Vedra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DO PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN CONXUGA DO CONCELLO DE VEDRA

Publicación provisional: 03/08/2020 BOP Nº: 121
Publicación definitiva: 21/09/2020 BOP Nº: 156
Aplicable dende: 22/09/2020

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1

Este Concello establece a presente exacción no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local, e de acordo co disposto no texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, RDL, 2/2004, do 5 de marzo, no seu artigo 127.

O Concello de Vedra establece as taxas por prestación do servizo do Programa Municipal de Conciliación CONXUGA e que se rexerá pola presente ordenanza e de acordo co establecido na lexislación autonómica de referencia.

Artigo 2

A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal.

Artigo 3

O obxecto de exacción é o uso dos servizos do Programa Conxuga de conciliación de vida familiar e laboral en calquera das súas modalidades ou servizos parciais dos que se compón ou se desenvolven no mesmo: servizo de madrugadores, servizo de ludoteca polas tardes, e vacacións lúdicas.

OBXECTO DO SERVIZO

Artigo 4

Constitúe o obxecto desta taxa a utilización do Servizo do Programa de Conciliación CONXUGA prestado polo Concello de Vedra. Os servizos de madrugadores, servizo de ludoteca polas tardes, e vacacións lúdicas contempla os aspectos asistencial e educativo, desenvolvendo unha programación socioeducativa cunha liña pedagóxica definida. Así mesmo, o servizo de conciliación cumpre unha tripla función:

Educativa como complemento da escola e a familia.

Función integradora de todos os nenos e nenas que acoden a ela.

Permite a pais, nais e titoras/es legais poder conciliar as súas obrigacións laborais co coidado dos seus fillos/as.

FEITO IMPOÑIBLE

Artigo 5

O feito impoñible da realización que orixina o nacemento da obriga tributaria vén determinado pola inscrición no Programa de Conciliación Conxuga en calquera das modalidades ou servizos parciais dos que se compón ou se desenvolven nos mesmos. Así mesmo, nese momento nacerá a obriga de contribuír, xa que se entende que é entón cando se produce o beneficio que reportan os servizos que se ofrecen e polos que se debe satisfacer a taxa correspondente.

SUXEITO PASIVO

Artigo 6

Están na obriga ao pago da taxa que se establece nesta Ordenanza, as persoas físicas definidas no Regulamento básico de uso do servizo do Programa de Conciliación Conxuga, a favor de quen se estenda a inscrición correspondente. Será substituto/a da persoa contribuínte o/a representante legal do/da menor, a todos os efectos.

Artigo 7

Poderán utilizar o Programa de Conciliación Conxuga as/os menores cuxa idade estea comprendida entre os tres anos (escolarizados nun centro educativo en 4.ª de Educación infantil) e os doce anos de idade para o servizo de ludoteca polas tardes e vacacións lúdicas. Para o servizo de madrugadores poderán superar a idade de 12 anos. O feito de exceder a idade máxima dentro da tempada non suporá a supresión da condición de persoa beneficiaria, senón que aquela producirase automaticamente unha vez que remate o período xa iniciado, sen que se teña que tramitar baixa ou declaración algunha ao respecto.

PERSOAS BENEFICIARIAS DO SERVIZO

Artigo 8

Estarán na obriga de pago quen se beneficie dos servizos municipais de conciliación, Programa Conxuga, entendéndose como tales os/as proxenitores/as, representantes legais ou as persoas que solicitasen a admisión do neno/a, nos servizos de conciliación nos horarios e datas establecidos polo Concello de Vedra. Enténdese que terán a consideración de persoas beneficiarias os matrimonios legalmente constituídos, as parellas de feito rexistradas, as familias monoparentais ou o/a titor/a ou titores/as legais do menor.

