Negreira - ORDENANZA FISCAL DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 10/03/2023 BOP Nº: 48
Aplicable dende: 13/03/2023

Capítulo I - Normativa aplicable

Artigo 1º.-

O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana rexerase:

- Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que o completen e desenrolen.

- No relativo ao feito impoñible, suxeitos pasivos, exencións, reducións, bonificacións, base impoñible, base liquidable, período impositivo e devengo, estarase ao disposto nos artigos 104 e seguintes da LRFL, coa adaptación introducida polo Real Decreto - Lei 26/2021, de 8 de novembro.

- Pola presente Ordenanza Fiscal.

Capítulo II - Natureza e feito impoñible

Artigo 2º.-

1. Constitúe o feito impoñible do Imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos bens.

2. O título a que se refire o apartado anterior será todo feito, acto ou contrato, calquera que sexa a súa forma, que orixine un cambio do suxeito titular das facultades dominicais de disposición ou aproveitamento sobre un terreo, teña lugar por ministerio da Lei, por actos mortis causa ou inter vivos, a título oneroso ou gratuíto.

Artigo 3º.-

1. Estará suxeito a este Imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos, a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, con independencia de que estean contemplados como tales no Catastro ou no padrón do IBI. En consecuencia, estará suxeito o incremento de valor que experimenten os terreos cualificados como urbanos segundo o disposto no artigo 2.4 da Lei 48/2002, de 23 de decembro, do Catastro Inmobiliario.

2. Estará así mesmo suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos integrados nos bens inmobles cualificados como de características especiais a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles. En consecuencia, estará suxeito o incremento de valor que experimenten os terreos cualificados como de características especiais segundo o disposto no artigo 2.7 da Lei 48/2002, de 23 de decembro, do Catastro Inmobiliario.

3. Non estarán suxeitos a este imposto:

a. O incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

b. As achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, as adxudicacións que ó seu favor i en pagamento delas se verifiquen e as transmisións que se fagan ós cónxuxes en pagamento dos seus haberes comúns.

c. As transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentencias nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal sexa o réxime económico matrimonial.

Capítulo III - Exencións

Artigo 4º.-

Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:

a) A constitución e transmisión de dereitos de servidume.

b) As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado coma conxunto histórico-artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o disposto na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ó seu cargo obras de conservación, mellora e rehabilitación nos ditos inmobles. Para disfrutar desta exención deberá acreditarse a declaración individual de interese cultural mediante a invocación da norma de rango suficiente onde se conteña ou a súa situación indubitada dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico mediante Real Decreto ou norma de rango superior. Así mesmo, acreditarase a execución de proxectos de conservación, mellora e rehabilitación debidamente autorizados, para o cal presentaranse os proxectos, as licencias e permisos preceptivos e o certificado de fin de obra correspondente. Os servizos técnicos municipais incorporarán un informe respecto da necesidade ou utilidade das obras para a conservación do Patrimonio. O suxeito pasivo deberá estar ó corrente das súas obrigacións tributarias co Concello respecto dos tributos que gravan o inmoble en cuestión e presentará declaración respecto de ter realizado ó seu cargo as obras.

c) As transmisións realizadas por persoas físicas con ocasión da dación en pago da vivenda habitual do debedor hipotecario ou garante do mesmo, para a cancelación de débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a mesma, contraídas con entidades de crédito ou calquera outra entidade que, de xeito profesional, realice a actividade de concesión de préstamos ou créditos hipotecarios. Así mesmo, estarán exentas as transmisións da vivenda en que concorran os requisitos anteriores, realizadas en execucións hipotecarias xudiciais ou notariais. Para ter dereito á exención requírese que o debedor ou garante transmitente ou calquera outro membro da súa unidade familiar non dispoña, no momento de poder evitar a enaxenación da vivenda, de outros bens ou dereitos en contía suficiente para satisfacer a totalidade da débeda hipotecaria. Presumirase o cumprimento deste requisito. Porén, se con posterioridade se comprobase o contrario, procederase a xirar a liquidación tributaria correspondente. A estes efectos, se considera vivenda habitual aquela na que figurara empadroado o contribuínte de forma ininterrompida durante, al menos, os dous anos anteriores á transmisión ou dende o momento da adquisición se dito prazo fose inferior aos dous anos. Respecto do concepto de unidade familiar, estarase ao disposto na Lei 35/2006, de 28 de novembro, do IRPF e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio. A estes efectos, equipararase o matrimonio ca parella de feito legalmente inscrita. Respecto de esta exención, non resultará de aplicación o disposto no artigo 9.2 de esta Lei.

