Cerceda - ORDENANZA MUNICIPAL DAS AXUDAS DE EMERXENCIA E INCLUSIÓN SOCIAL DO CONCELLO DE CERCEDA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Os poderes públicos deberán asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, así como a protección das persoas en situación de necesidade, desamparo, circunstancias graves ou de urxente necesidade por carencias económicas e socio-familiares. A Constitución española atribúe a competencia nesta materia a través do artigo 148.1.20 ás Comunidades Autónomas, e estas, no marco dos seus estatutos promulgaron as leis de servizos sociais.
Pola súa banda, a Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do Réxime Local, no seu artigo 25.2 apartados e) e o) que os concellos exercerán como competencias propias no marco que definan a lexislación do estado e/ou autonómica, as competencias en relación coa avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas e situación ou risco de exclusión social así como actuacións de promoción da igualdade entre homes e mulleres así como contra a violencia de xénero e a Lei 5/1997 da administración local de Galicia, no seu artigo 80.2.k, establece a competencias dos municipios na prestación de servizos sociais e de promoción e inserción social.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, nos artigos 4,8 e 21 establece a regulamentación básica das prestacións para a inserción social, emerxencias sociais destinadas a persoas ou familias que estea en situación de carencias.
O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, establece que estes terán entre as súas funcións o desenvolvemento dun programa básico de inserción social.
A Lei 21/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, establece como competencia propia dos municipios o labor de avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.
Abundando nestes preceptos legais, a Lei 19/2021, do 29 de maio, pola que se establece o Ingreso Mínimo Vital expón que España é un dos países da Unión Europea cunha distribución da renda entre os fogares máis desigual e concibe o IMV como unha ferramenta para facilitar a transicións dos individuos desde a exclusión social a unha situación de participación plena na sociedade. Dende este unto de vista, as medidas pola inclusión social contempladas nesta ordenanza contribúen a este obxectivo normalizador.
Xa por último, o artigo 29 da Lei 4/2021, de 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas modificou o artigo 2.2a) da Lei 9/2007. Do 13 de xuño, de subvención de Galicia, establecendo que non teñan a consideración de subvencións a prestacións previstas no artigo 2.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, destinadas a persoas físicas as prestacións de natureza similar a estas ou de carácter asistencial, polo tanto a partir do 30/01/2021, data de entrada en vigor la Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, os concellos quedan expresamente habilitados, por ministerio da lei, de maneira similar a como xa se veñen xestionando desde hai anos as axudas de inclusión social (AIS) por parte da administración autonómica. Sinalar que todas estas medidas teñen a pretensión de ser unha primeira resposta áxil e eficaz a situacións carenciais na cobertura das necesidades básicas das persoas en situación de vulnerabilidade social.
ARTIGO 1.- RÉXIME XURÍDICO
A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social rexéranse polo disposto nesta ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.
ARTIGO 2.- OBXECTO
De conformidade co disposto na Lei 3/2003 Xeral de Subvencións, é obxecto desta ordenanza a regulación das axudas municipais para paliar situacións de emerxencia social de persoas ou familias residentes no Concello de Cerceda.
Enténdese por axudas de emerxencia social ao conxunto de axudas e prestacións económicas, de carácter puntual, finalista, persoalísimas e intransferibles, destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e previr situacións de exclusión social.
A finalidade destas axudas é dar resposta a situacións puntuais de necesidade xeradas por unha emerxencia individual e/ou familiar. Sempre e cando exista unha carencia de medios económicos para satisfacer a necesidade e factores de risco social.
2.1. Tipo de axudas
A.1) Axuda para necesidades básicas: alimentos, vestido, produtos de hixiene e coidados básicos das persoas
A.2.) Axudas de atención sanitaria, farmacéutica e socio-sanitaria.
A.3) Axudas vinculadas á vivenda: uso da vivenda, mellora na habitabilidade e equipamento básico.
A.4) Axudas vinculadas a procesos de inclusión social e para afrontar situacións de risco social.
A.5) Axuda económica derivada doutros gastos excepcionais derivados da cobertura de necesidades non recollidas e nos anteriores apartados. Está destinada a previr situacións de exclusión social e favorecer a normalización da situación socioeconómica das persoas e as familias.
2.3. Partida orzamentaria e importe máximo das axudas
A dispoñibilidade orzamentaria destas axudas virá dada polo establecido no orzamento municipal anual, na partida orzamentaria 231.480.00 ¿ Acción social- transferencias á familias polo importe máximo de 20.000,00 euros.
