Negreira - Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e artigo 20, apartados 1 e 3.h da Lei 39/1998, do 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible a realización sobre a vía pública local de calquera dos aproveitamentos enumerados no artigo 1.º desta ordenanza.
Artigo 3.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa as persoas ou entidades a prol das que se outorgue a correspondente licencia ou que se beneficien do aproveitamento se procederon sen a oportuna licencia municipal.
Artigo 4.-Dereito á percepción.
Terase dereito a percibi-la taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se autorice ou dende que se inicie o aproveitamento se se procedeu sen a preceptiva licencia.
No suposto de licencias xa autorizadas, o dereito á percepción será periódico e terá lugar o día 1 de xaneiro de cada ano.
Artigo 5.-Tarifa.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza fiscal será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte:
a) Entrada de vehículos en edificios, ou cocheiras particulares: 1.500 ptas./metro lineal/ano.
b) Entrada de vehículos en garaxes ou locais colectivos para garda de vehículos ou locais de venda ou talleres: 2.500 ptas./metro lineal/ano.
c) Entrada en locais comerciais ou industriais, para carga e descarga de mercadorías: 2.500 ptas./metro lineal/ano.
d) Reserva de espacios nas vías e terreos de uso público para carga e descarga: 3.500 ptas./metro lineal/ano.
e) Reserva de espacios ou prohibición de estacionamentos: 3.500 ptas./metro lineal/ano.
Artigo 6.-Normas de xestión.
As cantidades esixibles con arranxo a estas tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
As persoas ou entidades interesadas, na concesión dos aproveitamentos regulados na presente ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia municipal e realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo seguinte e formula-la declaración de metros de aproveitamento. Os servicios técnicos do Concello comprobarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose autorización de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se atopan diferencias notificaráselles ós interesados e faranse, no seu caso, as liquidacións complementarias, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizándose os ingresos complementarios que procedan.
No caso de denegarse a autorización os interesados poderán solicita-la devolución dos importes ingresados.
Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.
A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do trimestre natural seguinte ó da súa obrigación de continuar aboando a taxa.
Os aproveitamentos autorizados deberán sinalizarse coas correspondente sinais que a tal fin facilite o Concello a prezo de custo.
Artigo 7.-Obriga de pagamento.
A obriga de pagamento da tasa nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
O pagamento da taxa efectuarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na depositaría municipal. Este ingreso terá carácter de depósito previo de conformidade co artigo 47.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó se concede-la licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais nas oficinas de recadación municipal unha vez postos ó cobramento os padróns.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse unha vez publicada integramente no BOP e transcorra o prazo a que fai referencia o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e permanecerá en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.