Artigo 5º.-

Así mesmo, están exentos deste imposto os incrementos de valor correspondentes cando a obrigación de satisfacer aquel recaia sobre as persoas ou entidades seguintes:

a) O Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, e as entidades locais ás que pertenza o Concello, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter da Comunidade Autónoma de Galicia e das devanditas entidades locais.

b) O Concello de Negreira e as entidades locais integradas neste o unas que se integre o Concello, así como as súas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter ós Organismos Autónomos do Estado.

c) As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes.

d) As entidades xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de previsión Social reguladas na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados.

e) Os titulares de concesións administrativas revertibles respecto dos terreos afectos ás mesmas.

f) A Cruz Vermella Española.

g) As persoas ou entidades ás que ó seu favor se lles recoñecera a exención en tratados ou convenios internacionais.

Capítulo IV - Suxeitos pasivos.

Artigo 6º.-

1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuíntes:

a. Nas transmisións de terreos o una constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título lucrativo, a persoa física ou xurídica, ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a persoa ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b. Nas transmisións de terreos o una constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persoa física ou xurídica, ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que transmita o terreo ou a persoa ou entidade que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

c. Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a persoa ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que te trate, cando o contribuínte sexa una persoa física non residente en España.

Capítulo V - Base impoñible

Artigo 7º.-

1. A base impoñible deste imposto está constituída polo incremento real do valor dos terreos, posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de 20 anos.

2. A base impoñible deste imposto determinarase segundo o disposto no artigo 107 do TRLRFL.

3. Para a determinación da base impoñible mediante o método de estimación obxectiva, multiplicarase o valor do terreo no momento do devengo polo coeficiente que corresponde ao período de xeración conforme as normas previstas.

4. Cando, a instancias do suxeito pasivo e conforme ao procedemento establecido no artigo 104.5 do TRLRFL, se constate que o importe do incremento de valor resulta inferior ao importe da base impoñible determinada usando o método de estimación obxectiva, tomarase como base impoñible o importe de dito incremento de valor.

5. O período de xeración do incremento de valor será o número de anos durante os cales se puxera de manifesto o dito incremento. Para o seu cómputo, tomaranse os anos completos, sen ter en conta as fraccións de ano. No caso de que o período de xeración resulte inferior a un ano, prorratearase o coeficiente anual tendo en conta o número de meses completos, sen ter en conta as fraccións de mes.

6. Cando o terreo fora adquirido polo transmitente por cotas ou porcións en datas diferentes, consideraranse tantas bases impoñibles como datas de adquisición, establecéndose cada base na seguinte forma:

a. Distribuirase proporcionalmente o valor do terreo de forma proporcional á cota ou porción adquirida en cada data.

b. Aplicarase a cada parte proporcional a porcentaxe do incremento correspondente ao período respectivo de xeración do incremento de valor.

Artigo 8º.-

Nas transmisións de terreos de natureza urbana considerarase como valor dos mesmos ó tempo do devengo deste imposto o que teñan fixado en dito momento para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

Non obstante, cando dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflicte modificacións no planeamento aprobadas con posterioridade á aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto conforme ó mesmo. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez sexa obtida conforme aos procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrixiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos ó efecto nas Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado o valor catastral en dito momento, o Concello poderá practicar a liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, referindo dito valor ó momento do devengo.

Artigo 9º.-

Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, as porcentaxes anuais contidos no artigo 13 desta ordenanza aplicaranse sobre a parte do valor definido no artigo anterior que represente, respecto do mesmo, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

Artigo 10º.-

Na constitución ou transmisión do dereito a elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito a realizar a construción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, as porcentaxes anuais contida no artigo 13 desta ordenanza aplicarase sobre a parte do valor catastral que represente, respecto do mesmo, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas a construír en voo ou en subsolo e a total superficie ou volume edificados unha vez construídas aquelas.