Artigo 9

Para acceder a estes servizos as persoas solicitantes deberán reunir na data en que finalice o prazo da solicitude os seguintes requisitos:

A. Requisitos dos beneficiarios:

Que os/as beneficiarios/as descritos anteriormente estean a traballar dados de alta na Seguridade Social ou noutro sistema asimilado no momento de solicitar a prestación do servizo, ou que se atopen realizando algún curso de formación ocupacional cara á súa inserción laboral. Non se aplicará de forma literal este punto naqueles casos nos que o solicitante sexa traballador/a fixo descontinuo, sen prexuízo da obriga de demostrar tal extremo.

Que os beneficiarios/as, así como o/a menor ou os menores, estean empadroados no Concello de Vedra. Non obstante, no caso de non cubrir as prazas ofertadas,serán admitidas/os beneficiarias/os doutros concellos, cumprindo os mesmos criterios e requisitos xerais, tendo preferencia aqueles que desenvolvan a súa actividade laboral no Concello de Vedra.

Estar ao corrente coas súas obrigas tributarias co Concello de Vedra.

B. Requisitos das/os menores dependentes dos/as beneficiarios/as:

Que teñan idades comprendidas entre tres e doce anos (os de tres anos deberán estar escolarizados nun centro educativo en 4.ª de Educación infantil). Para o servizo de madrugadores poderán superar a idade de 12 anos.

Polo que respecta á idade máxima, o menor non deberá excédela antes da data de fin de presentación de solicitude de praza.

Ao non tratarse dun servizo de educación especial, no caso de que a/o menor requira unha atención individualizada, o/a solicitante deberá presentar un informe recollendo as necesidades específicas do menor, quedando a súa admisión supeditada á valoración e resolución por parte do órgano competente, tras os informes oportunos do/a responsable do servizo. Nestes casos os/as menores contabilizarase como dúas prazas.

Artigo 10

Aquelas solicitudes que conten con informe favorable de servizos sociais ou sexan directamente derivadas por parte dos mesmos ou de servizos similares, terán a condición de beneficiarios/as, aínda non cumprindo algún dos requisitos da ordenanza.

Os informes anteriores reflectirán unha necesidade real, derivada de sufrir ou padecer situacións especiais como: risco de exclusión social, risco de desamparo, situacións de violencia ou malos tratos, de grave precariedade económica, ou prescrición de servizos médicos, psicolóxicos, pedagóxicos ou outros.

Así mesmo, e aínda que finalizase o prazo de presentación de solicitudes, obterán a condición de beneficiarios, aqueles responsables que acrediten atoparse en situacións especialmente críticas, sobrevindas de forma imprevista e avaladas por informes de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra, sanitarios ou outros. Para estas situacións poderase aumentar até un 20% o número de prazas do servizo, estando supeditada a decisión final á valoración do órgano municipal competente.

NORMAS DO SERVIZO

Artigo 11

Os beneficiarios do Servizo deberán cumprir as seguintes normas de funcionamento do Servizo de Conciliación Conxuga:

1. Queda prohibida a asistencia do/a menor, en estados febrís, enfermidades contaxiosas, cando teña piollos, ou en calquera situación que supoña un risco propio, ou de contaxio para o resto de nenos e persoal a cargo.

2. Para o servizo de madrugadores será necesario que cada menor leve un vaso de plástico, cepillo de dentes, pasta detrífica e un mandilón (este, imprescindible para as/os menores de seis anos).

3. Prohíbese a entrada aos pais e nais dos usuarios na zona educativa, por razóns de organización, espazo e hixiene.

4. Respectar sempre o horario fixado na folla de solicitude. Isto facilitará a programación e o desenvolvemento das actividades establecidas polo persoal a cargo.

5. Calquera modificación sobre asistencia ou horarios deberá ser consultada ao persoal encargado do servizo con suficiente antelación.

6. Tendo en conta a lista de agarda poderá perderse a praza polo feito de non respectar, de forma habitual ou reiterada, o horario de saída.

7. No caso de que a entrega ou a recollida do menor se realice por outra persoa distinta á solicitante, esta deberá entregar no centro un escrito-autorización da persoa solicitante no que faga constar o nome, DNI e parentesco ou relación coa/o menor da devandita persoa.

