas exercidas por este e determinarase de acordo co previsto no artigo 83.1.º da Lei 39/1988.

Artigo 4.-Coeficiente de situación

1.-Sobre as cotas municipais de tarifa, incrementadas por aplicación do coeficiente de ponderación regulado no artigo 8 desta Ordenanza fiscal, aplicarase o índice que corresponda das sinaladas no cadro establecido no apartado seguinte, en función da categoría da rúa do Concello na que estea situado o local no que se exerza a actividades respectiva.

2. Establécese o seguinte cadro de coeficiente de situación:

a) CATEGORÍA 1. Subpolígono industrial da zona industrial de Xubia, con fronte á Est. Castela, entre os números 802 e 820 ambos os dous inclusive. Polígonos industriais das Lagoas, A Gándara e o Río do Pozo, e parcelas anexas onde se sitúa a molturadora para a fabricación de cemento (terreo Pedreira, lugar de Agrande- Castro).

Índice 2,18

b) CATEGORÍA 2. Resto da Est. Castela non incluída na categoría 1

Índice 1,97

c) CATEGORÍA 3. Resto do término municipal

Índice 1,64

2.-A aquelas actividades que tributen por cota provincial ou nacional non lles serán aplicables nin o coeficiente nin o índice de situación regulados nesta ordenanza.

Artigo 5.-Bonificacións

1.-Sobre a cota tributaria do imposto aplicaranse, en todo caso, as seguintes bonificacións:

a) As cooperativas, así como as unións, federacións e confederacións destas e as sociedades agrarias de transformación, terán a bonificación prevista na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal das cooperativas.

b) Unha bonificación do 50 por cento da cota correspondente, para quen inicie o exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenrolo desta. O período de aplicación da bonificación caducará transcorridos cinco anos.

c) Bonificación do 20 por cento da cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributa por cota municipal e que produzan enerxía a partir de instalacións de aproveitamento de enerxía renovable, sempre que non sexa a súa actividade principal e constitúa como mínimo, un 20 por cento do seu consumo enerxético total. Para estes efectos considéranse instalacións para aproveitamento de enerxía renovable as contempladas e definidas como tales no Plan de fomento da enerxía renovable.

A bonificación recollida no apartado c) non terá efectos ata o exercicio de 2004, segundo a disposición adicional 8ª da Lei 51/2002, do 27 de decembro, da reforma de Lei 39/88, de réxime das facendas locais.

Período impositivo e devengo

1.-O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de declaracións de alta, neste caso abarcará dende a data de comezo da actividade ata o final do ano natural.

2.-O imposto devengarase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles, salvo cando nos casos de declaración de alta, o día de comezo da actividade non coincida co ano natural, calculándose neste suposto as cotas proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finalizar o ano, incluído o do comezo do exercicio da actividade.

3.-Tratándose de espectáculos, cando as cotas estean xa establecidas por actuacións illadas, o devengo prodúcese pola realización da cada unha delas, debéndose presentar las correspondentes declaracións na forma que se estableza regulamentariamente.

Artigo 6

Normas de xestión do imposto

1.-É competencia do Concello a xestión tributaria deste imposto, que abrangue as funcións de concesión e denegación de exencións, realización das liquidacións conducentes á determinación das débedas tributarias, emisión dos instrumentos de cobramento, resolución dos recursos que se interpoñan contra os ditos actos, e actuacións para a información e asistencia ó contribuínte.

2.-As solicitudes para o recoñecemento de beneficios fiscais deben presentarse na Administración municipal, debendo ir achegadas da documentación acreditativa destas. O acordo polo que se acceda á petición solicitada fixará o exercicio dende o que o beneficio se entendese concedido.

3.-Contra os actos de xestión tributaria, competencia do Concello, os interesados poden formular recurso de reposición, previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes, que comezará a contar dende a notificación expresa ou a exposición pública dos padróns correspondentes.

4.-A interposición de recursos non paraliza a acción administrativa de cobramento, a menos que, dentro do prazo previsto para interpoñer lo recurso, o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e acompañe garantía suficiente.