Artigo 11º.-

Nos supostos de expropiación forzosa as porcentaxes anuais contida no artigo 13 desta ordenanza aplicarase sobre a parte do xustiprezo que corresponda ó valor do terreo, salvo que o valor definido no artigo 8 desta ordenanza fose inferior, caso no que prevalecerá este último sobre o xustiprezo.

Artigo 12º.-

1. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, tomarase como valor do terreo, ou da parte de este que corresponda segundo as regras contidas nos artigos 8, 9, 10 e 11 desta ordenanza, o importe que resulte de aplicar ós novos valores catastrais a reducción do 40%. A devandita reducción aplicarase respecto de cada un dos cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais.

2. A reducción prevista neste artigo non será de aplicación ós supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que o mesmo se refire sexan inferiores ós ata entón vixentes.

3. O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ó valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva.

Artigo 13º.-

1. Para determinar a base impoñible a que se refire o artigo 7, aplicarase sobre o valor do terreo no momento do devengo, determinado conforme o disposto nos artigos 8, 9, 10, 11 e 12 desta ordenanza, o coeficiente que corresponda en función do número de anos durante os cales se xerou o aumento de valor de acordo co seguinte cadro:

Periodo de generación

Coeficiente

Inferior a 1 ano.

0,14

1 ano.

0,13

2 anos.

0,14

3 anos.

0,15

4 anos.

0,17

5 anos.

0,17

6 anos.

0,16

7 anos.

0,12

8 anos.

0,1

9 anos.

0,09

10 anos.

0,08

11 anos.

0,08

12 anos.

0,08

13 anos.

0,08

14 anos.

0,09

15 anos.

0,1

16 anos.

0,13

17 anos.

0,17

18 anos.

0,23

19 anos.

0,29

Igual ou superior a 20 anos.

0,45

Estes coeficientes máximos serán actualizados anualmente mediante norma con rango legal, puidendo levarse a cabo dita actualización mediante as leis de orzamentos xerais do Estado.

Se, como consecuencia da actualización referida no parágrafo anterior, algún dos coeficientes aprobados pola vixente ordenanza fiscal resultase ser superior ao correspondente novo máximo legal, aplicarase este directamente ata que entre en vigor a nova ordenanza fiscal que corrixa dito exceso.

2. Cando, a instancia do suxeito pasivo, conforme ao procedemento establecido no artigo 104.5 da Lei se constate que o importe do incremento do valor é inferior ao importe da base impoñible determinada de acordo co disposto no apartado anterior deste artigo, tomarase como base impoñible o importe de dito incremento de valor.

Capítulo VI- Débeda tributaria

Sección primeira - Cota tributaria

Artigo 14º.-

A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo do 25%.

A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso a bonificación a que se refire o artigo seguinte.

Sección segunda - Bonificacións na cota

Artigo 15º.-

1. Gozarán de bonificación as cotas deste imposto que se devenguen nas transmisións de terreos ou na transmisión e constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizada a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes, segundo a escala que se contén no apartado seguinte.

2. As bonificacións da cota a que se refire o apartado anterior aplicaranse segundo a seguinte escala:

Cota tributaria

Bonificación

Ata 10.000 euros

95 por 100

De 10.000,01 euros ata 20.000 euros

90 por 100

Máis de 20.000 euros

85 por 100

3. A cota tributaria para aplicación da escala de bonificación computarase pola totalidade de inmobles obxecto da transmisión lucrativa a liquidar.

Capítulo VII - Devengo

Artigo 16º.-

1. O imposto devengarase:

a. Cando se transmita a propiedade do terreo, sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data de transmisión.

b. Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data na que teña lugar a constitución ou transmisión.

2. Para os efectos do disposto no apartado anterior considerarase como data da transmisión:

a. Nos actos ou contratos entre vivos a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun rexistro público, ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu oficio.

b. Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante.

