Brión - Ordenanza fiscal nº 15-T, reguladora da taxa por servicios e actividades relacionados coa hixiene urbana

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 12/12/2018 BOP Nº: 236
Aplicable dende: 01/01/2019

Artigo 3º.-Contribuínte

Son suxeitos pasivos, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que, con referencia ás manifestacións de feito impoñible recollidas no artigo anterior, se atopen nas seguintes posicións:

1º.-En relación á contida na súa letra a):

Os ocupantes ou usuarios das vivendas e locais nos lugares en que se preste o servicio, aínda que sexa esporádicamente, xa o sexan a título de propietarios ou por calquera outro (usufructuario, arrendatario, habitacionista ou mesmo de precario)

2º.-En relación ás contidas nas letras b) e c):

Os solicitantes das correspodentes e preceptivas autorizacións ou, á falta destas, os que materialmente realicen vertidos ou organicen os actos.

3º.-En relación ás contidas nas letras d), e), f) e i):

Os responsables do incumprimento das obrigas impostas polas disposicións vixentes e que coa súa conducta provocaron a intervención da administración local.

4º.-En relación á contida na letra g):

-Os propietarios dun animal morto que fose abandonado en lugar público ou privado, cando a súa cualidade resulte de rexistro administrativo.

-Os causantes directos da morte do animal, por atropelo ou por outra acción, cando non se deducirá de rexistro administrativo a identidade do propietario do animal morto.

5º.-En relación á contida na letra h):

-As persoas ou entidades subscribintes do texto da pintada ou do motivo da pintura.

-Os autores materiais das mesmas, cando non estean asinadas.

-Os donos dos elementos de propiedade obxecto da limpeza das pintadas ou pinturas, cando non lle conste á administración local a identidade dos anteriores.

6º.-En relación ás contidas na letra k):

Os suxeitos beneficiarios ou afectados pola prestación ou realización dos servicios ou actividades.

Artigo 7º.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá ningunha exención ou bonificación no pagamento da taxa, salvo que por Lei estatal se establecese outra cousa.

Artigo 9º.-Determinación.

A base impoñible da taxa determinarase en atención ás seguintes circunstancias:

a) A natureza, situación e destino dos lugares ou espacios ocupados polos suxeitos pasivos, no suposto de prestación do servicio de xestión de lixo domiciliario e demais residuos sólidos asimilables.

b) A natureza, características e intensidade do resto de servicios prestados ou actividades realizadas en materia de hixiene pola Mancomunidade de Concellos ¿ Serra do Barbanza ¿.

Artigo 1º.-Descrición xenérica

1.-Constitúe o feito impoñible da presente taxa, tanto a prestación dos servicios públicos establecidos ou que poidan no futuro establecerse para a xestión das competencias locais en materia de salubridade pública, como a realización daquelas actividades que, provocadas por accións e omisións do suxeito pasivo, mesmo efectuadas sen contravención ás disposicións contidas na normativa vixente, diríxanse á execución dos actos materiais necesarios para a preservación ou restablecemento das condicións de hixiene pública preexistentes á producción da acción ou omisión.

Artigo 11º.-Cota tributaria derivada da prestación do servicio de xestión de lixo domiciliario.

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de vivenda ou local, cunha contía que se determinará en función da natureza, destino dos inmobles e producción media diaria de lixo.

2. As cotas esixibles pola prestación do servicio de xestión de lixo son as fixadas na Tarifa nº 1 que contén o Anexo I da presente ordenanza.

Artigo 14º.-Período impositivo

Para aquelas prestacións de servizos públicos locais establecidos con carácter permanente, xa sexa a súa execución material continua ou esporádica, o período impositivo coincidirá co período obxecto de cobro, conforme ó disposto no artigo 16 desta ordenanza.

Artigo 16º.-Ingreso definitivo

1º.-O cobro das cotas referidas na tarifa número 1 desta Ordenanza, efectuarase mediante recibo no prazo que determine a notificación ós interesados que practique a administración de tributos, no caso de producirse a alta no servicio. No sucesivo e sen mediar notificación, publicarase o período de cobranza do correspondente padrón fiscal desta taxa.

2º.-O cobro das cotas derivadas da aplicación das restantes tarifas será realizado de forma directa polo órgano de xestión de servicio.