8. Proporcionar un teléfono de contacto no que se poida localizar «sempre» a unha persoa que se responsabilice do/a menor en caso de necesidade ou urxencia.

PRAZAS

Artigo 12

En función da dispoñibilidade orzamentaria de cada exercicio determinarase o número de prazas ofertadas en cada edición, dándolles publicidade coa antelación suficiente. Existirá a posibilidade de realizar unha ampliación do número de prazas utilizando outras instalacións adecuadas para este fin, coa condición de que exista unha lista de agarda de polo menos quince menores, e cando exista dotación orzamentaria suficiente. En caso contrario, é dicir, no caso de que en lista de espera non haxa polo menos quince menores, ou non exista dotación suficiente, as prazas convocadas adxudicaranse segundo o exposto no artigo 14.2. En calquera caso, será necesario para a posta en marcha do servizo que o número mínimo de prazas solicitadas sexa de 15.

HORARIOS

Artigo 13

O Servizo de Conciliación terá nos períodos de vacacións un horario ininterrompido de oito trinta horas a catorce trinta horas e nos períodos lectivos o servizo desenvolverase do seguinte xeito:

De luns a venres de 7.00 h a 9.00 h

De luns a venres de 14.45 a 20.00h

Excepto festivos

SOLICITUDE E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

Artigo 14

14.1. Solicitude.-Os impresos de solicitude para o Programa Conxuga de Conciliación de vida familiar e laboral prestado polo Concello de Vedra, poranse a disposición da cidadanía no Concello e na páxina web. Deberán presentarse no rexistro desta entidade ou a través da Sede Electrónica (https://sede.vedra.es/opencms/gl/) nos períodos establecidos para ese efecto, para a súa posterior valoración. Estas deberán conter toda a información da persoa beneficiaria, así como a dos/das menores ao seu cargo que vaian gozar do servizo, períodos, horarios, etc., de tal forma, que posibiliten aos servizos técnicos do Concello o cálculo do importe a ingresar.

No caso de que pechado o prazo inicial de admisión de solicitudes, quedasen prazas vacantes, poderase abrir un novo período para rexistrar solicitudes, que permanecerá aberto ata completar estas prazas. Neste caso, seguirán tendo prioridade os solicitantes que se axusten aos requisitos establecidos na ordenanza, e unicamente, de continuar existindo prazas vacantes, poderanse admitir solicitudes daquelas familias que necesiten o servizo, aínda no caso de que un dos cónxuxes non estivese a traballar, cumprindo o resto de requisitos esixidos.

14.2. Adxudicación de prazas.-No caso de ter máis solicitudes que prazas ofertadas e non producíndose a ampliación do servizo, a adxudicación das prazas realizarase seguindo o baremo e os seguintes criterios:

Solicitantes de unidades familiares empadroadas no Concello de Vedra, que consten inscritos no padrón municipal de habitantes, con data anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza. Este será o criterio preferente.

BAREMO:

1. SITUACIÓN SOCIAL E FAMILIAR

Casos de emerxencia social, menores incluídos no Programa de educación familiar ou en calquera outra situación valorada tecnicamente polo departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra.

6 puntos

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ao IPREM

3 puntos

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores a 1,5 veces o IPREM

2 puntos

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores a 2,5 veces o IPREM

1 punto

Situación de familia numerosa xeral

1 punto

Situación de familia numerosa especial

2 puntos

2. SITUACIÓN LABORAL E DE OCUPACIÓN:

Familias biparentais:

a) Cando as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais traballen no mercado laboral

b) Cando unha das persoas proxenitoras ou titoras legais traballe no mercado laboral

 

4 puntos

1 punto

Familias monoparentais:

a) Cando a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral

b) Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego acreditada documentalmente)

*Terase en conta as proxenitoras/es con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente.

*No caso de familias numerosas nas que asistan tres menores ou máis, a partir do 3.º o servizo será gratuíto a condición de que a renda mensual familiar non supere os 2400 €.

