Teo - REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE, SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS DO CONCELLO DE TEO

Publicación provisional: 10/05/2024 BOP Nº: 95
Publicación definitiva: 20/08/2024 BOP Nº: 159
Aplicable dende: 10/09/2024

ÍNDICE

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO PRIMEIRO. Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 1. Obxecto

Artigo 2. Carácter do servizo público.

Artigo 3. Normas xerais

Artigo 4. Obrigas da entidade subministradoCorrespóndelle ao concello de Teo, a través do Servizo Municipal de Augas:

Artigo 5. Dereitos e facultades da entidade subministradora

Artigo 6. Obrigas dos abonados/as

Artigo 7. Dereitos dos abonados/as.

Artigo 8. Reclamacións

CAPÍTULO SEGUNDO. Condicións xerais dos servizos.

Artigo 9. Acometidas

Artigo 10. Obrigatoriedade de conexión aos sistemas públicos de saneamento e abastecemento

Artigo 11. Execución das acometidas

Artigo 12. Urbanizacións, novas rúas ou polígonos

Artigo 13. Unidades de edificación

Artigo 14. Documentación

Artigo 15. Obras de acometida

CAPÍTULO TERCEIRO. Contratación dos servizos.

Artigo 16. Definición

Artigo 17. Acometidas provisionais

Artigo 18. Titulares do contrato de abastecemento e/ou saneamento

Artigo 19. Modalidades de servizo

Artigo 20. Causas de denegación do contrato de subministro

TÍTULO II. SERVIZO PÚBLICO DE ABASTECEMENTO

CAPÍTULO PRIMEIRO. Condicións do servizo

Artigo 21. Obrigas do Servizo Municipal de Augas do concello de Teo:

Artigo 22. Instalacións interiores

Artigo 23. Xestión de incidencias

Artigo 24. Responsabilidades

Artigo 25. Presión das acometidas

CAPÍTULO SEGUNDO. Utilización do abastecemento.

Artigo 26. Prohibicións na utilización do abastecemento

Artigo 27. Resolución de avarías nas instalacións interiores

Artigo 28. Sistemas contra incendios

Artigo 29. Obras non municipais de carácter público

CAPÍTULO TERCEIRO. Contadores

Artigo 30. Obrigatoriedade de uso do contador

Artigo 31. Características técnicas dos aparatos de medida

Artigo 32. Situación dos contadores.

Artigo 33. Adquisisción do contador

Artigo 34. Verificación e precintado

Artigo 35. Solicitude de verificación

Artigo 36. Colocación e retirada de contadores.

Artigo 37. Cambios de situación

Artigo 38. Manipulación do contador

Artigo 39. Substitución de contadores

CAPÍTULO CUARTO. Lecturas, consumos e facturacións

Artigo 40. Lectura de contadores

Artigo 41. Determinación dos consumos facturables

Artigo 42. Obxecto e periodicidade da facturación

Artigo 43. Recibos

Artigo 44. Forma de pagamento dos recibos

Artigo 45. Vía de constrinximento

Artigo 46. Reclamacións

Artigo 47. Consumos públicos.

CAPÍTULO QUINTO.- Réxime de tarifas

Artigo 48. Sistema tarifario.

Artigo 49. Recargas especiais

Artigo 50. Dereitos de acometida e cota de contartación

Artigo 51. Cánones por investimentos

CAPÍTULO SEXTO.- Suspensión do servizo

Artigo 52. Causas de suspensión do subministro.

Artigo 53. Procedemento de suspensión

CAPÍTULO SÉPTIMO.- Fraudes e liquidación da fraude

Artigo 54. Inspección da utilización do servizo de abstecemento

Artigo 55. Fraudes no subministro da auga.

Artigo 56. Actuación por anomalía

Artigo 57. Liquidación da fraude

TÍTULO III. SANEAMENTO.

CAPÍTULO PRIMEIRO. Disposicións xerais

Artigo 58. Finalidades.

Artigo 59. Definicións

Artigo 60. Das redes de saneamento e os seus elementos

CAPITULO SEGUNDO. Utilización dos sistemas públicos de saneamento e depuración de augas residuais.

Artigo 61. Condicións previas á conexión

Artigo 62. Requisitos e características de conexión ao sistema

Artigo 63. Condicións para a utilización do sistema público de saneamento e depuración

Artigo 64. Prohibicións e limitacións

Artigo 65. Solicitude do permiso de vertedura

Artigo 66. Permiso de vertedura

Artigo 67. Réxime de obtención do permiso de vertedura

Artigo 68. Contido do permiso de vertedura.

Artigo 69. Revisión do permiso de vertedura

Artigo 70. Revogación do permiso de vertedura

Artigo 71. Obrigas da persoa titular do permiso de vertedura

Artigo 72. Censos de verteduras ao sistema

Artigo 73. Verteduras non canalizadas

Artigo 74. Normas de mantemento, reposición e explotación das instalacións

Artigo 75. Prevención de riscos laborais.

CAPÍTULO TERCEIRO. Situacións de emerxencia.

Artigo 76. Comunicación

Artigo 77. Adopción de medidas en situación de emerxencia

Artigo 78. Valoración de danos

Artigo 79. Accidentes maiores

CAPÍTULO CUARTO. Inspección e control.

Artigo 80. Función inspectora.

Artigo 81. Obxecto e inicio da inspección.

Artigo 82. Dereitos do persoal inspector

Artigo 83. Deberes do persoal inspector

Artigo 84. Desenvolvemento da actividade inspectora

Artigo 85. Documentación das actuacións inspectoras

Artigo 86. Toma de mostras

Artigo 87. Práctica de análises

CAPÍTULO QUINTO. Relacións interadministrativas.

Artigo 88. Obrigas do Concello de Teo

CAPÍTULO SEXTO. Réxime de infraccións e sancións.

Artigo 89. Réxime das infraccións

Artigo 90. Réxime das sancións

Artigo 91. Medidas cautelares

Artigo 92. Competencia e procedemento

Artigo 93. Valoración de danos.

Artigo 94. Relación co canon da auga e co coeficiente de vertedura

Disposición final

ANEXOS

1-Características verteduras e actas de inspección

1-A: Verteduras prohibidas

1-B: Verteduras limitadas

1-C: Solicitude de permiso de vertedura ao sistema

1-D: Plan de conservación e mantemento dos sistemas de saneamento de augas residuais

1-E: Contido da acta de inspección

1-F: Condicións de preservación de mostras e métodos analíticos

2- Normas de execución de acometidas e ampliacións das redes de sumidoiros e pluviais.

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO PRIMEIRO. Obxecto e ámbito de aplicación. 

Artigo 1. Obxecto

1. O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas respecto ás modalidades de prestación dos servizos de subministración de auga potable e saneamento no municipio de Teo e as súas características, regular as relacións cos usuarios/as, os seus, dereitos, deberes e obrigas básicas, así como recoller o ámbito de aplicación de prezos e tarifas, e o réxime de infraccións e sancións.

2. No presente Regulamento denomínase abonado/a á persoa usuaria do servizo municipal de auga e/ou rede de saneamento que teña contratado o servizo de subministro de auga e/ou rede de saneamento. A persoa cliente debe ser a propietaria da finca, local ou industria, sen perxuicio da súa facultade de repercusión contra o usuario/a ou beneficiario/a do servizo.

3. O concello de Teo, entidade xurídica de carácter público, é a titular do servizo de distribución domiciliaria da auga potable e do mantemento da rede de sumidoiros de Teo actuando, en consecuencia, como entidade subministradora.

Artigo 2. Carácter do servizo público.

1. Os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo terán en todo momento a condición de servizos públicos municipais de recepción obrigatoria para novas construcións residenciais sempre que a rede de distribución se localice a menos de 50m. En consecuencia, non se concederán licenzas para edificar en solo urbano se nos correspondentes proxectos de obra que se sometan á Administración Municipal non consta a instalación ou conexión coa rede xeral de subministro de auga e rede de sumidoiros, coas garantías necesarias.

2. A xestión e operatividade do servizo será realizada polo Servizo Municipal de Augas do concello de Teo, podendo realizar a contratación externa de certos servizos secundarios que, en todo caso, estarán baixo a responsabilidade directa do concello.

3. A recadación das taxas do servizo será realizada a través do servizo de recadación da Deputación Provincial da Coruña.

Artigo. 3. Normas xerais

1. O Concello de Teo procede á prestación do servizo municipal de abastecemento de Auga e rede de saneamento, de acordo co definido e preceptuado pola Lei de Réxime Local e Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, mediante o procedemento de xestión directa.

2. O servizo de subministro domiciliario de auga potable e rede de saneamento axustarase a canto establece o presente Regulamento, ao estipulado na Orde do 9 de Decembro de1975 do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se aprobaron as ¿Normas Básicas para Instalacións Interiores de Subministro de Auga¿ que se refiren principalmente a instalacións interiores, e ao preceptuado nas Ordenanzas Municipais.

3. As características técnicas dos elementos e a execución das instalacións da rede xeral e das acometidas ás fincas, vivendas, locais ou industrias axustarase, ademais, ás ¿ Normas de execución de acometidas e ampliacións das redes de sumidoiros e pluviais¿ que como Anexo 2 forman parte deste Regulamento.

Artigo 4. Obrigas da entidade subministradora

Correspóndelle ao concello de Teo, a través do Servizo Municipal de Augas:

a. Planificar, proxectar, executar, conservar e explotar as obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, depurar, almacenar e distribuír auga potable á poboación do municipio de Teo, así como para recoller, conducir, separar e depurar as augas pluviais e residuais para o seu vertido ás canles públicas, con arranxo ás condicións que se fixan neste regulamento e na lexislación aplicable, empregando para este efecto os recursos e medios actualmente dispoñibles e os que no futuro resulten dos investimentos que se realicen polo propio Servizo Municipal de Augas, ou lle sexan asignados. A incorporación de obras e instalacións a partir da entrada en vigor deste Regulamento, esixirá a súa recepción polo Concello a proposta dos Servizos Técnicos Municipais. Así mesmo, corresponde ao Concello de Teo a conservación, mantemento e explotación das obras e instalacións destinadas a abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais que sexan executadas polo Estado, a Xunta de Galicia ou outras Administracións, unha vez que se produza a súa entrega ao Concello de Teo e a adscrición aos citados servizos.

b. A subministración de auga e o servizo de saneamento a todas aquelas persoas ou entidades que o soliciten para o seu uso en edificios, locais e recintos situados dentro da área da súa competencia, sempre que estes reúnan as condicións esixidas por este regulamento e demais disposicións aplicables.

c. Subministrar auga aos usuarios, garantindo a súa potabilidade con arranxo ás disposicións sanitarias vixentes, ata o contador ou a chave de rexistro da acometida (considerada, con carácter xeral, como inicio da instalación interior do abonado), así como efectuar a recollida de augas residuais desde o límite da propiedade do abonado.

d. Manter e conservar ao seu cargo as redes e instalacións necesarias para o abastecemento, así como a parte das acometidas que lle corresponda. Realizará ao seu cargo o mantemento, substitución e reparación do treito único de condución limitado pola rede xeral e a chave de rexistro da acometida, que estará situada obrigatoriamente na vía publica fronte á propiedade do abonado.

e Conservar en bo estado de funcionamento as instalacións existentes para a evacuación das augas pluviais e residuais, procurando o mellor uso posible da infraestrutura informándolle ao Concello das deficiencias que observe.

f. Dispoñer dun servizo permanente para recepción de avisos de avarías e dispoñer a súa reparación coa máxima urxencia, informando aos clientes cunha antelación mínima de 48 horas, das interrupcións da subministración cando sexan planificadas.

g. Informar aos abonados polos medios adecuados de difusión das interrupcións ou alteracións que se produzan no contrato de subministración como resultado das súas actuacións ou de terceiros.

h. Colaborar coas autoridades e centros de educación para facilitar, sen afectar á explotación, que os abonados e público en xeral poidan coñecer o funcionamento das instalacións.

i. Contestar as reclamacións que se lle formulen por escrito no prazo regulamentario.

l. Aplicar os prezos e cadros de tarifas correspondentes aos distintos tipos de subministración e saneamento.

m. O persoal do Concello de Teo adscrito ao servizo municipal de abastecemento e sanemento, irá provisto obrigatoriamente dun documento acreditativo, no que consten os datos de identificación persoal e da súa condición profesional.

Artigo 5. Dereitos e facultades da entidade subministradora

O concello de Teo terá, a través do Servizo Municipal de Augas, con carácter xeral, os seguintes dereitos:

a. Inspeccionar, revisar e intervir nas instalacións interiores da subministración que, por calquera causa, se encontren en servizo.

b. Percibir, a través do Servizo de recadación da Deputación Provincial da Coruña, o importe das facturacións ou cargos que, debidamente autorizados, lles corresponda pagar aos abonados e usuarios polas prestacións que realizara o Servizo Municipal de Augas ou, no seu caso, foran utilizadas.

Artigo 6. Obrigas dos abonados/as

a. Abonar os cargos que o Concello de Teo formule con arranxo aos prezos e tarifas aprobados, así como os que se deriven da prestación dos servizos complementarios aos que fai referencia o presente regulamento. A obrigatoriedade do pagamento dos consumos de auga considerarase extensiva aos caso nos que os mesmos se orixinaran por fuga, avaría ou defecto de construción ou conservación das instalacións interiores, ou por calquera outra causa non imputable aso Servizo Municipal de Augas.

b. Respectar as instalacións que integran a infraestrutura dos servizos, redes de distribución de auga potable e evacuación de augas residuais e acometidas correspondentes como bens de servizo público, prohibíndose a manipulación ou alteración de calquera elemento das mesmas polo persoal non autorizado.

c. Proporcionarlle ao concello de Teo os datos do seu interese en relación co contrato de subministración e as variacións que poidan presentarse.

d. Manter as súas instalacións de forma que non se produzan perturbacións nas redes públicas de abastecemento e saneamento, e empregar de forma correcta as instalacións do servizo, adoptando as medidas precisas para conservalas na forma adecuada, mantendo intactos os precintos que garanten a non manipulación do contador. Absterse de intervir sobre as instalacións de acometida, e garantir as condicións idóneas para a toma de lecturas de consumo. Así mesmo, dispoñer dun equipo medidor do caudal en perfecto estado.

e. Os abonados/as deberán, en interese xeral e no seu propio, comunicarlle ao Servizo Municipal de Augas calquera avaría ou perturbación (fugas, perdas de presión, vertidos incontrolados, etc.) que se produzan na rede de distribución pública ou nas instalacións privadas.

f. Cumprir as limitacións e prioridades que o Concello de Teo estableza no uso e consumo de auga e da rede de sumidoiros.

g. Facilitar o libre acceso ás instalacións ou recintos aos empregados/as do Servizo Municipal de Augas ou a persoa autorizada para o desenvolvemento dos traballos relacionados coa realización de lecturas, inspeccións, obras e reparacións.

h. Os abonados/as non poderán ceder gratuíta ou remuneradamente auga a terceiros, sexa con carácter permanente ou temporal, sendo responsables de calquera incidencia ou fraude na subministración.

i. Os abonados/as están obrigados a solicitar á entidade xestora a autorización pertinente para calquera modificación nas súas instalacións que implique modificación no número de receptores ou cambio no uso da auga.

l. Garantir a non introdución na rede pública de augas doutra procedencia (como pozos propios) aínda que sexan potables. O Servizo Municipal de Augas non se responsabilizará da calidade das augas nas instalacións que non cumpran estas condicións, advertíndolles aos abonados da responsabilidade na que puidesen incorrer de producirse unha alteración das condicións de potabilidade das augas da traída pública.

m. O abonado/a deberá dispoñer pola súa conta das instalacións de elevación precisas para o abastecemento naqueles casos nos que non quede garantida a presión adecuada, así como realizar as obras necesarias para recoller as augas residuais da parte de edificación situada baixo o nivel da beirarrúa.

n. Os abonados/as que desexen causar baixa no subministro estarán obrigados a interesarlle por escrito ao Servizo Municipal de Augas dita baixa cunha antelación mínima dun mes, indicando, en todo caso, a data en que debe cesar o subministro.

Artigo 7. Dereitos dos abonados/as.

a. Recibir nas súas instalacións auga que reúna os requisitos de potabilidade establecidos nas disposicións vixentes.

b. Dispoñer permanentemente da subministración de auga potable con arranxo ás condicións que figuren no seu contrato, sen outra limitación que as establecidas no presente regulamento e as demais disposicións aplicables

c. A que se lle tome pola Entidade Subministradora a lectura a do equipo de medida que controle o subministro, coa frecuencia que se estabeleza na Ordenanza vixente.

d. A que os servizos que reciba, se lle facturen polos conceptos y contías vixentes en cada momento. cunha periodicidade similar á da lectura

e. Ser informado de todas as cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servizo de abastecemento e saneamento, así como recibir contestación por escrito, no prazo regulamentario previsto, ás consultas formuladas polo mesmo procedemento.

f. Acceder a un réxime de exencións e bonificacións na taxa municipal, axudas de carácter social para o pago das tarifas, así como a mecanismos de fraccionamento do pago.

g. A que se lle formalice por escrito un contrato no que se estipulen as condicións básicas do subministro de auga e do servizo de saneamento.

h. A formular reclamación contra a actuación do Servizo Municipal de Augas e ás súas persoas empregadas, mediante os procedementos contemplados neste Regulamento.

Artigo 8. Reclamacións

As reclamacións que se formulen por danos e prexuízos que se causen pola entidade subministradora, rexeranse pola lexislación aplicable en virtude do prescrito no Artigo 214 do RDL 3/2011, do 14 de novembro polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Cando a reclamación se refira ao cumprimento das condicións do subministro de auga, a persoa reclamante deberá acreditar a súa condición de titular do contrato de subministro, ou da persoa representante legal do mesmo.

CAPÍTULO SEGUNDO. Condicións xerais dos servizos. 