ARTIGO 3.- PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia residentes no municipio de Cerceda, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco social e precisen dunha axuda para satisfacer a súas necesidades básicas sempre como un apoio á intervención social. Nunha unidade de convivencia unha persoa terá a condición de beneficiaria das axudas, aínda que se outorguen en beneficio da unidade de convivencia.
Entendese como unidade familiar ó núcleo de convivencia de 2 ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou outra forma de relación análoga á conxugal, adoptiva ou de consanguinidade ata o terceiro grao e de afinidade ata o segundo consanguinidade. O grao de parentesco contarase a partir da persoa beneficiaria.
Cando, por causa de forza maior, accidente ou desafiuzamento, unha familia se vexa obrigada a residir con outra, non perderá a condición de unidade de convivencia independente.
4.- REQUISITOS
4.1. Estar empadroado no Concello de Cerceda cunha antelación mínima de seis meses á solicitude. Poderán estar exentas deste período mínimo aquelas persoas ou familias sempre que o persoal técnico de traballo social dos servizos sociais valore tecnicamente no informe social a existencia dunha situación de grave emerxencia que poda desencadear un proceso de exclusión social pola concorrencia dalgún dos factores recollidos no art. 3.1 da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia.
4.2. Ter cumpridos os 18 anos ou ter recoñecida a emancipación legal. Este límite de idade quedará exceptuado para quen non ten a dita idade, reúna o resto dos requisitos, e se atope nalgunha das seguintes situacións:
a. Ter economicamente a seu cargo a outras persoas menores de idade ou persoas adultas con discapacidade ou en situación de dependencia.
b. Estar nunha situación de orfandade absoluta sen dereito a prestación
c. Ter constituída unha unidade de convivencia independente polo menos cun ano de antelación d. Sexan vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica
e. Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
4.3. Que polo carácter aprémante da necesidade se requira unha intervención inmediata e urxente, que non se poda resolver coa premura necesaria con outras axudas públicas destinadas á mesma finalidade polos prazos establecidos para a súa tramitación
4.4. Non dispoñer de bens mobles ou inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto ou calquera outro, que polas súas características, valoración, ou posibilidade de explotación ou venta, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade pola que se solicita a axuda.
4.5. Carencia de ingresos económicos para facer fronte á necesidade de urxencia. Os limites de ingresos virán determinados por:
a) Que a unidade de convivencia dispoña dunha renda per cápita mensual igual ou inferior o IPREM mensual vixente, incrementado nun 10% por cada membro maior de idade e nun 20% por cada menor de idade. Deduciranse dos ingresos líquidos os gatos de alugueiro ou amortización da vivenda ata un máximo de 300€. Para efectos do cómputo de ingresos poderase solicitar calquera documentación que se considere necesaria para acreditar os recursos económicos familiares no momento de realizar a solicitude.
Ao efectos do cálculo dos ingresos enténdese por IPREM mensual a contía doceava parte do IPREM anual vixente no momento da solicitude.
b) Capital mobiliario: entendese medios económicos suficientes no que respecta ós recursos procedentes do capital mobiliario e para a valoración da concesión da presentes axudas, os que superen 5 veces o importe do IPREM, en contas de aforros e/ou investimentos de toda a unidade familiar, tomarase o saldo recollido nos movementos bancarios dos 12 meses anteriores a data da solicitude, tomando o saldo dispoñible na data solicitude; se houbese algún movemento bancario inusual poderase requirir explicación do mesmo, a fin de previr o falseamento ou ocultación para cumprir con este requisito.
c) Capital inmobiliario: que a persoa solicitante ou calquera outro membro da unidade de convivencia non sexa propietario/a ou usufrutuario/a de bens inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera outra forma de explotación, indique de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para atender ó gasto obxecto da solicitude, agás a propiedade destinada a vivenda habitual.
d) Non dispoñer de outros bens mobles ou inmobles que indiquen signos externos de riqueza.
4.6. Que no existan familiares obrigados legalmente a prestar alimentos e con posibilidades reais de prestarlles auxilio económico. Quedan eximidos deste requisito aqueles solicitantes nos que se prevea que esta obrigación non se poda facer efectiva polas relacións familiares deterioradas, inexistentes, malos tratos familiares, o circunstancias socioeconómicas de precariedade. As circunstancias acreditaranse no informe social correspondente
4.7. Acreditar a situación de necesidade, e a de non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda, que será valorada polo/a traballador/a social e integrada nun proceso de intervención social coa aceptación expresa do solicitante e dos demais membros da unidade familiar. A situación de risco ou exclusión será valorada polos servizos sociais municipais.
