Negreira - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO ¿PROGRAMA NEGREIRA CONCILIA (MADRUGADORES E MERENDAS), DIVERVERÁN, CAMPAMENTO URBANO RESPIRA E NADAL LÚDICO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Negreira quere contribuír ao fomento da conciliación da vida familiar e laboral coa dotación de servizos que axuden a veciñanza no exercicio das súas actividades e no cumprimento das súas tarefas e obrigacións.
En conformidade co artigo 127, en relación co disposto no Capítulo VI do Título I do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 marzo, o Concello de Negreira procede a regular mediante a presente ordenanza o establecemento dos prezos públicos, que constitúen a contraprestación económica pola utilización dos servizos de conciliación, cuxas normas reguladoras foron aprobadas a tales efectos.
Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza refírense a servizos públicos que non son de solicitude ou recepción obrigatoria, sendo todos eles susceptibles de ser prestados ou realizados polo sector privado.
Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que deberá satisfacer os usuarios que, voluntariamente, soliciten ou utilicen os servizos municipais dentro do ¿Programa Negreira Concilia", sendo que, para a fixación dos mesmos tivéronse en conta os importes que serán sufragados polo Concello.
Artigo 1. Obxecto
Esta ordenanza ten por obxecto establecer os prezos públicos pola prestación dos servizos de conciliación da vida familiar e laboral, comprendidos nos Programas Negreira Concilia, (Madrugadores, Merendas, Nadal Lúdico, Diververán e Campamento Urbano Respira).
Artigo 2. Servizos
Está constituído polo uso dos seguintes servizos:
En períodos lectivos:
MADRUGADORES: A disposición das familias durante todo o período lectivo do ensino infantil e de primaria, en horario dende as 7:30 horas ata o inicio das clases. O servizo abarcará os meses de outubro a maio. Consiste na ampliación do horario de apertura do centro escolar, prestando atención e coidado ao alumnado. As familias deben incorporarse ao servizo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar.
MERENDAS: Consiste na ampliación do horario de saída do comedor en tres horas durante o período lectivo. O servizo abarcará os meses de outubro a maio, consistindo nun servizo de atención lúdico - educativa.
Servizos en período non lectivo.
-Diververán. Realizase durante os meses de verán, xullo e agosto, unha hora e media diaria (dous grupos segundo idade), nun período de tempo contemplado dende as 10.30 a 13.30, consistindo nun servizo de obradoiros de atención lúdica.
- Nadal lúdico. Realizarase durante as vacacións do Nadal, en horario de 8.30 a 14:30 horas, consistindo nun servizo de obradoiros de atención lúdica.
- Campamento Urbano Respira: Levaranse a cabo durante as vacacións de verán, xullo e agosto.
Consiste en actividades de ocio e tempo libre. Estes campamentos desenvolveranse por quendas:
- 1ª Quenda: Dende o 1 ao 15 de xullo
- 2ª Quenda: Dende o 16 ao 31 xullo
- 3ª Quenda: Dende o 1 ao 15 de agosto
- 4ª Quenda: Dende o 16 de agosto ao 31 de agosto
Artigo 3º. Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento dos prezos públicos quen se beneficie dos servizos municipais de conciliación. Entendéndose como tales as/os nais/pais, ou no seu caso a titora/titor ou representante legal das/os menores que fagan uso dos mesmos.
Artigo 4º Contía
As tarifas dos prezos públicos serán as seguintes:
MADRUGADORES
ENTRADA | COSTE PARA O USUARIO |
9.00h | 38.50€ (2€/DIA SOLTO) |
8.30h | 45.50€ (2€/DIA SOLTO) |
8.00h | 52.50€ (3€/DIA SOLTO) |
7.30h | 63.00€ (3€/DIA SOLTO) |
MADRUGADORES 2021
Debido a situación producida pola Covid 19, a cal provocou unha merma de ingresos económicos nas familias, O Concello considerou convinte facer unha bonificación do 20% no coste para o usuario, que será aplicado durante todo o ano 2021, quedando da seguinte maneira:
ENTRADA | COSTE PARA O USUARIO |
9.00h | 30,80 (2€/DÍA SOLTO) |
8.30h | 36,40 (2€/DÍA SOLTO) |
8.00h | 42,00 (2€/DÍA SOLTO) |
7.30h | 50,40 (2€/DÍA SOLTO) |
Admitirase a utilización deste servizo durante quincenas, si o límite de prazas así o permite, tendo prioridade a utilización mensual.
