Laracha A - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Publicación provisional: 08/06/2012 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 08/08/2012 BOP Nº: 150
Aplicable dende: 18/10/2017

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

De acordo co previsto no artigo 41 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este concello procede á regulación do prezo público por actividades reguladas pola presente ordenanza.

Artigo 2º. Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades culturais e deportivas organizadas polo Excmo. Concello de A Laracha, tales coma talleres, cursiños, seminarios, comidas, bailes, excursións, e demais de natureza análoga, sempre que as mesmas non sexan de solicitude ou recepción obrigatoria polos usuarios e non estean reservadas á entidade local.

Artigo 3º. Obrigados ao pagamento.

Están obligados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, quenes se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refiere o artigo anterior.

Artigo 4º. Contía.

A contía do precio público regulado nesta ordenanza será a que fixe en cada caso, a Xunta de Goberno por delegación do Pleno da Corporación, de acordo cos artigos 47 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

A estos efectos a Xunta de Goberno Local, antes do inicio da actividade, e en base a informe previo do departamento de Servizos Económicos relativo aos custos soportados polo concello na organización desa actividade, establecerá as tarifas concretas para a mesma. De acordo co apartado segundo do artigo 44 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a Xunta de Goberno Local poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servicio ou actividade prestado, dado que nestes casos concurren razóns sociais, culturais ou de interés público que así o aconsellan, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato establecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á educación física, ao deporte, á adecuada utilización do ocio e á cultura (artigos 43 e 44).

Acordadas as tarifas de cada actividade, o acordo será exposto no Taboleiro de Anuncios do concello a efectos da súa publicidade.

Artigo 5º.-Normas de xestión.

A obligación do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben poderase esixir o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e durará ata a formalización da baixa ou finalización da actividade.

A estos efectos, o acrodo da Xunta de Goberno Local previsto no artigo 4 da presente ordenanza establecerá, ademais, o réxime de xestión, que incluirá:

Posibilidade de ingreso mediante autoliquidación dos obrigados ao pago ou mediante liquidación aprobada polo concello.

Momentos nos que se procederá ao ingreso, podendo levarse a cabo a través dun pago único anticipado ou de modo fraccionado en varios prazos ao longo de desenvolvemento da actividade.

Medios de pago, sendo o procedemento ordinario o de domiciliación bancaria, mediante impreso autorizante firmado polos usuarios no momento da matrícula na actividade, ou o ingreso nas contas municipais habilitadas ao efecto.

O desistimento ou falta de asistencia do usuario á actividade non suporá reducción nin exención da obriga de pagamento mentres non se formalice a baixa correspondente, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.

No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederáse á devolución do ingresado na parte proporcional ás prestacións efectivamente efectúadas.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente, publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días que sinala o artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

TARIFAS

A xunta de goberno local do concello de A Laracha ,na súa sesión de data 09.10.2017, ao abeiro do artigo 4º da Ordenanza reguladora do prezo público por actividades culturais e deportivas (Boletín Oficial da Provincia número 188, de 3 de outubro de 2017),acordou fixar os seguintes Prezos públicos:

PRIMEIRO.- Para a actividade excursión a Riveira Sacra para a Terceira idade , pensionistas e xubilados: 15 €

SEGUNDO.- Para o servizo de Madrugadores os seguintes Prezos Públicos:

 CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO e CEIP CAIÓN (Horario: 7:00 a 9:30)

CON ALMORZO

SEN ALMORZO

MES COMPLETO

DÍAS SOLTOS**

DÍAS OCASIONAIS

MES COMPLETO

DÍAS SOLTOS**

DÍAS OCASIONAIS

42,35€

2,80€

3,15€

36,05€

2,45€

2,66€

 CEIP ALFREDO BRAÑAS (Horario 7:00 a 9:10)

CON ALMORZO

SEN ALMORZO

MES COMPLETO

DÍAS SOLTOS**

DÍAS OCASIONAIS

MES COMPLETO

DÍAS SOLTOS**

DÍAS OCASIONAIS

36,75€

2,45€

2,73€

31,15€

2,17€

2,31€

** Os días soltos contabilízanse ata 12 días, a partir do 13º día cobrarase o mes completo.