4.8. No caso de unidades familiares con menores, en idade obrigatoria de escolarización, estes deberán estar escolarizados e non poderán estar nun proceso activo por absentismo escolar.
4.9. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da lei xeral de subvencións, agás no punto 2 e), non sendo igualmente necesario acreditar que se está ao corrente coas obrigas da facenda municipal, tendo en conta a natureza da subvención concedida.
ARTIGO 5.- RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas serán incompatibles con calquera outra prestación pública, dereito á percepción económica ou ingresos privados que lle puidese corresponder ás persoas beneficiarias para a mesma finalidade, agás naqueles casos que excepcionalmente se considere oportuno outorgar de maneira complementaria as prestación económicas que reciban de outras administracións públicas e estas non cubran a totalidade do importe da prestación para a que se solicitou a axuda.
ARTIGO 6.- DETERMINACIÓN DOS RECURSOS ECONÓMICOS
Para determinar os recursos económicos da unidade de convivencia terase en conta:
a) Ingresos: O total de ingresos que perciba no momento da solicitude a persoa solicitante e as que constitúan a unidade de convivencia en concepto de rendas, pensións, retribucións, prestacións, axudas, subsidios e prestacións de pago único o por calquera outro concepto. Así como as cantidades percibidas en concepto de rendemento de capital mobiliario e inmobiliario, alugueiro ou similares, así como o rendemento do patrimonio. Tomarase de referencia o certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda do último exercicio fiscal dispoñible de cada un dos membros da unidade familiar, ou no caso que no se estivese obrigado a presentar a declaración do IRPF segundo a normativa correspondente, certificado de imputacións de renda declarados por terceiros expedido pola mesma Axencia, ou no seu defecto dunha declaración xurada.
1. Descontarase da suma total dos ingresos o gasto derivado do uso da vivenda habitual en concepto de alugueiro ou do préstamo hipotecario. A contía máxima que se pode restar aos ingresos por os ditos conceptos será do 50 % do IPREM mensual.
2. No caso de que os ingresos, no momento da solicitude, sexan inferiores nun 25 % os reflectidos no certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda do último exercicio fiscal, poderá acreditarse dita circunstancia coa documentación acreditativa de ingresos, tales como nóminas, certificación de subsidios, pensións¿
a) Bens patrimoniais, depósitos bancarios, contas correntes ou de aforro: Terán a consideración de bens patrimoniais os bens mobles e inmobles sobre os que se posúa dereito de propiedade, usufruto, posesión ou calquera outro, excepto a vivenda habitual. Sempre que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indiquen a existencia de medios suficientes para a subsistencia da unidade de convivencia.
A estes efectos utilizaranse os seguintes criterios de valoración:
· Para os bens inmobles empregarase o valor catastral.
· O valor de capital mobiliario será o do saldo medio dos seis meses anteriores á formulación da solicitude no caso de contas ou depósitos, e no resto o seu valor ao final do trimestre natural anterior. O valor do capital inmobiliario determinarase o do final do ano anterior.
Non se considerarán recursos económicos a efectos do cómputo:
a) Os ingresos irregulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento de supervivencia
b) Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regulada
c) Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada sempre que pola súa natureza e menor contía dedúzase que só remuneran os gastos de asistencia ao curso ou incentivos á formación.
d) As prestacións económicas procedentes do recoñecemento da situación de dependencia e) Calquera outra axuda de carácter finalista para a cobertura de necesidades básicas doutras entidades ou administracións (tícket social eléctrico, axuda urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables, tarxeta benvida, etc.)
Para determinar os recursos económicos teranse en conta os ingresos económicos de toda a unidade familiar de convivencia.
Computaranse como recursos económicos os ingresos que se obteñan por rendementos do traballo, retribucións, rendas ou prestación ou calquera outro título dos 12 últimos meses anteriores á data da solicitude. Terase en conta a última declaración do imposto sobre a renda da persoas físicas. Cando esta non proceda ou non sexa obrigatorio realizala, acreditarase os ingresos con certificacións dos organismos correspondentes ou no seu defecto dunha declaración xurada.
No terán a consideración de recursos económicos:
¿ Os ingresos non regulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento a supervivencia.
¿ Os ingresos de carácter finalista dirixidos a formación regrada.