MERENDAS
SAIDA | COSTE PARA O USUARIO |
1 HORA | 45.50€ (2€/DIA SOLTO) |
2 HORAS | 52.50€ (3€/DIA SOLTO) |
3 HORAS | 63.00€ (3€/DIA SOLTO) |
MERENDAS 2021
Debido a situación producida pola Covid 19, a cal provocou unha merma de ingresos económicos nas familias, O Concello considerou convinte facer unha bonificación do 20% no coste para o usuario, que será aplicado durante todo o ano 2021, quedando da seguinte maneira:
SAIDA | COSTE PARA O USUARIO |
1 HORA | 36,40 (2€/DÍA SOLTO) |
2 HORAS | 42,00 (2€/DÍA SOLTO) |
3 HORAS | 50,40 (2€/DÍA SOLTO) |
Admitirase a utilización deste servizo durante quincenas, si o límite de prazas así o permite, tendo prioridade a utilización mensual.
CAMPAMENTO RESPIRA.
· 100€/MES (80 euros durante 2021)
· 50€/QUINCENA (40 euros durante o 2021)
· 5€/DIA
DIVERVERÁN
· 20€/MES (16 euros durante o 2021)
· 2€/DIA
NADAL LÚDICO
· 20€ (16 euros durante o 2021)
· 2 €/DIA
Artigo 5. Reducións na cota.
1. Redución por causas sociais acreditadas:
A emisión dun Informe Social do departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo dará dereito a unha axuda equivalente ao 100% do custo dos servizos usados. Esta axuda deberá ser aprobada polo órgano competente do Concello.
2. Redución por irmáns:
Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.
As persoas usuarias dos servizos que durante o mesmo mes fagan uso de dous (madrugadores e merendas) terán unha bonificación do 25% no importe do segundo.
Ditas bonificacións non se aplicarán cando se fagan uso de días soltos.
3. Concorrencia de axudas:
Os servizos públicos aos que se refire esta Ordenanza, poden ser subvencionables por parte da Administración Autonómica, e nalgúns casos cubrir a totalidade do seu custo. Por elo, no suposto de obterse dita subvención, os usuarios estarán exentos do pago dos prezos públicos fixados nesta Ordenanza. No suposto de que as subvencións non cubran a totalidade do servizo, establecéranse as correspondentes exencións parciais.
Artigo 6. Obrigación de pago
A obrigación de pago dos prezos regulados nesta Ordenanza nace desde que se inicie a prestación dos distintos servizos, se ben este Concello poderá esixir o pago previo ao momento da inscrición segundo establezan as distintas convocatorias.
Artigo 7. Réxime de Xestión e ingreso dos prezos públicos
O pago dos importes dos servizos de Negreira Concilia realizarase os dez primeiros días de cada mes mediante domiciliación bancaria ou ingreso na conta bancaria do Concello designada a estes efectos. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, dará lugar a perda do dereito a utilización do servizo. O abono das cantidades correspondentes a días soltos farase mensualmente a mes vencido, mediante o sistema de recibo con domiciliación bancaria, previo informe do servizo de coordinación do programa.
Nos servizos prestados en períodos non lectivos o prezo total ingresarase no momento da inscrición, na conta bancaria do Concello. A falta de pago suporá a suspensión na tramitación da admisión, mentres non se produza o pago efectivo non se xerará a percepción do servizo. En caso de falla de pago do recibo, o obrigado farase cargo dos gastos de devolución do mesmo.
Cando se produzan faltas de asistencia ou ausencias, as mesmas non xerarán descontos ou deducións da cota mensual. O alumnado que causase baixa definitiva ou temporal sen causa xustificada, non terá dereito a ningunha devolución das cantidades aportadas ata ese momento.
Cando a solicitude de incorporación aos servizos de madrugadores e merendas se formule unha vez iniciados ditos servizos e sexa antes do día 16 de cada mes a cota mensual será ingresada polo seu importe total. Si a solicitude de incorporación é a partir do día 16, o importe será do 50%.
Disposición única
Esta ordenanza entrará en vigor a partires do día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.