Cerceda - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EXPEDICIÓN DAS TARXETA DE ESTACIONAMENTO E ACCESIBILIDADE DO CONCELLO DE CERCEDA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Artigo 1. Obxecto
Esta ordenanza ten por obxecto regular a nivel municipal a expedición das tarxetas de estacionamento de vehículos e das tarxetas de persoas usuarias, segundo o establecido na Lei 10/2014, de 13 de decembro, de accesibilidade e no Real Decreto 1056/2014, de 12 de decembro, polo que se regulan as condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.
Artigo 2. Definición da tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade que presente mobilidade reducida e da tarxeta de persoa usuaria.
1. A tarxeta de estacionamento de vehículos automóbiles para persoas con discapacidade que presenten mobilidade reducida, en adiante, tarxeta de estacionamento, é un documento público acreditativo do dereito das persoas que cumpran os requisitos previstos neste real decreto, para estacionar os vehículos automóbiles nos que se despracen o máis preto posible do lugar de acceso ou destino.
2. A tarxeta de persoa usuaria, acreditativa da situación das persoas con mobilidade reducida, concederáselle a estas, con carácter persoal e intransferible de cara a favorecer o uso do transporte público.
Artigo 3. Titulares do dereito a obter a tarxeta de estacionamento e da
1. Poderán obter a tarxeta de estacionamento aquelas persoas físicas que teñan recoñecida oficialmente a condición de persoa con discapacidade, conforme ao establecido no artigo 4.2. do texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro e que se atopen en algunha das seguintes situacións:
a. Que presenten mobilidade reducida, conforme ao Anexo II do Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, ditaminada polos equipos multiprofesionais de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade.
b. Que mostren no mellor ollo unha agudeza visual igual ou inferior ao 0,1 con corrección, ou un campo visual reducido a 10graos ou menos, ditaminada polos equipos multiprofesionais de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade.
2. Poderán así mesmo, obter a tarxeta de estacionamento as persoas físicas ou xurídicas titulares de vehículos destinados exclusivamente ao transporte colectivo de persoas con discapacidade que presten servizos sociais de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia a que se refire a Lei 39/2006, de 14 decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como cos servizos sociais aos que se refire o texto refundido da Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.
3. Ademais dos supostos previstos nos apartados anteriores, poderán obter a tarxeta de estacionamento das persoas físicas ou xurídicas que así o teñan expresamente recoñecido na normativa autonómica ou local.
4. Estar empadroada no termo municipal de Cerceda para as persoas solicitantes do puntos 3.1 e 3.3. ou ter o domicilio o fiscal no termo municipal do Concello de Cerceda, para os supostos recollidos no punto 3.2 e 3.3.
Artigo 4.- Tarxeta de estacionamento provisional
1. Atendendo a razóns humanitarias, excepcionalmente concederase unha tarxeta de estacionamento de carácter provisional de vehículos automóbiles ás persoas que presente unha mobilidade reducida, aínda que non foran ditaminadas oficialmente, por causa dunha enfermidade ou patoloxía de extrema gravidade que supoña fidelignamente unha redución substancial da esperanza de vida que se considera normal para a súa idade e demais condicións persoais, e que razoablemente non lle permita tramitar en tempo a solicitude ordinaria da tarxeta de estacionamento.
2. Para obter a tarxeta de estacionamento provisional, a acreditación dos extremos enunciados no apartado anterior, efectuarase mediante a emisión do correspondente certificado do persoal médico facultativo do servizos públicos de saúde, que deberá constar coa validación da inspección dos servizos sanitarios correspondentes por razón do domicilio da persoa solicitante.
3. As persoas titulares da tarxeta de estacionamento provisional seranlles aplicados os dereitos, obrigas e condicións de uso regulados na presente ordenanza, durante o período de duración.
4. O concello de Cerceda poderá realizar as actuacións necesarias para a comprobación da concorrencia dos requisitos previsto na presente ordenanza.
5. As persoas que presentaran unha solicitude de recoñecemento de discapacidade ante a Xunta de Galicia e que transcorridos tres (3) meses dende o rexistro da súa solicitude non recaese resolución ao respecto, en todo caso, deberá acreditarse as dificultades de mobilidade mediante un informe médico acreditativo.