¿ Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só se remuneran os gastos de desprazamento ou que incentiven a formación.
¿ As prestacións familiares por fillo/a a cargo.
ARTIGO 7.-GASTOS SUSCEPTIBLES DAS AXUDAS E CONTÍAS MÁXIMAS
Para a determinación das contías máxima a percibir tomarase de referencia a doceava parte do IPREM anual vixente no momento da solicitude.
7.1 Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:
a) Atención de necesidades básicas
- Alimentación (alimentos perecedoiros, ou non perecedoiros, alimentación infantil, alimentación para dietas especiais con prescrición facultativa como pode ser celiaquías, intolerancias, diabetes...), produtos de hixiene e aseo persoal e outros produtos de hixiene e limpeza doméstica.
- Vestiario básico, roupa e calzado así como roupa do fogar.
As contías máximas a percibir por estes conceptos serán as que figuran na táboa e terán unha duración anual.
NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA ANUAL |
1 | 60 % do IPREM mensual |
2 | 75 % do IPREM mensual |
3 | 90 % do IPREM mensual |
4 | 105 % do IPREM mensual |
5 ou máis persoas membros da unidade familiar de convivencia. | Un 120% do IPREM mensual que se incrementará nun 10% por cada membro a maiores ata o máximo do 200% do IPREM. |
b) Axudas de atención sanitaria, farmacéutica e socio-sanitaria
Refírese a aquelas que non son cubertas polo sistema público de saúde sempre que sexa prescrita polo facultativo de referencia.
Inclúense elementos protésicos, axudas técnicas, poderase facer unha única solicitude o ano, e para volver a solicitala para o mesmo concepto deberán transcorrer 2 anos, agás no caso de menores que terá que transcorrer cando menos 1 ano.
Tamén se inclúe axudas para o pago de estancias en centros residencias para persoas maiores ou con discapacidade, con informe motivado do traballador/a social de referencia, no que deberá constar que a persoa solicitante ten solicitado o ingreso en centro residencial público. A persoa beneficiaria deberá achegar ó centro o 100% da súa pensión, agás que teña cónxuxe a cargo, en tal caso, achegaría o 50% do importe da pensión.
As contías máximas das axuda serán:
Medicación | Máximo anual 20 % do IPREM mensual |
Axudas técnicas e próteses (axudas oftalmolóxicas e buco-dentais) | Máximo de 100% IPREM, ata un máximo 1 o ano para o mesmo concepto. Para volver a solicitala para o mesmo concepto deberán pasar 2 anos ou 1 ano no caso de menores |
Ingreso en centro residencial para persoas maiores ou con discapacidade | Máximo de 200% do IPREM, ata un máximo dun mes |
Gastos funerarios | Máximo 210 % do IPREM mensual |
7.2 Axudas vinculadas á vivenda:
a) Vinculadas o uso da vivenda. Son aquelas destinadas a posibilitar que se continúe habitando a vivenda habitual cando este feito favoreza o proceso de inclusión. Comprende axudas para o pagamento de débedas de alugamento, desafiuzamento ou fianza e conceptos similares que impidan o desafiuzamento e a perda de subministracións básicas ou que reforce o proceso de tránsito a unha vivenda normalizada de persoas residentes en chabolas ou infravivendas. Pequenos arranxos da vivenda habitual, que por valoración técnica se consideren necesarios no referente a conservación e mantemento da vivenda habitual.
Pago de facturas de subministros e cotas comunitarias. As persoas solicitantes deberán facer un uso responsable dos consumos e solicitar todas aquelas axudas públicas das que puideran ter dereito para alixeirar os importes de ditas facturas, como é o caso do bono social e das AUXS ou aqueloutras que poidan existir en cada momento. De alongarse a situación de débeda deberase tramitar as axudas de inclusión social da Xunta ou aqueloutras as que puidese ter dereito.
As axudas para aloxamentos de urxencia, deberán estar valoradas e motivadas en cuestións de extrema urxencia e alongarase ata a obtención dun aloxamento alternativo, valorarase a contía e función da gravidade e do número de persoas afectadas que se acreditará no informe social, non superando en ningún caso o importe máximo da axuda que se contempla na táboa. Cubrirase o aloxamento de urxencia, a manutención e os gastos de desprazamento en casos de vítimas de violencia de xénero e as persoas dependentes delas.
b) Vinculadas a mellora da habitabilidade, están destinadas a adecuación da vivenda sempre e cando os acondicionamentos se consideren imprescindibles para garantir a habitabilidade e a accesibilidade. O importe máximo para este concepto será do 200% do IPREM e só se poderá solicitar unha soa vez por unidade familiar de convivencia.
c) Destinadas a equipamento mobiliario básico da vivenda, son axudas destinadas a adquisición ou arranxo de mobiliario e electrodomésticos básicos, entendendo por básicos como que sexan imprescindibles para satisfacer necesidades primarias.