Artigo 9. Acometidas

1. Denomínase acometida ao conxunto de tubaxes e outros elementos que unen as conducións viarias coa instalación interior do inmoble que se pretende abastecer, consta dos seguintes elementos:

a. Dispositivo de toma: atópase colocado sobre a tubaxe da rede de distribución e abre o paso da acometida.

b. Ramal: é o tramo de tubaxe que une o dispositivo de toma coa chave de rexistro.

c. Chave de Rexistro: estará situada ao final do ramal de acometida, na vía pública e xunto ao inmoble ou coincidente coa chave de corte integrada no armario de contadores, nos casos en que este estea no valo de peche de parcela. Constitúe o elemento diferenciador entre a entidade subministradora e o usuario, no que respecta á conservación e delimitación de responsabilidades.

A acometida de abastecemento entrará necesariamente polo portal principal do edificio ou lugar de acceso ao terreo que resulte máis próximo á vía pública.

2. Enténdese por acometida de saneamento o colector das augas residuais dunha instalación, edificio, establecemento ou nave industrial, que se estende desde o bordo da finca ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ao que está conectado.

Nas instalación antigas onde puidese faltar o rexistro entenderase que a acometida remata no colector xeral.

Os custos de mantemento, substitución e reparación da acometida de saneamento situada na vía pública fronte á propiedade do abonado correrán a cargo do Servizo Municipal de Augas. No caso de non dispor de rexistro o abonado poderá solicitar a construción deste ou o cambio de acometida, que correrá por conta do abonado.

O custo da substitución ou reparación das acometidas inutilizadas ou avariadas por outras razóns diferentes ao seu normal uso poderá ser facturado polo Servizo Municipal de Augas aos usuarios ou aos responsables da avaría no seu caso.

Artigo 10. Obrigatoriedade de conexión aos sistemas públicos de saneamento e abastecemento

1. Toda edificación de nova construción situada a unha distancia igual ou inferior a cincuenta (50) metros das redes públicas de abastecemento e/ou saneamento está obrigada a conectarse ás mesmas, agás circunstancias específicas de imposibilidade técnica ou especial gravosidade económica acreditadas en expediente administrativo tramitado ao efecto a solicitude do titular obrigado á conexión.

2. Toda edificación de nova construción, deberá estar dotada da infraestrutura necesaria para dar entrada aos servizos de abastecemento e saneamento.

3. Non exime da obriga de conexión á rede de saneamento a necesariedade de instalación de sistemas de bombeo por conta do titular da edificación, a salvo de que se acrediten as circunstancias específicas descritas no apartado 1 do presente artigo.

Artigo 11. Execución das acometidas

1. Cando para a execución dunha acometida sexa preciso efectuar unha prolongación da rede xeral correrán por conta do solicitante a totalidade dos gastos que se orixinen con motivo da dita ampliación, e faranse constar no orzamento que se confeccione para o efecto.

2. As obras de ampliación executaranse con carácter xeral polo Concello, directamente ou a través de empresa debidamente capacitada contratada ao efecto.

A dirección, vixilancia e inspección das ampliacións da rede efectuarase directamente polo Servizo Municipal de Augas, que fixará as condicións e especificacións técnicas que deberán ser observadas na súa execución.

3. As prolongacións da rede deberán discorrer, con carácter xeral, por terreos de dominio público. Naquelas partes da rede que se sitúen excepcionalmente en terreos privados, os propietarios/as dos terreos afectados polo paso da condución poñerán a disposición do Servizo Municipal de Augas unha franxa de dous metros de ancho ao longo do percorrido da rede, sen que poidan obstaculizar, por ningún medio, o acceso do persoal ou maquinaria para reparacións e inspeccións.

Nos casos nos que o solicitante da prolongación da rede non fose propietario dos terreos por onde teña que discorrer a instalación, e non existise outra alternativa, aquel poderá convir co propietario a adquisición do terreo preciso ou constituír unha servidume de acueduto para o establecemento ou prolongación da rede, inscribíndoa no Rexistro da Propiedade.

4. Naqueles casos nos que a lonxitude da prolongación de rede afecte a varios terreos ademais do do solicitante, o Servizo Municipal de Augas está facultado para repercutir o sobrecusto das obras entre os futuros solicitantes que se vexan beneficiados pola dita ampliación. Todo novo propietario que deba conectar a súa acometida á citada prolongación, satisfará, ademais do custo normal da acometida, un extracusto pola parte proporcional que lle corresponda, de acordo coa lonxitude do treito ou ramal da rede pública que lle afecte. O Servizo Municipal de Augas distribuirá os ingresos derivados do extracusto entre os abonados que o fixesen efectivo anteriormente, que irán deste xeito resarcíndose das cantidades asumidas a medida que se incorporen novos solicitantes de acometidas a ese tramo. A contía do sobrecusto deberá ser indicada expresamente no orzamento de cada solicitante.

A obrigación do Servizo Municipal de Augas fronte ao primeiro solicitante dunha prolongación e, de forma derivada, fronte a todos os demais que poidan incorporarse posteriormente, prescribirá aos dez (10) anos de terse efectuado o pagamento desa primeira acometida.

5. Cando se leven a cabo obras de reforma, mellora ou ampliación da rede de abastecemento municipal é preciso proceder a instalar:

a. Os hidrantes precisos para o servizo contra incendios.

b. As bocas de rego necesarias para uso exclusivo dos servizos públicos municipais de obras, parques e xardíns, limpeza, etc. Os hidrantes conectaranse á rede mediante acometida independente, en lugares facilmente accesíbles e a unha distancia non superior a 100 metros.

Artigo 12. Urbanizacións, novas rúas ou polígonos

1. Aos efectos deste regulamento entenderase por urbanizacións e polígonos aqueles terreos sobre os que a actuación urbanística esixa a creación, modificación ou ampliación de infraestrutura viaria e de servizos, tanto se as obras se realizan para conexión entre as distintas parcelas ou terreos edificábeis nos que se divida o terreo, como se se executan para unir a urbanización ou polígono con outra zona xa urbanizada e con servizos.

2. As instalacións das redes de abastecemento e saneamento propias de urbanizacións, novas rúas ou polígonos, serán executadas polo promotor e ao seu cargo, con suxección ao correspondente proxecto técnico aprobado polo Servizo Municipal de Augas.

3. O permiso de acometida de subministración e saneamento para o polígono ou urbanización, así como para os terreos edificables e inmobles situados nel, estará supeditado a que previamente se acredite o cumprimento das condicións seguintes:

a. Os esquemas das redes interiores de distribución e saneamento, así como as demais instalacións relacionadas, deberán ter sido aprobados polo Concello e proxectados por técnico competente, debendo seren executados por conta do promotor/a ou propietario/a da urbanización ou polígono, e con cumprimento das normas técnicas en vigor.

b. As obras e instalacións previstas no proxecto aprobado e as modificacións que, convenientemente autorizadas polo Concello sexan introducidas posteriormente, executaranse igualmente por conta do promotor ou propietario, ou, no seu caso, por unha empresa instaladora homologada, e sempre baixo a dirección técnica do Concello a través do Servizo municipal ¿Augas de Teo¿.

c. O Concello poderá esixir, tanto durante o desenvolvemento das obras como na súa recepción ou posta en servizo, as probas e ensaios que estime convenientes, co fin de garantir a idoneidade de execución e o cumprimento das especificacións de calidade que afecten aos materiais previstos no proxecto, sendo os gastos derivados de tales probas a cargo do promotor ou propietario da urbanización.

4. En ningún caso estará facultado o promotor/a ou executor da urbanización para realizar as acometidas de abastecemento ou saneamento nos posíbles edificios, terreos edificables ou parcelas sen a previa autorización do Concello e a formalización do correspondente acordo.

5. O enlace das redes interiores coas conducións exteriores que forman a rede pública, así como as súas modificacións ou eventuais reforzos que tivesen que efectuarse nelas como consecuencia das novas demandas impostas pola urbanización, quedarán perfectamente delimitadas no proxecto previo e executaranse a cargo do promotor ou propietario da urbanización.

6. Unha vez finalizadas as instalacións serán verificadas polo Servizo Municipal de Augas que, se as encontrara conformes, informará para a aceptación polo Concello da propiedade das instalacións, as súas servidumes de paso e usos da urbanización que pasen a dominio público, asumindo a xestión e mantemento dos servizos de abastecemento e saneamento, unha vez lle sexa ordenado polo Concello.

Artigo 13. Unidades de edificación

Consideraranse unidades de edificación aptas para realizar a conexión ás redes de abastecemento e/ou saneamento aquelas que conten con licenza administrativa válida para o seu uso e ocupación no caso de ser preceptiva e que estén correctamente identificadas no Catastro Inmobiliario.

Artigo 14. Documentación

1. A solicitude de acometidas deberá acompañarse necesariamente da documentación que se indique en cada momento polo Servizo Municipal de Augas. A este efecto o peticionario da acometida estará obrigado a subministrarlle ao Servizo Municipal de Augas cantos datos lle sexan solicitados en relación co terreo obxecto da petición.

2. Na solicitude farase constar expresamente: o nome da persoa solicitante ou a súa razón social e domicilio propio; domicilio do subministro, sexa finca, vivenda, local ou industria; carácter do subministro; uso e destino que pretende dárselle á auga solicitada; domiciliación de notificacións e demais circunstancias que sexan necesarias para a correcta definición das características e condicións do subministro, así coma para a aplicación das tarifas correspondentes á prestación do servizo.

3. Á solicitude de subministro, a persoa solicitante acompañará a documentación seguinte:

a. Último recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

b. Os permisos e/ou licenzas municipais, estabelecidas en cada momento, de: licenza de apertura cando se trate dun local comercial ou industria; licenza de primeira ocupación para o caso de vivendas; ou de licenza de obras cando se trate de subministros para este fin.

c Escritura de propiedade da finca, vivenda, local ou industria para a que se solicite o subministro.

d. Documento que acredite a personalidade da persoa contratante.

e. Certificado de titularidade bancaria.

f. Documento de constitución da servidume que, no seu caso, puidese ser necesaria establecer para as instalacións do subministro en cuestión, ou das prolongacións de redes que puidesen ser necesarias para o efecto.

g. Acreditación do aboamento da Cota por contribucións especiais, cando preceda.

4. O Servizo Municipal de Augas, á vista dos datos que achegue o/a solicitante, das peculiaridades do inmoble e do estado das súas redes, determinará as características e condicións de contratación e execución das acometidas. Comunicaralle á persoa solicitante, no prazo máximo de quince días hábiles, a súa decisión de conceder ou denegar a acometida ou acometidas solicitadas e, neste último caso, as causas de denegación.

5. A persoa solicitante, unha vez recibida a notificación do Servizo Municipal de Augas e das condicións técnico -económicas que lle fosen formuladas polo Servizo Municipal de Augas, dispoñerá de un prazo de 30 días para a formalización do Contrato de Subministro ou Póliza de Aboamento, ou ben para presentar perante a mesma as alegacións que, no seu caso, estime. Transcorrido ese prazo sen que se teña cumprimentado o regulamentado, entenderase decaída a solicitude, sen máis obrigas para a entidade subministradora.

Artigo 15. Obras de acometida

1. O Servizo Municipal de Augas confeccionará o orzamento para a execución das obras de acometida segundo o cadro de prezos vixente.

2. Abonados polo peticionario os importes regulamentarios, o Servizo Municipal de Augas ou o contratista ao seu cargo, executará as acometidas, que deberán quedar finalizadas no prazo establecido no contrato. A partir do momento de execución, e realizadas satisfactoriamente as probas de subministración, o Servizo Municipal de Augas pasará a facturarlle ao abonado as tarifas correspondentes.

3. Unha vez executadas as obras, o Servizo Municipal de Augas confeccionará a súa liquidación no prazo máximo de quince días hábiles seguintes ao da súa execución, e deberá estar a correspondente documentación a disposición do abonado/a. Toda liquidación firme comporta, tanto para o contratante das acometidas como para o concello, a obriga de compensar á outra parte das diferenzas existentes entre o resultado da liquidación e as cantidades aboadas a conta.

CAPÍTULO TERCEIRO. Contratación dos servizos. 

Artigo 16. Definición

Denomínase póliza de servizo ao contrato subscrito entre o concello de Teo a través do Servizo Municipal de Augas e o abonado/a, que inclúe os termos e condicións da subministración de auga e da prestación do servizo de saneamento.

Artigo 17. Acometidas provisionais

1. Poderanse conceder acometidas ou tomas de auga con carácter provisional e temporal para obras, que terán carácter precario e rexeranse polas condicións xerais das pólizas de servizo e as que se poidan determinar particularmente para cada caso.

2. En ningún caso se empregará para vivendas e locais a auga subministrada para unha acometida de obra. Ao finalizar as obras o construtor/a comunicará este feito ao Servizo Municipal de Augas e quedará clausurada automaticamente esta acometida rexéndose a subministración polas condicións xerais segundo o seu carácter e finalidade.

3. Ata a sinatura das pólizas definitivas do servizo manterase en vigor a póliza do servizo provisional para obra, sendo o promotor/a ou solicitante autorizado/a o responsable de aboar toda a auga consumida, que se lle facturará coa tarifa non doméstica, independentemente do uso que tivese, e finalizará cando o concello estime que remataron as mencionadas circunstancias.

Artigo 18. Titulares do contrato de abastecemento e/ou saneamento

1. O contratante da subministración e saneamento será o/a titular ou titulares do terreo, local ou industria a abastecer, ou quen o represente legalmente.

2. Ao falecemento da persoa titular da póliza de aboamento, o seu cónxuxe, descendentes, fillos adoptivos plenos, ascendentes e irmás ou irmáns, que tivesen convivido habitualmente na vivenda, cando menos con dous anos de antelación á data do falecemento, poderán subrogarse nos dereitos e obrigas da póliza. No serán necesarios os dous anos de convivencia para os que estivesen sometidos á patria potestade do falecido nin para o cónxuxe.

3. No caso de Entidades Xurídicas, quen se subrogue ou substitúa en dereitos e obrigas poderá facelo propio na póliza de aboamento, condicionado á presentación perante a Entidade Subministradora de todas as autorizacións administrativas necesarias.

4. O prazo para subrogarse será de tres meses a partir da data do feito causante. Vencido ese prazo será o Servizo Municipal de Aguas quen decida se procede o cambio ou pola contra indicará a obriga de solicitar unha nova alta no servizo.

5. Non poderá ser abonado da subministración de auga e saneamento quen, téndoo sido con anterioridade para outro terreo, local ou industria situado no termo municipal de Teo, fose penalizado con suspensión de subministración ou resolución do contrato por falta de pagamento ou medida regulamentaria, a non ser que satisfaga integramente as súas anteriores obrigas, cos recargos, xuros e gastos aos que houbese lugar.

6. Toda acometida destinarase exclusivamente aos usos para os que fora solicitada e concedida, debéndolle comunicar previamente o abonado/a ao concello calquera modificación, solicitando a súa aprobación e a formalización dun novo contrato no que se inclúan as circunstancias modificadas.

7. Nos casos de cambio de titularidade do terreo, local ou industria deberase comunicar esa circunstancia ao Servizo Municipal de Augas dentro do prazo dun mes coa finalidade de proceder a formalizar un novo contrato de subministración a nome do novo titular. Se houbese modificación de propiedade do terreo, local ou industria, o novo propietario entenderase inescusablemente subrogado nas responsabilidades asumidas polo anterior propietario en relación cos incumprimentos do contrato e resarcimento de danos que puidesen causarlle ao Servizo Municipal de Augas, os inquilinos ou o anterior propietario do inmoble.

8. Nos casos nos que o solicitante dos servizos sexa unha comunidade de propietarios só os poderá contratar o seu representante legal debidamente acreditado.

9. Nos casos nos que se soliciten os servizos para execución de obras o contratante deberá ser o titular da licenza municipal.

Artigo 19. Modalidades de servizo

A prestación do servizo de abastecemento e saneamento concederase única e exclusivamente nas modalidades que se indican:

1. USOS DOMÉSTICOS. Son aqueles nos que a auga se utiliza exclusivamente para atender necesidades primarias de vida, preparación de alimentos e hixiene persoal. Aplicarase esta modalidade exclusivamente a locais destinados a vivendas ou anexos ás vivendas, sempre que neles non se realice actividade industrial, comercial, profesional nin de servizos de calquera tipo. Quedan excluídos da consideración de usos domésticos expresamente os garaxes, aínda cando sexan de uso particular e para un só vehículo.

2. USOS NON DOMÉSTICOS (COMERCIAIS E INDUSTRIAIS). Son aqueles nos que a auga constitúe un elemento directo ou indirecto dun proceso de produción ou nos que se emprega para o acondicionamento, limpeza ou hixiene nun establecemento profesional, comercial, industrial ou de servizos. Aplicarase esta modalidade a todos os locais ou establecementos nos que se desenvolva unha actividade industrial, comercial, profesional ou de servizos, sexa ou non lucrativa, así como a centros de ensino, deportivos, clubs sociais e recreativos, garaxes e, en xeral, para todos aqueles non destinados a vivenda.

Terán a consideración de usos industriais aqueles usos, potencialmente domésticos, para os que, como resultado das inspeccións e análises que realizara o Servizo Municipal ou os laboratorios autorizados para o efecto, se determinase unha contaminación improcedente das augas residuais, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrera o actuante.

3. USOS MUNICIPAIS. Son aqueles que corresponden aos edificios e instalacións municipais e a aqueles centros ou servizos dependentes do Concello que determine este expresamente, que terán a condición de non suxeitos a pagamento. Será obrigado instalar contadores en todos os puntos de subministración. Non terán a consideración de usos municipais aqueles que se deriven da prestación de servizos realizada a través de concesión administrativa ou de empresa participada polo Concello agás que a participación sexa do 100%.

4. USOS ESPECIAIS. Consideraranse subministracións especiais aqueles non incluídos nas modalidades anteriores que deban realizarse puntualmente no exercicio de competencias municipais sen que sexa posible instalar elementos de medida ou atribuír o consumo a un interesado en particular.

Os subministros para obras, espectáculos temporais en locais móbiles, e en xeral, para actividades esporádicas, contrataranse sempre con carácter temporal e por tempo definido, que expresamente figurará no contrato.

Artigo 20. Causas de denegación do contrato de subministro

1. A facultade de concesión do subministro de auga correspóndelle ao Servizo Municipal de Augas con suxeición ás normas regulamentarias vixentes.