Artigo 5.- Ámbito territorial da tarxeta de estacionamento
As tarxetas de estacionamento concedidas pola Concello de Cerceda terá validez en todo o territorio español sen prexuízo da súa utilización nos Estados membros da Unión Europea, nos termos que os respectivos órganos competentes teñan establecido en materia de ordenación e circulación de vehículos.
As tarxeta de persoa usuaria terán validez na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6. Condicións de uso
1. A tarxeta de estacionamento expedida a favor e en beneficio dunha persoa a título particular para súa utilización nos vehículos que se empreguen para o seu desprazamento será persoal e intransferible e empregada unicamente cando a persoa titular conduza o vehículo ou sexa transportada nel.
2. A tarxeta de estacionamento expedida a favor de persoa física ou xurídica a que se refire o artigo 3 será persoal e intransferible, estará vinculada a un número de matrícula do vehículo destinado exclusivamente ao transporte colectivo de persoas con mobilidade reducida e será eficaz unicamente cando o vehículo transporte de forma efectiva a persoa que se atope en algunha das situacións recollidas o artigo 3.1.
3. O emprego da tarxeta de estacionamento estará subordinado a que a persoa titular manteña os requisitos esixidos no seu outorgamento.
4. As condicións de emprego e os dereitos regulados en normas autonómicas ou locais, que sexan máis favorables ou beneficiosos que os previstos neste real decreto para que as persoas con discapacidade que presentan mobilidade reducida, serán en todo caso, de aplicación.
Artigo 7. Dereitos das persoas titulares e limitacións de emprego
1. As persoas titulares da tarxeta de estacionamento terán os seguintes dereitos en todo o territorio nacional sempre e cando exhiban de xeito visible a tarxeta no interior do vehículo:
a. Reserva de praza de aparcamento, previa a oportuna solicitude na administración correspondente e xustificación da necesidade de acordo coas condicións que establezan as administracións autonómicas e locais, no lugar próximo ao domicilio ou posto de traballo. A praza deberá sinalarse co símbolo internacional de accesibilidade.
b. Estacionamento en lugares habilitados para persoas con discapacidade.
c. Estacionamento en zoas de aparcadoiro de tempo limitado durante o tempo preciso.
d. Parada ou estacionamento en zoas reservadas para carga ou descarga, nos termos establecidos polo Concello de Cerceda, sempre que non ocasionen prexuízos para os peóns ou para o tráfico.
e. Para en calquera lugar da vía, por motivos xustificados e por un tempo indispensable, sempre que non ocasionen prexuízos para os peóns ou para o tráfico, e de acordo cos instrucións dos axentes da autoridade.
f. Acceso a vías, áreas ou espazos urbanos con circulación restrinxida a residentes sempre que se atopen no interior desa zoa.
2. A posesión da tarxeta de estacionamento en ningún caso supoñerá autorización para estacionar en zoas peonís, en pasos peonís, en lugar e supostos nos que estea prohibido parar, lugares que obstrúan os vaos ou saídas de emerxencia, zoas acoutadas por razón de seguridade pública e espazos que reduzan carrís de circulación.
Artigo 8. Obrigas das persoas titulares da tarxeta de estacionamento
1. A persoa titular da tarxeta de estacionamento está obrigado a:
a. Emprego correcto da mesma, conforme as condicións recollidas na presente ordenanza reguladora.
b. Colocar a tarxeta de estacionamento no cadro de mandos o adherila no parabrisas dianteiro polo interior, sempre co documento orixinal, de xeito que resulte claramente visible e lexible dende o exterior.
c. Identificarse cando así o requira un axente da autoridade, acreditando a súa identidade co Documento Nacional de Identidade, Número de Identificación Fiscal, tarxeta de residencia o calquera outro documento oficial identificativo, sen ese non poderá facer emprego da tarxeta de estacionamento. Os menores de 14 anos poderán acreditar a súa identidade mediante a exhibición do documento de recoñecemento do grao de discapacidade.
d. Colaborar cos axentes da autoridade para evitar, no maior grao posible, os problemas de tráfico que se puideran ocasionar ao exercitar os dereitos que lles confire o emprego da tarxeta de estacionamento.
e. Devolver a tarxeta de estacionamento caducada no me momento da renovación ou ao remate da súa vixencia.
