Arteixo - ORDENANZA FISCAL N.º 29, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVICIO DE LACERÍA, RECOLLIDA, E RETIRADA DE ANIMAIS SOLTOS E ABANDONADOS NA VÍA PÚBLICA E DOS SERVIZOS DERIVADOS DO SEU MANTEMENTO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 01/12/2021 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/12/2021

Artigo 1.-Fundamento e réxime.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co previsto no artigo 20.4 e 57 do Real decreto legislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Arteixo establece a taxa pola prestación do servizo de lacería, recollida e retirada de animais soltos e abandonados na vía pública e dos servizos derivados do seu mantemento.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa:

- A prestación do servizo de lacería para a recollida de animais perdidos ou abandonados.

- A recollida, retirada, transporte e recepción de animais acompañantes errantes (abandonados, vagabundos ou perdidos) que se atopan no espazo público no termo municipal de Arteixo.

- A recollida, retirada, transporte e recepción de animais de compañía que se determinen por resolución xudicial, actuación da policía local, ou doutras forzas de seguridade, execución subsidiaria, incautación, comiso ou suspensión accesoria, dentro do termo municipal.

- Manutención e custodia de animais de compañía no centro de acollida.

- Control veterinario dos animais retirados.

- A posta en marcha dun servizo de adopción para os animais acollidos.

- Realización de campañas de esterilización e marcado de colonias de gatos.

- A xestión como desperdicio de cadáveres de animais de compañía mortos.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes,as persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de propietarios ou responsables dos animais sobre os que recaian os servizos sinalados no artigo anterior.

Serán responsables solidarios das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza, as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza, as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 4.-Beneficios fiscais.

Non se establece beneficio fiscal ningún sobre a acota resultante nin exención do pagamento.

Artigo 5.-Devengo.

A obriga de contribuir nace coa prestación do servizo, no momento en que o suxeito pasivo solicite a recuperación do animal ou cando a propia administración municipal identifique ao propietario do animal extraviado ou abandonado. Neste segundo caso, instruiráse dende o departamento de medio ambiente, se procede, o expediente sancionador correspondente.

Artigo 6.-Base impoñible.

A débeda tributaria se determinará polo sistema de cota fixa, atendendo á diferente natureza dos servizos, de acordo coa clasificación realizada no artigo seguinte.

Artigo 7.-Tarifas.


Recollida de un animal vivo do espazo público e transporte a destino.

100,00 €

Implantación microchip no centro de acollida.

45,00 €

Control veterinario e vacinación a chegada o centro de acollida.

50,00 €

Estancia, manutención e custodia de animal no centro de acollida, por día.

3,00 €/día

Esterilización do animal no centro de acollida.

100,00 €

Recollida, esterilización,marcaxe, control veterinario e devolución do gato a colonias felinas urbanas.

121,00 €

Entrega de un cachorro de menos de tres meses de idade para o seu posterior destino.

61,00 €

Recollida de un animal vivo nas instalacións municipais e destino.

36,00 €

Recollida de un cadáver e xestión do residuo.

50,00 €


Artigo 8.-Normas de xestión.

Se o servizo se presta mediante contrato de prestación de servizos, a xestión da taxa en periodo voluntario se realizará pola empresa contratista do servizo, e a recadación será ingresada en conta de titularidade municipal.

Correspóndelle á empresa encargada da prestación do servizo, mediante oficio asinado polo responsable, remitir ao Concello de Arteixo nos cinco primeiros días de cada mes, a relación de servizos que foron prestados no mes anterior, os datos completos (NIF, nome, apelidos e enderezo) do suxeito pasivo contribuínte, e importe da liquidación según tarifas.

Para retirar os animais para os que se presten os servizos determinados nas tarifas descritas no párrafo anterior, será necesario acreditar o pagamento previo da taxa correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor coa súa publicación íntegra no Boletin Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificaión ou derogación expresa.