Arzúa - Prezo público poal participación no programa Concilia con Xogarzúa

Publicación provisional: 28/11/2008 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 10/12/2008 BOP Nº: 283
Aplicable dende: 09/05/2024

TARIFAS

Segundo a asistencia o programa
Prezo que se establece
Programa ¿Concilia con Xogarzúa" Días soltos
2,5 €
Progama ¿Concilia con Xogarzúa No Nadal"
20 €
Programa ¿Concilia con Xogarzúa en Semana Santa"
8 €
Programa ¿Concilia con Xogarzúa No Verán" por semanas
10 €
Programa ¿Concilia con Xogarzúa No Verán"
90 €

BONIFICACIÓNS

Establécese unha bonificación do 50% da cota a favor das familias numerosas. Para que sexa aplicable esta bonificación deberá presentarse copia do título de familia numerosa expedido pola respectiva Comunidade Autónoma.

Establécese unha bonificación do 50% da cota a favor das familias monoparentais. Para que sexa aplicable esta bonificación deberá presentarse copia do certificado de familia monopartental emitido pola Xunta de Galicia ou xustificante de ter presentado a solicitude e a documentación presentada.

Establécese unha bonificación do 50% da cota a favor das familias encabezadas por unha muller vítimas de violencia de xénero. Para que sexa aplicable esta bonificación deberá presentarse acreditación da condición de vítima de violencia de xénero, mediante algún dos documentos seguintes:

1º Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola secretaría xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3º Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.

4º Acreditación da situación de violencia de xénero polas entidades ou organismos acreditados segundo Resolución do 2 de decembro de 2021, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade, de 11 de novembro de 2021, relativo á acreditación das situacións de violencia de xénero.

Establécese unha bonificación do 50% da cota a favor das familias con outras cargas relacionadas cos coidados. Para que sexa aplicable esta bonificación deberá presentarse resolución de discapacidade con necesidade de terceira persoa, resolución de dependencia ou informe de servizos socias que acredita dita situación.

Establécese un cupo de exención para 4 menores participantes no programa XOGARZÚA, logo do informe favorable da educadora familiar do Concello.

As bonificacións non son acumulables. Cando para un mesmo exercicio e suxeito pasivo concorran os requisitos para o seu disfrute aplicarase a bonificación de maior contía.