Artigo 18º.-Réxime xeral

1º. En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

2º. A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso, a liquidación e cobro das cotas devengadas.

Artigo 4º.-Substituto do contribuínte

Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte ó que se refire o artigo 3.1º desta Ordenanza, o propietario das vivendas ou locais, así como as comunidades de propietarios -ás que poderán xirarse a totalidade das cotas que correspondan ó inmoble- , sen prexuízo de que uns e outros, no seu caso, poidan repercuti-las cotas satisfeitas sobre os usuarios, beneficiarios do servicio, conforme o artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 8º.-Reduccións.

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 2º.-Manifestación do feito impoñible.

1.-Integran o feito impoñible as prestacións de servicios e a realización das actividades que se reseñan seguidamente:

a) A prestación do servizo, de recepción obrigatoria, de xestión de lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos, locais e establecementos onde se exerzan actividades comerciais, industriais, profesionais, artísticas, de servicios ou calesquera outras de carácter meramente social efectuadas sen contraprestación.

A xestión de residuos comprende as fases de prerrecollida, recollida e tratamento.

A tal efecto, consideránse lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos ós restos e refugallos de alimentación ou detritos procedentes da limpeza ordinaria de vivendas ou locais, excluíndose de tal concepto os residuos de tipo industrial, e materiais de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos e perigosos, e que a súa recollida ou tratamento esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade, tal e como establece a lei 10/1997, de 22 de Agosto, ou que non estean comprendidos entre os sinalados pola ordenanza de hixiene urbana con obxecto da prestación obrigatoria do servicio.

b) A utilización das instalacións da Mancomunidade do Barbanza (propias ou conveniadas) para o tratamento daqueles residuos que deban ser recollidos fóra da prestación obrigatoria do servicio e teñan o carácter de residuos asimilables ós urbanos, a efecto de tratamento.

c) A prestación do servizo de limpeza extraordinaria dos lugares nos que se celebrara calquera tipo de acto público previamente autorizado pola administración local, a solicitude obrigatoria dos organizadores do evento.

d) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia neste e, no seu caso, posterior devolución, dos vehículos que teñan a consideración de abandoados, segundo o disposto nas disposicións vixentes.

e) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia neste e, no seu caso, posterior devolución dos contedores de residuos de obras da construcción, dos cales a súa situación na vía pública contraveña as disposicións vixentes en materia de hixiene urbana.

f) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia neste e, no seu caso, posterior devolución, de carteis, soportes e pancartas, así como a limpeza extraordinaria dos espacios ou instalacións da vía pública que foran utilizados como soporte daqueles elementos, cando os titulares da autorización ou, á falta desta, os autores materiais da súa colocación, incumpriran as obrigas que, respectivamente, lles impoñen as disposicións vixentes.

g) A retirada de cadáveres abandoados de animais, xa se atopen na vía pública, xa en lugar privado, o seu transporte, e o posterior tratamento hixiénico-sanitario dos mesmos.

h) A limpeza de pintadas en valados, muros, fachadas de edificios ou en calquera elemento do mobiliario urbano, cando o autor non obtivese a autorización ou que a pesar de obtela, as pintadas ou pinturas atentaran contra o ornato público.

i) A limpeza e valado con cerramentos permanentes, sitos na aliñación oficial, dos terreos e solares sitos en chan urbano ou urbanizable que linden coa vía pública, cando os seus propietarios ou detentadores por calquera título non lle deran cumprimento ás prevencións establecidas.

k) Calesquera outras actividades ou servizos que, sen estaren comprendidas nas letras anteriores, a súa realización ou prestación pode integrarse no feito impoñible descrito no artigo 1º desta ordenanza.

2.-Ós efectos da taxa, é indiferente que o servizo se preste por xestión directa, a través de órgano mancomunado ou empresas.

Artigo 10º.-Definicións.

Ós efectos desta taxa, os elementos determinantes da base impoñible que aparecen reseñados nas correspondentes tarifas, responden ás seguintes definicións:

- Vivendas: Domicilios de carácter familiar e pensións que non excedan de 10 prazas.

- Aloxamentos: Lugares de convivencia colectiva non familiar, entre os que se inclúen hoteis, hostais, pensións, residencias, colexios e demais centros de natureza análoga, que excedan de 10 prazas.

