Val do Dubra - Prezos públicos para a Escola de Música
TARIFAS
Por medio da presente ponse en xeral coñecemento que a Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión celebrada en data 24 de setembro de 2020, acordou a aprobación das tarifas pola prestación do servizo de ESCOLA DE MÚSICA que se sinalan a continuación:
- Prezo mensual de clase individual, duración media hora: 30 euros por instrumento.
- Prezo mensual de clase grupal:
- 2 alumnos, duración unha hora: 30 euros por instrumento.
- 2 alumnos, duración media hora: 15 euros por instrumento.
- A partir de 2 alumnos, duración unha hora: 15 euros instrumento.
- Prezo mensual das clases de música en movemento: 15 euros por persoa.
- Prezo mensual de linguaxe músical e instrumento en clases grupais (máis de 5 alumnos): 15 euros persoa/instrumento.
- Prezo mensual da clase de canto:
- Individual: 30 euros.
- Grupal: 15 euros.
Bonificacións:
1.- Ao abeiro do artigo 44.2 do referido texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes bonificacións:
- O segundo membro da mesma unidade familiar (en 1º grao) e seguintes, aboarán o 50% do primeiro.
- A persoas que acreditan formar parte de familia numerosa terán unha bonificación do 50 % na tarifa de cada unha das actividades restantes.
- Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.
As bonificacións previstas concederanse por pedimento do interesado. Este deberá achegar, xunto coa solicitude correspondente e no momento de efectuar a matrícula, a seguinte documentación:
- Libro de familia: copia compulsada das follas de todos os membros da unidade familiar.
- Se é o caso, copia compulsada do título de familia numerosa.
2.- As bonificacións expostas no punto anterior non serán acumulativas.
No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferencia ós particulares empadroados no Concello de Val do Dubra e no seu caso ás entidades que teñan a súa sede social no Concello.
En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos correspondentes, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas exportas.
Para as clases de inglés:
Prezo mensual das clases de inglés - 20,00 euros por persoa.
Para as actividades de conciliación do Nadal (decembro de 2015):
Prezo mensual - 20,00 euros por nena/o que participe nas actividades.