Non obstante, en casos excepcionais, a alcaldía pode acordar la suspensión do procedemento, sen presentación de garantía, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de presentala ou demostre fidedignamente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.

O período de cobramento para valores-recibo notificados colectivamente fixaranse no intre de aprobar o padrón de contribuíntes.

As liquidacións de ingreso directo serán satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento xeral de recadación, que son:

a) Para as notificacións efectuadas na primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.

b) Para as notificacións efectuadas na segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.

Transcorrido o período voluntario de cobramento sen ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constrinximento e aplicarase un recargo do 20 por cento.

As cantidades adebedadas devengarán interese de demora dende o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso, aplicándose o dito interese sobre a débeda tributaria excluído o recargo de constrinximento.

O Tipo de interese será o vixente no momento de finalizar o prazo de ingreso en período voluntario, fixado conforme ó disposto no artigo 58.2.b) da Lei xeral tributaria.

Artigo 7.

Comprobación e investigación

Nos termos que se dispoñan polo ministro de Economía e Facenda, o Concello solicitará para si as funcións de inspección do imposto sobre actividades económicas que abrangan a comprobación e investigación, a práctica das liquidacións tributarias que no seu caso procedan e a notificación da inclusión, exclusión ou alteración dos datos contidos nos censos. Todo isto referido, exclusivamente, ós supostos de tributación por cota municipal.

Artigo 8.

Delegación de facultades

Se o Concello delegase na Deputación Provincial da Coruña as facultades referidas nos artigos 9 e 10 desta ordenanza ou exclusivamente as dun deles, e esta delegación fose aceptada, as normas contidas nos devanditos artigos serán aplicables ás actuacións que deba efectuar a Administración delegada.

Disposición adicional

Facúltase á Alcaldía para facer a modificación axeitada para adoptar o rueiro do Concello as modificacións aprobadas na antedita ordenanza fiscal, antes da súa entrada en vigor o 1 de xaneiro do 2002, permanecendo vixente mentres non sexa expresamente derrogado.

Disposición final

A modificación da presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2016.

Anexo

a) CATEGORÍA 1.- Subpolígono industrial da zona industrial de xubia, con fronte á Est. Castela, entre os números 802 e 820 ámbolos dous inclusive. Polígonos industriais das Lagoas, A Gándara e o Rio do Pozo e parcelas anexas onde se ubica a molturadora para la fabricación de cemento (finca Padreira lugar de Agrande Castro)

Índice 2,0

 

 

b) CATEGORÍA 2.- Resto da Est. Castela non incluída na categoría 1

Índice 1,8

 

c) CATEGORÍA 3.- Resto do término municipal

Índice 1,5

 

 

Rúas:

http://bop.dicoruna.es/bop/2006/12/28/14820-0.htm

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2009/12/24/2009_0000018823.html

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/12/28/2010_0000018442.html

Engádense no RUEIRO PARA OS EFECTOS DO IAE, as seguintes rúas:

Praza de Tranvías, categoría 3

Praza do Botánico Rodríguez Dacal, categoría 3

Rúa Xoana Torres, categoría 3

BOP nº 246 de 24/12/2015: Engádense no RUEIRO PARA OS EFECTOS DO IAE, as seguintes rúas:

TIPO VÍA

NOME VÍA

CATEGORÍA RÚA

Rúa

Mercedes Vieito

3

Rúa

Lagoa de Bodeira

1

Rúa

Lagoa dos Baluros

1

Avenida

3 de abril

3

Rúa

Das Ceramicas

3

Camiño

Camiño do Corveiro

3

Camiño

Camiño do Cenzo

3

Camiño

Camiño do Quinto

3

Camiño

Camiño do Pasadoiro

3

Camiño

Camiño do Carro

3

Camiño

Rueiro do Vilar

3

Camiño

Camiño da Fraga do Vilar

3

Camiño

Camiño da Fonte do Vilar

3

Camiño

Camiño do Picho

3

Camiño

Camiño do Petouzal

3

Rúa

Urbanización do Couto

3

BOP nº 246 de 24/12/2016:

Cambiar a denominación de rúa García Morato por Álvaro Paradela