Artigo 17º.-

1. Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme ter tido lugar a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terreo ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre o mesmo, o suxeito pasivo terá dereito á devolución do imposto satisfeito, sempre que dito acto ou contrato non lle producira efectos lucrativos e que reclame a devolución no prazo de cinco anos dende que a resolución quedou firme, entendéndose que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectuar as recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Aínda que o acto ou contrato non producira efectos lucrativos, se a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do imposto, non haberá lugar a devolución ningunha.

2. Se o contrato queda sen efecto por mutuo acordo das partes contratantes non procederá a devolución do imposto satisfeito e se considerará como un acto novo suxeito a tributación. Como tal mutuo acordo estimarase a avenencia en acto de conciliación e o simple allanamento á demanda.

3. Nos actos ou contratos nos que medie algunha condición, a súa cualificación farase con cargo ás prescricións contidas no Código Civil. Se fose suspensiva non se liquidará o imposto ata que esta se cumpra. Se a condición fose resolutoria esixirase o imposto, desde logo, a reserva, cando a condición se cumpra, de facer a oportuna devolución segundo a regra do apartado 1 anterior.

Artigo 18º.-

O período de imposición é o tempo durante o cal o terreo pertence a un mesmo propietario ou o tempo durante o cal unha persoa é titular dun dereito real de goce limitativo do dominio, e compútase a partir da transmisión inmediata anterior do terreo ou dereito real de goce ou dende a data de constitución deste último, calquera que sexa esa data, sempre que tivera lugar dentro dos últimos vinte anos. Se a data fose máis remota, o período de imposición limitarase a vinte anos.

Capítulo VIII - Xestión do imposto

Sección primeira - Obrigas materiais e formais

Artigo 19º.-

1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración segundo o modelo determinado polo mesmo, contendo os elementos da relación tributaria imprescindible para practicar a liquidación procedente.

2. Dita declaración deberá ser presentada nos seguintes prazos, contados dende a data na que se produza o devengo do imposto:

a. Cando se trate de actos ¿inter vivos", o prazo será de trinta días hábiles.

b. Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.

3. Á declaración xuntaranse os documentos nos que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición.

Artigo 20º.-

As liquidación do imposto notificaranse integramente ós suxeitos pasivos con indicación do prazo de ingreso e expresión dos recursos procedentes.

Artigo 21º.-

Con independencia do disposto no apartado 1º do artigo 19º, están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización dun feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos:

a) Nos supostos contemplados na letra a) do artigo 6º, sempre que se producira por negocio xurídico ¿inter vivos", o donante ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b) Nos supostos contemplados na letra b) de dito artigo, o adquirente ou a persoa a favor de que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

Artigo 22º.-

De conformidade co artigo 154 da Lei Hipotecaria e 414 do seu regulamento, ningunha inscrición farase no Rexistro da Propiedade sen que se acredite previamente o pagamento do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana causado polo acto ou contrato que se solicita inscribir.

Malia o parágrafo anterior, procederase de conformidade co establecido nos artigos 255 e seguintes da Lei hipotecaria.

Artigo 23º.-

Así mesmo, os Notarios estarán obrigados a remitir ó Concello, dentro da primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice comprensivo de tódolos documentos por eles autorizados no trimestre anterior, nos que se conteñan os feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, con excepción dos actos de última vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, dentro do mesmo prazo, relación dos documentos privados comprensivos dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos, que lles foran presentados para coñecemento ou lexitimación de sinaturas. O prevido neste apartado enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido na Lei Xeral Tributaria. Na relación ou índice que remitan os Notarios ó Concello, estes deberán facer constar a referencia catastral dos bens inmobles cando dita referencia se corresponda cos que sexan obxecto de transmisión.

Sección segunda - Inspección e recadación

Artigo 24º.-

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co prevido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Sección terceira - Infraccións e sancións

Artigo 25ª.-

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e disposicións complementarias.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal será de aplicación a partir do día seguinte á data da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 82 de 02/05/2023:

Detectado un erro no artigo 13º da aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, procede a publicación dunha corrección de erros.