Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servicios socioculturais, deportivos e de lecer

Publicación provisional: 08/07/2008 BOP Nº: 156
Publicación definitiva: 28/08/2008 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 01/10/2018

Artigo 1.°‑Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Ley 7/1995, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ao 19 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este concello establece a taxa pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e de lecer, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose ás súas normas ao previsto nos artigos 20 e 57 do citado TRLRFL

Artigo 2 °‑Feito impoñíble.

Está constituído pola realización, por persoas físicas ou xurídicas, de actividades socioculturais, deportivas e de lecer, tanto en instalacións municipais como concertadas.

Artigo 3.°‑Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 36 de Lei xeral tributaria, que formalicen a súa inscrición nas actividades socioculturais, deportivas e de lecer ou que promovan a utilización dos locais municipais para calquera das actividades previstas nesta ordenanza ou resulten beneficiadas ou afectadas polas mesmas.

Artigo 4.°‑Responsables.

Responderán das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 a 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.°‑Cota tributaria.

A cota tributaria, será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:

Cota mensual para actividades socioculturais, deportivas ou de lecer

 

Escolas de 1 hora semanal

6 €/mes

Escolas de 2 horas semanais

10 €/mes

Escolas de 3 horas semanais

14 €/mes

Escolas de 4 horas semanais

16 €/mes

Escolas de 5 horas semanais

18 €/mes

Outras actividades

 

Campamento nadal

12 €

Bailes de salón

8 €/ mes

Escola de equitación

14 €/mes

Saidas recreativas dun día

15 €

Comida dos maiores

12 €

Utilización da pista do pavillón polideportivo, para actividades deportivas, por equipos, asociacións ou grupos, cando non se realicen actividades dirixidas polo concello: 7 €/hora."

Artigo 6 °‑Exencións

En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, non se establecen exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta ordenanza.

Artigo 7.°‑Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se formalice a inscrición nunha actividade e ata que remate a mesma, agás cando se formalice a baixa na actividade no rexis­tro xeral do concello, e sempre antes do día 25 do mes anterior ao que cause baixa.
As débedas poderán ser esixidas pola vía de constriximento, de acordo co establecido no Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8.°‑Normas de xestión.

A utilización do pabellón polideportivo municipal solicitarase no modelo normali­zado que se facilitará nas oficinas municipais.

Artigo 9.°.‑Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao previsto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e disposicións concordantes.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de outubro de 2008, permane­cendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Esta modificación será de aplicación desde o un de outubro de 2018.