Carballo - ORDENANZA N.º 10, REGULADORA DAS PRESTACIÓNS PATRIMONIAIS DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIAS POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS CORRESPONDENTES AO CICLO INTEGRAL DA AUGA: SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE, REDE DE SUMIDOIROS, SANEAMENTO E DEP

Publicación provisional: 22/01/2020 BOP Nº: 14
Publicación definitiva: 10/08/2020 BOP Nº: 126
Aplicable dende: 01/04/2024

Exposición de motivos

Consonte ao previsto no artigo 40.1 da Lei 9/2010, de augas de Galicia, as Administracións titulares dos servizos de abastecemento e saneamento e depuración de augas, esixirán os tributos que lles correspondan dacordo co previsto na normativa de facendas locais, tendo en conta o principio de recuperación dos custes dos servizos relacionados coa auga, incluidos os custes medioambientais, e, particularmente, consonte co principio de quen contamina paga.

En tal sentido, a licitación dos servizos anteditos para a súa xestión indirecta, incorporou unha fórmula de equilibrio financeiro entre custes e ingresos, determinando que a tarifa media se equipararía co custe unitario do servizo. Para permitir o funcionamento de dita fórmula, é preciso aprobar as tarifas pola prestación dos servizos a través da presente Ordenanza Fiscal.

Polo tanto, e con pleno respecto dos principios consagrados nos arts. 128 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das Administracións Públicas, o Concello de Carballo establece e regula as prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias pola prestación dos servizos públicos de competencia local correspondentes ao Ciclo Integral da Auga, que abrangue os servizos de subministración de auga potable, de rede de sumidoiros, e de saneamento e depuración de augas residuais, mediante esta Ordenanza, medio legalmente esixido, como de menor intervención, e sempre tentando facilitar aos interesados o máis sinxelo cumprimento das obrigas nela contidas, a fin de obter os ingresos públicos minimamente precisos para garantir a continuidade do servizo e a súa viabilidade económica.

ARTIGO 1.-OBXECTO E FUNDAMENTO.

Dacordo coas facultades concedidas a esta entidade local polo artigo 20.6 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou a Lei reguladora das facendas locais, e na Disposición Adicional Primeira da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, tras a modificación operada nos referido textos legais polas Disposicións Finais Undécima e Duodécima da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o Concello de Carballo establece as prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias pola prestación dos servizos públicos de competencia local correspondentes ao Ciclo Integral da Auga, que abrangue os servizos de subministración de auga potable, de rede de sumidoiros, e de saneamento e depuración de augas residuais, que se rexerá pola presente Ordenanza e, no non previsto na mesma, polo Regulamento dos Servizos Públicos relacionados co Ciclo Integral da Auga do Concello de Carballo.

Os devanditos ingresos teñen a natureza de prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias por se tratar da retribución do concesionario ao se atopar nun suposto de xestión indirecta do servizo, e veñen, pois, determinados, polo contrato subscrito entre esta Administración e o contratista, que determina as tarifas consonte ao resultante do procedemento de contratación.

ARTIGO 2.-DEFINICIÓN DO FEITO IMPOÑIBLE.

1.-Constitúe o feito impoñible desta prestación a recepción dos servizos, que a continuación se detallan, prestados polo Concello, en réxime de xestión indirecta, baixo a modalidade de concesión administrativa de servizo público:

a) A subministración ou abastecemento de auga potable.

b) O uso das redes de sumidoiros e os servizos de saneamento e depuración de augas residuais.

c) A realización ou execución de obras relativas ao enganche, acometida, ou outras sobre da rede pública do Ciclo Interal da Auga, cuxa competencia estea atribuída á entidade concesionaria do servizo.

d) En xeral, calquera outro servizo que sexa obxecto da presente Ordenanza e, sendo competencia da entidade local, teña carácter obrigatorio en virtude da disposición legal ou regulamentaria.

2.-En canto á obriga de recepción dos servizos, estarase ao disposto no Regulamento dos Servizos Públicos relacionados co Ciclo Integral da Auga do Concello de Carballo, e, xa que logo, estarán obrigados á recepción nos supostos que naquel se sinalen, os suxeitos pasivos definidos no artigo seguinte.

ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1.-É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que utilicen ou se beneficien dos servizos que constitúen o feito impoñible da prestación.

2.-En materia de responsabilidade, serán responsables solidarios ou subsidiarios das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aqueles que así se estableza na Lei 58/2003 e na súa normativa de desenvolvemento, aplicable segundo o previsto no art. 2.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

ARTIGO 4.-BASE IMPOÑIBLE.

A base impoñible da prestación determinarase:

a) No relativo á cota fixa de mantemento, por aplicación directa da tarifa respectiva.

b) No relativo á parte variable, en aplicación das regras do art. 69 do Regulamento dos Servizos Públicos relacionados co Ciclo Integral da Auga do Concello de Carballo.

c) No relativo á realización de acometidas e enganches, a base impoñible será o custe das obras a realizar.

ARTIGO 5.-TARIFAS.