2. O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar á cancelación da tarxeta de estacionamento ou a súa retirada temporal, sen prexuízo das sancións previstas polo ordenamento xurídico.
Así mesmo, o emprego fraudulento da tarxeta de estacionamento, tanto por persoas físicas como por persoas xurídicas, dará lugar a súa cancelación, sen prexuízo das sancións previstas no ordenamento xurídico.
Artigo 9. Solicitudes
O expediente iniciarse a instancia da persoa interesada e deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Modelo de instancia segundo o anexo I, no caso de solicitar a tarxeta de estacionamento.
2. Modelo de instancia segundo o anexo II, no caso de solicitar a tarxeta de persoa usuaria.
3. DNI, tarxeta de residencia ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.
4. No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade:
a. Libro de familia
b. Sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
c. Resolución xudicial ou administrativa que acredite a condición de ser titor/a, acolledor/a do menor, de ser o caso e documento acreditativo da persoa que ostente a condición de titora ou acolledora.
d. Sentenza xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial e documento acreditativo da persoa que ostente a condición de titora.
5. Dúas fotografía tamaño carné.
6. Autorización para a consulta de empadroamento segundo o anexo II, ou volante de empadroamento da persoa solicitante no caso de no autorizar a consulta.
7. Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoración e Orientación (EVO).
No caso de solicitude de tarxeta de estacionamento provisional para persoas con discapacidade:
1. Modelo de instancia segundo anexo III
2. Certificado médico facultativo dos servizos públicos de saúde, validado pola inspección dos servizos sanitarios en lugar do certificado de discapacidade.
3. Certificado médico dos facultativos dos servizos público de saúde informando sobre a limitación da mobilidade e imposibilidade de empregar transporte público polos seus propios medios.
A solicitude de tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas xurídicas deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Modelo de instancias segundo o anexo IV
2. Documentación do vehículo habilitado para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade, dado que, a tarxeta deberá incluír a matrícula ou matrículas dos citados vehículos.
3. Escritura de constitución da sociedade ou estatutos.
4. Certificado de residencial fiscal da persoa física ou xurídica solicitante.
5. Documentación acreditativa da identidade da persoa que actúa como representante legal.
Artigo 10.- Competencia
1. O Alcalde-presidente será o órgano competente para ditar a resolución da concesión ou denegación da tarxeta de estacionamento de vehículos e da tarxeta de estacionamento, así como a potestade sancionadora neste ámbito, quen poderá delegar nun/ha concelleiro/a.
2. As tarefas de vixilancia e control da utilización das tarxetas e as reservas de estacionamento serán realizadas polo persoal do Concello de Cerceda.
Artigo 11.- Procedemento e trámite
O procedemento de concesión das tarxetas de estacionamento comprenderás os seguintes trámites:
a. O expediente iniciarase a instancia da persoa interesada mediante impreso normalizado que, unha vez cumprimentado, será presentado no rexistro xeral do concello de Cerceda por calquera medio recollido Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
b. O persoal de servizos sociais comprobará que a persoa solicitante reúnen os requisitos establecidos na presente ordenanza e normativa de aplicación, requirido en caso contrario á persoa interesada para que no prazo de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, en caso contrario teráselle por desestimado a súa petición.
c. Unha vez comprobado polo persoal de servizos sociais que o expediente reúne os requisitos esixidos, emitirase un informe de valoración conforme ao establecido no anexo V
d. A solicitude formulade pola persoa interesada, xunto co informe emitido polo persoal municipal, elevarase ao órgano competente, quen ditará unha resolución os respecto no prazo máximo de 6 meses dende a recepción da solicitude, conforme ao establecido no anexo VI Transcorrido dito prazo sen ter ditado resolución expresa, poderase entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver polo órgano competente.