2. O Servizo Municipal de Augas poderá denegar a contratación do subministro nos seguintes casos:

a. Por falta de presentación de calquera dos documentos esixidos.

b. Cando a persoa ou entidade que solicite o subministro se negue a asinar o Contrato de Servizo ou Póliza de Aboamento estendido de acordo co modelo autorizado e coas disposicións vixentes sobre contratación de subministro de auga e/ou rede de sumidoiros.

c. Cando na instalación da persoa solicitante non se teñan cumprido, a xuízo do Servizo Municipal de Augas, e previa comprobación, as prescricións que con carácter xeral estabelece este Regulamento e a normativa vixente. Neste caso, o Servizo Municipal de Augas indicaralle os defectos encontrados á persoa solicitante, para que os corrixa, remitindo, en caso de discrepancia, comunicación dos reparos formulado ao Organismo competente, o cal, previa as actuacións que considere oportunas e, en todo caso, despois de oír ao instalador, ditará a resolución que proceda no prazo máximo de trinta días.

d. Por incumprimento do estipulado neste Regulamento no que se refire a requisitos previos para a conexión ás redes do servizo, cando non dispoña de acometidas para o subministro de auga, ou non conte con autorización de vertido para as augas residuais e pluviais.

e. Cando se comprobe que a persoa solicitante do subministro, deixou de satisfacer o importe do subministro de auga anteriormente.

f. Cando para o local para o que se solicita o subministro, exista outro contrato de subministro anterior e en plena vixencia.

g. Cando pola persoa solicitante do subministro, no caso de que algunha parte das instalacións xerais deban discorrer por propiedade de terceiros, non se teña acreditado, fidedignamente, a obtención das autorizacións de terceiros que correspondan ou, no seu caso, quede sen acreditar, con inscrición rexistral, a constitución da servidume de paso e acceso necesarios para levar a cabo o mantemento e conservación das obras e instalacións para a prestación dos servizos solicitados.

h. Cando a presión no punto de acometida de abastecemento sexa insuficiente para un correcto servizo, e non se teñan instalado, a cargo da persoa solicitante, o grupo de elevación e alxibe correspondentes.

TÍTULO II. SERVIZO PÚBLICO DE ABASTECEMENTO

CAPÍTULO PRIMEIRO. Condicións do servizo 

Artigo 21. Obrigas do Servizo Municipal de Augas do concello de Teo:

Corresponde ao Servizo Municipal de Augas a prestación dos seguintes servizos relacionados co abastecemento de auga á poboación do municipio:

a. A captación, encoro, almacenaxe en depósitos, condución, tratamento, distribución subministración de auga para consumo público a través dos sistemas públicos de abastecemento de auga.

b. O mantemento e conservación das redes de distribución de auga así como o control da execución das instalacións, ampliacións, substitucións, reparacións, reformas e melloras das redes.

c. A instalación de contadores, instalación de bocas de incendio, rego e hidrantes, así como colocación e retirada de precintos de contadores e elementos de manobra e control.

d. A subministración de auga potable para usos domésticos, comerciais ou industriais, ou outros expresamente autorizados.

e. Aqueles outros servizos e actividades que, con carácter accesorio ou complementario, se relacionan coa xestión e explotación do servizo de abastecemento de auga potable, ou poidan afectala.

Artigo 22. Instalacións interiores

1. A execución das instalacións interiores deberá respectar o disposto no RD 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación, ou normativa que o substitúa.

2. Enténdese por instalación interior xeral de abastecemento a comprendida entre a chave de rexistro da acometida e a chave de saída do contador ou batería de contadores. O seu mantemento correrá a cargo dos abonados e calquera modificación da instalación interior xeral debe ser comunicada previamente ao Servizo Municipal de Augas

As conducións instalaranse de tal forma que, no caso dunha fuga de auga, esta se evacúe ao exterior da propiedade de forma visible. A responsabilidade polos danos producidos por fugas de auga no interior da propiedade nesta parte da instalación corresponderá ao abonado.

3. Enténdese por instalación interior particular a parte de instalación interior comprendida entre a chave de saída do contador e os puntos previstos para servizo de abastecemento dentro do inmoble, correndo a cargo do abonado ou usuario a súa substitución, reforma e conservación.

Calquera fuga de auga neste treito será medida polo contador e liquidada ao abonado de acordo coas tarifas correspondentes.

Nos supostos nos que se produza unha fuga oculta na instalación interior particular a persoa usuaria poderá solicitar á entidade prestadora do servizo unha redución do 50% do importe liquidado en concepto de abastecemento, sumidoiro e depuración, asumindo o Concello o 50% do importe do exceso de consumo liquidado. Deberán concorrer os seguintes requisitos:

1. A persoa usuaria deberá notificar a entidade prestadora do servizo por escrito, no período de cobro do recibo no que se produce o consumo anómalo, calquera incidencia que observe derivada dunha fuga oculta de difícil detección, que se traduza en exceso de consumo. Non serán válidas as reclamacións recibidas con posterioridade ao prazo mencionado e o recibo obxecto de redución sempre será o primeiro no que se detecte o consumo anómalo.

2. Deberá tratarse dunha fuga oculta, de tal maneira que o suxeito pasivo non coñecese con anterioridade o dano nas conducións ou equipos de medida. Non teñen a consideración de fuga oculta as debidas a perdas en cisternas de aparellos sanitarios, billas, alxibes, aparellos produtores de frío ou xeo en bares, cafeterías ou similares, etc.

3. O volume de M3 liquidados do recibo será como mínimo 5 veces superior á media do volume de M3 liquidados dos catro períodos anteriores con consumo real. Esta medida redutora de carácter excepcional só se poderá aplicar a un único recibo e alta no servizo nun período de dous anos.

4. Os Servizo de Augas do Concello procederá ás comprobacións pertinentes, soa e exclusivamente, para verificar a existencia de fugas na rede interior que non implicarán custo algún ao suxeito pasivo. Só se aplicará a redución se os Servizos Técnicos certifican que o exceso de consumo provén dunha fuga oculta, e que non se debe a unha neglixencia do suxeito pasivo. As fugas visibles sempre serán responsabilidade da persoa usuaria, e por tanto non terá dereito a redución algunha. En calquera caso, a localización e reparación da fuga oculta nunca será responsabilidade da entidade prestadora do servizo e correrá a cargo do suxeito pasivo ao tratarse da súa instalación interior.

5. Aplicarase a redución sempre que a persoa usuaria acredite que resolveu a incidencia á súa costa, achegando á entidade prestadora do servizo a factura correspondente, ou calquera outro documento que xustifique a reparación da fuga e sempre que se tomen as medidas necesarias para reparar a fuga no prazo dunha semana dende que se tivo coñecemento da existencia da mesma. Cando esta data non se coñeza, entenderase que a persoa usuaria tivo coñecemento da existencia da fuga no momento en que se lle notifique o recibo de auga correspondente ó período en que se produciu a fuga. Ademais, posteriormente os servizo de Augas do Concello deberá confirmar que a fuga foi reparada no prazo indicado.

6. Esta redución aplicarase, exclusivamente, cando o abonado non teña recibos pendentes de pago co Servizo Municipal de Augas de Teo.

4. Para edificios de nova construción e naqueles casos nos que a rehabilitación do edificio afectase ás conducións interiores, é obrigatoria a instalación dunha batería de contadores divisionaria, en todos aqueles casos nos que se pretenda dar servizo a máis dun abonado coa mesma acometida. Instalarase nun lugar provisto de iluminación eléctrica e o chan disporá dun desaugadoiro con capacidade suficiente.

5. O persoal do Concello terá acceso permanente ao recinto onde esté instalada a batería de contadores a fin de que poida verificar a inspección regulamentaria.

6. Con anterioridade á conexión á rede xeral de toda nova instalación interior, o Servizo municipal ¿Augas de Teo¿ procederá a unha revisión previa, sen que poida efectuarse o enganche sen acreditar o cumprimento das condicións previstas neste regulamento. Queda prohibida a conexión de calquera instalación interior á acometida sen previa autorización da entidade xestora.

Artigo 23 . Xestión de incidencias

O Servizo Municipal de Augas, por iniciativa propia, poderá establecer as condicións e prioridades no uso da auga potable no suposto de restricións por seca, catástrofes ou accidentes graves.

Artigo 24. Responsabilidades

1. É responsabilidade dos abonados adoptar as medidas de prevención necesarias nos supostos de que sexan titulares de aparellos ou instalacións que poidan verse danados como consecuencia dunha interrupción ou diminución de presión na subministración, así como no caso de desenvolver actividades ou prestar servizos nos que a auga sexa elemento de necesidade permanente.

2. O concello deberá cubrir a súa eventual responsabilidade civil por danos causados a terceiros subscribindo unha póliza de seguro suficiente.

Artigo 25. Presión das acometidas

1. O Servizo Municipal de Augas deberá garantir unha presión mínima de 2,5 atmosferas, agás circunstancias técnicas acreditadas en expediente administrativo tramitado ao efecto.

2. Nos edificios nos que a presión da rede no punto de acometida poida ser insuficiente para o correcto abastecemento, será obrigatoria a instalación do grupo elevador e depósito que garantan o abastecemento regular a todas as vivendas ou locais do terreo.

CAPÍTULO SEGUNDO. Utilización do abastecemento. 

Artigo 26. Prohibicións na utilización do abastecemento:

a. ntroducir augas doutra procedencia na rede de abastecemento municipal.

b. Introducir nas conducións do abastecemento calquera elemento que modifique ou afecte á rede pública ou a outros aboados.

c. Ceder a terceiros, por calquera concepto, a auga subministrada.

d. Modificar o acceso a contadores e aparatos de medida.

e. Empregar a auga do servizo público para fins distintos aos contratados.

f. Realizar consumos non controlados polo equipo de medida ou alterar os instrumentos de medida.

g. Ocasionar voluntariamente ou por conduta neglixente fugas de auga.

h. Romper ou alterar os precintos de medida.

Artigo 27. Resolución de avarías nas instalacións interiores

1. O abonado/a deberá reparar as avarías que se presenten na instalación interior ao seu cargo no tempo máis breve posible, acordando co Servizo municipal ¿Augas de Teo¿ as condicións técnicas de execución da reparación. O Servizo Municipal de Augas realizará o corte provisional necesario para a reparación e inspeccionará a mesma antes de restablecer o servizo.

2. O Concello poderá suspender a subministración no caso de risco grave para a seguridade das persoas ou os bens, poñéndoo en coñecemento á súa vez dos interesados.

3. As reformas na instalación interior que execute o propietario dun edificio, nave ou local, con posterioridade á inspección executada para a alta, deberán serlle comunicadas ao concello e requirirán nova inspección e autorización. De non realizarse esta comunicación o concello non asumirá o 50% do importe en caso de fuga por avaría.

Artigo 28. Sistemas contra incendios

1. A conexión á rede pública de abastecemento das acometidas para sistemas contra incendios requirirá a sinatura de contrato entre o abonado/a e o concello de Teo, suxeito ás normas xerais dos contratos de subministro.

2. Todos os edificios de vivendas colectivas deberán dispoñer de bocas de incendio no interior do edificio. As redes interiores de incendio serán sempre independentes das restantes existentes no terreo na que se instalan sen que poida realizarse ningunha derivación para outros usos.

Artigo 29. Obras non municipais de carácter público

1. Para a execución de obras de urbanización ou ordinarias e daquelas instalacións que se realicen nas rúas, vías ou bens de dominio público o Concello autorizará, a petición da Entidade pública ou do contratista adxudicatario da obra, o uso da auga procedente das bocas de rego ou hidrantes.

2. O solicitante deberá constituír fianza para responder de eventuais danos sobre as instalacións públicas, que será fixada polos servizos técnicos municipais.

3. O consumo será facturado segundo contador ou, no seu defecto, segundo o mínimo establecido para usos non domésticos.

CAPÍTULO TERCEIRO. Contadores 

Artigo 30. Obrigatoriedade de uso do contador

1. A medición dos consumos de todo subministro de auga realizado pola Entidade Subministradora que han servir de base para a facturación de todo subministro, realizarase por contador ou equipo de medida; que é o único medio que dará fe da contabilización do consumo da auga subministrada.

2. A colocación e instalación de contadores realizarase polo Servizo Municipal de Augas, correndo os gastos por conta da persoa cliente. O custo da instalación quedará determinado polo correspondente cadro de prezos.

3. Como norma xeral, a medición dos consumos efectuarase mediante contador único cando no inmoble ou finca só exista unha vivenda ou local, en subministros provisionais para obras e en polígonos de execución de obra e en tanto non sexan recibidas as súas redes de distribución interior; sempre que sexa de aplicación un único tipo tarifario das tarifas vixentes axeitado á modalidade do subministro.

4. No caso de subministro a inmobles colectivos, cando exista máis dunha vivenda e/ou locais, o control do consumo base de facturación poderá realizarse ben por contador xeral ou por contadores divisionarios, ao instalar un equipo de medida por cada unha delas e os necesarios para os servizos comúns, situados en baterías segundo as Normas Básicas para as Instalacións Interiores, ademais dos aparatos de medida independentes para os locais do inmoble.

En calquera caso, o Servizo Municipal de Augas poderá instalar, no inicio da instalación interior, un contador totalizador para controlar o consumo global de dita instalación ou inmoble. O consumo do contador xeral, en caso de que houbese instalados contadores divisionarios, deberá ser igual á suma das medidas dos contadores individuais; cando o consumo do contador xeral fose maior que a suma das medidas dos contadores individuais, a diferenza facturaráselle á comunidade de persoas usuarias ou clientes.

5. Os edificios nos que fose preciso instalar grupos de elevación de auga, deberán dispoñer dun contador xeral para control dos consumos. Este contador xeral de referencia estará instalado na cabeceira da acometida ao depósito comunitario e na póliza de aboamento correspondente a esta acometida figurará como cliente a comunidade de persoas usuarias ou clientes.

6. O dimensionamento e fixación das características do contador ou contadores, calquera que sexa o sistema de instalación seguido, será facultade do Servizo Municipal de Augas, que o realizara á vista da declaración de consumo que formule o cliente na súa solicitude de subministro, e de conformidade co estabelecido nas Normas Básicas para as Instalacións Interiores.

Artigo 31.- Características técnicas dos aparatos de medida

1. As características técnicas dos aparatos de medida ou contadores, atenderanse ao disposto na Orde do 28 de decembro de 1988 (BOE 6 marzo 1989) pola que se regulan os contadores de auga fría.

Artigo 32.- Situación dos contadores.

1. Contador único. Instalarase xunto coas súas chaves de protección e manobra nun armario, homologado pola Entidade Subministradora, exclusivamente destinado para este fin, situado na planta baixa do inmoble, xunto a o portal de entrada e chantado no muro de fachada ou pechamento da propiedade que se pretende fornecer, a unha altura non inferior a 50 centímetros nin superior a 150 centímetros con respecto a liña da beirarrúa e, en calquera caso, con acceso directo dende a vía pública.

Excepcionalmente, en caso debidamente xustificado, poderá instalarse o contador único e as súas chaves de manobra nunha cámara baixo o nivel do solo, que terá acceso directo desde a rúa e situado o máis próximo posible á fachada ou pechamento da propiedade. O armario ou cámara de aloxamento do contador estarán dotados dunha porta e pechadura homologadas pola entidade subministradora.

O contador estará situado en posición horizontal e no sentido correcto, cuns tramos rectos antes e despois deste, iguais a 10 veces e 5 veces o diámetro do contador respectivamente, necesarios para o bo funcionamento do mesmo.

2. Baterías de contadores divisionarios. As baterías de contadores divisionarios, instalaranse nos locais ou armarios exclusivamente destinados a este fin, situados na planta baixa do inmoble, en zona de uso común, con acceso directo desde o portal de entrada.

As baterías para a centralización de contadores responderán a tipos e modelos oficialmente aprobados e homologados polo Organismo competente en materia de Industria.

Na orixe de cada montante e no punto de conexión do mesmo coa batería de contadores divisionarios, instalarase unha válvula de retención, que impida retornos de auga á rede de distribución.

Artigo 33.- Adquisición do contador

1. O contador ou equipo de medida deberá ser dos tipos aprobados polo Organismo competente en materia de Industria, dentro dos tipos homologados polo Servizo Municipal de Augas e será adquirido pola persoa usuaria, ao seu cargo, libremente. O Servizo Municipal de Augas manterá unhas existencias de contadores, axeitados ás necesidades e caudais de subministro, para a súa venda á clientela. A venda de ditos contadores realizarase de conformidade coas tarifas estabelecidas.

Artigo 34.- Verificación e precintado

1. É obrigatorio sen excepción ningunha, a partir da entrada en vigor do presente Regulamento, a verificación e precintado dos aparatos contadores que se instalen, cando sirvan de base para regular a facturación do consumo de auga. A verificación e precintado dos aparatos realizaranse polo Organismo competente en materia de Industria, a través de laboratorio oficial ou autorizado.

2. É obriga ineludible da persoa cliente, a custodia do contador ou aparato de medida, así coma o conservar e manter o mesmo en perfecto estado, sendo extensible esta obriga tanto á inviolabilidade dos precintos de contador coma ás etiquetas de identificación daquel.

A responsabilidade que se derive do incumprimento desta obriga, recaerá directamente sobre a persoa cliente titular do subministro.

Artigo 35.- Solicitude de verificación

A persoa cliente poderá solicitar da Entidade Subministradora a verificación do seu contador. Os gastos que xere a retirada do aparato, a súa colocación e a verificación e precintado polo Organismo competente, serán de cargo da persoa solicitante, agás no caso en que se demostre o anormal funcionamento do aparato e que o erro sexa favorable ao Servizo Municipal de Augas

As tolerancias para verificación de contadores serán as que fixe, en cada caso, o Centro Nacional de Metroloxía ou organismo equivalente.

Artigo 36.- Colocación e retirada de contadores.

1. A conexión e desconexión, colocación e retirada, do contador ou aparato contador, cando sexa preciso, será realizada pola Entidade Subministradora, quen poderá precintar a instalación do mesmo, sendo a única autorizada para o seu desprecintado por motivos derivados da explotación do servizo.