As contías máximas son:
Fianza do alugueiro | 100% do custo da fianza ata un máximo do 70% do IPREM mensual. |
Alugueiro da vivenda (deberán existir garantías de continuidade na vivenda)- pago de cotas hipotecarias | Ata un máximo do 70% do IPREM ata un máximo de 3 mensualidades o ano. |
Débedas de suministros e/ou recibos (electricidade, gas, auga, calefacción, cotas comunitarias) | Ata un máximo de 100% do IPREM no período dun ano. |
Aloxamento de urxencia | Ata un importe máximo do 100% do IPREM |
Mellora da habitabilidade/accesibilidade | Ata un importe máximo do 200% do IPREM |
Equipamento básico da vivenda | Ata un importe máximo do 60% do IPREM no caso de electrodomésticos e un 150% do IPREM para mobiliario básico. |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
Pequenos arranxos da vivenda habitual | Ata un importe máximo do 50% do IPREM |
7.3 Axudas vinculadas a procesos de inclusión social e para afrontar situacións de risco social.
a) Encamiñadas a fomentar a educación e a participación da infancia: financiamento de cotas de escola infantil, ludotecas, campamentos e outras valorados como axeitadas mediante o informe do técnico/a de educación familiar. Nesta mesma liña tamén se contemplan axudas para sufragar gastos, de matricula, material escolar, desprazamento, de outros niveis de ensinanza dende infantil ata a formación profesional, bacharelato e universidade, sempre que non haxa outro recurso municipal ou outras axudas de outras administracións que financien o mesmo concepto. Se é o caso de que existan outras liñas de financiamento para o mesmo fin deberá solicitalas e achegar a resolución de denegación das mesmas para poder solicitar estas.
As contías máximas serán as que seguen:
MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA |
1 - 2 | 40% do IPREM mensual nun pago único |
3 - 4 | 50% do IPREM mensual nun pago único |
5 ou máis persoas membros da unidade familiar de convivencia | 60% do IPREM mensual nun pago único |
b) Actividades de inserción socio laboral: desenvolvemento de actividades e accións de formación prelaboral ou de inserción socio laboral e educación ou aprendizaxe para o emprego. Unha única axuda por ano. Contía da axuda o 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.
c) Gastos de transporte, para asistir a accións formativas, educativas, prelaborais, laborais ou de fomento da inserción, así como para asistir a xestión inescusables e a tratamentos terapéuticos necesarios para garantir procesos de inserción social (deberá presentar xustificación de asistencia as consultas). Contía da axuda o 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.
d) Reforzo educativo, destinado a menores en idade de escolarización obrigatoria e previo informe favorable do técnico/a de educación familiar. Contía da axuda o 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.
e) Intervención psico-sociais, previo informe motivado do sistema sanitario público e /ou sistema educativo. Contía da axuda o 100% do custo ata un máximo do 100% do IPREM mensual.
f) Medidas de conciliación familiar, axudas destinadas as familias nas que concorra unha situación sobrevida e carezan de rede de apoio, e precisen dun apoio puntual para o coidado das súas crianzas menores de 12 anos, ou ata os 18 anos se teñen unha discapacidade recoñecida. A duración máxima desta medida de apoio a conciliación serán 3 meses, deberá acreditarse a xornada laboral coa xornada de conciliación. Contía da axuda o 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.
7.4 Outros gastos excepcionais e urxentes non recollidos nos apartados anteriores, valorados polo persoal técnico do departamento de servizos sociais municipais, previo informe motivado, e que se considere imprescindible para prever a marxinación e a exclusión social, así como favorecer a normalización e a inclusión social de individuos e familias.
Non son susceptibles destas axudas de emerxencia social os seguintes gastos:
¿ Pago de débedas tributarias, nin da seguridade social.
¿ Pago de multas e outras sancións pecuniarias debidas o incumprimentos de ordenanzas fiscais municipais.
¿ Pago de gastos derivados do incumprimento ou o pago dunha sentenza xudicial condenatoria.