- Locais: Lugares ou establecementos susceptibles de seren adicados ó exercicio de actividades comerciais, industriais, profesionais, de servicios ou calquera outra, incluídas as de carácter meramente social efectuadas sen contraprestación económica.

- Grandes almacéns: Aqueles nos que se exerza unha actividade de comercio polo miúdo en sectores distintos ó agroalimentario, e que a súa superficie total, sen ningunha exclusión, sexa superior a 500 m². No caso de concorrencia de calquera actividade comercial con outras agroalimentarias, cualificarase ó establecemento de gran almacén cando a superficie destinada á atención ó público nas actividades comerciais sexa maior que nas agroalimentarias.

- Fábricas e talleres industriais: Establecementos onde se reciben, elaboran ou transforman as materias primas en productos elaborados ou semielaborados.

- Vehículos abandonados: Os referidos na ordenanza de hixiene urbana ou regulamentación do servicio que se aprobe.

- Contedores para obras: Os que conteñan materiais utilizados na construcción ou derrubamento de edificacións.

- Grandes productores de residuos: Tódolos locais, actividades e en xeral suxeitos pasivos que teñan unha producción media diaria superior ós 2.000 litros ou ós 300 kg. de residuos.

Artigo 12º.-Cotas derivadas doutras prestacións ou actividades.

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, cunha contía que se determinará:

a) Por sinalamento específico nas Tarifas correspondentes.

b) Por adición das cotas parciais, correspondentes a cada unha das fases nas que sexa fraccionada a prestación do servicio ou realización da actividade.

2. As cotas ás que se refire este artigo, son as fixadas nas tarifas 2ª a 8ª desta ordenanza.

Artigo 15º.1.-Devengo

1º.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade.

2º.-En referencia á prestación do servizo de xestión do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos asimilables, enténdese que tal prestación acontece o primeiro día de cada ano natural, cando estea establecido e en funcionamento o devandito servicio nas rúas ou lugares onde se sitúen as vivendas, locais e aloxamentos susceptibles de seren ocupados ou utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa, con independencia do tempo de ocupación do local ou vivenda ó longo do ano e de que dita ocupación se refira á totalidade ou parte da finca. A tales efectos, considérase que un inmoble é susceptible de ser ocupado ou utilizado cando o mesmo dispoña de luz e auga, debendo o interesado acreditar documentalmente, no seu caso, a indisponibilidade dos citados subministros.

Artigo 17º.-Ingreso caucional

1º .-Cando a prestación do servizo ou a realización da totalidade ou de parte dos actos materiais en que se concreta a intervención administrativa se produza a petición obrigatoria de parte, o contribuínte, conforme ó establecido no TRLRFL, quedará obrigado a depositar, no momento da autorización da súa solicitude, o importe íntegro da cota correspondente á tarifa aplicable, requisito sen o cal non continuará a administración local na execución dos actos materiais precisos para ultima-lo servicio ou actividade.

2º .-O anterior será especialmente aplicable ós supostos nos que a actuación administrativa se tivera concretado no depósito e custodia de vehículos abandonados, contedores de residuos de obras ou pancartas e carteis, trala súa retirada da vía pública, nos termos establecidos, da cal a súa devolución ó titular só se efectuará trala constitución do depósito mentado no número anterior, por canto sen ela se non continuará coa execución dos actos materiais tendentes á devolución dos bens depositados: identificación e comprobación de titulares, exame da licencia e dos residuos a fin de determina-lo seu carácter e o tratamento ó que deben someterse, busca dos bens, comprobación do seu estado e entrega material, con uso dos medios humanos e, no seu caso, mecánicos precisos para levala a cabo.

Artigo 19º.-Compatibilidade

A exacción das taxas que pola presente ordenanza se establecen, non exclúe o pago das sancións ou multas que procederán por infracción da ordenanza de hixiene urbana que se aprobe no seu caso e demais normativa legal vixente.

Artigo 5º.-Concorrencia de suxeitos pasivos.

A concorrencia de dúas ou máis persoas físicas ou xurídicas ou entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria na posición de suxeitos pasivos, determinará a responsabilidade solidaria dos concorrentes fronte á Facenda municipal ou da Mancomunidade.

Artigo 15.2.-Altas e declaracións

1.-Produciranse as altas no padrón de recollida do lixo de vivendas coa correspondente alta a efectos do imposto sobre bens inmobles.