 

5 puntos

1 punto

 

Asignaranse as prazas por orde de menor a maior renda mensual familiar. Enténdese por renda mensual familiar o resultado de dividir os ingresos anuais da unidade familiar entre doce mensualidades.

A estes efectos, computarán como ingresos anuais todas as rendas que ingrese a unidade familiar derivadas de: o traballo por conta allea ou propia, pensións de xubilación, pensións compensatorias establecidas en resolución xudicial ou outras, ingresos por prestación por desemprego, percepción de RISGA, RAI, rendemento de capital mobiliario ou inmobiliario, etcétera, para o que se solicitará dos beneficiarios, toda a documentación complementaria necesaria para a valoración polos técnicos municipais.

Terase en conta asemade, os ingresos dos avós/as se existe convivencia coa unidade familiar.

Para valoración dos informes emitidos polos técnicos municipais, se solicitará ao interesado ou interesada toda a documentación necesaria acreditativa de tal situación: declaracións de renda e patrimonio, nóminas, declaracións de IVE e IRPF trimestral en caso de autónomos, e outros.

Unha vez realizada a selección polos técnicos, a listaxe de beneficiarios exporase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do mesmo, previo consentimento das persoas solicitantes.

14.3. Documentación:

As solicitudes deberán ir acompañadas de:

Fotocopia do DNI das/os beneficiarias/os.

Fotocopia compulsada do libro de familia.

Informe de vida laboral dos beneficiarios, actualizada no período de realizar a solicitude, ou autorización expresada na solicitude para a súa consulta por parte dos técnicos municipais na seguridade social, mentres dure o servizo.

No seu caso, certificado de estar a realizar o curso de formación, para as persoas beneficiarias en situación de desemprego.

No seu caso, documentación acreditativa da súa situación como traballador/a fixo/a descontinuo.

Certificado de empadroamento e convivencia ou autorización expresada na solicitude para a súa comprobación no padrón municipal, por parte dos técnicos municipais.

O/a solicitante poderá asinar no documento de solicitude a autorización para que sexan os técnicos municipais os que comproben a situación dos pais ou titores en relación á súa vida laboral, ás súas débedas co Concello e ao seu empadroamento.

En caso de traballadores/as que non pertenzan ao sistema xeral da seguridades social e, que non dispoñan de informe de vida laboral, deberán presentar certificación do departamento correspondente do centro de traballo o do organismo de quen dependa

14.4. Pechado o prazo de solicitude establecido ao efecto, e revisada a documentación achegada, establecerase un prazo de dez días hábiles(art.68,Lei 39/2015) para emendar a falta de documentación, contados a partir da data de publicación das incidencias no taboleiro de anuncios deste Concello. Na solicitude indicarase a data da citada publicación.

A proposta de resolución de adxudicación de praza polo tempo solicitado conterá a contía a abonar polo beneficiario e o procedemento de pago. A praza adxudicarase definitivamente unha vez entregado o resgardo de pago no Concello antes de comezar o servizo.

As baixas voluntarias dos usuarios na prestación dos servizos deberán ser comunicadas aos servizos responsables da xestión do programa, polo menos con quince días de antelación, para que exista dereito á devolución polos días de servizo non recibido restantes desde que se cubra a praza abandonada ata o final do período contratado, a condición de que a baixa se produza por causas debidamente xustificadas.

CALENDARIO DE PRESTACIÓN DO SERVIZO

Artigo 15

O Servizo de Conciliación prestarase durante todo o ano de luns a venres.

Os días de calendario laboral marcados como festivos locais, autonómicos ou nacionais, non se prestará o servizo.

TAXAS

Artigo 16

INVERNO:

a) SERVIZO MADRUGADORES:

35 €/mes asistindo un menor.

30 €/mes por menor a partires do segundo/a irmá.