Os diferentes conceptos financiables non serán incompatibles entre si e, en todo caso, e de xeito combinado, a contía máxima a achegar en cómputo anual, non poderá exceder 4 veces o IPREM mensual.
ARTIGO 8.- FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
De conformidade co disposto no artigo 22.2.c) d Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, as subvención previstas nesta ordenanza outorgaranse directamente cando se acrediten os requisitos sinalados nesta ordenanza por rigoroso orde da data de presentación de solicitude e ata o esgotamento do crédito orzamentario. Unha vez aprobadas, xunto co orzamento do exercicio, esta ordenanza será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa derrogación ou modificación expresa.
As solicitudes, acompañadas da documentación que se específica no artigo 10 desta ordenanza, formalizaranse conforme ó modelo establecidos nos anexos desta ordenanza (anexo I, II, III e IV en caso de ser por pago delegado), e presentaranse no rexistro municipal ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os expedientes poderán ser incoados de oficio, mediante o informe social emitido polo persoal técnico de servizos sociais, cando concorran circunstancias excepcionais ou urxentes que así o motiven.
Estás axudas, debido a súa natureza, non están sometidas a ningún prazo de solicitude polo que poderán presentarse en calquera momento do ano.
8.1. Documentación
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Orzamento dos gastos para os que se solicita a axuda.
b) DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.
c) DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante das persoas integrantes da unidade familiar
d) Libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.
e) Certificado de empadroamento, no caso de oporse á consulta
f) Certificado de convivencia, no caso de oporse á consulta.
g) No caso de persoas con discapacidade, ou en situación de dependencia a copia do certificado de discapacidade e/ou da situación de dependencia.
h) Nos casos de maltrato, violencia doméstica ou de xénero terase que presentar a documentación que acredite a dita situación (copia da denuncia correspondente, da orde da protección, da sentencia xudicial ou informe dun centro acreditado de atención a muller).
i) No caso de separación ou divorcio deberá presentar a documentación acreditativa da dita situación e da pensións alimenticias e compensatorias no seu caso
j) Sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relacións paterno-filiais, de ser o caso, aí como constancia da contía da manutención.
k) Xustificantes dos gastos da vivenda: fotocopia do contrato de alugueiro, fotocopia dos recibos do alugueiro ou xustificante do préstamo hipotecario. No caso de vivendas compartidas ou pensións a declaración da persoa propietaria do custe do cuarto.
l) Xustificantes dos ingresos da unidade familiar:
· Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de Nivel de Renda do último exercicio fiscal dispoñible de cada un dos membros da unidade familiar, ou no caso que no se estivese obrigado a presentar a declaración do IRPF segundo a normativa correspondente, certificado de imputacións de renda declarados por terceiros expedido pola mesma Axencia. Os certificados achegados non poderán ter una antigüidade maior de un mes dende a data de presentación da solicitude. Alternativamente poderase substituír mediante autorización ao concello de Cerceda para obter os devanditos datos vía telemática. No caso de carecer de certificación de imputación de rendas, deberá achegar declaración xurada de ingresos
· No caso de persoas en situación de desemprego, tarxeta de demanda de emprego e certificado das prestacións por desemprego ou no seu defecto o certificado negativo das ditas prestacións emitido por la oficina do SEPE.
· Certificado de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, so no caso de persoas en idade laboral.
· Fotocopia do contrato de traballo e as tres últimas nóminas, dos que realicen unha actividade laboral.
· Certificado das prestacións ou pensións do ano en curso e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar.
· Extracto dos movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar, que inclúan os 12 meses anteriores á solicitude.
· Certificado do banco, que acredite os rendementos efectivos xerados polo capital mobiliario de ano anterior dos maiores de 18 anos.
· Certificación da titularidade de bens inmobles, da persoa solicitante e persoas da unidade de convivencia, no caso de non autorizar ao Concello a recadar os datos
· Documentación acreditativa de ingresos dos últimos 12 meses, no caso de atoparse nas circunstancias recollidas no artigo 6.a.2) da presente ordenanza.
m) Informe médico de prescrición, de ser o caso, receitas e prescrición médicas da seguridade social.
n) Informe educativo, de ser o caso.
o) Documento de domiciliación bancaria, certificado da entidade bancaria onde consten os datos do titular da axuda (si é un pago directo), ou factura da persoa provedora (si é un pago indirecto).
p) Autorización de pago delegado.
q) Documentación acreditativa de representante legal, de ser o caso.
r) Outros documentos específicos segundo as circunstancias da necesidade.
s) Calquera outra documentación que para a correcta valoración da solicitude lle poda ser requirida durante a tramitación.