De non practicarse a correspondente declaración de alta no imposto sobre bens inmobles, sen prexuízo de que o propio concello poida declarala de oficio, estarase incorrendo en infracción cualificada como grave no artigo 79 b) da Lei 25/1995, do 20 de xullo, de modificación parcial da Lei Xeral Tributaria. Sen embargo, poderá obviarse a infracción tributaria para os efectos exclusivos da presente taxa, así como a correspondente sanción, coa presentación de instancia ou escrito no que se formula declaración de alta no padrón de taxa de recollida de lixo de vivendas.

Cando o Concello tivese coñecemento da alta no imposto sobre bens inmobles dun inmoble e o propietario do mesmo non solicitase a alta no padrón de recollida de lixo, o Concello procederá de oficio a dar de alta no padrón de recollida de lixo dito inmoble, incluíndo así mesmo, de ser o caso, aqueles recibos do lixo pendentes de ser cobrados correspondentes ás anualidades anteriores transcorridas desde que o inmoble causou alta no imposto sobre bens inmobles, nos termos previstos na Lei xeral tributaria.

2.-En relación con locais, comerciais, industriais ou profesionais, entenderase como declaración de alta a solicitude de preceptiva licencia de actividades e instalacións, tendo efectos dende a data de concesión ou comenzo efectivo da actividade, podendo, así mesmo, actuar do oficio a administración municipal.

3.-Os locais baleiros tributarán como vivendas, previa solicitude dos suxeitos pasivos.

4.-Para locais que, non sendo vivendas, excepcionalmente non precisaran de licencia de actividades e instalacións, os titulares deberán presentar formalmente declaración do exercicio da actividade no prazo dun mes desde o seu inicio, a efectos da súa inclusión no padrón da taxa.

5.-Os titulares de actividades deberán formular declaración de baixa cando cesen naquelas, ós efectos de que o Concello lles modifique a tarifa aplicable ó inmoble

6.-Os suxeitos pasivos desta taxa deberán cubri-las súas declaracións con indicación certa e completa do enderezo fiscal e número de identificación fiscal.

Artigo 13º.-Tarifas.

As Tarifas vixentes, desglosadas nos seus diferentes epígrafes, recóllense no Anexo I da presente ordenanza.

Artigo 6º.-Outros responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ás que se refiren os artigos 41 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades en xeral nos supostos e co alcance regulado na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 1°. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local , en relación cos artigos 149 e seguintes da Lei 5/97, do 22 de xullo,de Administración Local de Galicia, dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos ¿ Serra do Barbanza" e de conformidad co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿ Taxa por servicios e actividades relacionados coa Hixiene urbana" a que se refire o RDL 2/2004 , que se debrá rexir pola presente Ordenanza Fiscal , atendendo as súas normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

CAPÍTULO 1º.-FEITO IMPOÑIBLE

CAPÍTULO 2º.-SUXEITOS PASIVOS E RESPONSABLES

CAPÍTULO 3º.-BENEFICIOS FISCAIS.

CAPÍTULO 4º.- BASE IMPOÑIBLE

CAPÍTULO 5º.-COTAS TRIBUTARIAS E TARIFAS.

CAPÍTULO 6º.-PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

CAPÍTULO 7º.-INGRESO DA DÉBEDA TRIBUTARIA

CAPÍTULO 8º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzcan no regulado desta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso,a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición derrogatoria única.

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº 15-T, reguladora da taxa por servicios e actividades relacionados coa hixiene urbana, publicada definitivamente no BOP nº 66 de 23/03/2009.

Disposición final

A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2019, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.

ANEXO: TARIFAS

ANEXO: TARIFAS

TARIFA Nº 1: XESTIÓN DO LIXO DOMICILIARIO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS ASIMILABLES

 

Euros

Epígrafe 10.-Vivendas:

92,51

Concepto 1000: Recollida

 

Epígrafe 11: Aloxamentos e centros de ensinanza:

Concepto 1100: hoteis, moteis, hostais e hoteis - apartamentos de 5 estrelas, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo anual de 224,69 euros)

25,15

Concepto 1101: hoteis, moteis, hostais e hoteis - apartamentos de 4 estrelas, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo anual de 224,69 euros)

23,96

Concepto 1102: hoteis, moteis, hostais e hoteis - apartamentos de 3 estrelas, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo anual de 224,69 euros)