1.-Establécense os seguintes cadros de tarifas, comprensivos da tarifa fixa trimestral por mantemento do servizo, e das tarifas variables en escala progresiva de gravame por consumo efectivo ou presunto, relativos aos servizos domésticos e non domésticos:

DOMÉSTICO

ABASTECEMENTO

SANEAMENTO

DEPURACIÓN

TOTAL

FIXO / € / Trimestre

3,48 €

1,74 €

2,73 €

7,95 €

BLOQUE 1

0 ≤ C <18 m3/Trimestre

0,3061 €/m3

0,0993 €/m3

0,1903 €/m3

0,5957 €/m3

BLOQUE 2

18 ≤ C <36 m3/Trimestre

0,3309 €/m3

0,182 €/m3

0,3641 €/m3

0,877 €/m3

BLOQUE 3

36 ≤ C <60 m3/Trimestre

0,3971 €/m3

0,2234 €/m3

0,4385 €/m3

1,059€/m3

BLOQUE 4

60 ≤ C <90 m3/Trimestre

0,5378 €/m3

0,2317 €/m3

0,4717 €/m3

1,2412 €/m3

BLOQUE 5

C ≥ 90 m3/Trimestre

0,5792 €/m3

0,3309 €/m3

0,662 €/m3

1,5721 €/m3

NON DOMÉSTICO

ABASTECEMENTO

SANEAMENTO

DEPURACIÓN

TOTAL

FIXO / € / Trimestre

3,98 €

1,90 €

3,22 €

9,10 €

BLOQUE 1

0 ≤ C <18 m3/Trimestre

0,3557 €/m3

0,1572 €/m3

0,3145 €/m3

0,8274 €/m3

BLOQUE 2

18 ≤ C <36 m3/Trimestre

0,3971 €/m3

0,2813 €/m3

0,5461 €/m3

1,2245 €/m3

BLOQUE 3

36 ≤ C <60 m3/Trimestre

0,4137 €/m3

0,3309 €/m3

0,662 €/m3

1,4066 €/m3

BLOQUE 4

60 ≤ C <90 m3/Trimestre

0,5626 €/m³

0,4137 €/m3

0,8274 €/m3

1,8037 €/m3

BLOQUE 5

C ≥ 90 m3/Trimestre

0,7446 €/m3

0,4965 €/m3

0,9929 €/m3

2,234 €/m3

2.-No suposto de que existan usuarios que utilicen tan só a rede de saneamento e depuración, e non dispoñan, polo tanto, de sistema de medición de caudais, facturaranse tales servizos estimando un caudal mensual de 14 m3, salvo que se acrediten outras contías. En tal suposto, e previa solicitude ao efecto por parte do usuario ao Concello, a cota variable tarificarase ao 50% polo bloque 1, e ao restante 50% ao bloque 2.

Será competencia do Concello examinar, determinar e comunicar á concesionaria, antes do fin do primeiro período de facturación de cada ano, a concreta relación de beneficiarios dese réxime de tarificación para o exercicio seguinte, previo informe da empresa concesionaria.

3.-Terán a consideración de grandes consumidores aqueles aboados non domésticos cun consumo anual superior aos 20.000 metros cúbicos. En tal suposto, e previa solicitude ao efecto, acreditándose polo solicitante que o consumo unitario do exercicio vencido é inferior a 2.000 metros cúbicos por ano e empregado, a cota variable a aplicar será a do bloque 2 para a totalidade do consumo. A determinación dos grandes consumidores beneficiarios será competencia do Concello, que examinará, determinará e comunicará á concesionaria, antes do fin do primeiro período de facturación de cada ano, vistos os informes previos da empresa concesionaria, a relación concreta de tales beneficiarios.

4.-Para a execución de proxectos de enganche e prolongacións da rede existente, utilizarase o cadro de prezos unitarios que figura na ¿Base de prezos oficiais da construcción de Galicia" do Instituto Tecnolóxico de Galicia, vixente en cadanseu momento, reducidos nun 20 %, consonte á cláusula 32.1 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares do servizo, e actualizado nun 1,7 % ao cadrado (aplicación dun coeficiente 1,0172) tras da revisión de prezos operada no ano 2023. Os ditos prezos poderán ser actualizados ou complementados por acordo do Pleno do Concello, establecendo prezos específicos que se incorporarán como Anexo á presente Ordenanza. No caso de que, para un suposto concreto, non existira prezo de referencia na dita base de prezos, poderá utilizarse outro método, previo informe do técnico municipal competente, para establecer o prezo de mercado do concreto elemento non previsto, que se reducirá do mesmo xeito ao previsto con anterioridade, coa súa actualización nas sucesivas revisións do prezo do contrato.

ARTIGO 6.-DETERMINACIÓN DA COTA A SATISFACER.

1.-A fixación ou determinación da cota deducirase a través da aplicación das seguintes regras:

a) A cota total pola prestación dos servizos será o resultado de agregar a cota fixa e a cota variable en función do consumo do período correspondente segundo as regras de determinación da base impoñible.

b) Nos supostos dos servizos previstos no art. 5.4, a cota será coincidente coa base impoñible, esto é, cos custes das obras a realizar determinados consonte ao establecido no dito precepto.

