Miño - ORDENANZA FISCAL NÚM. 23, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E POR RESERVAS DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS E CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍAS DE CALQUERA CLASE

Publicación provisional: 09/07/2008 BOP Nº: 157
Publicación definitiva: 18/09/2008 BOP Nº: 216
Aplicable dende: 01/01/2018

Artigo 1.- Fundamento Legal e Natureza

En uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réximen Local. e nos artigos 15 a 27, e 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, esta Ordenanza regula a taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, e carga e descarga de mercancías de calquer clase.

Artigo 2.- Feito Impoñible

Constitue o feito impoñible a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías ou terreos públicos derivada da entrada e salida de vehículos a través da beirarrúa para acceder a calquer finca (garaxes, aparcamentos, locais, naves industriais, organismos oficiales¿), ou do establecemento de reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, prohibición de estacionamento ou carga e descarga de mercancías de calquer clase, con prohibición de estacionamento a terceiros na parte da vía pública afectada.

Artigo 3.- Suxeito Pasivo

3.1 Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as personas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.

3.2 Terán a consideración de sustitutos do contribuínte por esta taxa, os propietarios das fincas e locales a que den acceso as entradas de vehículos, quenes podrán repercutir no seu caso as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

3.3. O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locales non estarán obrigados ao pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicaciones que exploten directamente e por todolos que inmediatamente interesen á seguridade ciudadana ou á defensa nacional.

3.4 Asimesmo estarán exentas de pago as reservas de espacios para as paradas do servizo público de transporte urbano, para o estacionamento de vehículos de minusválidos, para os servizos de urxencia de centros sanitarios públicos ou concertados.

Artigo 4.- Cota Tributaria

A cota tributaria establecese en función da lonxitude en metros lineales do aproveitamento, o número de horas ao día de reserva e a categoría das rúas, e será a resultante de aplicar as tarifas que se enumeran no Anexo I da presente Ordenanza.

Artigo 5.- Devengo

5.1 A taxa devengarase o primeiro día do ano natural, se xa estivese autorizado o aproveitamento, de conformidade cos artigos 26.1 e 2 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

5.2 No caso de alta durante o ano, devengarase no día de inicio efectivo da utilización ou aproveitamento e procederase ao ingreso da parte proporcional da cota.

5.3 Asimesmo cando cause baixa definitiva a actividade, poderase devolver, a solicitude do interesado, a parte proporcional da cota anual polo tempo que medie ata o fin do exercicio.

5.4 Nos aproveitamentos temporais, a taxa devengarase cando se inicie a utilización ou aproveitamento especial e o período impositivo concidira co tempo autorizado.

Artigo 6.- Infraccións e Sancións

En todo o referente a infraccións e sancións, será de aplicación a Lei 58/2003, de 17 de dicembro, Xeral Tributaria, en concreto, os artigos 181 e seguintes, e as disposicións que a desenrollen.

Disposición Final

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 17 de outubro de 2017, e entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2018 permanecendo en vigor ata a sua modificación ou derogación expresa.

Anexos

Anexo I. Tarifas

a) Entrada de vehículos a garaxes

Espazo ocupado

Importe en € por 3 metros lineales de entrada (espazo mínimo)

- Ata 30 m2 de superficie do local

Exento

- De 31 m2 a 50 m2 de superficie do local

83,64 €

- De 51 m2 a 100 m2 de superficie do local

94,62 €

- De 101 m2 a 200 m2 de superficie do local

112,39 €

- De 201 m2 a 500 m2 de superficie do local

146,36 €

- De 501 m2 a 1.000 m2 de superficie do local

198,64 €

- Máis de 1.000 m2 de superficie do local

240,45 €

As taxas anteriores impondranse a aqueles vados que teñan unha lonxitude máxima de 3 metros lineais, considerándose o siguiente recargo por cada metro lineal (no caso de fracción liquidarase de forma prorrateada) que se solicite a maiores do espacio mínimo establecido más arriba.

Actividade obxeto da taxa

Espazo ocupado

Importe en € a incrementar por metro lineal a maiores do espazo mínimo

Entrada de vehículos a garaxes

- Ata 30 m2 de superficie do local

13,94 €

- De 31 m2 a 50 m2 de superficie do local

27,88 €

- De 51 m2 a 100 m2 de superficie do local

31,54 €

- De 101 m2 a 200 m2 de superficie do local

37,46 €

- De 201 m2 a 500 m2 de superficie do local

48,79 €

- De 501 m2 a 1.000 m2 de superficie do local

66,21 €

- Máis de 1.000 m2 de superficie do local

80,15 €

b) Entrada de vehículos cando a actividade obxeto da taxa sexan talleres de reparación de vehículos, gasolineras e estacións de servizo, campings, recintos destinados ao aparcamiento de vehículos en superficie, locais de carácter comercial, industrial ou de cualquera outro tipo, aplilcaranse as taxas anteriores cunha taxa mínima de 146,36 €.

c) Reserva por aparcamento exclusivo en vía pública por m² e ano: 26,14 euros.

d) Reserva para carga e descarga por metro lineal e ano: 26,14 euros.

e) Placa e selo municipal: 31,36 euros.

O importe resultante de aplicar o anterior cadro, deberá multiplicarse polo coeficiente da categoría á que perteneza cada unha das rúas, segundo cadro do Anexo II.

Anexo II. Categorización das Rúas

Categoría Rúa

Coeficiente

1.ª

1

2.ª

0,90

A categoría 1ª corresponderase coas rúas sitas na parroquia de Miño excepto Sombreu e Ponte do porco mentras que a categoría 2ª colas restantes rúas e lugares do municipio.