19,85

Concepto 1103: hoteis, moteis, hostais e hoteis - apartamentos de 2 estrelas, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo anual de 224,69 euros)

18,19

Concepto 1104: hoteis, moteis, hostais e hoteis - apartamentos de 1 estrela e campamentos de turismo, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo anual de 204,01 euros)

16,52

Concepto 1105: pensións de 2 estrelas e campamentos de turismo e albergues xuvenís, por cada praza e ano, euros:

5,45

Concepto 1106: pensións de 1 estrela, por cada praza e ano, euros: (cun mínimo ó ano de 204,01 euros)

16,52

Concepto 1107: fondas, por cada praza e ano (cun mínimo anual de 119,34 euros)

10,05

Concepto 1108: casas de hospedaxe, por cada praza ó ano, euros: (cun mínimo anual de 113,83 euros)

8,07

Concepto 1109: hospitais, sanatorios e demais centros sanitarios asistenciais, por cada praza, ó ano, euros: (cun mínimo de 570,48 euros anuais)

47,46

Concepto 1110: Centros Docentes, Colexios Maiores e Residencias de Estudantes con réxime de pensión alimenticia, por cada praza ó ano, euros (cun mínimo de 490,80 euros).

16,52

Concepto 1111: Centros Docentes, Colexios Maiores e Residencias de Estudantes, sen réxime de pensión alimenticia, por cada Centro, ó ano

403,54

Concepto 1112: Centros de ensinanza que realizan a súa actividade en locais de menos de 100 m2

201,79

Epígrafe 12: Locais

Concepto 1200: RESTAURANTES

120000 De Categoría de Luxo

887,85

120001 De Categoría 1ª

807,13

120002 De Categoría 2ª

655,79

120003 De Categoría 3ª

524,57

120004 De Categoría 4ª

393,49

Concepto 1201: CAFETERÍAS

120100 De Categoría Especial

706,26

120101 De Categoría 1ª

554,91

120102 De Categoría 2ª

454,03

120103 De Categoría 3ª

221,95

Concepto 1202: BARES

120200 De Categoría Especial, epígrafe 673.1 I.A.E.

807,13

120201 Outros cafés e bares, epígrafe 673.2 I.A.E. (zona urbana)

181,52

120201 Outros cafés e bares, epígrafe 673.2 I.A.E. (resto)

151,36

Concepto 1203: SALAS DE FESTAS, DISCOTECAS, WHISKERÍAS, BINGOS E SIMILARES

807,12

Concepto 1204: CÍRCULOS E CLUBES

120400 Con restaurante e/ou cafetería

504,46

120401 Os demais

252,24

Concepto 1205: TEATROS E CINES

 

120500 Teatros e Cines con local pechado

343,06

120501 Teatros e Cines con local aberto

100,89

Concepto 1207 FÁBRICAS, TALLERES DE REPARACIÓN DE AUTOMÓBILES, ASERRADEIROS E GRANDES ALMACÉNS

120700 Ata 10 empregados

 

120700.00 De 1 empregado

159,87

120700.01 De 2 a 4 empregados

239,81

120700.02 De 5 a 7 empregados

319,76

120700.03 De 8 a 10 empregados

399,68

120701 Máis de 10 empregados, ata 20

639,50

120702 Máis de 20 empregados, ata 50

1279,05

120703 Máis de 50 empregados, ata 100

2336,32

120704 Máis de 100 empregados

4657,19

Concepto 1208: MERCADOS,SUPERMERCADOS, COMERCIOS O POR MAIOR DE PRODUCTOS ALIMENTARIOS E ESTABLECEMENTOS

AGROALIMENTARIOS

120801 Establecementos en réxime de autoservicio e mixto, distintos dos contemplados no epígrafe 661.2 da Sección 1ª

das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas:

120801.00 Con superficie superior a 400 m2

2398,19

120801.01 Con superficie comprendida entre 399 m2 e 120 m2

479,63

120801.02 Con superficie comprendida entre 120 m2 e 60 m2

319,76

120801.03 Con superficie inferior a 60 m2

159,87

120802 Outros establecementos:

120802.00 Pescaderías e carnicerías, verdulerías e froiterías

159,87

120802.01 Os demais establecementos

121,06

120803 Mercados Centrais de Maioristas:

120803.00 Entidades Xestoras dos Mercados Centrais Maioristas

3287,29

120803.01 Por cada posto modular

474,48

Concepto 1209: ENTIDADES BANCARIAS E CAIXAS DE AFORROS, GASOLINERAS E ESTACIÓNS DE SERVICIOS.