2.-Para a determinación da parte variable, por consumo, da cota, o cadro de tarifas por bloques previsto no art. 5 aplicarase de xeito progresivo, por escala progresiva de gravame, aplicando o prezo unitario por metro cúbico de consumo de cada bloque de xeito acumulativo, ata que se acade o consumo total. Deste xeito, para un consumo de 100 metros cúbicos, aplicarase o prezo do bloque 1 ata os 17 metros cúbicos, o do bloque 2 de 18 a 35, o do bloque 3 de 36 a 59, o do bloque 4 de 60 a 89, e o do bloque 5 de 90 a 100 metros cúbicos.

ARTIGO 7.-DEVINDICACIÓN.

Devindícase a prestación e, en consecuencia, nace a obriga de contribuír, como norma xeral, no momento de solicitar a prestación do servizo ou cando se utilice este.

ARTIGO 8.-PERÍODO IMPOSITIVO.

O período impositivo, nos servizos periódicos, coincidirá co trimestre natural e a el referiranse as cotas tributarias.

ARTIGO 9.-BENEFICIOS.

1.-Estarán exentos do pagamento dunha fracción da parte variable da cota da prestación os contribuintes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mesmo, previa solicitude do interesado perante o Concello. A exención tan só se aplicará aos primeiros 20 metros cúbicos de consumo, facturándose o exceso nos bloques que correspondan, a partires do bloque 2 no que cae o consumo de 21 metros cúbicos.

2.-En aplicación do principio de sostibilidade, establécese un coeficiente do 0,90 sobre da cota variable, en función do volume de auga consumida, en períodos anuais consecutivos, dacordo co principio de ¿quen contamina paga", a todas aquelas pólizas de uso doméstico e asimiladas, que cumpran que o consumo comparado dos dous anos anteriores experimentase unha deminución mínima do 10%, e sempre que así o soliciten e acrediten perante o Concello.

Aos efectos do cálculo da diminución mínima do 10%, non se terá en conta o consumo que se teña obtido de xeito estimado, ou aqueles orixinados por existencia de fugas ou perdas interiores nos inmobles dos abonados, ou outras vicisitudes do consumo que non teñan relación con devandito principio ou co fomento do aforro no consumo de auga.

3.-A determinación dos beneficiarios deste artigo será competencia do Concello, previo informe da concesionaria. Deberase comunicar á concesionaria, antes do fin do primeiro período de facturación de cada ano, a concreta relación de persoas beneficiarias para o dito exercicio.

ARTIGO 10.-NORMAS DE XESTIÓN.

1.-A xestión, liquidación e recadación da prestación realizarase conforme á normativa tributaria de aplicación vixente en cadanseu momento, segundo o previsto no art. 2.2 do R.D.Lexislativo 2/2004. Corresponderán á entidade concesionaria do servizo as operacións materiais de dita xestión, de conformidade co previsto no Prego de condicións que rexe a concesión administrativa do servizo.

2.-Os padróns desta prestación serán obxecto de aprobación por resolución da Alcaldía, e serán obxecto de publicación polos medios legalmente previstos.

3.-As liquidacións das cotas do artigo 5.4 aprobaranse xunto coa autorización de acometida ou enganche á rede.

ARTIGO 11.-COBRAMENTO DAS PRESTACIÓNS.

1.-A entidade concesionaria do servizo procederá a efectuar a lectura de todos os contadores de medida dos usuarios do servizo no transcurso do período impositivo. Para tal efecto, e agás circunstancias excepcionais, a medición dos aforos dos beneficiarios do servizo realizarase de tal forma que permita a comparación de consumos dun período de 90 días.

2.-O período voluntario de cobranza estenderase durante o prazo de DOUS MESES, dentro do trimestre natural seguinte ao de lectura e comprobación de consumos, computado a partires da publicación no Boletín Oficial da Provincia do anuncio de aprobación do respectivo padrón e de exposición pública do mesmo. A cobranza, consonte ao previsto no Prego de condicións que rexe a concesión administrativa do servizo, corresponderalle á empresa concesionaria, durante todo o período voluntario de pagamento, e ata o inicio do período executivo co ditado da providenza de prema, polo que a concesionaria poderá aceptar pagamentos de débedas que teñan vencido o período voluntario, aplicando o recargo executivo reducido, sempre e cando non se teña notificado ao suxeito pasivo a providenza de prema.

3.-O cobramento das prestacións do art. 5.4 realizarase mediante liquidación administrativa que se aprobará xunto coa autorización da acometida ou enganche á rede, sendo notificada no mesmo acto que a autorización, e deberá ser ingresada na concesionaria do servizo antes do inicio da realización das obras, e, en todo caso, dentro dos períodos establecidos na Lei 58/2003, xeral tributaria.

ARTIGO 12.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Para a cualificación das infraccións e das sancións que en cada caso procedan, estarase ao previsto na Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicado íntegramente o texto da mesma no B.O.P. e transcorrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/1985., e suporá a derrogación da Ordenanza Fiscal n.º 10, reguladora da anterior institución xurídica da taxa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.