e. A resolución adoptada, debidamente motivada, será notificada á persoa solicitante no domicilio que figure no expediente aos efectos de notificación, conforme ao establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
f. A resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida postestativamente en reposición no prazo dun mes, conforme ao establecido no artigo 116 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolvo expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
g. Unha vez resolta a solicitude de xeito favorable, o concello expedirá a correspondente tarxeta, e fará entrega da mesma á persoa solicitante de xeito gratuíto. A persoa beneficiaria asinará o documento de ter recibido a tarxeta xunto coa información das condicións de uso, segundo o establecido no anexo VII
3. Para a tramitación das tarxetas de estacionamento, no caso de que o certificado de discapacidade que achegue a persoa solicitante non veña recoñecida expresamente as dificultades para o uso de transporte colectivo, ou unha discapacidade visual con unha agudeza visual superior ao 0.1 con corrección ou un campo visual superior a máis de 10 graos o concello remitirá copia da solicitude ao Equipo de Valoración e Orientación. Neste caso, o informe que emitan ao respecto será vinculante para a concesión ou denegación polo órgano competente.
Artigo 12 .- Vixencia
1. Nos casos de que a persoa solicitante teña recoñecida unha cualificación de discapacidade de carácter permanente, as tarxetas caducarán aos 10 años da súa emisión.
2. Nos casos de que a persoa solicitante teña recoñecida unha discapacidade temporal, as tarxetas caducarán cando finalice o prazo que indique o certificado de discapacidade.
3. No caso de tarxetas de estacionamento de carácter provisional terá unha validez de seis (6) meses, prorrogables por outros seis (6) meses máis, de persistir as circunstancias que dan lugar á concesión excepcional da tarxeta. No caso do apartado 5 do artigo 4 da presenta ordenanza, a resolución a Xunta de Galicia da solicitude de grao de discapacidade dará lugar a extinción da validez da tarxeta extraordinaria de estacionamento.
Artigo 13 .- Renovación
1. No caso de tarxeta de estacionamento, da tarxeta de persoa usuaria e da tarxeta de estacionamento provisional, a renovación leva implícito o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo3 da presente ordenanza seguirase o procedemento establecido no artigo .... da presente ordenanza reguladora.
2. A renovación para as persoas solicitantes que teñan recoñecida unha discapacidade permanente será por dez anos. No caso de persoas con ditame de discapacidade temporal, a renovación existira por parte da persoa interesada, un novo ditame de mobilidade en base ao recollido no artigo 3.
3. En todo caso no momento da renovación a persoa solicitante deberá presentar no rexistro xeral a seguinte documentación:
a. Solicitude normalizada segundo anexo I
b. Autorización para a consulta de empadroamento segundo o anexo II, ou volante de empadroamento da persoa solicitante no caso de no autorizar a consulta.
c. Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoración e Orientación (EVO), para o caso de renovación de tarxetas de estacionamento de persoas con ditame de mobilidade temporal.
d. 2 fotos tamaño carné.
4. A persoa poderá pedir a renovación con tres meses de antelación a data de caducidade, aos efectos de dispor da nova tarxeta á data de finalización da anterior.
5. En todo caso, a entrega da nova tarxeta implica a entrega da anterior no Concello de Cerceda.
6. A renovación da tarxeta poder producirse por subtracción, deterioro ou perda. No caso de subtracción ou perda, esixirá a presentación da xustificación da correspondente denuncia. No caso de deterioro a persoa interesada deberá presentar a tarxeta deteriorada. En todo caso o concello emitirá a nova tarxeta coa mesma data de caducidade que a anterior.
Artigo 14.- Infraccións e sancións
1. O incumprimento das obrigas previstas na presente ordenanza poderán dar lugar á cancelación da tarxeta de estacionamento.
2. En todo caso no suposto de que se detecte o uso indebido das tarxetas de maneira reiterada e debidamente probada, darase traslado da oportuna á comisión técnica de accesibilidade segundo o establecido no artigo 70 da Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade.
Disposicións adicionais
Primeira,. As tarxetas axustaranse ás características sinaladas na normativa de aplicación vixente no momento de expedición da tarxeta.
Disposición transitorias
Primeira.- A entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, de 3 de decembro de accesibilidade, resulta de aplicación a normativa anterior sempre e cando non se opoña ao establecido na mesma.
Segunda.- A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da publicación integra do texto no Boletín Oficial da Provincia e conforme ao disposto no artigo 70.2. da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora e bases de réxime local.
Disposición derrogatoria.
Esta ordenanza derroga expresamente a anterior ordenanza da expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, publicada no BOP núm, 101, do 5 de maio de 2003.