2. Os contadores ou aparatos de medida, poderán desmontarse por calquera das seguintes causas:

a. Por extinción do contrato de subministro.

b. Por avaría do equipo de medida.

c. Por renovación periódica.

d. Por alteración do réxime de consumos, en tal medida que desborde, por exceso ou por defecto, a capacidade teórica do aparato instalado.

3. Cando a xuízo do Servizo Municipal de Augas existan indicios claros de que o funcionamento do contador non é correcto, poderá previa comunicación á persoa cliente proceder a desmontar o mesmo, instalando no seu lugar outro que fose verificado oficialmente.

Os consumos rexistrados polo aparato instalado en substitución do anterior, darán fe para a liquidación dos mesmos.

Artigo 37.- Cambios de situación

1. Calquera modificación da situación do contador ou aparato de medida, dentro do recinto ou propiedade a cuxo subministro estea adscrito, sempre serán a cargo da parte a cuxa instancia se teña levado a cabo aquela. Porén, será sempre a cargo da persoa cliente, toda modificación na situación do contador ocasionada por calquera dos seguintes motivos:

a) Por obras de reformas efectuadas pola persoa cliente con posterioridade á instalación do contador e que dificulte a súa lectura, revisión ou facilidade de substitución.

b) Cando a instalación do contador non responda ás esixencias deste Regulamento, e se produza un cambio na titularidade do subministro.

Artigo 38.- Manipulación do contador

1. A persoa cliente ou usuaria nunca poderá manipular o contador ou aparato de medida, nin conectar tomas ou facer derivacións antes de dito equipo de medida.

Artigo 39.- Substitución de contadores

1. Será necesario a substitución do contador por outro en perfectas condicións, en caso de que pola persoa cliente ou o persoal da Entidade Subministradora se detecte calquera avaría ou parada do contador e, tamén, no caso de substitución periódica programada. Nestes supostos, o Servizo Municipal de Augas, con cargo aos gastos de mantemento e conservación, realizará dita operación.

2. No caso de que a avaría se debese a causas climatolóxicas ou a man airada, os gastos correrán a cargo da persoa cliente.

3. No caso de que a instalación do contador non estivese en bo estado, será obriga da persoa cliente a súa reforma para poder proceder ao cambio do contador. Caso de que a persoa cliente non queira reformar a instalación, o contador instalarase ao comezo da finca propiedade da persoa cliente, sempre ao seu cargo.

CAPÍTULO CUARTO. Lecturas, consumos e facturacións 

Artigo 40. Lectura de contadores

1. A lectura de contadores que servirá de base para regular a facturación dos caudais consumidos pola clientela, realizarase periodicamente polas persoas do Servizo Municipal de Augas ou traballadores/as da empresa contratada ao efecto, debidamente identificados/as.

As indicacións que marque o contador, anotaraas o lector nas follas ou soportes informáticos que servirán de base para a facturación correspondente así coma no caderno ou tarxeta da persoa cliente que poderá existir para tal fin, xunto ao contador, sempre que así o solicite a persoa cliente.

2. A toma de lectura realizarase en horas hábiles ou de normal relación co exterior, polo persoal autorizado expresamente pola Entidade Subministradora, provisto da súa correspondente documentación de identidade. En ningún caso, a persoa cliente, poderá impoñer a obriga de tomar lectura fóra do horario que teña estabelecido o Servizo Municipal de Augas para tal efecto.

3. Cando por ausencia da persoa cliente non fose posible a toma de lectura, o lector encargado da mesma deixará constancia da súa visita, depositando na caixa do correo ou similar unha tarxeta na que, ademais de deixar constancia da súa presenza no domicilio da persoa cliente, permitiralle a este anotar na mesma a lectura do seu contador efectuada por el mesmo, e facela chegar ás oficinas do Servizo Municipal de Augas, no prazo máximo indicado nela, para os efectos da facturación do consumo rexistrado.

Artigo 41.- Determinación dos consumos facturables

1. Como norma xeral, a determinación dos consumos que realice cada persoa cliente que servirán de base para a facturación, concretaranse pola diferenza entre as lecturas de dous períodos consecutivos de facturación.

2. Cando non sexa posible coñecer os consumos realmente realizados, como consecuencia de avaría do equipo de medida ou por causas non imputables o Servizo Municipal de Aguas, a liquidación do consumo efectuarase consonte ao consumo realizado durante o mesmo período de tempo e na mesma época do ano anterior; de non existir, realizaranse as facturacións segundo a media aritmética dos seis meses anteriores.

Naqueles casos nos que non existan datos históricos para poder obter a media ao que se alude no antedito parágrafo, os consumos determinaranse baseándose na media que se obteña en función dos consumos coñecidos de períodos precedentes.

Artigo 42.- Obxecto e periodicidade da facturación

1. As cantidades a facturar polo Servizo Municipal de Augas polos conceptos que procedan en función da modalidade do subministro e dos consumos facturables, pola prestación do servizo, calcularanse aplicando as tarifas vixentes en cada momento.

2. Os consumos facturaranse por períodos de subministro vencidos. O primeiro período calcularase desde a data de posta en servizo da instalación.

Artigo 43.- Recibos

1. Os recibos dos importes do servizo prestado confeccionaranse periodicamente, incluíndose nos mesmos, os impostos e outras taxas, que poidan corresponder. Confeccionarase un recibo por cada cliente.

2. O Servizo Municipal de Augas especificará, nos seus recibos ou facturas, a desagregación do sistema tarifario aplicable, fixando claramente todos e cada un dos conceptos de facturación.

Nas facturas ou recibos emitidos deberán constar, ademais, os datos identificativos de cliente e domicilio do subministro, lecturas de contador, importe dos servizos e tributos que se repercutan, domicilio e prazo de pagamento, e datos do Servizo Municipal de Augas a onde dirixirse para solicitar información ou efectuar reclamacións, e outros que a xuízo da Servizo fosen convenientes para a súa mellor comprensión pola persoa cliente.

3. Os impostos, taxas, arbitraxes, dereitos, tributos ou gastos de calquera clase, estabelecidos ou que poidan estabelecerse polo Estado, Provincia, Municipio ou calquera Administración Pública, que graven de algunha maneira, ben o subministro en si mesmo, ben a documentación que sexa necesaria para formalizar un contrato de subministro, así coma calquera outra circunstancia relacionada con estes, serán por conta da persoa cliente.

Artigo 44.- Forma de pagamento dos recibos

1. A persoa cliente poderá efectuar os importes facturados polo Servizo Municipal de Augas a través do Servizo de Recadación da Deputación Provincial da Coruña por calquera concepto, nas súas Oficinas, en entidades bancarias ou Caixas de Aforros, ou outros estabelecementos ou oficinas autorizadas polo Servizo de Recadación da Deputación, ou ben a través da conta da persoa cliente na Entidade bancaria ou Caixa de Aforros que para o efecto sinale.

2. O aboamento dos recibos periódicos do servizo efectuarase preferentemente polo sistema de domiciliación bancaria.

Artigo. 45.- Vía de constrinximento

Os recibos impagados, unha vez transcorrido o prazo de pagamento voluntario, serán obxecto de vía de constrinximento, tal como dispón a lexislacion tributaria que resulte de aplicación.

A Tesourería municipal será o órgano competente para constrinxir as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario.

Artigo 46.- Reclamacións

1. A persoa cliente poderá obter do Servizo Municipal de Augas calquera información relacionada coas lecturas, facturacións, comprobacións de contador, cobramentos e tarifas aplicadas e, en xeral, sobre toda cuestión relacionada co subministro que se xerase nun período de un ano anterior á data de presentación do pedimento correspondente.

2. Cando a persoa cliente presente unha reclamación para a devolución de ingresos que considere indebidos, expresará de forma clara e concisa os conceptos que reclama e os fundamentos da reclamación, e achegará coa mesma os xustificantes dos ingresos supostamente indebidos e calquera outra documentación que para o caso corresponda.

A devolución das cantidades percibidas indebidamente deberá ser inmediata, unha vez se comprobe o erro de facturación, de medida, ou calquera outra causa que o provocase.

3. O Servizo Municipal de Augas deberá levar un Libro de Reclamacións, debidamente dilixenciado, que estará a disposición da clientela.

4. As reclamacións que se formulen por danos e perdas que se causen polo Servizo Municipal de Augas rexeranse pola lexislación aplicable, tendo en conta a natureza das mesmas e o seu carácter contractual ou extracontractual.

Artigo 47.- Consumos públicos

Os consumos para usos públicos (edificios, xardíns, fontes, baldeos de rúas, etc.) dependentes do Concello, serán medidos por contador, ou no seu caso, aforados coa maior exactitude posible.

CAPÍTULO QUINTO.- Réxime de tarifas 

Artigo 48.- Sistema tarifario

1. Entenderase por sistema tarifario aquel conxunto de conceptos que conforman o prezo total que a persoa cliente debe pagar, en orde á consecución e mantemento do equilibrio económico e financeiro do Servizo Municipal de Augas para a prestación do servizo de abastecemento e saneamento.

2. Os tipos tarifarios de aplicación a cada un dos conceptos que conforman o prezo total a pagar polo cliente, serán os estabelecidos en cada momento polo Réxime de Tarifas que sexa legalmente de aplicación.

3. Os impostos que recaian sobre o prezo final do servizo, aínda cando se engadan sobre as tarifas, non constituirán un elemento máis do sistema tarifario.

4. O sistema tarifario determina estrutura do Réxime de Tarifas aplicábeis en cada momento. O Réxime de Tarifas poderá variarse polo Concello despois de efectuados os trámites legais necesarios.

Artigo 49.- Recargas especiais

1. Con independencia dos conceptos tarifarios estabelecidos no antedito Artigo deste Regulamento, na prestación do servizo de auga a unha poboación, un sector da mesma, ou a certos concretos clientes, por motivos de explotación de instalacións diferentes ás do normal abastecemento, como puideran ser instalacións para modificación de presións ou caudais, que xeren un custo adicional ao xeral da explotación, o Servizo Municipal de Augas poderá estabelecer, para a clientela afectada, unha recarga que asuma o maior custo derivado do tratamento diferenciado, con carácter permanente ou transitorio, sobre o prezo do metro cúbico da auga facturada.

Artigo 50.- Dereitos de acometida e cota de contratación

O Servizo Municipal de Augas poderá cobrar os dereitos de acometida e cota de contratación regulados nos Artigos correspondentes deste Regulamento, que constitúen conceptos independentes dos ingresos periódicos do abastecemento e rede de sumidoiros definidos nos devanditos Artigos.

Artigo 51.- Cánones por investimentos

1. Entenderase canon por investimentos para os efectos deste Regulamento, á recarga que, independentemente da tarifa, se estabelece para facerlle fronte aos investimentos en infraestrutura. Este ingreso terá carácter finalista para o servizo, e recibirá un tratamento diferente aos conceptos da explotación. Os cánones por investimentos aprobaranse polo Órgano competente.

2. Os ingresos obtidos mediante este canon, serán os suficientes para facerlle fronte ao investimento e, no seu caso, aos custos financeiros que xere a mesma.

CAPÍTULO SEXTO.- Suspensión do servizo 

Artigo 52.- Causas de suspensión do subministro

O Servizo Municipal de Augas poderá suspender o subministro aos abonados/as, sen prexuízo do exercicio das accións, de orde civil ou administrativo que a lexislación vixente lle ampare, nos casos seguintes:

a. De non satisfacer, en período voluntario, aos 60 días da posta ao cobramento dos recibos, o importe dos servizos consonte ao estipulado no Contrato de Subministro ou Póliza de Aboamento. Poderase proceder ao corte de subministro, sen prexuízo de que as facturas que continuasen sen ser pagadas incorran en constrinximento para o seu cobramento en vía executiva.

Neste sentido, o corte de subministro non poderá realizarse se o abonado/a xustifica diante do Servizo Municipal de Augas ter realizado unha solicitude diante dos Servizos Sociais do Concello para recibir apoio para o pago da cantidade adebedada por mor da situación económica persoal ou familiar que así o xustifique. No caso de ser desestimada esta solicitude, retomaranse os prazos que

b. Cando o abonado/a non cumpra, en calquera dos seus aspectos, o contrato que teña estabelecido co Servizo Municipal de Augas ou as condicións xerais de utilización do servizo.

c. Por falta de pagamento, transcorridos quince días hábiles contados a partir da data de comunicación, das cantidades resultantes de liquidación firme de fraude ou no caso probado de reincidencia de fraude.

d. En todos os casos en que a clientela faga uso da auga que se lle subministre en forma ou para usos distintos dos contratados, como subministrar auga a terceiros.

e. Cando o abonado/a estabeleza ou permita estabelecer derivacións na súa instalación para subministro de auga potable a outras fincas, locais ou vivendas diferentes aos consignados no seu contrato de subministro.

f. Cando unha persoa usuaria goce do subministro sen contrato escrito ao seu nome que o ampare como Cliente do Servizo e se negue á súa subscrición a requirimento da Entidade Subministradora.

g. Cando polo persoal do Servizo Municipal de Augas se encontren derivacións nas súas redes con consumo de auga sen contrato ningún, é dicir, realizadas clandestinamente. Neste caso a Entidade Subministradora poderá efectuar o corte inmediato do subministro de auga en tales derivacións, dándolle conta diso, por escrito, ao Organismo competente.

h. Cando a persoa cliente non permita a entrada no local ao que lle afecta o subministro contratado, en horas hábiles ou de normal relación co exterior, ao persoal que, autorizado polo Servizo Municipal de Augas e provisto da súa correspondente documentación de identidade, trate de revisar as instalacións, sendo preciso, en tal caso, o que por parte de dita Entidade Subministradora se redacte acta dos feitos, que lle deberá remitir ao Organismo Competente, xuntamente coa solicitude de suspensión de subministro.

i. Cando nos subministros nos que o uso da auga ou disposición das instalacións interiores, lle puidese afectar á potabilidade da auga na rede de distribución, até que, pola clientela, se tomen as medidas oportunas en evitación de tales situacións; en tal caso o Servizo Municipal poderá realizar o corte inmediato do subministro, dándolle conta diso por escrito ao Organismo competente.

l. Pola negativa do abonado/a a modificar o rexistro ou arqueta do contador, e incluso a súa instalación interior, cando iso fose preciso para substituír o contador por calquera das causas que autoriza este Regulamento.

m. Cando o abonado/a mesture augas doutra procedencia e requirido polo Servizo Municipal de Augas para que anule esta anomalía, non a leve a efecto no prazo máximo de cinco días.

n. Por neglixencia do abonado/a respecto da reparación de avarías nas súas instalacións se, unha vez notificada por escrito do Servizo Municipal de Augas, transcorrese un prazo superior a sete días sen que a avaría fose reparada.

Artigo 53.- Procedemento de suspensión

1. Con excepción dos casos de corte inmediato previstos neste Regulamento, o Servizo Municipal de Augas deberá seguir os trámites legais previstos para o efecto e darlle conta ao abonado/a por correo certificado, ou calquera outro medio que garanta a recepción do aviso por parte deste. Considerarase que queda autorizada para a suspensión do subministro de non recibir orde en contrario do Organismo ou Entidade competente no termo de doce días hábiles, contados a partir da data en que se deu conta dos feitos.

2. A suspensión do subministro de auga, agás nos supostos de corte inmediato, non poderá realizarse en días festivos ou días en que, por calquera motivo, non exista servizo administrativo e técnico de atención ao público, para os efectos da tramitación completa do restablecemento do servizo, nin en vésperas de días en que se dean algunhas destas circunstancias.

3. A volta a conexión do subministro farase polo Servizo Municipal de Augas unha vez que o abonado/a faga o pagamento dos gastos xerados polo corte e reposición subministro. A Entidade Subministradora poderá cobrar da persoa cliente, por estas operacións, unha cantidade equivalente ao importe da cota de contratación vixente, no momento do restablecemento, para un calibre igual ao instalado, mailos gastos xerados polo corte do subministro.

O restablecemento do servizo realizarase o mesmo día ou, no seu defecto, ao seguinte día hábil en que teñan sido reparadas as causas que orixinaron o corte do subministro.

A notificación do corte de subministro, incluirá, coma mínimo os seguintes puntos:

a) Nome, apelidos e enderezo do abonado.

b) Identificación da propiedade abastecida.

c) Data e hora a partires da cal se producirá o corte

d) Detalle da razón que orixina o corte.

e) Nome, enderezo, teléfono e horario do departamento do Servizo Municipal de Augas no que se poida arranxar as causas que orixinaron o corte.

4. No caso de corte por falta de pagamento, se no prazo de tres meses, contados dende a data de corte, non se teñan pagado os recibos pendentes polo abonado/a darase por rematado o contrato sen prexuízo dos dereitos da Entidade Subministradora á esixencia do pagamento da débeda e ao resarcimento dos danos e perdas a que houbese lugar.

5. O contrato de subministración de auga potable quedará sen efecto sen prexuízo da execución anterior ou no das accións de suspensión de subministración, especificada no artigo 52 deste Regulamento, por calquera das causas seguintes:

a) A petición do abonado/a.

b) Por resolución da Xunta de Goberno Local, nos seguintes casos:

· Por persistencia durante máis de tres meses en calquera das causas de suspensión de subministración reguladas neste Regulamento

· Por incumprimento dos termos e condicións do contrato.

· Por utilización da subministración sen ser o titular contractual do mesmo.

A continuación da subministración despois de ser extinguido o contrato por calquera das causas referidas anteriormente, soamente poderán efectuarse mediante nova solicitude, subscrición de novo contrato e pagos dos dereitos correspondentes.

CAPÍTULO SÉTIMO.- Fraudes e liquidación da fraude 

Artigo 54. Inspección da utilización do servizo de abastecemento e saneamento

1. O Servizo Municipal de Augas está autorizado a vixiar as condicións e forma en que os abonados/as utilizan o servizo de abastecemento de auga e saneamento.

2. A actuación do persoal inspector acreditado polo Concello reflectirase nun documento que adoptará unha forma de acta, e na que quedarán reflectidos o nome e domicilio da persoa cliente inspeccionada, día e hora da mesma, e os feitos contrastados.

Unha copia desta acta, asinada polo inspector, entregaráselle á persoa cliente.