Concepto 120901 Entidades Bancarias e Caixas de Aforro

958,48

Concepto 120902 Gasolineiras e Estacións de Servizo, por surtidor (ata un máximo de 634,11 euros)

201,78

Concepto 1210: CENTROS OFICIAIS (Produtores de menos de 1000 l de residuos, por día):

121000 Ata 500 m2 de superficie

425,56

121001 Dende 500 m2 ata 1000 m2 de superficie

852,33

121002 Máis de 1000 m2 de superficie

1277,93

Concepto 1211: LOCAIS, ESTABLECEMENTOS E TODA CLASE DE INSTALACIÓNS DE CARÁCTER PÚBLICO OU PRIVADO,

NON COMPRENDIDOS EN CONCEPTOS ANTERIORES E GRANDES PRODUCTORES DE RESIDUOS

121100 Por cada fracción de 100 litros de residuos xerados ó día, ó ano

252,24

NOTA: Pa os efectos da notificación da cota derivada deste concepto, os obrigados ao pagamento deberán declara-la media de

residuos xerados, previo requirimento, para iso, pola Inspección do Servizo, que poderá rectifica-las declaracións formuladas ou

estimar de oficio o volume de residuos no caso de falta de declaración.

Concepto 1212: DESPACHOS PROFESIONAIS

121,06

Concepto 1213: POSTOS, QUIOSCOS E CALQUERA OUTRO CON INSTALACIÓN PERMANENTE NA VÍA PÚBLICA E NON SUXEITO POR CONCEPTOS ANTERIORES DESTAS TARIFAS

38,12

Concepto 1214: DEMAIS LOCAIS E NEGOCIOS NON COMPRENDIDOS NOS EPÍGRAFES E CONCEPTOS ANTERIORES

121,06

NOTA COMÚN Á TARIFA Nº 1: As cotas reseñadas nesta tarifa teñen carácter de mínimas, podendo os servizos de inspección, con comunicación

e audiencia ó interesado, axustalas ó volume de residuos xerados, tomando como base para o cálculo o Concepto 121100.

 

TARIFA Nº 2: POR UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE TRATAMENTO

 

Euros

Epígrafe 20.-Instalacións de tratamento

Concepto 2001: Polo tratamento de cada Kg de residuos sólidos clasificado nas fraccións utilizadas para recollida selectiva. O mínimo de percepción non será inferior a 3,30 euros.

0,05

Concepto 2002: Polo tratamento de cada Kg de residuos sólidos sen clasificar. O mínimo de percepción non será inferior a 4,18 euros.

0,07

Concepto 2003: Carga e transporte de residuos urbanos a instalacións de tratamento. Por cada Kg de residuos urbanos, euros: (cun mínimo de 46,87 euros).

0,16

 

 

TARIFA Nº 3: POR LIMPEZAS EXTRAORDINARIAS DE LUGARES ONDE SE CELEBRARÁN ACTOS PÚBLICOS

 

Euros

Epígrafe 30.-Limpeza

Por cada m2 de limpeza da vía pública, euros (cun mínimo de 58,75 euros):

0,05

Epígrafe 31.-Carga e transporte de residuos sólidos urbanos a vertedoiros:

Concepto 3100: Por cada Kg de residuos sólidos urbanos, euros (cun mínimo de 46,87 euros):

0,16

Concepto 3101: Por cada m3 de residuos inertes, euros (cun mínimo de 46,87 euros):

15,81

NOTA: A débeda tributaria esixible obterase por aplicación do disposto no artigo 12.1.b) desta Ordenanza

 

 

TARIFA Nº 4: POR RETIRADA DE VEHÍCULOS

 

Euros

Epígrafe 40.-Recollida de vehículos

Concepto 4000: Pola retirada de motocicletas, velocípedos, triciclos, motocarros e demais vehículos de características análogas.

35,72

Concepto 4001: Pola retirada de toda clase de vehículos turismos, así como camionetas, furgonetas e demais vehículos de características análogas con tara inferior a 1.000 Kg.

73,78

Concepto 4002: Pola retirada de camións, tractores, turismos , remolques, camionetas, furgonetas e demais vehículos de características análogas con tara superior a 1.000 Kg.