Coa presentación da solicitude a persoa solicitante autoriza ó concello a consulta de aquela documentación e antecedentes obrantes no concello como noutras administración públicas que sexan precisos para resolver o seu expediente, no caso contrarío deberá aportar dita documentación.
8.2. Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano
ARTIGO 9. PROCEDEMENTO DE INSTRUCIÓN E VALORACIÓN DA CONCESIÓN DA AXUDA
9.1. Presentada a axuda, ben a instancia de parte ou de oficio, conforme o establecido nesta ordenanza e achegada a documentación establecida no artigo 10, será o traballador/a social de referencia o responsable da tramitación do expediente e da comprobación de que a solicitude estea completa.
9.2. No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reúna os requisitos precisos para a súa tramitación, requirirase á persoa solicitante para que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo 10 días hábiles, emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento, previa resolución nos termos previstos no artigo 21 de dito texto legal.
9.3. O persoal técnico en traballo social dos servizos sociais comunitarios procederá a comprobar as circunstancias familiares, sociais e económicas da persoa interesada para a realización do informe social, que incluirá as valoracións cualitativas (entrevistas, visitas...) e cuantitativas (comprobación dos requisitos económicos)
9.4. Os servizos sociais do concello e Cerceda realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, en virtude dos que debe pronunciarse para a resolución, precederán a valoración das solicitudes, a realización dunha visita domiciliaria e emitirán un informe social sobre a procedencia ou non da axuda e o proxecto de intervención social no caso de concesión.
9.5. O departamento de servizos sociais emitirá a oportuna proposta sobre a procedencia de conceder ou denegar a axuda solicitada.
Unha vez completado o expediente, previa a fiscalización da Intervención e acreditación de existencia de crédito, elevarase a Alcaldía a solicitude coa documentación adxunta e o informe social. O dito informe social acreditará a urxencia da axuda solicitada coa valoración técnica, para que se emita a resolución.
En todo caso a axuda concederase en función do crédito orzamentario dispoñible. Na resolución quedarán reflectidos os seguintes extremos:
¿ Identificación da persoa beneficiaria
¿ Concepto para o que se concede a axuda
¿ Contía da axuda concedida
¿ Forma de pago
Notificarase á persoa interesada a resolución adoptada nun prazo máximo dun mes, transcorrido o dito prazo sen que se producira unha resolución expresa poderase entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.
De maneira excepcional, poderá ditarse unha resolución provisional, cando concorran unhas circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen, ata que sexa completado o expediente, cunha certificación previa de crédito orzamentario.
ARTIGO 10. FORMA DE PAGAMENTO
A forma de pago da axuda concedida determinarase na resolución, podendo ser:
¿ En metálico, directo ou indirecto. No primeiro caso será a favor da persoa solicitante da axuda, por medio dunha transferencia bancaria. No segundo caso, de xeito indirecto será a favor da persoa provedora, tras a comprobación da factura correspondente, en cuxo caso a persoa perceptora da axuda deberá asinar unha declaración xurada facendo constar a cesión do pago a favor da persoa provedora.
¿ En especie: cando a xuízo dos servizos sociais a entrega do diñeiro non sexa axeitado, as axudas xestionadas de forma puntual polo concepto solicitado (alimentos, medicamentos, ou outras) serán subministradas directamente pola empresa subministradora designada polo concello. A estes efectos, a persoa beneficiaria acudirá ao Departamento de Servizos Sociais a recoller a autorización que lle permita acudir á empresa subministradora. A dita empresa deberá presentar no Concello esta autorización, xunto coa factura para poder abonárselle a contía da axuda.
A necesidade de resposta económica á situación de emerxencia pode esixir o pago urxente, sen cuxa realización inmediata resulte ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia constará de ser o caso no diagnóstico social emitido polos/as traballadores/as sociais de referencia e na proposta de resolución do expediente. Nos procedementos ordinarios, o pagamento deberá efectuarse no prazo máximo dun mes dende a data de concesión. Non obstante, e sempre que o/a traballador/a social que informe a solicitude o considere de extrema urxencia, o pagamento efectuarase no prazo máximo de 3 días hábiles.
ARTIGO 11¿XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
a) Pagamento en metálico.