3. As persoas inspectoras deberán convidar ao cliente, persoal dependente do mesmo, ou calquera outra persoa a que presencie a inspección e asine a acta, podendo o cliente facer constar, coa súa sinatura, as manifestacións que estime oportunas. A negativa a facelo non lle afectará á tramitación e conclusións que se establezan posteriormente. O abonado/a poderá dirixirse, posteriormente, ao Concello de Teo, aínda que dentro das corenta e oito horas seguintes, coas alegacións que estime oportunas.

4. Cando polo persoal dos Servizo Municipal de Augas se encontren derivacións nas súas redes con utilización sen convenio ningún, é dicir, realizadas clandestinamente, o persoal do Servizo Municipal poderá efectuar o corte inmediato do subministro en tales derivacións.

Artigo 55.- Fraudes no subministro da auga e do saneamento.

1. O Servizo Municipal de Augas formulará a liquidación da fraude, distinguíndose, para os efectos da consideración e as responsabilidades da fraude, os seguintes casos:

a. Utilizar auga do servizo sen ter subscrito contrato de aboamento.

b. Executar acometidas sen ter cumprido previamente os requisitos previstos neste Regulamento.

c. Falsear a declaración de uso do subministro, inducindo á Entidade a facturar menor cantidade da que deba satisfacer polo subministro.

d. Modificar ou ampliar os usos a que se destina a auga, especificados no contrato de subministro.

e. Levantar os contadores instalados sen autorización da Entidade; romper os precintos, o cristal ou a esfera dos mesmos; desnivelalos, interrompelos ou paralos, e en xeral, toda acción que tenda a desfigurar a indicación destes aparatos e a prexudicar, polo tanto, os intereses do servizo.

f. Establecer ou permitir ramais, derivacións ou enxertos que poidan traer consigo o uso fraudulento da auga pola persoa interesada ou por terceiros.

g. Introducir modificacións ou realizar ampliacións na instalación, sen previa autorización.

h. Revender a auga obtida do servizo por contrato de subministro, ou subministrar auga a vivendas que carezan do servizo aínda que non constitúa revenda.

Artigo 56.- Actuación por anomalía

1. O Servizo Municipal de Augas, á vista da acta redactada, requirirá á persoa propietaria da instalación, para que corrixa as deficiencias observadas na mesma, co apercibimento de que de non levalo a efecto no prazo de dez días hábiles, aplicarase o procedemento de suspensión de corte.

2. Cando polo persoal do Servizo Municipal de Augas se atopen derivacións nas súas redes con utilización de subministro sen convenio ningún de subministro, é dicir, realizadas clandestinamente, o Servizo Municipal poderá efectuar o corte inmediato do subministro en tales derivacións.

3. Se ao ir realizar o persoal facultativo a comprobación dunha denuncia por fraude se lle negase a entrada no domicilio dun cliente ou usuario, o Servizo Municipal de Augas quedará autorizado para suspender o subministro.

Artigo 57.- Liquidación da fraude

1. O Servizo Municipal de Augas formulará a liquidación da fraude, considerando os seguintes casos:

a. Que non existise contrato ningún para o subministro de auga e/ou saneamento.

b. Que, por calquera procedemento, fose manipulado ou alterado o rexistro do contador ou equipo de medida.

c. Que se realizasen derivacións de caudal, permanente ou circunstancial, antes dos equipos de medida.

d. Que se utilice a auga potable para usos distintos dos contratados, afectándolle á facturación dos consumos segundo a tarifa a aplicar.

2. O Servizo Municipal de Augas practicará a correspondente liquidación, segundo casos, da seguinte forma:

Caso 1.- Formularase unha liquidación por fraude, que incluirá un consumo equivalente á capacidade nominal do contador que regulamentariamente lle correspondese ás instalacións utilizadas para a acción fraudulenta, cun tempo de tres horas diarias de utilización ininterrompidas e durante o prazo que medie entre a adquisición da titularidade ou dereitos de uso das anteditas instalacións, e o momento no que teña reparado a existencia da fraude detectada.

Caso 2.- De falseárense as indicacións do contador ou aparato de medida instalado, por calquera procedemento ou dispositivo que produza un funcionamento anormal do mesmo, tomarase como base para a liquidación da contía da fraude a capacidade de medida do nominal, computándose o tempo a considerar en tres horas diarias desde a data da última verificación oficial do contador, descontándose os consumos que durante ese período de tempo teñan sido clientes polo autor da fraude.

Caso 3.- Se a fraude se efectuase derivando o caudal antes do aparato contador, liquidarase coma no caso primeiro, de non existir contrato de subministro, e sen facerse desconto pola agua medida polo contador.

Caso 4.- Neste caso, a liquidación da contía da auga utilizada en forma indebida practicarase a favor da Entidade Subministradora, aplicándolle ao consumo a diferenza existente entre a tarifa que en cada período lle correspondese ao uso real que se lle está dando á auga, e as que, en dito período, se aplicaron baseándose no uso contratado.

3. En todos os casos, o importe da fraude deducida consonte aos preceptos estabelecidos nos devanditos parágrafos, estará suxeito aos impostos que lle fosen repercutibles.

4. As liquidacións que formule o Servizo Municipal de Augas, seranlle notificadas ás persoas interesadas e, contra as mesmas, poderán formular reclamacións perante o Organismo en materia de consumo, no prazo de quince días a contar desde a notificación de dita liquidación, sen prexuízo das demais accións de que se consideren asistidos.

5. As reclamacións das persoas clientes non paralizarán o pagamento das facturacións ou liquidacións obxecto das mesmas; non obstante, cando a reclamación se formule por desconformidade coa contía facturada polo servizo, o cliente terá dereito a que non se lle cobre o exceso sobre a facturación inmediatamente anterior. Unha vez resolta a reclamación, o Servizo Municipal de Augas, en base á cantidade satisfeita polo cliente, realizará a correspondente liquidación.

6. Cando a fraude puidese revestir carácter de delito ou falta, sen prexuízo de aplicarlle a sanción administrativa que lle corresponda, darase conta do mesmo á xurisdición competente para que, no seu caso, lle esixa a responsabilidade criminal a que dese lugar.

TÍTULO III. SANEAMENTO.

CAPÍTULO PRIMEIRO. Disposicións xerais 

Artigo 58. Finalidades.

O servizo municipal de saneamento e depuración de augas residuais ten as seguintes finalidades:

a. Adoptar as medidas e establecer os programas necesarios para acadar o obxectivo da universalización do servizo de saneamento no Concello de Teo.

b. Garantir a evacuación e tratamento das augas residuais de xeito eficaz co fin de preservar o estado das masas de auga e posibilitar os seus máis variados usos, incluíndo a súa reutilización.

c. Adecuar a calidade da auga dos efluentes das estacións depuradoras para dar cumprimento á normativa básica sobre depuración de augas residuais urbanas, sen prexuízo do respecto aos obxectivos ambientais establecidos na lexislación e na planificación hidrolóxica aplicables.

d. Prohibir a vertedura ás redes de sumidoiros e colectores de augas residuais de orixe industrial, agrícola e gandeira, cuxas características incumpran o esixido na respectiva ordenanza ou regulamento, ou poidan alterar o correcto funcionamento das instalacións afectas ao servizo.

e. Garantir que o conxunto das verteduras da rede municipal de saneamento se adecúa ás características de deseño da correspondente instalación de depuración.

f. Xestionar de xeito eficiente as instalacións a partir dun deseño coherente coas instrucións técnicas para obras hidráulicas en Galicia aprobadas por Augas de Galicia.

g. Adecuar as autorizacións de vertedura ás esixencias e requirimentos do progreso técnico, adecuación que non é indemnizable e cuxo incumprimento poderá dar lugar á suspensión e á revogación da autorización, que non terán carácter sancionador.

Artigo 59. Definicións

Para os efectos do presente regulamento, enténdese por:

a. Sistema público de saneamento e depuración de augas residuais: conxunto de bens de dominio público interrelacións, composto por unha ou máis redes locais de sumidoiros, colectores, estacións de bombeo, conducións de vertedura, estación depuradora de augas residuais e outras instalacións de saneamento asociadas, co obxecto de recoller, conducir ata a estación e sanear, de maneira integrada, as augas residuais xeradas no concello. As acometidas ao sistema non forman parte do sistema público.

b. Sistema de depuración: aquela parte do sistema definido na letra anterior, composto por unha estación depuradora de augas residuais e a súa condición de vertedura, incluído, de ser o caso, un emisario submarino.

c. Sistema de saneamento: o resto do sistema definido na letra a).

d. Augas residuais urbanas: as augas residuais domésticas ou a mestura delas coas augas residuais non domésticas, así como con augas de escorregamento pluvial.

e. Augas residuais domésticas: as augas residuais procedentes dos usos residenciais das vivendas, actividades comerciais sen almacenaxe, oficinas e talleres integrados nas vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades domésticas.

f. Augas residuais non domésticas: as augas residuais vertidas desde establecementos nos que se efectúe calquera actividade industrial, agrícola ou gandeira, que non sexan augas residuais domésticas ou de escorregamento pluvial. Entenderase por actividade industrial aquela que consista na produción, transformación, manipulación, reparación e almacenaxe de materias primas e produtos manufacturados.

g. Augas brancas: as augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de xeito que a súa potencial capacidade de perturbación no medio é nula e, polo tanto, non deben ser conducidas mediante os sistemas públicos de saneamento. A súa procedencia é diversa: augas destinadas á rega agrícola, augas subterráneas, augas superficiais, fontes ou mananciais, e augas procedentes da rede de abastecemento.

h. As augas de escorregamento pluvial terán carácter de augas brancas ou de augas residuais urbanas en función da posibilidade de alteración dos obxectivos de calidade do medio receptor. Así mesmo, terán esta consideración as augas de refrixeración en función das súas características.

i. Residuos sólidos ou semisólidos xerados: os lodos orixinados nos sistemas públicos de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, así como o resto de residuos xerados nos sistemas públicos de saneamento e depuración.

l. Entidade xestora: o Concello de Teo, que ten encomendada a xestión de cada un dos sistemas públicos de saneamento e depuración de augas residuais de acordo co disposto nos Artigos 26 e 27 da Lei 9/2010, de augas de Galicia, e con independencia de que o servizo se preste directa ou indirectamente.

m. usuarios domésticos: aqueles que verten augas residuais domésticas.

n. usuarios non domésticos: aqueles que verten augas residuais non domésticas.

ñ. Estación depuradora de augas residuais (EDAR): conxunto de instalacións necesarias para, como mínimo, o tratamento físico, fisicoquímico ou biolóxico das augas residuais domésticas.

o. Acometida: conxunto de elementos interconectados que unen a rede pública de saneamento coa instalación privada dunha vivenda ou edificio.

p. Redes unitarias: aquelas que constan dunha soa canalización pola que en tempo seco circulan augas residuais urbanas e en tempo de chuvia asume tamén a función de drenar as augas pluviais, provocándose unha mestura de ambos os tipos de augas.

q. Redes separativas: aquelas que constan de dúas canalizacións independentes; unha delas transporta as augas residuais de orixe doméstica comercial ou industrial ata a estación depuradora, e a outra conduce as augas pluviais ata o medio receptor, ou ata un posible sistema de tratamento previo á súa vertedura.

Artigo 60. Das redes de saneamento e os seus elementos

1. O Concello de Teo a través do Servizo Municipal de Augas desenvolverá accións para a paulatina substitución de redes unitarias por redes separativas sempre que sexa posible, garantindo a calidade da auga pluvial na vertedura ao medio receptor ou na súa reutilización, ben mediante a aplicación de técnicas de drenaxe urbana sustentable en orixe ou ben estruturais.

2. Nos casos en que resulte imposible a separación das redes aplicaranse as técnicas de drenaxe urbana sustentable para minimizar a entrada da auga pluvial nos sistemas de saneamento, así como as técnicas de drenaxe urbana sustentable estruturais para garantir a xestión eficaz do volume de auga resultante tanto na rede como na estación depuradora de augas residuais, así como para garantir a calidade do efluente vertido ao medio receptor.

3. Tanto nos supostos de redes separativas como unitarias deberase garantir a compatibilidade das verteduras ao medio receptor coa lexislación vixente, de xeito que se asegure a capacidade do medio a recibir estes efluentes, tanto desde o punto de vista cualitativo coma cuantitativo. As verteduras ao medio realizaranse a través das estacións depuradoras, desaugadoiros ou outros elementos que formen parte da rede, os cales deberán estar perfectamente identificados.

CAPITULO SEGUNDO. Utilización dos sistemas públicos de saneamento e depuración de augas residuais. 

Artigo 61. Condicións previas á conexión

1. Para a conexión dun novo usuario/a ao sistema público de saneamento é necesario que a rede local de sumidoiros se atope en servizo e que a vertedura do usuario cumpra as condicións establecidas neste Regulamento.

2. De conformidade co Real Decreto 509/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, as verteduras de augas residuais non domésticas nos sistemas de saneamento ou nos sistemas de depuración serán obxecto do tratamento previo que sexa necesario para:

a. Garantir que as verteduras das instalacións de tratamento non teñan efectos nocivos sobre o ambiente e non impidan que as augas receptoras cumpran os obxectivos da calidade da normativa vixente.

b. Protexer a saúde do persoal que traballe nos sistemas de saneamento e depuración.

c. Garantir as instalacións do sistemas de saneamento e depuración e os equipamentos correspondentes non se deterioren.

d. Garantir que os lodos poidan evacuarse con completa seguridade de xeito aceptable desde a perspectiva ambiental. En ningún caso autorizará a súa evacuación aos sumidoiros ou ao colector.

Artigo 62. Requisitos e características de conexión ao sistema

1. O Servizo Municipal de Augas debe establecer as características das conexións ao sistema respectando o seguinte contido mínimo:

a. Plano da rede de desaugadoiros do interior do edificio en planta e alzado, a escala adecuada, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.

b. Descrición das disposicións e dimensións adecuadas para un correcto desaugamento especificando material, diámetro e a pendente lonxitudinal.

c. Instalación dun sifón xeral ou sistema semellante en cada edificio para evitar o paso de gases. Entre a acometida da condución e o sifón xeral do edificio disporase dunha tubaxe de ventilación, sen sifón nin peche.

d. Toda instalación que verta augas residuais non domésticas deberá localizar, antes da conexión ao sistema e en todas e cada unha das conexións que posúa, unha arqueta de rexistro, se é posible fóra do recinto fabril, e en todo caso libre de calquera obstáculo e accesible en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.

e. Na dita arqueta deberá dispoñerse, cando o permiso de vertedura así o estableza, dun elemento de medida cun rexistro totalizador e instantáneo para a determinación exacta do caudal do efluente vertido. Cando os volumes de auga consumida e os volumes de auga vertida sexan aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga de abastecemento poderá utilizarse como medida do caudal vertido sempre que o sistema de medida de auga consumida permita obter caudais instantáneos.

2. Os establecementos non domésticos deberán unificar as verteduras xeradas nos distintos procesos produtivos minimizando na medida do posible, sempre que sexa técnica e economicamente viable, o número de puntos de conexión a colectores. No caso das augas pluviais, deberán aplicarse as oportunas técnicas de drenaxe urbana sustentable, de acordo coas Instrucións técnicas para obras hidráulicas en Galicia, aprobadas por Augas de Galicia.

3. Os usuarios/as domésticos, públicos ou privados, tamén velarán polo cumprimento do contido do punto anterior, coas excepcións antes establecidas, debidamente xustificadas e motivadas.

4. As obras de conexión ao sistema público de saneamento estarán suxeitas ás prescricións da normativa urbanística que resulte aplicable.

5. Todos os gastos derivados das actuacións de conexión ao sistema, así como os da súa conservación e mantemento, serán por conta da persoa usuaria, que é a responsable do seu mantemento, a salvo do que establezan as ordenanzas fiscais municipais ou as reguladoras do calquera outro ingreso público relacionado cos servizos públicos de abastecemento, saneamento ou depuración de augas residuais.

6. Os criterios, metodoloxía, materiais, tipo de acometida e a súa execución deberán contar previamente coa autorización da entidade xestora da instalación receptora da vertedura ou do Servizo Municipal de Augas no seu caso.

7. As persoas usuarias que non queden suxeitas á obriga prevista na alínea anterior deberán dispoñer dun sistema propio de tratamento das augas residuais e, de ser o caso, da correspondente autorización de vertedura outorgada polo organismo de bacía competente en razón do territorio.

Artigo 63. Condicións para a utilización do sistema público de saneamento e depuración

1. Quedan obrigadas a obter permiso de vertedura ao sistema público de saneamento e depuración de augas residuais e a respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos anexos 1-A e 1-B, respectivamente, deste regulamento as seguintes persoas usuarias:

a. Os/as usuarios/as non domésticos/as cuxa actividade estea comprendida nas correspondentes epígrafes da vixente CNAE-2009, aprobada polo Real decreto 475/2007, equivalentes ás epígrafes C, D, E e f do CNAE-93, segundo os cadros de equivalencias entre a CNAE-93 e a CNAE-2009 elaborados polo Instituto Nacional de Estatística, así como aqueloutros/as usuarios/as non domésticos/as cuxa vertedura sexa superior a 2.000 m3 anuais.

b. Os/as usuarios/as cun volume de vertedura inferior a 2.000 m3 anuais pero que orixinen contaminación especial nos termos do Artigo 47.1.c) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

2. O resto de persoas usuarias cuxa actividade xere augas residuais domésticas quedan suxeitas ás regulamentacións que dite a entidade xestora e, en todo caso, ás prohibicións establecidas no anexo 1-A deste regulamento.

3. As entidades xestoras dos sistemas de depuración deben aterse ás condicións impostas nas autorizacións de vertedura á canle pública ou ao dominio público marítimo-terrestre que diten os diferentes organismos de bacía competentes no territorio de Galicia.

Artigo 64. Prohibicións e limitacións

1. Están prohibidas:

a. A vertedura ao sistema de saneamento e depuración das substancias relacionadas no anexo 1-A deste regulamento.

b. A dilución para acadar os niveis de emisión que permitan a súa vertedura ao sistema, excepto nos supostos de emerxencia ou de perigo inminente. Nestes supostos deberase realizar a comunicación inmediata destas circunstancias á entidade xestora, a cal deberá adoptar as medidas que en cada caso foren pertinentes.

c. A vertedura de augas pluviais ao sistema cando se poida adoptar unha solución técnica alternativa.

d. A vertedura de augas brancas ao sistema.

