Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 23 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO CON MOTIVO DA VENDA AMBULANTE

Publicación provisional: 08/05/2012 BOP Nº: 86
Publicación definitiva: 20/07/2012 BOP Nº: 138
Aplicable dende: 01/01/2021

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público con motivo da venda ambulante" no municipio de Cambre, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa, a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público con motivo da venda ambulante. Considérase venda ambulante a realizada por comerciantes fóra dun establecemento comercial permanente, de xeito habitual, ocasional, periódica ou continuada, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados, en instalacións desmontables ou transportables, incluíndo os camións ou vehículos-tenda, carriños e outras instalacións de carácter itinerante.

A venda ambulante tan só se poderá levar a cabo en calquera das modalidades previstas na ordenanza xeral reguladora da venda ambulante no termo municipal de Cambre.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos da Taxa regulada nesta Ordenanza, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, a favor de quen sexa outorgada a autorización para a realización da venda ambulante.

Artigo 4.º.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria da taxa será a seguinte:

A.-Tarifa aplicable á venda ambulante realizada en mercados periódicos ou fixos:

0,4257 €/m2/día

B.-Tarifa aplicable á venda ambulante realizada en mercados ocasionales ou ocupacións esporádicas:

1,161 €/m2/día

 

2. Para os efectos previstos para a aplicación do apartado anterior, terase en conta o seguinte:

a) Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.

b) Para a determinación da superficie a ocupar terase en conta a colocación de toldos, separadores, e outros elementos auxiliares, a fin de computar o perímetro total de ocupación.

Artigo 6.º.-Devengo e período impositivo.

A taxa devengarase cando se inicie o aproveitamento, momento que, a estes efectos, se entende que coincide co de concesión da autorización, se a mesma foi solicitada.

Cando se producise o uso privativo o aproveitamento especial sen solicitar autorización, o devengo da taxa terá lugar no momento do inicio de dito aproveitamento.

A presente taxa ten natureza periódica, devengándose no primeiro día do período impositivo, que coincidirá co ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cesamento na utilización ou aproveitamento especial do dominio público local, casos nos que procederá aplicar o prorrateo mensual correspondente ao período de ocupación real do dominio público.

No caso de autorizacións para o exercicio da venda ambulante fóra das feiras e mercados periódicos organizados, a taxa devengaráse no momento de concesión da autorización. Nestes casos o periodo impositivo coincidirá con aquel determinado na autorización municipal.

Cando a alteración na autorización se produza por cambio de titularidade, durante a vixencia da mesma, terá efectividade no período impositivo seguinte ó que tivera lugar.

Artigo 7.-Réxime de declaración e ingreso.

1.-As cantidades esixibles conforme ás tarifas previstas no artigo 5 desta ordenanza liquidaránse por cada aproveitamento autorizado ou realizado.

2.-O ingreso da taxa realizarase:

a) Tratándose de autorizacións para o exercicio da venda ambulante en feiras e mercados periódicos organizados, unha vez notificada a alta no padrón correspondente e no caso de prórroga da autorización, por anos naturais no lugar e forma que se estableza e que se notificará mediante edictos.

b) Tratándose de autorizacións para o exercicio da venda ambulante fóra das feiras e mercados periódicos organizados, os solicitantes presentarán a autoliquidación da taxa e xustificante de ter ingresado a cota no momento de presentar a correspondente solicitude. Este ingreso terá a consideración de depósito previo e unha vez concedida a autorización se aplicará á liquidación que resulte.

Cando, existindo autorización, non sexa efectiva a ocupación por causa imputable ó suxeito pasivo, non procederá a devolución da taxa, agás nos supostos que, no seu caso, se contemplen na Ordenanza reguladora da venda ambulante no termo municipal de Cambre.

Artigo 8.º.-Infraccións e sancións.

En todo ó relativo a cualificación das infraccións tributarias, así como a determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime establecido na Lei xeral tributaria e nas súas disposicións complementarias e regulamentarias e, en particular, polo establecido no réxime sancionador recollido na Ordenanza reguladora da venda ambulante no termo municipal de Cambre.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal quedará suspendida temporalmente desde o día seguinte á publicación da presente modificación no Boletín Oficial da Provincia ata o 31 de decembro de 2020, entrando en vigor automáticamente o primeiro día de 2021, sendo de aplicación ata a súa modificación ou derrogación expresa.