182,93

Epígrafe 41.-Depósito de vehículos

Concepto 4100: Motocicletas, velocípedos, triciclos, motocarros e demais vehículos de características análogas, por día

2,88

Concepto 4101: automóbiles de turismo, furgóns, furgonetas e demais vehículos con tara inferior a 1.000 Kg., por día

4,54

Concepto 4102: Camións, tractores, remolques, camionetas, furgonetas e demais vehículos con tara superior a 1.000 Kg., por día

9,67

NOTA 1ª.-A débeda tributaria esixible obterase por aplicación do disposto no artigo 12.1.b) desta Ordenanza.

NOTA 2ª.-No caso de que se iniciara a recollida e se realizara o enganche, pero non se completara o transporte do vehículo ata o depósito

municipal porque non se tivera consumado este debido á presenza do interesado, satisfarase o 50% da tarifa que puidese corresponder.

NOTA 3ª.-As tarifas por retirada e por depósito de vehículos serán independentes entre si. Non obstante, a tarifa por depósito de vehículos

só se aplicará no caso de que transcorran 24 horas dende a recollida daqueles, sen ser retirados polos seus propietarios.

 

TARIFA Nº 5: POR RETIRADA DE CONTEDORES DE ENTULLO

 

Euros

Epígrafe 50.-Retirada e transporte a depósito

125,23

Epígrafe 51.-Depósito por cada día de estancia

4,06

NOTA.-A débeda tributaria esixible obterase por aplicación do disposto no artigo 12.1.b) desta Ordenanza.

 

TARIFA Nº 6: LIMPEZA E/OU RETIRADA DE CARTEIS, SOPORTES, PANCARTAS E PINTADAS

 

Euros

Epígrafe 60.-Por limpeza e retirada de carteis, soportes, pintadas e pancartas

Concepto 6001: Por cada m2 de limpeza e de retirada de carteis

27,90

Concepto 6002: Por cada m liñal de limpeza de pintadas

27,90

Concepto 6003: Por cada unidade de pancarta retirada da vía pública, euros:

15,97

NOTA.-A débeda tributaria esixible obterase por aplicación do disposto no artigo 12.1.b) desta Ordenanza.

 

TARIFA Nº 7: RETIRADA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE ANIMAIS DA VÍA PÚBLICA

Epígrafe 70.-Por cada unidade de peso menor de 70 Kg, euros:

24,67

Epígrafe 71.-Por unidade de peso superior a 70 Kg, euros:

79,03

 

TARIFA Nº 8: POLA PRESTACIÓN DOS SERVICIOS E REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES REFERIDOS NO ARTIGO 2º,

LETRA K

A cota tributaria será o resultado de aplica-lo número e entidade dos medios persoais e materiais que se utilicen na prestación do

servizo, o tempo investido, e a tarifa contida nos seguintes epígrafes e conceptos:

Epígrafe 80.-Persoal

Euros

Concepto 8000: Técnico superior ou medio, por cada hora ou fracción

69,98

Concepto 8001: Encargado, Xefe, Capataz ou Inspector dos Servizos, por cada hora ou fracción

32,06

Concepto 8002: Condutor, Mecánico ou operario, por cada hora ou fracción

19,72

NOTA Concepto 8002: Cada hora liquidada incrementarase nun 15 % adicional en concepto de custo derivado da supervisión e

dirección da actividade, se esta non se liquidara directamente por aplicación do resto de conceptos do Epígrafe 80.

Epígrafe 81.-Materiais

Euros

Concepto 8100: O consumo de materiais computarase, previa valoración da Mancomunidade do Barbanza, a prezos de mercado.

Concepto 8101: Vehículos pesados (varredoira, baldeadora, compactador, excavadora, grúa, pluma ou similar) por unidade e hora, sen condutor, euros:

32,06

Concepto 8102: Condutor, Mecánico ou operario, por cada hora ou fracción

19,73

Epígrafe 82.-Desprazamentos

Concepto 8200: Por Km percorrido, vehículo pesado, compactadores ida e volta, euros:

1,32

Concepto 8201: Por Km percorrido, vehículos lixeiros.

0,44

NOTA.-A débeda tributaria esixible obterase por aplicación do disposto no artigo 12.1.b) desta Ordenanza.