2. As verteduras que conteñan substancias das relacionadas no anexo 1-B deste regulamento deberán respectar as limitacións que se especifiquen no contido do permiso de vertedura ou outras para substancias non especificadas no dito anexo que a entidade xestora considere, co fin de protexer os sistemas de saneamento e depuración ou o medio a que verte. Naqueles parámetros do anexo 1-B para os cales non se especifiquen limitacións no contido do permiso de vertedura, as limitacións serán as especificadas no dito anexo. Non se admitirá a dilución para acadar os ditos límites e o incumprimento desta prohibición será tipificarado polas ordenanzas e os regulamentos locais e será sancionado de conformidade co réxime establecido no Artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

3. O permiso de vertedura poderá establecer valores máis restritivos que os previstos no anexo 1-B deste regulamento e, así mesmo, poderá establecer limitacións de caudal respecto de parámetros específicos, todo iso en función da capacidade do sistema.

4. Logo de consulta da entidade xestora, Augas de Galicia poderá adoptar limitacións diferentes das establecidas no punto anterior cando, en aplicación das mellores técnicas dispoñibles, se consiga para unha mesma carga contaminante vertida ao sistema unha diminución do caudal de vertedura indicado no permiso correspondente mediante o emprego de sistemas de aforro de auga por parte da persoa titular do permiso.

Artigo 65. Solicitude do permiso de vertedura

Antes de efectuar ningunha vertedura de augas residuais ao sistema, as persoas usuarias de novas acometidas titulares das actividades indicadas no Artigo 63.1 deben solicitar da entidade xestora o correspondente permiso de vertedura, e achegar, como mínimo, a documentación que se indica no anexo 1-C deste regulamento.

Artigo 66. Permiso de vertedura

1. O permiso de vertedura ao sistema público de saneamento e depuración será outorgado aos usuarios indicados no Artigo 63.1 pola entidade xestora correspondente.

2. A Servizo Municipal de Augas deberá emitir informe con carácter previo e preceptivo sobre as solicitudes de permiso de vertedura que esta reciba, e particularmente sobre os caudais e concentracións máximos instantáneos, e a súa duración e os medios diarios admisibles da vertedura para a cal se solicita o permiso, co fin de asegurar que os caudais sexan asumibles hidraulicamente polo sistema e que as concentracións non alteren as características de deseño das instalacións de depuración ou os obxectivos de calidade do medio receptor a que se verte. Se o informe non é emitido no prazo de dous meses, entenderase que ten carácter favorable.

3. O outorgamento do dito permiso faculta as mencionadas persoas usuarias para realizaren verteduras de augas residuais ao sistema público de saneamento nas condicións establecidas nel.

4. O permiso de vertedura outorgarase sen prexuízo do resto das competencias municipais en materia de redes de sumidoiros e da obtención por parte da persoa usuaria de cantos permisos sexan necesarios ata chegar a conectarse ao sistema público de saneamento.

5. O prazo máximo para ditar resolución será de seis meses desde que reciba a solicitude de permiso o órgano competente para resolver. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución, a solicitude entenderase denegada.

Artigo 67. Réxime de obtención do permiso de vertedura

1. O procedemento para a obtención do permiso de vertedura aos sistemas públicos de saneamento e depuración no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, así como na normativa que sobre a materia aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, será o establecido nas mencionadas normas.

2. No caso de que as actividades non se atopen afectadas polo punto primeiro, serán de aplicación as normas do procedemento administrativo común.

Artigo 68. Contido do permiso de vertedura.

1. A resolución de outorgamento do permiso de vertedura ao sistema público de saneamento que dite a entidade xestora deberá incluír, como mínimo, os seguintes aspectos:

a. Os límites máximos admisibles das características cualitativas da vertedura, tanto en concentracións máximas instantáneas como en concentracións medias máximas.

b. Os límites cuantitativos do volume da vertedura, indicando o caudal medio diario, o volume máximo diario e o máximo caudal instantáneo e a súa duración.

c. A obriga de instalar, no prazo máximo de seis meses desde a notificación da resolución, unha arqueta coas características que se definan no permiso, facilmente accesible e identificable, que permita as tarefas de inspección e control recollidas na resolución de permiso de vertedura.

d. Con carácter xeral, agás por razóns xustificadas debidamente motivadas, os permisos de vertedura outorgaranse por un período máximo de oito anos, renovables por idénticos períodos, por consentimento expreso e por escrito, da entidade xestora dos sistemas públicos de saneamento. Nos supostos do Artigo 67.1, a vixencia do permiso someterase ao prazo da autorización ambiental integrada.

2. O permiso de vertedura ao sistema de saneamento poderá, ademais, establecer limitacións, condicións e garantías en relación con:

a. A obriga de instalar na dita arqueta un elemento de medida e rexistro do caudal de vertedura instantánea.

b. Horario de vertedura.

c. Definición das instalacións de tratamento previo da vertedura que resulten necesarias para acadar as condicións cualitativas ou cuantitativas impostas e o prazo de execución delas.

d. Poderanse establecer excepcións temporais dos requirimentos do anexo 1-B, sempre que se aprobe un programa que garanta o seu cumprimento nun prazo determinado desde a notificación da resolución. Tamén se poderán establecer excepcións motivadas pola baixa saturación do sistema, tendentes a aproveitar ao máximo as súas capacidades de depuración e, de ser o caso, delimitadas no tempo ou na carga.

e. Realización de autocontrois por parte do titular do permiso, nos supostos de verteduras que comporten un risco elevado de impacto sobre o sistema de saneamento e depuración.

f. A obriga de instalar os medios necesarios para a toma de mostras.

g. A realización de programas de seguimento da vertedura.

h. A obriga de remitir informes periódicos ao Servizo Municipal de Augas.

i. As demais que estableza o Servizo Municipal de Augas.

3. En ningún caso o outorgamento do permiso de vertedura pode comprometer a consecución dos obxectivos de calidade do medio receptor do efluente depurado do sistema de saneamento e depuración.

4. A inspección, vixilancia e control do cumprimento das condicións do permiso de vertedura corresponde ao Servizo Municipal de Augas, sen prexuízo da intervención de Augas de Galicia na súa función de alta inspección.

Artigo 69. Revisión do permiso de vertedura

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, o permiso de vertedura ao sistema de saneamento deberá revisarse, logo de audiencia do interesado, cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume da vertedura, cando se alteren substancialmente as circunstancias que motivaron o seu outorgamento, ou cando sobreveñan outras circunstancias que, de existiren anteriormente, terían xustificado a súa denegación ou o seu outorgamento en termos diferentes.

2. En todo caso, procederase á revisión do permiso:

a. Cando a carga contaminante vertida por unha actividade resulte significativa en relación co total tratado polo sistema e poida dificultar a súa depuración nas condicións adecuadas.

b. Cando o efecto aditivo de verteduras das mesmas características poida dificultar o tratamento do sistema nas ditas condicións adecuadas.

3. No caso de que a revisión comporte a modificación das condicións da vertedura ao sistema, a entidade xestora poderá conceder á persoa titular do permiso un prazo de adaptación que non excederá un ano contado desde a aprobación da revisión.

4. Se a persoa titular do permiso non realizase as modificacións no prazo que para o efecto lle indique a entidade xestora, esta poderá declarar a caducidade do permiso de vertedura sen prexuízo da imposición das sancións oportunas.

5. En ningún caso a revisión do permiso de vertedura comportará para o seu titular dereito a ningunha indemnización.

Artigo 70. Revogación do permiso de vertedura

O permiso de vertedura ao sistema de saneamento e depuración poderá ser revogado, logo de audiencia do seu titular, nos seguintes supostos:

a. Como consecuencia da revogación da autorización ou licenza que permita o desenvolvemento da actividade que causa a vertedura.

b. Por incumprimento dos requirimentos efectuados para adecuar a vertedura ás condicións establecidas no permiso.

c. Como consecuencia dunha sanción que leve implícita a perda do permiso.

d. A non aceptación ou incumprimento das modificacións do permiso de vertedura impostas como consecuencia da súa revisión.

Artigo 71. Obrigas da persoa titular do permiso de vertedura

A persoa titular do permiso de vertedura debe cumprir as obrigas seguintes:

a. Comunicar de xeito inmediato ao Servizo Municipal de Augas calquera avaría do proceso produtivo ou das súas instalacións de tratamento que poida afectar negativamente a calidade da vertedura ao sistema, así como calquera modificación nos procesos que inflúa na dita calidade.

b. Comunicar ao Servizo Municipal de Augas calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativas ou cuantitativas da vertedura, para os efectos de proceder, de ser o caso, á revisión do permiso.

c. Adaptar a súa actividade e as súas instalacións ás medidas e actuacións que resulten da aplicación das normas previstas no Artigo 49 deste regulamento.

Artigo 72. Censos de verteduras ao sistema

1. O Servizo Municipal de Augas levará un censo informatizado de verteduras ao sistema no cal inscribirá as verteduras sometidas a permiso, e no cal deberán constar, como mínimo, os seguintes aspectos:

a. Nome, enderezo, CNAE e/ou NIF do titular do permiso.

b. Datos básicos do caudal de auga de abastecemento e de vertedura.

c. Condicións básicas do permiso, incluíndo a localización con coordenadas UTM e o acceso ao punto de vertedura.

d. Situación administrativa do permiso.

e. Informe analítico da vertedura, renovado con periodicidade anual.

2. Cando unha mesma entidade xestora teña ao seu cargo a xestión do saneamento en baixa e o servizo de depuración de augas residuais, deberá incluír no censo as verteduras non canalizadas a que se refire o Artigo seguinte.

3. O censo de verteduras dos sistemas públicos de saneamento estará á disposición da Administración hidráulica de Galicia e, de ser o caso, da do Estado, para a súa utilización de acordo coa normativa vixente. A cesión de datos e notificación previa entre as administracións públicas non require autorización previa dos titulares nin notificación a eles.

Artigo 73. Verteduras non canalizadas

1. Enténdese por verteduras non canalizadas aquelas que chegan ás estacións depuradoras de augas residuais a través de medios de transporte que non son nin tubaxes nin canles.

2. Para efectuar verteduras ás instalacións de saneamento mediante sistemas non canalizados será necesario que, sen prexuízo dos permisos ou autorizacións esixibles de conformidade coa lexislación aplicable en materia de residuos, quen produza a vertedura obteña un permiso especial outorgado pola entidade xestora, logo de consulta á entidade xestora do sistema de depuración, no caso de que se trate de distintas entidades.

3. Este tipo de verteduras deberán respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos anexos 1-A e 1-B deste regulamento.

4. Exceptúanse das obrigas do punto anterior as verteduras procedentes de fosas sépticas ou das limpezas dos sistemas públicos de saneamento, no referente aos parámetros DQO, DBO5, MES, sulfuros, aceites e graxas e as diferentes formas de nitróxeno e fósforo recollidas no anexo 1-B deste regulamento, así como as verteduras deste tipo ás cales poida resultar de aplicación o disposto no Artigo 68.2.d) deste regulamento.

5. As verteduras non canalizados só se poderán realizar nas estacións depuradoras de augas residuais que dispoñan das instalacións adecuadas para a recepción destas verteduras e de todas as autorizacións correspondentes. En todo caso, a incorporación destas verteduras pautarase de acordo coas indicacións ao respecto da entidade xestora da estación depuradora, coa finalidade de evitar calquera alteración do proceso.

6. En ningún caso se poderán engadir estas verteduras non canalizadas en estacións depuradoras que estean próximas ao límite ou saturadas en canto á carga contaminante que se vai tratar.

ARTIGO 74. Normas de mantemento, reposición e explotación das instalacións

1. O Servizo Municipal de Augas velará polo correcto funcionamento e estado de conservación do sistema público de saneamento e, de ser o caso, de depuración.

2. Para estes efectos, o Servizo Municipal de Augas elaborará e executará os plans de mantemento de equipos, instalacións electromecánicas e obra civil e conducións, de conformidade co establecido no anexo 1-D deste regulamento.

3. En canto ás redes de sumidoiros e de colectores, e sen prexuízo das accións que permitan o seu correcto funcionamento, o Servizo Municipal de Augas velará polo seu adecuado estado de limpeza e identificará as conexións existentes, os puntos de risco de incidencias no medio e as eventuais rupturas, fugas ou intrusións de augas brancas.

4. En canto ás estacións depuradoras de augas residuais, o Servizo Municipal de Augas explotará a liña de auga e os lodos, en cumprimento da normativa aplicable en materia de augas, costas, verteduras, residuos e xestión de lodos de depuradora, de xeito que se asegure o rendemento adecuado da instalación, que non se obstaculice o seu bo funcionamento pola acumulación de lodos na liña de proceso, non se causen afeccións prexudiciais para o contorno e se asegure a evacuación dos lodos de acordo coa normativa vixente na materia.

5. O funcionamento e a xestión das estacións de bombeo nas redes de saneamento deberá adecuarse ao deseño das estacións depuradoras de augas residuais tanto na capacidade de bombeo como no horario de funcionamento. Para estes efectos, o Servizo Municipal de Augas deseñará as solucións adecuadas para acadar este obxectivo, tendo en consideración as eventuais afeccións por desaugamento no dominio público hidráulico ou marítimo-terrestre.

6. Nos supostos de parada forzosa do sistema de depuración de augas residuais, sexa programada ou imprevista, o Servizo Municipal de Augas adoptará as medidas necesarias para minimizar as súas consecuencias, reducir o tempo de parada, realizar as reparacións no período de menor incidencia e asegurar o máximo grao de depuración posible.

7. Nos supostos de paradas programadas, o Servizo Municipal de Augas deberá comunicalas ao organismo de bacía cun mes de antelación, polo menos, xustificando a súa necesidade e, en todo caso, informará a Augas de Galicia sobre as medidas propostas para minimizar posibles afeccións ao medio receptor cando se trate de instalacións situadas no ámbito territorial previsto no Artigo 6.1.a) da Lei 9/2010. Augas de Galicia, logo de audiencia da consellería competente en materia de pesca e marisqueo nos supostos en que a parada poida afectar estas materias, emitirá nese prazo informe preceptivo e vinculante acerca das medidas que cómpre adoptar para minimizar a afección ao medio receptor.

Artigo 75. Prevención de riscos laborais.

1. Na execución das tarefas de explotación, conservación e mantemento dos sistemas de saneamento e depuración de augas residuais darase cumprimento ao previsto na normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais, adoptando as medidas de protección individuais e colectivas que resulten necesarias.

2. De conformidade co establecido na dita normativa, o Servizo Municipal de Augas deberá dispoñer da avaliación de riscos laborais do sistema e do correspondente plan de seguridade.

CAPÍTULO TERCEIRO. Situacións de emerxencia. 

Artigo 76. Comunicación

1. Cada persoa usuaria deberá tomar as medidas adecuadas para evitar as descargas accidentais de verteduras que poidan ser potencialmente perigosas para a saúde das persoas ou a seguridade das instalacións que compoñen o sistema público de saneamento e depuración, así como para o medio receptor.

2. Cando por accidente, fallo de funcionamento ou da explotación das instalacións da persoa usuaria se produza unha vertedura que estea prohibida e que sexa capaz de orixinar unha situación de emerxencia e perigo tanto para as persoas coma para o sistema de saneamento e depuración, o usuario deberá comunicar urxentemente a circunstancia producida ao Servizo Municipal de Augas así como ao número de emerxencias 112, co obxecto de evitar ou reducir ao mínimo os danos que se poidan causar. A comunicación efectuarase utilizando o medio máis rápido.

Artigo 77. Adopción de medidas en situación de emerxencia

1. unha vez producida a situación de emerxencia, a persoa usuaria utilizará todos os medios ao seu alcance para reducir ao máximo os efectos da descarga accidental.

2. A persoa usuaria deberá remitir ao Servizo Municipal de Augas, no prazo máximo de corenta e oito horas, un informe detallado do accidente, no cal deberán figurar os seguintes datos: identificación da empresa, caudal e materias vertidas, causa do accidente, hora en que se produciu, medidas correctoras tomadas in situ, hora e forma en que se comunicou o suceso. Cada unha das entidades xestoras poderá solicitar do usuario os datos necesarios para a correcta valoración do accidente.

Artigo 78. Valoración de danos

Os custos das operacións a que dean lugar os accidentes que ocasionen situacións de emerxencia ou perigo, así como os de limpeza, remoción, reparación ou modificación do sistema de saneamento e depuración, deberán ser aboados pola persoa usuaria causante, con independencia doutras responsabilidades en que puider incorrer.

Para a valoración dos danos terase en conta o establecido no artigo 91 deste regulamento.

Artigo 79. Accidentes maiores

Cando as situacións de emerxencia a que se fai referencia nos Artigos anteriores poidan ser cualificadas de accidentes maiores a criterio da Axencia Galega de Emerxencias, ademais das normas establecidas no presente regulamento, serán de aplicación as disposicións normativas vixentes en Galicia en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

CAPÍTULO CUARTO. Inspección e control. 

Artigo 80. Función inspectora.

1. A función inspectora corresponde ao Servizo Municipal de Augas respecto das instalacións ao seu cargo, e exércea:

a. Directamente, a través dos seus propios órganos que teñan atribuídas as funcións inspectoras.

b. Por medio de entidades colaboradoras debidamente acreditadas.

2. Corresponde a Augas de Galicia a alta inspección de todos os sistemas de saneamento e depuración de augas residuais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma, sen prexuízo do exercicio das competencias propias dos organismos de bacía. En exercicio desa facultade, poderá levar a cabo cantos controis, ensaios e análises considere necesarios.

3. As funcións inspectoras que corresponden a Augas de Galicia poderán ser encomendadas ás entidades a que se refire o Decreto 162/2010, do 16 de setembro, polo que se regulan as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas. O auxilio destas entidades nas funcións de inspección limitarase ás actividades técnicas que non comporten o exercicio de autoridade.

4. As funcións de inspección que corresponden competencialmente a Augas de Galicia e aos entes locais deberán coordinarse co obxecto de mellorar a eficiencia e o control dos sistemas de saneamento aos seus respectivos cargos.

