Consorcio as Mariñas - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de lacería, canceria e cremación de animais mortos no territorio do Consorcio As Mariñas
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co previsto no artigo 20.4 e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou Texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, o Consorcio As Mariñas, facendo uso das competencias transferidas polos seus Concellos integrantes, establece a taxa pola prestación do servizo de lacería, canceira e Cremación de animais domésticos mortos, que se regulará pola presente ordenanza.
Artigo 2.- Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A utilización dos servizos de lacería, canceira e cremación de animais domésticos mortos por solicitude do seu propietario ou por estaren abandonados
b) Tratamento sanitario para a adopción de animais de compañía .
c) Manutención e custodia de animais de compañía na canceira municipal.
2. A obriga de contribuír nacerá cando se inicie a prestación dos servizos sometidos a gravame, entendéndose a tales efectos, que se inicia a prestación cando se solicita a mesma ou se ocasiona a súa prestación.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, que teñan a condición de propietarios ou responsables dos animais sobre os que recaian os servizos sinalados no artigo anterior.
Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Serán responsables subsidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 4. Beneficios Fiscais.
Non se establece beneficio fiscal ningún sobre a cota resultante nin exención do pagamento.
Artigo 5. Devengo
A obriga de contribuír nacerá coa prestación do servizo.
Para o suposto de que o animal recollido tivera microchip non procederá a taxa por recoñecemento sanitario, sen que o cómputo de días de estancia poida iniciarse ata que se comunique ó propietario a recollida do animal.
Artigo 6. Base Impoñible.
A débeda tributaria se determinará polo sistema de cuota fixa, atendendo á diferente natureza dos servizos, de acordo ca clasificación realizada no artigo seguinte.
Artigo 7. Tarifas
Importe | |
Recollida do animal da vía pública |
48,68 € |
Estancia, manutención e custodia por día ou fracción |
4,53 € |
Entrega dun animal por particular |
58,86 € |
Entrega de dous ou mais cachorros (cada un) |
31,69 € |
Microchip |
39,62 € |
Vacina |
23,77 € |
Taxa de incineración hasta 25kg |
32,82 € |
Taxa de incineración de 26 a 40 kg |
40,74 € |
Taxa de incineración más de 40 kg |
56,60 € |
Transporte de animais vivos ou mortos |
35,09 € |
Esterilización |
40,46 € |
Artigo 8. Normas de Xestión.
Correspóndelle á empresa encargada da prestación do servizo, mediante oficio, remitir a relación dos servizos que foron prestados e os datos (NIF, nome completo e domicilio) da persoa que os solicitou ou doresponsable do animal, ó Consorcio ¿As Mariñas".
Para retirar os animais do lugar no que se presten os servicios de custodia e manutención será necesarioacreditar o pagamento previo da taxa correspondente.
Polo que se refire á prestación dos servicios, terá que axustarse ó disposto pola Lei 1/1993 do Parlamento de Galicia e ás disposicións que a desenvolvan.
Artigo 9. Infraccións e Sancións Tributarias
En materia de calificación das infraccións e de sancións das mesmas, se estará ó disposto nos artigos 178 e ss. da Lei Xeral Tributaria
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza entrar en vigor coa súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa polo Consorcio As Mariñas.