DÍA SOLTO: 8 €.

b) CONXUGA LUDOTECA POLAS TARDES:

Os 5 días da semana ¿¿¿¿¿¿¿¿ 60 €/mes

4 días á semana¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿ 50 €/mes

3 días á semana ¿¿¿¿¿¿¿¿....¿ 40 €/mes

2 días á semana¿¿¿¿¿¿¿¿..¿... 30 €/mes

1 día á semana ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿... 15 €/mes

DÍAS SOLTOS: 8 € con preaviso por escrito de 5 días e sempre que exista praza dispoñible.

 

VERÁN:

c) VACACIÓNS LÚDICAS:

Meses de xullo e agosto. O período vacacional dos meses de xullo e agosto pode dividirse en semanas, sendo estas, as unidades temporais menores polas que deberán abonar a cota correspondente, independentemente de que non se faga un uso completo da mesma.

As tarifas para este período son:

1 mes 100 €

2 meses 160 €

Unha semán 50 €

Dúas semáns 70 €

Tres semáns 90 €

DÍA SOLTO EN VERÁN: 8 € con preaviso por escrito de 5 días e sempre que exista praza dispoñible.

Os prezos das taxas actualizaranse anualmente coa variación do IPC.

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Artigo 17

Os descontos para os/as usuarios/as de ludoteca de tarde e vacacións lúdicas aparecen reflectidos na seguinte táboa:

DESCONTOS APLICABLES NA LUDOTECA DE TARDE E VACACIÓNS LÚDICAS

(AS BONIFICACIÓNS SON DE CARÁCTER ACUMULATIVO)

REDUCIÓN TARIFA

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA PARA A APLICACIÓN DOS DESCONTOS NA MODALIDADE DE LUDOTECA INVERNO E VACACIÓNS LÚDICAS

Casos de emerxencia social, acreditados polo Dpto. SS.SS. Comunitarios do Concello de Vedra menores incluídos no programa de educación familiar ou en calquera outra situación valorada tecnicamente polo departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra.

100%

Informe de SS.SS comunitarios do Concello de Vedra (consultado directamente polo departamento)

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ao IPREM vixente.

90%

A escoller polo usuario:

- Xustificación de ingresos mensuais de todos os membros da unidade familiar (nóminas do último mes, certificación de prestacións do INEM, outros).

- Declaración do IRPF do último exercicio, ou a correspondente certificación da Axencia Tributaria, de todos os membros da unidade familiar.

- Declaración xurada de patrimonio.

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ao 1,5% do IPREM vixente.

60%

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ao 2,5% do IPREM vixente.

25%

Pola condición de familia monoparental, sempre que non supere o 1,5% do IPREM vixente. *Terase en conta as proxenitoras/es con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente.

25%

1. A escoller polo usuario:

- Copia da sentenza de separación, divorcio ou nulidade matrimonial o resolución de disolución de parella de feito inscrita ou

- Copia do libro de familia.

2. Xustificación dos ingresos nalgunha das formas previstas no recadro anterior.

Persoa dependente grado 2 ou 3 convivinte no domicilio

25%

Copia da Resolución do grao de dependencia

Condición de familia numerosa categoría xeral

25%

Título de familia numerosa vixente

Condición de familia numerosa categoría especial

40%

2.ª irmán asistindo á ludoteca

25%

Copia do libro de familia

NACEMENTO DA OBRIGA DE CONTRIBUÍR

Artigo 18

A taxa esíxese e nace a obriga de contribuír no momento en que se formalice a inscrición para ter acceso ao Programa de Conciliación Conxuga.

INFRACCIÓNS

Artigo 19.-Baixa no Programa de Conciliación.

Causarase baixa da praza no Programa de Conciliación nos seguintes casos:

Cando non se cumpran as normas de funcionamento expostas no artigo 11 desta ordenanza.

No caso da posterior comprobación de que os datos achegados no momento de realizar a solicitude non se axustasen á realidade.

Se hai lista de espera, o cambio de situación laboral dos beneficiarios. É obriga dos beneficiarios comunicar ao Concello calquera cambio na súa situación laboral. O Concello poderá comprobar en calquera momento que a situación dos beneficiarios non sufriu cambio algún.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Esta Ordenanza entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.