Artigo 81. Obxecto e inicio da inspección.

1. Poden ser obxecto de inspección as actividades ou instalacións cuxas verteduras poidan afectar o sistema de saneamento e depuración de augas residuais.

2. A actuación inspectora iníciase de oficio:

a. Por iniciativa do órgano competente ou por orde superior.

b. Por propia iniciativa do persoal inspector.

c. En virtude de denuncia.

Artigo 82. Dereitos do persoal inspector

No exercicio da súa función, o persoal inspector, debidamente acreditado polo Servizo Municipal de Augas, poderá:

a. Acceder ás instalacións que xeran verteduras de augas residuais. Non será necesaria a notificación previa da inspección cando se efectúe en horas de actividade industrial.

b. Efectuar notificacións e realizar requirimentos de información e documentación ou de actuacións concretas para a adecuación e mellora das verteduras de augas residuais.

c. Proceder á toma de mostras ou ao control da vertedura de augas residuais e, de ser o caso, de augas de proceso.

d. Proceder á toma de fotografías ou outro tipo de imaxes gráficas, sen prexuízo do disposto na vixente normativa sobre segredo industrial.

e. Levar a cabo calquera outra actuación tendente a descubrir a orixe das verteduras, o seu grao de contaminación e a súa afección sobre os sistemas de saneamento e depuración.

Artigo 83. Deberes do persoal inspector

O persoal inspector está obrigado durante o desenvolvemento das súas funcións a:

a. Identificarse como tal e acreditar a súa condición de persoal inspector.

b. Observar o respecto e a consideración debidos ás persoas interesadas.

c. Informar as persoas interesadas, cando así sexan requiridas, dos seus dereitos e deberes en relación cos feitos obxecto da inspección, así como das normas que deben cumprir os titulares das verteduras.

d. Obter toda a información necesaria respecto dos feitos obxecto de inspección e dos seus responsables, accedendo, se é necesario, aos rexistros públicos existentes.

e. Gardar sixilo profesional e segredo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo e actividade pública.

f. Comunicar as anomalías detectadas á persoa titular das instalacións.

Artigo 84. Desenvolvemento da actividade inspectora

1. Cando o persoal inspector se presente no lugar onde radiquen as instalacións que se van inspeccionar, porá en coñecemento da persoa titular o obxecto das actuacións, logo de identificación mediante exhibición do documento que o acredite para o exercicio das súas funcións, no cal constarán o órgano da entidade xestora ao cal está adscrito, o seu nome, apelidos, o número do documento nacional de identidade e unha fotografía.

2. As actuacións inspectoras realizaranse en presenza da persoa titular das instalacións. No caso de persoas xurídicas, considerarase o seu representante quen legalmente teña a dita condición. No caso de ausencia da persoa titular ou representante, as actuacións entenderanse con calquera persoa presente nas instalacións, facendo constar na acta ou informe a súa vinculación con elas. Non será obstáculo para a realización das actuacións a negativa ou imposibilidade da persoa titular ou representante de estar presente durante a súa práctica, sempre que así se faga constar nas actuacións que documenten a inspección.

3. A persoa interesada está obrigada a permitir o acceso do persoal inspector ás instalacións e a toma de mostras e medicións, e a subministrar a información que se lle requira en relación cos feitos obxecto da inspección.

4. No caso de obstaculizar as actividades inspectoras, o persoal inspector farao constar así. Poderá proceder entón á toma de mostras de augas residuais desde o exterior do recinto das instalacións, sempre que sexa posible.

Artigo 85. Documentación das actuacións inspectoras

1. As actuacións inspectoras documentaranse nunha acta, na cal constarán como mínimo os datos indicados no anexo 1-E do presente regulamento, e na que tanto o persoal inspector como a persoa interesada poderán facer constar as observacións que consideren oportunas.

2. No caso de que a persoa comparecente se negue a asinar a acta ou a recibir a mostra contraditoria, o persoal inspector farao constar así, autorizando a acta coa súa sinatura e entregando unha copia á persoa interesada, deixando igualmente constancia de se esta se negou a recibila.

3. Os feitos constatados nas actas terán valor probatorio, cos efectos previstos no Artigo 137.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. No caso de que o levantamento ou o asinamento da acta se produzan sen a presenza da persoa titular ou do representante do establecemento produtor da vertedura, notificaráselle o documento para os efectos de que poidan presentar cantas alegacións e probas consideren convenientes no prazo de dez días.

Artigo 86. Toma de mostras

A toma de mostras de augas residuais levarase a cabo de acordo co seguinte procedemento:

1. Punto de toma de mostras. A mostra tomarase da arqueta de rexistro se existir, logo de comprobación das coordenadas UTM ou, no seu defecto, no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de produción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución.

2. Preparación da mostra. Para a obtención da mostra tomarase nun recipiente unha cantidade de efluente suficiente para poder dividila en tres submostras en cadanseus recipientes de material adecuado ás determinacións analíticas que se prevexa realizar. Os recipientes enxaugaranse previamente co mesmo efluente obxecto da mostraxe.

3. As mostras así obtidas precintaranse e identificaranse. Dúas quedarán en poder do persoal inspector, a primeira para efectuar as determinacións analíticas e a segunda para a práctica dunha eventual análise dirimente, e a terceira ofreceráselle á persoa interesada, para os efectos de que poida proceder, se o considera oportuno, á práctica da análise contraditoria. No caso de que a persoa interesada se negue a recibir esta terceira mostra ou non poida facerse cargo dela, comunicaráselle o lugar en que queda á súa disposición.

4. A natureza dos envases, as súas condicións de preservación, así como os métodos analíticos dos diferentes parámetros, serán os que figuran no anexo 1-F do presente regulamento.

5. O volume mínimo para realizar a mostraxe será de dous litros para cada unha das tres mostras referenciadas no punto tres deste artigo, agás que xustificadamente se poida utilizar un volume menor. Este volume subdividirase en senllos recipientes dun litro, un de vidro e outro de plástico, en función dos parámetros que se van analizar.

6. Poderá prescindirse da toma de mostras para determinar as súas características contaminantes cando se trate de verteduras de natureza inequivocamente doméstica ou gandeira e o persoal inspector así o faga constar expresamente na acta.

Artigo 87. Práctica de análises

1. Para a práctica da análise inicial e da contraditoria deberá entregarse ao laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada, no prazo máximo de 72 horas desde a toma de mostras, para os efectos de iniciar o procedemento de análise no dito prazo.

2. As determinacións analíticas da mostra inicial e da contraditoria levaranse a cabo en laboratorios que dispoñan de acreditación que garanta o cumprimento da norma UNE-EN-ISO 17025. Tamén se poderán levar a cabo no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

3. O laboratorio a que se encargue a práctica da análise inicial deberá entregar os resultados á entidade xestora no prazo de trinta días naturais desde a recepción da mostra, e a entidade xestora procederá a comunicalos á persoa interesada. A comunicación á persoa interesada deberá realizarse no prazo de dez días desde a recepción dos resultados pola entidade xestora.

4. A folla de resultados analíticos, tanto na análise inicial como na contraditoria, expresará en todo caso a data de recepción da mostra, de inicio e de fin da análise, así como os métodos analíticos empregados. De ser o caso, farase constar igualmente o estado de conservación da mostra á súa chegada ao laboratorio.

5. Pola súa parte, a persoa interesada poderá facer uso do dereito a realizar a análise contraditoria. Nese caso, comunicaralle á entidade xestora os resultados da dita análise, se o considera procedente.

6. A práctica da análise dirimente, por solicitude de calquera das partes, levarase a cabo no laboratorio que designe a entidade xestora entre os indicados na alínea 2. A mencionada entidade comunicaralle á persoa interesada con antelación suficiente o lugar, a data e a hora onde se levará a cabo, para os efectos de que poida estar presente nas operacións, asistida, se o xulga oportuno, de persoal técnico. En ningún caso se tomará en consideración a petición de análises dirimentes logo de transcorridos dous meses desde a data da toma de mostras, ou cando non se realizase análise contraditoria

7. Os gastos xerados pola práctica da análise contraditoria corresponden sempre á persoa interesada. Os gastos da análise dirimente corresponden á parte que a solicite.

CAPÍTULO QUINTO. Relacións interadministrativas.

Artigo 88. Obrigas do Concello de Teo

1. O Concello, en canto que Servizo Municipal de Augas público de saneamento, debe comunicar a Augas de Galicia, dentro do mes seguinte ao da resolución de que se trate os permisos de vertedura outorgados no seu ámbito consonte as disposicións deste regulamento, así como a súa revisión, modificación, suspensión ou revogación.

2. O Servizo Municipal de Augas, como xestor do sistema público de depuración de augas residuais urbanas deberá comunicar a Augas de Galicia:

a. Anualmente: os permisos especiais para a vertedura mediante vehículos cisterna, e os datos relativos á produción de lodos.

b. Trimestralmente: os resultados dos datos de control do sistema que incluirán, como mínimo, os datos do estado de colectores de saneamento ao seu cargo, das depuradoras e, de ser o caso, emisarios ou conducións de vertedura, así como a calidade da vertedura, e no primeiro trimestre do seguinte ano un resumo anual en idénticos termos.

3. En todo caso o Concello de Teo deberá comunicar a Augas de Galicia, con carácter urxente, calquera situación de emerxencia que se poida producir nas instalacións que xestionan.

CAPÍTULO SEXTO. Réxime de infraccións e sancións. 

Artigo 89. Réxime das infraccións

1. Consideraranse infraccións de carácter leve.

a. Os incumprimentos das obrigas dos usuarios/as ou das prohibicións específicas establecidas no presente regulamento, agás as calificadas como graves ou moi graves nos seguintes apartados do presente Artigo.

b. As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento do servizo público de abastecemento de auga potable, ou a outros servizos municipais inferiores a 3.000 euros.

c. A desatención dos requirimentos municipais nas materias reguladas polo presente Regulamento.

2. Consideraranse infraccións graves:

a A realización de vertidos de substancias prohibidas ou non autorizados ás redes públicas, así como os realizados contravindo as limitacións impostas polo presente Regulamento ou as correspondentes autorizacións de vertido, así como a ocultación ou falseamento dos datos esixidos na solicitude de autorización de vertido ou acometida.

b A manipulación de aparatos de medición ou calquera outra actuación que comporte a utilización fraudulenta do servizo.

c Dificultar as tarefas dos inspectores/as do servizo, xa sexa impedindo, dificultando ou restrinxindo as visitas ou ben ameazando ou intimidando a este persoal

d. Non respectar os precintos colocados polo Servizo Municipal de Augas ou polos organismos competentes da Administración, ou manipular as instalacións do servizo público.

e. Establecer, ou permitir, derivacións na súa instalación para a subministración de auga, xa sexa temporal ou permanentemente, a outros locais, terreos ou vivendas diferentes ás consignadas para o servizo.

f. Revender a auga a terceiros, mesmo aos propietarios, arrendatarios ou outros ocupantes de locais ou vivendas non consignadas no contrato ou póliza.

g. As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento dos servizos públicos superiores a 3.000 euros e ata 15.000 euros, xa sexan causadas maliciosamente ou por neglixencia.

h. A reiteración de tres infraccións leves nun ano.

3. Consideraranse infraccións moi graves:

a. Calquera conduta indicada no apartado anterior, da que se deriven danos ou perdas para o servizo público de abastecemento de auga potable, ou a outros servizos municipais, superiores a 15.000 euros.

b. As infraccións cualificadas como leves ou graves nos apartados anteriores que poñan en risco ou afecten á saúde das persoas, os recursos naturais ou o medio ambiente

c. A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións graves no período dun ano.

Artigo 90. Réxime das sancións

1. As infraccións poderán dar lugar á imposición das seguintes sancións:

a. Multa: ata 6.000 euros para as infraccións leves, de 6.001 a 30.000 euros para as graves e de 30.001 a 100.000 euros para as moi graves.

b. Suspensión da prestación do servizo, peche das instalacións ou prohibición de utilización do servizo público.

2. As sancións graduaranse de acordo co establecido na Lei 9/2010 de Augas de Galicia ou normativa que a substitúa.

Artigo 91. Medidas cautelares

Mediante resolución motivada poderán adoptarse, en calquera momento do procedemento, medidas cautelares dirixidas a asegurar a eficacia da resolución final que puidera recaer, para o bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e en xeral calquera afección negativa do interese público. Estas medidas poderán consistir en:

a. Suspensión temporal de actividades, permisos, autorizacións ou licenzas.

b. Establecemento de fianzas que garantiren tanto o cobro da sanción que poida recaer como a reparación ou reposición dos bens danados.

c. Suspensión provisional dos traballos de execución de obras ou instalacións que contradigan as disposicións de este Regulamento ou sexan indebidamente realizados.

d. Requirir ao usuario para que, no prazo que se indique, introduza as medidas técnicas necesarias que garantiren o cumprimento das prescricións deste Regulamento.

e. Ordenar ao usuario que, no prazo que se indique, estableza nas obras ou instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertedura ou ás disposicións deste Regulamento

f. Impedir os usos indebidos das instalacións para as que non se teña obtido permiso, ou cando non se axusten ao seu contido mediante as oportunas medidas correctoras.

g. Clausura ou precintado das instalacións de vertedura, no caso de que non sexa posible técnica ou economicamente evitar o dano mediante outras medidas correctoras.

h. Calquera outra medida de corrección, control ou seguridade que impida a extensión do dano.

Artigo 92. Competencia e procedemento

1. Contra as decisións adoptadas polo Servizo Municipal de Augas de Teo poderá reclamarse diante da Alcaldía, que resolverá causando estado. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso administrativo de reposición no prazo dun mes contado dende a notificación ou publicación do acto que se trata de impugnar, entendéndose desestimado se transcorrido un mes desde a súa non se se lle notificou ao recorrente a resolución do mesmo.

2. A facultade para instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións do presente Regulamento corresponde á Alcaldía, agás acordo expreso de delegación.

3. O procedemento será o regulado na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e no Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se regula o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Artigo 93. Valoración de danos.

1. A valoración dos danos ás obras hidráulicas para os efectos da aplicación do réxime sancionador a que se refire o presente capítulo será realizada pola entidade xestora e determinarase en función dos gastos de explotación e, de ser o caso, de reposición daquelas.

2. Os danos ás obras hidráulicas que conforman o sistema de saneamento e depuración calcularanse en euros/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotación das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante da vertedura de que se trate.

3. O Servizo Municipal de Augas determinará, de acordo cos orzamentos aprobados para o efecto e as correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ao responsable da vertedura de que se trate.

4. A valoración de danos que servirá de base para a cualificación da infracción, para a cuantificación da sanción e, de ser o caso, da indemnización que deba impoñerse, resultará do cálculo a que se refire o punto segundo multiplicado polo número de días que se considere que a vertedura se mantivo en situación irregular.

5. Para os efectos do disposto no punto anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período en que a instalación pública de saneamento ou de depuración de augas residuais quedase afectada pola vertedura irregular, mesmo se este for de carácter illado. En calquera caso, considerarase que a vertedura irregular se mantivo durante, cando menos, un día.

6. A valoración de danos deberá notificarse ao presunto/a infractor/a simultaneamente co prego de cargos que se dite no correspondente expediente sancionador.

Artigo 94. Relación co canon da auga e co coeficiente de vertedura

1. Os resultados analíticos de que dispoña Augas de Galicia para a determinación do canon da auga e o coeficiente de vertedura regulados no título IV da Lei 9/2010, de augas de Galicia, poderán ser utilizados nos expedientes sancionadores a que se refire este capítulo, sempre que se correspondan cos períodos considerados neles.

2. Estar ao día de pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura non implica estar en posesión do permiso de vertedura cando este sexa preceptivo nos termos deste regulamento, e en ningún caso pode considerarse como circunstancia atenuante nos mencionados procedementos sancionadores.

Disposición final

O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro e definitivo no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no Artigo 65.2 da Lei 7/1985.

ANEXOS

ANEXO 1-A

Verteduras prohibidas:

1. Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por si soas ou por integración con outras, produzan obstrucións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento do sistema ou dificulten os traballos da súa conservación ou mantemento.

2. Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles na auga, combustibles ou inflamables.

3. Aceites e graxas flotantes sólidas ou semisólidas.

4. Substancias sólidas potencialmente perigosas.

5. Gases ou vapores combustibles ou inflamables, explosivos ou tóxicos ou procedentes de motores de explosión.

6. Materias que, por razón da súa natureza, propiedades ou cantidades, por si mesmas ou por integración con outras, poidan orixinar:

a. Calquera tipo de molestia pública.

b. A formación de mesturas inflamables ou explosivas co aire.

c. A creación de atmosferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas que impidan ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento do sistema.

d. A coloración das augas residuais de tal xeito que non se pode eliminar con ningún dos procesos de tratamento usuais nas estacións depuradoras.

7. Materias que, por si mesmas ou a consecuencia de procesos ou reaccións que teñan lugar dentro da rede, teñan ou adquiran calquera propiedade corrosiva capaz de danar ou deteriorar os materiais do sistema ou prexudicar o persoal encargado da súa limpeza e conservación.

8. Residuos de natureza radioactiva.

9. Residuos industriais ou comerciais que, polas súas concentracións ou características tóxicas ou perigosas, requiran un tratamento específico ou un control periódico dos seus efectos nocivos potenciais.

10. As verteduras que por si mesmas ou a consecuencia de transformacións químicas ou biolóxicas que se poidan producir na rede de saneamento dean lugar a concentracións de gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros superiores aos seguintes límites:

Dióxido de carbono: 15000 ppm. Dióxido de xofre: 5 ppm.

Monóxido de carbono: 25 ppm. Cloro: 1 ppm.

Ácido sulfhídrico: 10 ppm. Ácido cianhídrico: 4,5 ppm.