1. Con carácter xeral, a xustificación das cantidades subvencionadas farase de forma previa ao pagamento mediante os seguintes medios:
¿ Factura con todos os requisitos regulamentarios.
¿ Contrato ou documento probatorio da prestación no caso de servizos prestados polas persoas ou entidades non obrigadas a facturar.
En todo caso, deberán quedar de manifesto os seguintes extremos:
¿ Nome ou razón social e NIF da persoa provedora ou prestadora de servizos.
¿ Nome e NIF da persoa perceptora da prestación, que deberá ser obrigatoriamente o perceptor de la subvención.
¿ Contía do importe do subministro ou servizo, cos impostos incluídos.
¿ Concepto do subministro ou prestación de servizos.
¿ Data ou período de entrega do subministro ou prestación do servizo.
2. Excepcionalmente, a xustificación poderá ser posterior á percepción do pagamento cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas no informe técnico. Neste caso, a persoa beneficiaria xustificará a axuda ante o concello nun prazo máximo dun mes dende a recepción do importe.
b) Pagamento en especie.
A persoa perceptora da subvención estará obrigado á sinatura do recibín das autorizacións ou vales necesarios para a retirada dos produtos subvencionados, así como a entrga á empresa subministradora designada polo Concello dos vales contra a entrega dos produtos. En todo caso, transcorridos seis meses dende a concesión da subvención sen que se xustifique, entenderase caducada e anularase, agás a concesión rogada de prórroga, outorgada unicamente para casos excepcionais.
ARTIGO 12.¿INSPECCIÓN E CONTROL
O concello poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades subvencionadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa, así como a requirir as persoas beneficiarias nos termos que precise, todo iso de conformidade co disposto no título III da Lei 38/2003.
ARTIGO 13.- OBRIGAS DA PERSOA BENEFICIARIA
Son obrigas das persoas beneficiarias:
1. Destinar a cantidade percibida para os fins para os que se concedeu
2. Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais para avaliar a situación familiar e económica e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que se concedeu.
3. Cumprimento do proxecto de intervención acordado.
4. Comunicar ao Concello calquera variación que se produza na situación socio-económica e familiar no prazo de 10 días. Este caso, poderá dar lugar a unha nova valoración da situación e poderá modificar, manter ou extinguir a axuda inicialmente concedida.
5. Reintegrar os importes concedidos cando non se destinen aos fins para que se concederon.
ARTIGO 14. CAUSAS DE EXTINCIÓN DA AXUDA
Serán causas da extinción da axuda concedida:
1. Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda.
2. Desaparición das circunstancias que deron orixe a súa concesión.
3. Cambio de residencia efectiva do Concello de Cerceda
4. A non presentación das facturas que deron lugar á axuda concedida.
5. Cumprimento do prazo de duración da prestación económica.
6. Falecemento da persoa beneficiaria
7. Non colaboración no desenvolvemento das accións contempladas no proxecto de intervención.
ARTIGO 15. REINTEGO E RÉXIME SANCIONADOR
O réxime de infraccións e sancións será o establecido no título IV da Lei 38/2003.
O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, ou incumprimento da obrigación da xustificación, a duplicidade de subvenciones para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos doutras administracións públicas, constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.
Igualmente, o falseamento ou ocupación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación da prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación da subvención e a obrigación do reintegro das cantidades recibidas.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobro o previsto no Regulamento Xeral de Recadación
A falsidade ou ocultación dos datos ou documentos achegados para obter ou conservar a axuda, a non xustificación ou o feito de destinar a axuda a un fin distinto daquel para a que foi concedida, implicará o impedimento de presentar unha nova solicitude por un período de dous anos, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar.
ARTIGO 16. CONFIDENCIALIDADE
Segundo o disposto na Lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais e no artigo 6.3.f) da Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia (DOG núm,. 245 do 18/08/2008 garántese ás persoas usuarias de servizos sociais o dereito ¿á confidencialidade, ao sixilo e ó respecto en relación cos seus datos persoais e coa súa información que sexa coñecida polos servizos sociais por razón da súa intervención profesional...).
Igualmente, de conformidade co previsto no artigo 20.8 b) la Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, en atención a natureza das subvencións previstas nas presentes bases e o respecto a salvagarda da honra, a intimidade persoal e familiar das persoas físicas beneficiaras, non serán obxecto de publicación na Base Nacional de Subvencións concedidas a identidade das persoas beneficiarias ao abeiro das presentes bases.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero
se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora
das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial¿ de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo.¿