11. Residuos sanitarios definidos na vixente normativa nesta materia.

12. Residuos sólidos ou semisólidos xerados por sistemas de saneamento e depuración.

13. Residuos de orixe pecuaria.

ANEXO 1-B

Verteduras limitadas:

PARÁMETRO

VALOR LÍMITE

pH

5,5 - 9

1,2 Dicloroetano

0,40 mg/l

Aceites e graxas

100,00 mg/l

Aldehidos

2,00 mg/l

Aluminio

10 mg/l

Amoníaco

30,00 mg/l

AOX (1)

2,00 mg/l

Arsénico

1,00 mg/l

Bario

10,00 mg/l

Boro

3,00 mg/l

BTEX (2)

5,00 mg/l

Cadmio

0,10 mg/l

Chumbo

1,00 mg/l

Cianhídrico

10,00 cc/m3

Cianuros

0,50 mg/l

Cianuros disoltos

1,00 mg/l

Cloro

1,00 cc/m3

Cloruros

2.000,00 mg/l

Cobre

3,00 mg/l

Condutividade eléctrica (25º C)

5.000,00 µS/cm

Cor

Inapreciable en dilución 1/30

Cromo hexavalente

0,5 mg/l

Cromo total

2,00 mg/l

DBO5

500,00 mg/l

DQO

1.000, 00 mg/l

Dióxido de xofre

15,00 mg/l

Estaño

3,00 mg/l

Fenois totais

1,00 mg/l

Ferro

10,00 mg/l

Fluoruros

10,00 mg/l

Fosfatos

60,00 mg/l

Fósforo total

40,00 mg/l

Hidrocarburos

15,00 mg/l

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

0,20 mg/l

Manganeso

5,00 mg/l

Materias inhibidoras

20,00 equitox

Mercurio

0,01 mg/l

Níquel

2,00 mg/l

Nitratos

50,00 mg/l

Nitróxeno amoniacal

30,00 mg/l

Nitróxeno total Kjeldahl

40,00 mg/l

Nonilfenol

1,00 mg/l

Percloroetileno

0,40 mg/l

Pesticidas

0,10 mg/l

Praguicidas totais

0,10 mg/l

Selenio

0,50 mg/l

Sólidos en suspensión

500,00 mg/l

Sulfatos

400,00 mg/l

Sulfhídrico

20,00 cc/m3

Sulfuros disoltos

0,30 mg/l

Sulfuros totais

1,00 mg/l

Temperatura

30,00ºC

Tensioactivos aniónicos (3)

6,00 mg/l LSS

Triacinas totais

0,30 mg/l

Tributilestaño

0,10 mg/l

Triclorobenceno

0,20 mg/l

Zinc

2,00 mg/l

(1) Poderán observarse valores superiores de AOX naqueles casos en que se cumpran os valores de organoclorados individualizados deste anexo 1-B.

(2) Suma de benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.

(3) Substancias activas co azul de metileno expresadas como lauril sulfato sódico (LSS).

ANEXO 1-C

Solicitude de permiso de vertedura ao sistema

1. Solicitude: nome e NIF da persoa titular, enderezo social, enderezo do establecemento, acceso ao punto de vertedura, teléfono, distrito postal, localidade; características da actividade produtiva, caudais de vertedura en m3/ano e m3/día, caudal punta en m3/hora, e identificación da EDAR do sistema ao cal se pretende verter.

2. Proxecto técnico:

Antecedentes:

- Obxecto: obtención do permiso de vertedura ou a súa revisión.

- Características da localización e localización da actividade.

- Punto de conexión ao sistema con coordenadas UTM.

Memoria descritiva:

- Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas utilizadas e produtos resultantes expresados en tm/ano.

- Procesos industriais.

- Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volume de vertedura.

- Características do efluente: análise de cada punto de vertedura.

Memoria técnica das instalacións de tratamento (se existen ou se requiren):

- Sistemas e unidades de tratamento: descrición do sistema de tratamento existente con cálculos hidráulicos de dimensionamento (volumes, tempos de retención); descrición detallada de equipamentos instalados, potencias de bombeo, materiais de construción; medidas de seguridade para evitar verteduras accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control de calidade do efluente, produción e destino de residuos.

- Planos de detalle segundo regulamentos ou ordenanzas municipais ou, no seu defecto, segundo requirimento do Servizo Municipal de Augas xestora.

ANEXO 1-D

Plan de conservación e mantemento dos sistemas de saneamento de augas residuais

1. Definicións.

1.1 Mantemento correctivo: o que se realiza a un elemento do sistema de saneamento como consecuencia dunha avaría, rotura ou unha diminución da calidade do servizo por debaixo dos límites predeterminados. Adoita tratarse dun mantemento non programado, ben que en ocasións é planificable.

1.2 Mantemento preventivo: o que se realiza a un elemento do sistema de saneamento como consecuencia de determinados criterios prefixados (número de horas de funcionamento, períodos de tempo, grao de sucidade etc.) co obxectivo de evitar avarías, roturas ou diminucións no seu rendemento que poidan afectar o bo funcionamento do sistema de saneamento. Sempre é un mantemento programado.

1.3 Mantemento normativo: é a parte do mantemento preventivo que vén establecido pola lexislación sectorial, e que inclúe tanto equipamentos como instalacións (extintores, caldeiras, instalación eléctrica de baixa tensión etc.).

1.4 Mantemento preventivo para época estival: é o mantemento que prepara os sistemas de saneamento para os impactos estivais; considérase época estival a comprendida entre xuño e setembro.

1.5 Conservación: é o mantemento específico da obra civil, edificios, colectores e outros elementos do sistemas de saneamento.

2. Documentos necesarios para a xestión e control da explotación dos sistemas de saneamento. A documentación que necesariamente debe levarse actualizada é a seguinte:

2.1 Documentación xeral.

2.1.1. Proxecto das instalacións de depuración, planos das redes de saneamento e os seus elementos e planos da situación dos puntos de vertedura.

2.1.2. Recompilación da documentación relativa á legalización das instalacións ou elementos que forman parte do sistema de saneamento; débese proceder á legalización de cantas estean pendentes diso, incluíndo no plan de reposicións, melloras e novos investimentos as actuacións necesarias para a dita legalización.

2.1.3. Inventario das instalacións e equipamentos que forman parte do sistema de saneamento (bombeos, tanques de retención, aliviadoiros, etc.), con copia dispoñible nas instalacións da Servizo Municipal de Augas.

2.1.3.1. O inventario de equipamentos debe incluír: descrición, tipo, marca, modelo, número de serie, ano de instalación, custo, potencia e calquera outra característica que se considere de interese.

2.1.3.2. A entidade xestora clasificará equipamentos e instalacións incluídos no inventario nunha das categorías seguintes:

a) Críticos: aqueles cuxa avaría pode supoñer un colapso do sistema de saneamento provocando unha deterioración importante da calidade do efluente cara ao medio receptor, ou ben un custo elevado na súa reparación (transformadores, centrífugas, motores de coxeración, sopradores, bombas etc.).Tamén se inclúen instalacións ou equipamentos con compoñentes cuxo prazo de entrega sexa moi longo, ou cuxa avaría poida ser perigosa para a seguridade das persoas ou instalacións (detectores de gases, pararraios, e en xeral calquera equipamento relacionado coa seguridade).

b) Xerais: o resto de equipamentos e instalacións non incluídos no punto anterior.

2.1.4. Programa de mantemento preventivo, incluíndo operacións e frecuencia do dito mantemento para os diferentes equipamentos e instalacións. Incluirá fichas de seguimento do mantemento por cada equipamento.

2.1.5. Programa de inspección da rede de colectores, con identificación dos puntos máis importantes e a frecuencia de inspección, que incluirá o rexistro das inspeccións realizadas. Se o sistema inclúe emisarios submarinos, no programa engadirase, polo menos, unha inspección anual.

2.1.6. No caso de estacións de tratamento: - Rexistros de analíticas e caudais de entrada. - Rexistros de consumos de reactivos.

2.2 O inventario e os programas de mantemento e conservación realizaranse en soporte informático e deben facilitarse a Augas de Galicia, cun rexistro das operacións de mantemento correctivo, preventivo, estacional e normativo que se leven a cabo.

ANEXO 1-E

Contido da acta de inspección de verteduras

1. As actas que documenten as actuacións inspectoras, indicadas no Artigo 85 deste regulamento, deberán incluír, como mínimo, a información seguinte:

¿ Identificación do Servizo Municipal de Augas e do persoal actuario.

¿ Identificación e localización do suxeito pasivo da inspección, da actividade e dos sistemas de tratamento de que dispoña, referencia da súa inscrición no censo de verteduras, no caso de que exista, e o seu correspondente permiso de vertedura.

¿ Descrición e localización do punto de toma de mostras, coas súas coordenadas UTM, e do sistema ao cal se realiza a vertedura, incluíndo, se procede, o nome da EDAR.

¿ Caudal da vertedura (medido ou estimado), tipo de mostra (puntual ou integrada), e parámetros que cómpre analizar

¿ Obrigas formais: constancia ou non de sinatura do interesado, da súa aceptación ou rexeitamento da mostra xemelga, e do libramento de copia da acta.

¿ Advertencia de que os resultados analíticos obtidos da mostra tomada poderán utilizarse para a incoación, se procede, dun expediente sancionador, e para a revisión do canon da auga creado pola Lei de Galicia 9/2010 e as normas que a desenvolvan.

¿ Ofrecemento de dereitos á persoa interesada establecidos no Artigo 7 deste regulamento e para solicitar os resultados das análises.

2. O Servizo Municipal de Augas deberá conservar copia destas actas e dos seus resultados analíticos á disposición de Augas de Galicia.

ANEXO 1-F

Condicións de preservación de mostras e métodos analíticos

Parámetro para analizar

Tipo de envase (12)

Técnica de conservación (3)

Método analítico (4)

Temperatura



Para realizar in situ

Termometría.

PH

Indiferente

-

Potenciometría.

Condutividade

Indiferente

Refrixeración

Condutimetría.

Sales solubles

Indiferente

Refrixeración

Condutimetría. Gravimetría.

Materias en suspensión (MES)

Indiferente

Refrixeración

Filtración en discos de fibra de vidro

(norma UNE ou similar).

Demanda química de oxíxeno (DQO)

Indiferente

(vidro no caso

de valores baixos)

Acidificación ata pH<2 con H2SO4

e refrixeración

Método do dicromato potásico.

Norma UNE 77- 004-89 ou similar.

Demanda bioquímica de oxíxeno (DBO5)

Indiferente

(vidro no caso

de valores baixos)

Refrixeración

Método manométrico.Método de dilucións.

Aceites e graxas e/ou hidrocarburos totais

Vidro

Acidificación ata pH<2 con H2SO4 ou HCl

Gravimetría. Espectrofotometría infravermella (IR).

Cromatografía de gases (CG).

Materias inhibidoras (toxicidade)

Vidro

Refrixerar ou conxelar en función do tempo

de almacenamento previo á análise

Inhibición de luminiscencia de vidro Fischeri

(norma UNE-EN-ISO 11348-3).

Resto de parámetros

(N- NH4, NTK, N-NO3, SO4 -3 etc.)

agás os descritos a continuación

Indiferente

Refrixeración

Espectrofotometría UV- Visible.

Cromatografía iónica (CI). Potenciometría etc.

Cianuros

Indiferente

Adición de NaOH ata pH>12, refrixeración

na escuridade

Espectrofotometría UV- Visible ou potenciometría

logo de destilación.

Fósforo total

Vidro

Refrixeración

UV-Visible logo de dixestión. ICP-Masas.

Cloruros

Indiferente

-

Volumetría. Potenciometría. Cromatografía iónica (CI).

Fluoruros

Plástico

-

Potenciometría UV-Visible Cromatografía iónica.

Metais pesados (agás mercurio e cromo VI)

Plástico ou

vidro lavado

con HNO3

Acidificación ata pH<2 con HNO3

Absorción atómica, ICP- Masas.ICP-Óptica (OES).

Mercurio

Plástico ou

vidro lavado

con HNO3

Acidificación ata pH<2con HNO3 e

refrixeración a 4ºC

Absorción atómica por vapor frío.ICP-Masas.

Cromo VI

Indiferente

Refrixeración

UV-Visible.

Sulfuros

Plástico ou vidro

Refrixeración e adición de

4 gotas de acetato de

Zn 2N/100 ml de mostrase

NaOH ata pH>9

Espectrofotometría UV- Visible. Cromatografía iónica.

Fenois totais

Indiferente

Refrixerar e acidificar ata pH<2 con H2SO4

Espectrofotometría UV- Visible.

Cromatografía de gases. HPLC.


1. De acordo coas condicións de conservación establecidas no Standard Methods for the examination of water and wastewater. 20th Edition.

2. De acordo coas condicións de conservación establecidas no Standard Methods for the examination of water and wastewater. 20th Edition.

3. Os volumes tomados para cada parámetro dependerán da concentración do contaminante que cómpre determinar e da técnica analítica asociada. En todo caso, o laboratorio encargado da determinación analítica fixará o volume necesario de mostra en función dos seus procedementos de traballo.

4. Os métodos analíticos que se seguirán para a determinación de cada un dos parámetros estarán baseados en normas UNE-EN, EN, UNE ou en metodoloxía aceptada internacionalmente.

ANEXO 2

Normas de execución de acometidas e ampliacións das redes de sumidoiros e pluviais.

1. A acometida á REDE DE SUMIDOIROS E DE PLUVIAIS realizarase con tubo de policloruro de vinilo (PVC) color laranxa, clase SN4, segundo norma EN 1401, con certificado de produto AENOR ou entidade acreditada por ENAC e cun diámetro suficiente (mínimo 160 mm). En función do tráfico e recubrimento poderase esixir clase SN8.

2. As ampliacións da REDE DE SUMIDOIROS E PLUVIAIS realizaranse con tubo de policloruro de vinilo (PVC) color laranxa, SN-4 segundo a norma EN 1401, de 315 mm. de diámetro exterior.En función do tráfico e recubrimento podase esixir clase SN8. As probas ás que se someterán os tubos e pozos de rexistro unha vez colocados na obra serán as de estanquidade, e realizaranse na sua totalidade. As probas de estanquidade realizaranse por tramos completos entre pozos e poñendo en carga a condución durante dúas horas e observando se existen perdas.

3. As acometidas ás redes municipais de sumidoiros e augas pluviais, faranse por separado en todos os casos. Os acometidas á nova rede municipal, conectaranse á mesma nun pozo de rexistro.

4. As acometidas e ampliacións da rede municipal de sumidoiros e pluviais, realizaranse sen codos, e no caso de que foran necesarios quiebros realizaranse con arquetas, en acometidas e con pozos no caso de ampliacións da rede.

5. As acometidas de sumidoiros e pluviais, próxima á saída do sumidoiro de fecais e pluviais e no exterior del edificio construirase unha arqueta de rexistro de 40x40, de forma que permita a limpeza da acometida no seu traxecto pola rúa.

6. Nas ampliacións da rede de sumidoiros e pluviais, cada 30 m. disporanse os preceptivos pozos de rexistro circular concéntrico realizados en fábrica de formigón en masa HM-20/B/25/I. de diámetro mínimo de 80 e cono de redución a 60, soleira, enfoscado interior e xuntas tomadas con morteiro 1:3, bruñido, paredes e soleira de formigón en masa HM-20 de 20 cm. de espesor, i/tapa circular de diámetro de abertura 600 mm., con cerco de ferro fundido modelo Rexess de Saint-Gobain ou similar, clase D-400 segundo Norma EN 124, con certificado de produto AENOR o entidade acreditada por ENAC, xunta de elastómero, bloqueo automático por apéndice elástico e tapa con articulación, sobre dado de formigón armado HA-25 enrasado co pavimento. As tapas dos mencionados pozos serán de fundición dúctil e das clases D-400 ou C-250, segundo os casos (en calzada, D-400 e en beirarrúa C-250). Así mesmo, no extremo da nova rede non conectada á existente, deixarase un pozo de rexistro de similares características aos anteriores.

7. Sempre que sexa posible respectarase unha distancia mínima co resto de servizos de 30 cm., tanto en cruzamentos, como en canalizacións que discorran en paralelo.

8. A apertura de gabias practicarase a un mínimo de 1 m. de profundidade, ou no seu caso, á profundidade requirida polo servizo.

9. A apertura de gabias en pavimentos irá precedida de un precorte dos mesmos.

10. Os imbornais instalaranse tendo en conta as inclinacións do pavimento e a superficie a evacuar axustándose aos criterios do Servicio.

11. O recheo de gabias efectuarase en camadas de 30 cm. de espesor, compactadas ao 95% proctor modificado, con material seleccionado, procedente ou non da propia escavación.

12. A reposición de pavimento de beirarrúas realizarase en todo o ancho da mesma, e na lonxitude que quede afectada polas obras.

Dita reposición constará dunha base de formigón HM-20 de 15 cm. de espesor, unha capa de morteiro de cemento de 3 cm. e baldosón do color e dimensións iguais ao existente, mantendo sempre a calidade ¿terrazo¿.

13. A reposición do pavimento da calzada executarase cunha base de formigón HM-20 de 30 cm. de espesor, con mallazo 15x15/8 en acceso a garaxes, e unha capa de rodadura de 8 cm. de espesor de mestura bituminosa en quente, tipo D-20, logo do rego de imprimación con 0,6 Kg/m² de ECR-1.

14.Tanto nas reposicións de calzada como de beirarrúas, os pozos de rexistro, arquetas, bordos, sumidoiros e demais elementos existentes nas mesmas, reporanse e elevaranse á cota da rasante ao substituírense por outros das mesmas características.

15. Tomaranse as medidas necesarias de precaución e sinalización na execución das obras, responsabilizándose de posíbeis danos a terceiros, tanto durante a execución como despois dela. Así mesmo, deberase estar en posesión dos pertinentes permisos na mesma obra, no caso de ser necesarios.

16. Non poderá interromperse o tráfico pola rúa, e no suposto de que a gabia tivese que permanecer aberta durante a noite ou en momentos nos que non se traballe, disporase dos sinais necesarios para evitar calquera risco de accidente.

17. Nas obras que obrigue a desviar aos peóns total o parcialmente fóra das beirarrúas, acondicionarase un paso debidamente protexido por vallas en toda a súa lonxitude e paralelo ás mesmas.

18. A empresa comunicará por escrito ao servizo con quince días de antelación a data de comezo das obras. Así mesmo, ditos servizos poderán controlar e inspeccionar en todo momento o desenvolvemento das obras, así como estabelecer novas condicións se o considerasen oportuno.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.¿

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.